BECERRADAS E CORRIDAS DE TOUROS EN SÁRRIA
BECERRADAS E CORRIDAS DE TOUROS EN SÁRRIA
Non hai coñecemento de que antes do século XX se corresen touros en Sárria, aínda que é posible que en algunhas ocasións extraordinarias relacionadas con eventos da familia condal e marquesal de Lemos e Sárria se celebtasn espectáculos semellantes, como se dí que aconteceu en Moforte, a onde irían os fidalgos sarriaos a ver esas actuacións.
A motivación do nacemento da oscilante "tradición" taurina de Sárria ao longo do século XX non é coñecida , aínda que cecais a presenza de numeros tendeiros e funcionarios procedentes de Castela , e a posibilidade de traslado de reses por ferrocarril a partir de 1882 , explicarían que na primeira decena do século algúns mozos da vila decidíronse a organizar festexos taurinos e mesmo participaron neles, servindo de estímulo para iso o feito de que o toureiro Celita , nado en Láncara, foi figura que creou na comarca unha onda de admiración que creou un estado de opinión favorable para que Sárria entrase d no "mundo do touro"
Desenvolveuse esta actividade entre 1910 e 1920 e logo dun longo paréntese foi retomada en 1968 / 1972 polas Festas do San Xoán houbo "touros en Sárria" ,tamén entre 1988 / 1993 , 1996 / 1998 , 2001, 2004/ 2007 , 2009 e 2012.
TOURADAS EN SÁRRIA
** ( 1910 ) No Campo de Xogos das Escolas Publicas ( Rúa do Porvir, hoxe Rúa Marqués de Ugena) , onde se construiu un cercado de madeira con fieiras de asentos , o día 7 de agosto a primeira corrida desde ano. " Corrida de Novillos" na que interviron Leandro Balsa ( "Balsita") e Vitorino Cabarcos ( "El Giños" ) , auxiliados polos "banderilleiros" Emilio Tourón ( " El Penca" ) , Gonzalo González ( " Moyanito Chico" ) , Isidro Rodríguez ( " El Castilla" ) e Xosé Fernández ( "Costuras" ), actuou como sobresaínte de espada Gonzalo González Fuentes e como puntilleiro Xosé Fernández. . Unha banda de música amenizou o espectáculo . As portas da praza abríronas ás 2 e media e a corrida comezou ás 4 e media en punto. Foron lidados dous becerros da gandeiría leonesa de Modesto Lafuente ( Mayorga ) . A participación do público foi masiva. Os Condes de Campomanes desprazáronse a Sárria dende as súas posesións no Incio e dende Lugo un bon número de persoas serviuse do tren para participaren na primeira becerrada da tempada.
** ( 1910 ) O 11 de setembro , no mesmo espazo que a anterior, lidaron catro becerros da gandaría de Modesto Lafuente, de Valladolid, e interviñeron Leandro Balsa "Balsita", Rafael Fernández "Montes ", Banderilleiros: Gonzalo González "Moyanito Chico, Vitorino Cabarcos "El Giños· E e Xosé Fernández "Costuras", de Sárria e procedentes de Lugo, Emilio Campo "Madrid", Manuel González "Gonzalito" e Perfeto Méndez "Fatigas".Puntilleiro: Xosé Fernández " Costuras". As localidades custaban entre 1 e 4 pesetas.
Fora de programa Vitroino Cabarcos subido riba dunha barrica , no centro da area, fixo o Don Tancredo , e aguantou como un valente , mentres o touro daba voltas darredor del , mostra de valor pola que foi moi ovacionado.
** ( 1914 ) Celebrouse na praza instalada no Campo de Xogos das Escolas Publicas . No palco de honra estivo o gobernador civil da provincia , acompañado polas persoas máis destacadas da vila . Houbo que construir con madeira o cerco e os asentos da praza.
