RICARDO NÚÑEZ RODRÍGUEZ
RICARDO NÚÑEZ RODRÍGUEZ, MÉDICO ALIENISTA
Médico psiqiatra e hixienista. Nace en en San Fiz de Vilapedre ( Sárria )o 31.07.1862 e faleceu no mesmo lugar o 17.06.1958. Foi fillo de Antonio Díaz Gutián, perito agrimensor de San Fiz de Vilapedre e de Tereixa Rodríguez.
Cursou estudos primarios na antiga Escola Publica de Sárria, situada na parte traseira da Casa do Concello ( Rúa Maior 1 )- antigo Hospital de Santo Antón Abade- para o que diariamente recorría a pé os seis quilómetros que o separaban da súa casa paterna. Cursou o bacharelato no Instituto de Lugo . En 1881 no xornal " El Buscapié · " publicou varias charadas.
En 1883, no salón grande da Casa de Camba de San Pedro de Ronfe impartiu clase a 120 nenos e nenas de entre 6 e 15 anos , antes de se incorporar ao servizo militar.
En 1884 trasladouse a Madrid onde logrou o apoio de Alberto Aguilera, do Partido Liberal, e do Tenente Xeneral Mariano Socias, sendo nomeado axente de policía, o que lle permitiu iniciar os estudos de medicina , con grande sacrificio por non dispoñer de moito tempo ( 1884-1892 ). Exerceu en Madrid como inspector sanitario das casas de prostitución. Entre 1891 e e 1896 é un dos médicos do Centro Galego de Madrid ..( 1887 ) Foi Secretario de Actas do Ateneo Antropolóxico de Madrid, En 1893 no Congreso Internacional de Hixiene e Demografía leu a "Memoria sobte Higiene Escolar".
Voltou a Galicia abrino clinica temporal na casa do seu pai e despois de prestar servizo como médico domiciliar , creou a primeira institución luguesa, mneste caso privada, para a atención de doentes mentais., En 1919 titúlase como Direitor da Clínica de doenzas me tais de Vilapedre,, quilómetro 19 da estrada de Lugo a Sárria . Para iso alzou cos seus propios reciursos económicos unha edificación que foi coñecida popularmente como "Manicomio de Vilapedre " e que o seu fundador denominaba "Casa de Salud".
Entre os anos 1911 e 1919 diriiu médicamnte a utilización das augas mineiromedicinais do Baleario de Céltigos , sendo autor de "1919 Céltigos " ( Talleres Gráficos de G. Casgtro, Lugo ) , pequena publicación na que fai un estudo das augas do Balneario de Céltigos ( "Charca das Caldas" ) e inclúe un resume doas diagnoses dos 542 doentes tratados nese ano , dos que 142 resultaron curados , 209 con melloría e alivio. Tamén foi obra súa o "Reglamento por que se rigen las temporadas ".
Xosé Casais publicou en · El Regional. Diario de Lugo" (4.01.1918 ) o artigo "Mansión de Orates. Casa de Salud de Vilapedre no que destacaba o seu ben facer como médico alienista.
A "Casa de Salud", vulgo "Manicomio de Vilaedre, vai ser unha institución moi avanzada para a época, dotada dos máis modernos servizos e a súa presenza enche case a primeira metade do século XX, xa que en Lugo a asistenza publica non cubría este sector e os doenets tiñan que ser enviados a Conxo ou mesmo a cidades de Castela.
Era un centro que nunca contou con subvencións oficiais . Ali o doente gozaba de toda liberdade e tresepcto e toda suxeición mecánica apenas era utilizada. Practicábase a vida comunitaria e don Ricardo comía cos doentes no comedor .Facíanse grupos terapéuticos e favorecíase a laborterapia, Preocupouse por establecer diálogo entre o pobo e o sanatorio, intentando conseguir que os pacentes foran plenamente aceptados polos veciños. Non había ambiente represivo. Non se practicaba o castigo e puxo especial interese en manter as relacións entre os internados e as súas familias. O seu labor alcanzou case o apostolado, O apostolado dun home laico e bon na amplitude total da palabra. Consumiu a súa fortuna en soster o centro hospitalario e até moi avanzada idade permaneceu dirixindo a institución gastando nela o pouco que lle restaba dos seus bens-
Preocupado pola educación da mocidade fixo obra para unha Escola Unitaria no lugar do Pereiro, moi perto da "Casa de Salud" e participou en actividades de divulgación en toda a coamarca sendo notabñe a súa presenza en publicacións de prensa da época e como autor dalgunhas obras de mellor atenció ca calidade literaria : "La visión de Higia " ( Lugo, 1933 ) na que nnun estilo recargado , mais cheo de didactismo, tratou temas relacionados coa educación, a hixiene e os curandeiros, e "Alucinaciones " obra teatral pouco lograda que sería representada na Sociedade Cultural da Pobrs de San Xiao, da que foi presidente.
