A XUSTIZA EN SÁRRIA ( 1504 )
AS ORDENANZAS DO CONDE DE LEMOS E DE SÁRRIA DON RODRIGO ENRIQUEZ OSORIO DADAS EN 20 DE FEBREIRO DE 1504
Eu, don RODRIGO ENRIQUEZ OSORIO, Conde de Lemos e Sárria, sendo informado dos moitos gastos que aos meus vasalos de todas as miña terras se lles seguen no seguimento dos moitos pleitos e causas que perante das Xustizas delas penden, e así en moito tempo vago que niso ocupan , por cuxa causa deixan de facer e percurar moitas granxerías e proveitos que poderían facer nas súas facendas, gastando os días de labor nas audiencias continas e porque tamén estou informado de que as ditas Xustizas e escribáns no gardan a orde de levar dos seus dereitos que están polo arancel , segundo os debían levar, e o mesmo nas causas leviás que nesta vila de SÁRRIA e as súas Pobras ( * ) , aí veñen de lonxe en seguimento delas , das que na mesma maneira en todas as ditas terras miñas fan asentamento os escriváns como das outras nas que hai sustancia , do que se segue moito traballo e costa , polo que p0r evitar as cousas anteditas e as costas e menoscabos que deles se seguen e por ben do procomún , mandei ordenar e ordenei tanto destas cousas como doutras as Ordenanzas que abaixo se seguen.
Primeiramente
e porque as audiencias de cada día son causa de se facer moitos gastos e perder moitos días de labor os labregos , mando que así nesta miña vila de Sárria e as súas pobras, como en todalas outras miñas terras e señoríos non teñan nin alcalde maior , nin meiriño, nin as outras Xustizas das outras terras, audiencia máis de tres días na semana, que mando sexan luns, mércores e venres , so pena de dous reais a cada un que por outro día emprazase a outra persoa, a metade para o emprazado e máis que non sexa obrigado de parecer no dito emprazo.
...... e outrosí que ninguén tome , nin aprese, nin ocupe dos montes biróns ( ** ) máis do que boamente ouver mester , sen malicia , e isto que o tome onde non faga dano a vista do Xuiz ou mordomo en cuxo mordomazgo acontecere e que doutra maniera non sexa ousado de crebar nin tomar os ditos montes biróns até que sexa visto polo tal mordomo o lugar onde así quere tomar ou romper e o que sexa mester, cada un segundo a súa faculdade aos saídos nin aos pacidos do gado e que no termo de un anbo , primeiro seguinte dende o día que o tomare os dea labrados e crebados e sexa todo o que denantes de agora e agora non o poidese labrar dentro do dito ano o faga común , baixo pena de dous mil maravedises , ao que así non o fixera, e que sexa o tercio da dita pena ao que o acusare, para o que mando así ás Xustizas como aos alcaldes e mordomos das ditas terras que cada un no seu cargo o faga gardar desta maneira e no cabo do ano dean conta ao meiriño ou Xustiza de como se fixo , O que mando so pena de dez mil maravedises para a miña cámara , que así o faga gardar e cumprir , e mando que leve a quinta parte da dita pena o que o acusare.
( * ) O Condado, despois Marquesado estaba formado polas seguintes pobras: Pobra de Sárria, Pobra de Adai, Pobra de San Xiao, Pobra de Santo Estevo de Neira de Susao e Pobra de Triacastela.
( ** ) Monte birón, ou monte birol, era todo monte en aproveitamento común e en abertal ( monte bravo ) non labrado.
Comentarios
Publicar un comentario