** ( 1918 ) Praza isntalada no campo de xogos dos nenos. o 22 de xuño celebrouse unha becerrada solicitada por Xesús Puche González, quen recibiu unha advertecia feita pola Asociación de Toureiros Delegación de Asturias e Galicia.Campo Volante 18, asinada por Manuel C. Minguillón. Actuou na festya o "novillero" Alfonso Gómez ;"Finito" e a súa cadrilla. A praza tiña capacidade para 1.500 espectadores.
** ( 1918 ) O 27 de xullo foron toureados tres becerros de Modesto Lafuente de Mayorga de Campos . Cadrilla de Ourense: Ricardo Rodríguez "El Salao", espada ; Banderilleiros: J.Q, Fati, Paco Álvarez, "Zizalla", Juan Anta "Cutufa", Cadrilla de Lugo: : H.R. "Rubio", espada; Banderilleiros: Rafael Bande "Fracasado", José Guindalera "Cantarito", José Moyano " Moyanito". Puntilleiro: Vicente Martí. O espectáculo taurino foi dirixido por "Fidelista ", sobresaínte de espada. Declaron uns ingresos dr 306 pesetas con venda de 130 entradasm malia a que asistenza foi moito maior.
** ( 1918 ) Outra corrida celebrouse o 13 de agosto a solicitude de Dimas González García e foi dirixida por Alfonso Cela " Celita " e declraron ( a fectos fiscais ) uns ingreso de 1.401,50 peesetas e a venda de 300 entradas.
** ( 1918 ) O 25 de agosto celebrouse unha nova corrida , baixo o mesmo solicitantes, e foi dirixidaa polo espada José García Santiag, declrando uns ingresos de 814. 50 pesetas e a venda de 392 entradas. Foron lidados tres becerros da gandaría de Tertulino Fernández de Valladolid. Espada: José García Santiago Banderilleiros: Sergio González e Francisco Martínez "Fachines "m Sobresaínte de espada: Sergio González. O prezo das entradas foi de 1,50 a 4,50 pesetas,
** ( 1918 ) E o 17 de setembro, solicitada por Xesús Puche Gonzáalez, tivo lugar unha corrida máis dirixida tamén por José García Santiago.
** ( 1918 ) Unha nova becerrada en 29 de setembro supuxo uns ingresos de 188,90 pesetas e a venda de 81 entrdadas. A solicitude da organización foi feita por Xesús Puche González,
** ( 1919 ) O 22 de abril celebrouse unha corrida con tres "novillos" maiores de tres anos, da gandaría de Domínguez Delgado, de Nava del Rey. , a argo do matador Alfonso Gómez "Finito de Valladolid", O prezo das localidade ía de 1 a 5 pesetas. Había palcos con 8 asentoss ao prezo de 40 pesetas.
..........................................................................................................................................................................
** ( 1950 ) Despunta como espada Modesto González "Modestete", veciño de Sárria, quen atuou con bon suceso na súa vila nadal, San Clodio e tamén en Ribadeo.
......................................................................................................................................................................
** ( 1968 ) Nas Festas de San Xoán.Praza de Touros portátil, en réxime de aluguer, Presentación en Galicia de "El Platanito", O 28 de xuño, domingo, da pola Empresa San Juan,Recio, foron toureados 5 "novillos.toros" da gandarái La Jarilla de Palomo Linares . O primeiro foi rexoneado por Eduardo Torres "Bombita" e os outros catro por Blas Romero " El Platanito", Julio Robles " El Salmantino " e sobresaínte de espada José C. Zarzuelo, con cadrillas de picadores e banderilleiros.
** ( 1968 ) Luns, día 29.- En honra á Muller Galega: espectáculo cómico-taurino-musical "Toros y Claveles" toreando e matando dúas reses.
** ( 1969 ) Nas Festas do San Xoán,Organzada por Gonzalo San Juan celebrouse unha moi agardada corrida o 21 de xuño, coa participación de Manuel Benítez " El Cordobés " e Palomo Linares, coñecidos entón como " Los Guerrilleros ", Lidaron 6 touros de Miguel Higuero , acompañados de cadrillas de picadores e banderilleiros.
