CASA NOVOA DE SÁRRIA
A CASA NOVOA DE SÁRRIA
Leva este nome a casa sinalada co número 12 da Rúa Maior, cos números 2 e 4 da Praza da Constitución e cos nímeros 1 e 3 da Rúa Conde de Lemos ( Hotel ) , estrada do Mazadoiro á Lamarrigueira e foi alzada por Xosé Novoa despois de derrubar outras edificacións antigas, entre eleas a que fora Cárcere dos Marqueses de Sárria-Condes de Lemos.
Dá fronte á históricamente coñecida como "Praza Principal" , ou "A Praza, que levou este nome até que en 1822, cando o concello acordou poñer a lápida que dicía"Plaza de la Constitución ", eliminada un ano despois por causa da volta ao absolutismo e que en 1889 sería novamente fixada grazas á instalación dunha placa cerámica doada por don Matías López López que, nin xiquer na londa ditadura franquista foi retirada, malia a que na documentación oficial se referían á " Plaza del Ayuntamiento" ou a "Plazuela".
A Casa do Cárcere despois da Desamtrtización pasou para o extinguido Mosteiro da Madalena e o seu soar, xunto con outros terreos e hortas pasou a formar un conxunto que viña tendo por estremas a Rúa Maior , a Praza da Constitución Arriba de Lois , a Casa de A Travesa dos Fornos e a ruela dos Fornos de Atrás, e cando se fixo o treto entre a Rúa Maior e Os Esqueiredos da variante da estrada do Mazadoiro á Lamarregueira, por leste, pasou a casa a estremar con esa estrada ( hoxe Rúa Conde de Lemos ).
Ao longo do século XIX estivo vencellada á familia Novoa, oriunda doo couto e parroquia de San Vitoiro de Ribas do Miño ( O Saviñao ), que mantiña coa vila de Sárria unhas especiais relacións xudiciais , o que explica que membros desa familia asentaran en Sárria para a atención de litixios que alí xiurdiran.
No ano 2023 con ocasión de facer unhas obras de limpeza das paredes interiores da casa descubriuse unha inscrición que permite cocnretar e Xosé Novoa a promoción e edificación da casa no primeiro cuarto do século XIX.
Esta edificación pasou así a ser a segunda casa máis ampla, só detrás da Casa Grande dos Saavedra, e ademáis de fixar nela o domicilio familiar foi obxecto de cesión de espazos en réxime de aluguer. Nela asentou o Batallón de Reserva nº 34 e tamén o Batallón de Depósito número 68 que contaban cun bon número de oficiais e infantería. Acolleu instalacións xudiciais, a tenda de Inacio Badiola, unha notaría, unha pastelería, un depósito de carbón mineral, tabernas, casas de comidas, unha xastrería, etc. E é de sinalar que na primeira década do século XX nos seu baixo estivo o "Café Español" e o "Nuevo Club" que organizaban bailes e outras diversións en especial nas festas do Entroido.
ALGÚNS MEMBROS DA FAMILIA NOVOA EN SÁRRIA
XOSÉ NOVOA.- Xuiz Real e Ordinario de Sárria, Presidente do Rexemento da vila de Sárria en 1830. Casou con Basilisa Fernández. Fillo: Francisco Novoa Fernández. ** En 13.09.1824 declara ser capitán retirado e deulle á súa irmá María Xosefa 22.000 reais de dote pagadeira en seis anos. En 1822 colaborou na colocación da lápida da "Praza da Constitución", celebrando a Carta Magna de 1812, posta na parede frenteira da súa casa.
.........NOVOA ARMESTO.- Casou en Sárria con Xoán Araujo Taboada, segredario do primeiro concello constitucional de Sárria, entre 1820 e 1823, e o matrimonio fixo capitulacións en 13.09.1824-
CELESTINO FÉLIX FRANCISCO NOVOA FERNANDEZ.- Máis coñecido como Francisco, e o seu apelido aparece ás veces como "Noboa" , foi fillo de Xosé Novoa e Basilisa Fernández. Da súa unión con María López Carrasco tivo por fillos a Petra, Manuela, María, Francisca, Santiago e Francisco Novoa López.** O 10.09.1873 con ocasión de estar nas Augas de Céltigos outorgou testamento no que cdelara ter 53 anos de idade e dí" que se acha afectado de varios padecementos que Deus se serviu de lle dar o que o levou a percurar alivio nos baños deste pobo..."
SALVADOR NOVOA FERNÁNDEZ.- Membro da Familia Novoa de San Vitoiro de Ribas de Miño.
CONCEPCIÓN NOVOA LÓPEZ.- Natural de San Vitoiro de Ribas do Miño ( 30.06.186/ ), era filla de Francisco Novoa ( de Sárria ) e de María López Carrasco ( de San Vitoiro ). Casou co coronel Vicenzo Rivas ( de Mondoñedo) e deixou por fillas a María, Rosa e Clementina Rivas Novoa. Faleceu o día 28.12.1890.
FRANCISCO NOVOA LÓPEZ.- Dono da Casa Novoa da Praza da Constitución e veciño de San Vitoiro de Ribas do MIño. Era fillo de Francisco Novoa e María López Carrasco. En 1892 arrendou a casa de Sárria para a isntalación nela do Reximeto de Reserva de Sárria número 64.
CLEMENTINA RIVAS NOVOA- Filla de Vicenzo Rivas e Concepción Novoa López. Foi a última dos Novoa que posuiu a casa de Sárria. Casou con Matías Vázquez Rodríguez , da Familia Moreno d e Sárria, e tivo por fillos a Antonio ( Avari ) Xesús ( alcalde de Sárria ). Concepción, Molusa, Matías. María do Carme, Ramón e Luis Vázquez Rivas.
NOTAS
O primeiro comerzo aberto en Sárria por Inacio Badiolla, antes de facer casa propia no Barrio de San Lázaro ( Maside ) estivo nos baixos da Casa Novoa-
Despois da guerra de 1936/ 39 a Casa Novoa pasou por venda a outras familas, e en réxime de aluguer, foi ocupada con vivendas, notaría, pastelaría, taberna-casa de comidas, ferretaría, xastrería, etc.
A casa , dando ao patio, tivo un pombal que foi derrubado.
Unha estatua xacente du guerreiro, procednete cecais du sartego ou nicho do Mosteiro da Madalea, posiblemente relacionado coa familia dos Riba de Neira, e que se gardaba nun alpendre do patio, foi vendida, coa intermediación do anticuario Alvaredo, a un comprador catalán, darredor dos anos 1960.
Na actualidade o propietario da CASA NOVOA, que fora comprada por don Manuel Rivera de dona Esther Alvaredo, é o empresario don Manuel Rivera Alvaredo, titular do Mesón Tapas, quen promoveu ademáis, previo ancheamento da Travesa dos Fornos, unha industria cárnica , que dá á Rúa dos Fornos de Atrás, e o HOTEL NOVOA, estando as dúas instalacións hostaleiras moi adicadas á acoller peregrinos.
Comentarios
Publicar un comentario