O CENTRO REPUBLICÁN DE SÁRRIA ( 1931 / 1934 )
O CENTRO REPUBLICÁN DE SÁRRIA ( 1931 / 1934 )
Andrés Páramo Casas
Esta Asociación foi creada o 27 de decembro de 1931. Xosé Páramo foi o primeiro presidente e os socios pagaban entre 50 céntimos e 10 pesetas de cota.
Con domicilio social na Avenida da República , sem número ´hoxe Rúa da Liberdade 24 - e no mesmo edificion onde estivo até o ano 1931 a sociedade recreativa A Unión e dende aquel ano a tamén constituída sociedade recreativa "Círculo Sarriano" ( por una escisión de A Unión ), constituiuse o 27 de decembro a denominada ASOCIACION CENTRO REPUBLICANO DEL PARTIDO JUDICIAL DE SÁRRIA, segundo datos que figuran no Arquivo Histórico Comarcal.
O 13 de decembro fora aporbado o seu regulamento e a Xunta Direitiva Provisoria. O 28 de agosto de 1932 , coa asistenza de delegados parroquiais , foi elixida a Xunta Direitiva de modo definitivo. A asociación denominábase a ela mesma de carácter cívico, social e agrario.
XOSÉ PÁRAMO LOSADA foi o seu primeiro presdiente, XULIO GONZÁLEZ TEIJEIRO, o vicepresidente, PEDRO GARCÍA ARCAS , o segredario, DALMIRO GONZÁLEZ ZAERA , o tesoureiro e MANUEL MACEDA , vicetesoureiro. CASIANO PÉREZ-BATALLÓN, VICENZO PÁRAMO LOSADA, MANUEL PARDO e DOSITEO PIÑEIRO eran os vogais.
Os socios pagaban unha cota entre 50 céntimos e 10 pesetas, cada un segundo as súas posiblidades económicas, e tiñan dereito a seren electores e elexibles para todos os cargos sociais e a utilizar todos os servizos do domicilio social. Tamén dispoñían de asistenza médica e xurídico-administrativa e tamén ensino agropecuario.
Os fins da asociación son a defensa da Republica , das súas leis e institucións e a defensa dos intereses económicos e sociias da Rexión Galega, así como o fomento da cultura e a riqueza agropecuaria.
O Centro non está no seu comezo adherido a ningún partido polirtico. aínda cando declara a súa conformidade coa Federación Republicana Gallega ( ORGA ), en canto esta ten por obxecto os seus mesmos fins e en especial a figura do seu líder , Casares Quiroga.
O Centro conmemorará efemérides de especial significación como o 14 DE ABRIL e o 17 DE FEBREIRO . A súa maior actividade coincide coas vísperas de eleccións. En 1932 recibe a visita do galeguista CASTELAO , o que supón un grande acontecemento para os seus socios,
O 29 de xaneiro de 1933 celebrarase a asemblea xeral do Partido Republicano Gallego ( ORGA ) - ao que xa está vencellado o Centro Republicán do Distrito de Sárria para tratar asuntos referentes á organización e funcionamento A nova direitiva , logo de presentar a dimisión a anterior, quedou constituída da seguinte maneira: XOSÉ PÁRAMO ( presidente ), XESÚS FERREIRO ( vicepresidente ), PEDRO GARCÍA ( segredario ), ANTONIO GONZÁLEZ MACÍA ( vicesegredario ), XULIO G. TEIJEIRO ( tesoureiro ), MANUEL MACEDA, MANUEL PARDO e RICARDO NÚÑEZ ( vogais ). A esta reunión asisten os comités municipais e parroquiais que pertencen ao partido.
Dende o 6 de febreiro de 1933 o Centro administrará e editará un órgano ou periódico denominado LOITA , cuxo primeiro número se decanta polo Estatuto de Autonomía.
A publicación terá unha grande difusión en todo o partido xudicial. Publicase os día 6 e 20 de cada mes ao prezo de 10 céntimos . Conta cun bon número de colaboradores foráneos entre os que destacan VILAR PONTE e locais como RICARDO NÚÑEZ, ELADIO LÓPEZ MUÑIZ, PEDRO CAMARERO, PEDRO GARCÍA , VICENZO PÀRAMO, MANUEL DURÁN ( presidente da Agrupación Socialista ), O direitor é delegado da Xunta Diretiva do Centro, ANTONIO PÀRAMO SÁNCHEZ.
DISOLUCIÓN
En abril de 1934 disolverase este Centro Republicán ao se integrar a ORGA no novo partido de Izquierda Republicana liderado por Manuel Azaña , cuxo domicilio pasará a estar na Rúa Diego Pazos nº 48 ( antiga Casa da Pega ).
Os republicáns prosélitos de certos partidos minritarios sentíronse representantes duns principios de representación social e dunha moral publica incompatible cos principios monárquicos. Ao seren reducidas as súas posiblidades de intervir decisivamente en política foron creando casinos, circos e centros republicáns dende o ano 1895 para manteren unha relación habitual entre correlixionarios. Estas asociacións, entre as que se contra o Centro Republicán de Sárria, foron ao tempo que lugares de discusión politica , sociedades recreativas onde se celebraban banquetes e efemérides de especial significación.
Comentarios
Publicar un comentario