A praza instalouse en Pacios de Farbán, no Prado da Botica, onde agora están os chalés que dan á Rúa Benigno Quiroga- Rúa Eduardo Pondal.
Esta corrida fora proibida polo Goberno Civil de Lugo e deu lugar a unha garnde mobilización dos veciños de Sárria e das "forzas vivas", conseguindo que coa intervención de Madrid finalmente se podera celebrar. Como a denegación fora moi destacada nos xornais houbo menos afluencia de publico da prevista dando lugar a un déficit que foi vencido grazas a que a comisión de veciños petou nas portas da vila e coas aportacións recibidas poideron cumprir o compromiso contaído cos dosu significados toureiros.
Podese dicir que , en toda a historia das touradas, Sárria foi o único lugar onde un grande número de persoas pagou por "non ter ido aos touros".
** ( 1969 ) O domingo 22 de xuño, tivolugar unha "novillada " con picadores, toureando reses de Luciano Cobaleda, de Madrid, O primeiro astado correspondeulle á rexoneadora Antoñita Lianres , e os outros a Lorenzo del Olmo ( que fora collido gravemente trinta días antes ) e Fredy Girón , de Venezuela , sendo sobresaínte de espada Alberto Lahoz.
** ( 1970 ) Nas Festas do San Xoán "Novillada con picadores".Tivo lugar o día 28, domingo. Eduardo Torres (Bombita ) , rexoneador, Blas Romero ( El Platanito), e Julio Robles ( El Salmantino ) , xunto co soberaínte de espadas Juan C. Zarzuela , tourearon 5 novillos-touros , da gandería de Palomo Linares-Publicidade:¨Ás seis da tarde .GRAN NOVILLADA CON PICADORES acargo dos valentes novilleros EL PLATANITO E PACO ROBLES coas súas correspondente cadrillas ; e o rexoneador BOMBITA ( Organización e Empresa, Gonzalo Sanjuán Olarte )
** ( 1970 ) Nas Festas de San Xoán. O luns día 29 houbo un espectáculo cómico-taurino-musical tiduado "Toros y claveles " , no que se tourearon e mataron dous becerros. Actuaron Demetri Pérez " Niño del Cristo", C. Sonia ( raiña do baile ). Banda Los Claveles dirixida polo Gan Kiki, cante flamenco, canción moderna, cómicos e bailes reixionais. ( Fabes, S, Cámara, El Marinero Travieso , Carmen de España ) o Gran Fratellini, Papelillo de Cantinflas e El Moro Torero,Publicidade: Ás seis da tarde Grande espectáculo Cómico-Taurino, na Praza de Touros de Sárria TOROS Y CLAVELES ( Organización e Empresam Gonzalo Sanjuán Olarte )
** ( 1971 ) Nas Festas do San Xoán.
Praza de Touros de Sárria
Empresa: E. M. Giraldes
25, 27 e 29 de xuño 1971 Ás 5:30 da tarde
( Co motivo das Festas do San Xoán )
¡ Tres Grandes Acontecementos Taurinos !
Venres, 25.- SENSACIONAL MAN A MAN
A grande corrida da Bela Arte do Rexoneo
4 fermosos "novillos-toro " 4 de D. Carlos Melgarejo ( Sevilla , con divisa branca para D ANGEL PERALTA D. RAFAEL `PERALTA . Sobresaínde : JUSTO BENÍTEZ
Domingo, 27.- Sensacional "novillada " con PICADORES . 4 "novillos.toros " dos Herdeiros de D. Juan Luis Fraile., do Puerto de San Lorenzo , apa os "novilleros" AMADOR SÁNCHEZ FRAILE ( de Salamanca ) e FREDDY OMAR " El Negrito" ( de Venezuela ). Sobresaínte; Avelino de la Fuente.
Martes , 29.- O grandios espectáculo Cómico-Taurino-Musical LOS GALLITOS
** ( 1972 ) Na Praza Portátil "La Portillana". Día 25 de xuño . Torearon "5 novillos" de Julio Jiménez. Un para o rexoneador Florencio Arandilla ( de Aranda de Duero ) e catro para Justo Benítez e Jorge Polanco.
** ( 1972 ) Día 26: Espectáculo "El Gran Chaparral".
** (1972 ) Día 27: Toureo de " 5 novillos" de Antonio Tabernero, un para os rexoneadores Florencio Arandilla e Mariano Cristóbal , e catro para Avelino de la Fuente e Justo Benítez ( que sustituiu ao anunciado no cartaz , Agustín Parra, "Parrita".
** ( 1988 ) Nas Festas do San Xoán. "Novillada" sen picadores.
**( 1989) Nas Festas do San Xoán.- Corrida de Touros e Festival Cómico-Taurino.
**( 1990 ) Nas Festas do San Xoán. Corrida de Touros, na praza portátil instalada na Rúa Castelao.
** ( 1991 ) Nas Festas do San Xoán. Corrida de Touros. Espectáculo: " El arte de la doma a caballo. ¡ Así bailan los caballos españoles ! "
** ( 1992 ) Nas Festas do San Xoán. Corrida de Touros. Festival Cómico-Taurino con "El Gran Kiki"
** ( 1993 ) Nas Festas do San Xoán. Corrida con un rexoneador e catro toureiros. Festival Taurino.
................................................................................................................................................................................
** ( 1996 ) Nas Festas do San Xoán. Toureiros: Miguel García, Oscar González e Diego Rueda. Exhibición ecuestre de doma e monta pola escola castelá de Cándido López Chaves de Segovia.
** ( 1997 ) Nas Festas do San Xoán. Charros mexicanos.Rodeo. Corrida de Touros.
** ( 1998 ) Nas Festas do San Xoán. Homenaxe a Alfonso Cela Vieito "Celita". Corrida con César de la Fuente, Palomo Linares, Tomás Campuzano, César de Madrid e Joselito Cuevas.
................................................................................................................................................................................
** ( 2001 ) Nas Festas do San Xoán. Festival Taurino na Praza Portátil. Celebrouse o 25 de xuño ás 6:30 , con touros de Cándido García-Puentes.
........................................................................................................................................................................
** ( 2003 ) Nas Festas do San Xoán. Corrida de Touors con intervención de Víctor Janeiro, César de Madrid, Luis Mariscal, José Albetto e José Miguel Callejón ( rexoneador )
** ( 2004 ) Nas Festas do San Xoán. Corrida de Touros con Canales Rivera, Óscar Hijares e José Miguel Callejón.
** ( 2005 ) Nas Festas do San Xoán.Corrida de Touros con Manuel Díaz "El Cordobés" e José Antonio Canales Rivera.
**( 2006 ) Nas Festas do San Xoán. Corrida de Touros con Canales Rivera, Víctor Janeiro e José Miguel Callejón.
** ( 2007 ) Nas Festas do San Xoán. Na Praza de Touros Portátilo instalada na Rúa Castelao. Celebrouse o día 23 de xuño ás 6:30 da tarde , con touros de Caridad Cobaleda Galache, e actuación dos destros José Miguel Calñlejón ( a cabalo ), Javier Valverde e Julio Benítez "El Cordobés".
........................................................................................................................................................................
** ( 2009 ).- Nas Festas do San Xoán, Na Praza Portátil instakada na Outarela-Centro de Saúde. O 28 de xuño tivo lugar , con touros da gadaría de Herdeiros de Cándido García, de Puente Castillejo ( Salamanca ) e coa intervención de "Niño de la Taurina ", Canales Rivera e o rexoneador Setgio Vegas. A organziación correu a cargo dunha comisión de industriaisi da localidade e da Empresa Toros Piedrahita SL. O día 27 celebrouse na mesma praza un festival ecuestre.
...........................................................................................................................................................................
** ( 2012 ) Nas Festas do San Xoán. Corrida de Touros. Espectáculo de doma: Centro Ecuestre de Lalín.
...................
Comentarios
Publicar un comentario