Dotado dunha grande bondade , paricipou , un tanto inxenuamente , en pretendidas actuacións rexeneracionistas e populistas dentro da politica local , chengano mesmo a ser concellriro e deputado provincial na época da Ditadura de Primo de Rivera , ocupando funcións direitivas na Unión Patriótica. Na II República adoptou posturas progresistas quen levaron a que elementos fascistas prten deron detelo no "Centro de Salud"e foi a decidida defensa dos veciños de Vilapedre que asumiron a súa protección o que impediu que fose vítima de martirio ou paseo como o que, cecais como represalia por aquela proteción sufriu o fillo da Viuva de Castaño, que era empregado do Centro, que despois de salvaxes feridas producidas na sala de caldeiras da Casa do Concello foi levado darrastro atado detrás dun coche e morto a tiros na gavia da estrada en Vilafiz. Despois do alzamento militar deixou toda actividade politica e centrouse na actividade médica. Considerado non afecto ao réxime franquista as clases dirixentes locais mantiverono isolado e só cando o corpo médico provincial destacou o seu longo servizo profesional solcitaron que se lle concedese unha cruz de mérito.
Menudo de estatura , con anteollos de miope agudo, mais dotado dunha rexa persoalidadee , gozou da admiración e do aprecios dos seus coterraños. Tiña verbo fácil e exaltado o que o facía ser moi aprezado nas súas alocucións públicas , converténdose nun verdadeiro adaíl da educación popular e da loita contra o escurantismo.
Creado o Sanatorio Psiquiátrico Provincial en Castro de Ribeiras de Lea a "Casa de Saúde" de Vilapedre foi entrando en debalo , asistindo a uns poucos acollidos malia á avanzada idade de quen a dirixía, e á súa morte quedou abandoada e foi obxecto de saqueo perdéndose a súa biblioteca e todo o arquivo profisional. Agora só queda o recordo da súa abnegación e desinterese e o estudo do seu labor de pioneiro no tratamento das doenzas mentais , que son obxecto de traballos de entendidos que ven nel un precursor da antipsiquiatría .A educación popular e a hixiene foron dúas teimas que mantivo toda a súa vida.
Posuedor de amplos saberes , pois nada escapaba á súa curiosidade, movido dun rigor científico , dotou ao seu sanatorio e tódolos avances e comodidades modernas , contando ademáis cunha ampla e selecta biblioteca e instalou un consultorio dotado de todo o instrumental necesario.
Participou nas loitas cívicas e culturais de Sárria e da Pobra de San Xiao , foi decidido promotor da "Festa da Árbore" de San Miguel de Vilapedre que rematou co chantado de árbores nas beiras da estrada e coa edición dun libriño conmemorativo,
Colaborou coa promoción de escolas rurais levada adiante en Santiago da Veiga e Lavandeira ( Biville ) disertando nos actos de colocación da primeira pedra das obras dotadas económicamente pola Sociedade "Hijos del Distrito de Sárria" en La Habana.
Prolifico escritor, publicou algúns traballos en galego de temática local, médica e de promoción da hixiene escolar. Como lema dos seus traballos adoptou o de loitar pola dignidade de Galicia ( véxase o seu artigo "Rexurresit majestais Galleciae,,,,).
En 1896 publicou o artigo "¿ Alucinaciones ?" en "La Higiene popular" e "La Ciencia Moderna". De 1898 é a Memoria lida por el no IX Congreso Internacional de Hixiene e Demografía" celebrado en Madrid. "La Medicina y los Médicos" , Heraldo de Madrid ( 18.12.1907 , nº 6.230 ) , "Intrusismo y ejercicio ilegal de la Medicina" ( Heraldo de Madrid , 1907 ).
"Na Festa da Árbore " de 1922., celebrada en San Miguel de Vilapedre, leu o seu discurso" Porque yo quiero el árbol. . En 1923 presentou unha ponencia no 6º Congreso Pedagóxico de Lugo. "Paidología: Tratamiento de los niños retrasados en el sentido pedagógico" "Horas de Arte Médica " ( Boletín do Colexio de Médicos de Lugo ). Publica en prensa "Polas escolas ( Loita, nº 4, Sárria ) . Varios dos seus traballos espallados en diversas publicacións foron reunidos na obra "¿ Alucinaciones ?" , editada en Lugo en 1933., con ocasión das Xornadas Médicas de Lugo .referíndose a eses traballos como "Produto da observación persoal nas clinicas social e individual , na cidade e no campo , cecais non sexa superflua a insntencia en vulgarizalos , xa que xiran darredor de básicas ideas de propulsión e inducción hixiénicas no noso país". Esta obra de 110 páxinas, inclúe os traballos; "¿ Alucinaciones ? ", " Intrusismo y ejercicio ilegal de la Medicina", "Horas de Arte Médica", "El sericio Médico-higiénico en las escuelas primarias.Memorandum",Paidología.- Tratamiento de los niños retrasados", "Entre madre e hija. Diálogos""Nota Bene "."Porque yo queor el árbol. Discurso". "Ciudadanía y Escuela" , "Polas Escolas-Picaresca e inocenza","Meus fungueiros-Poesía ", "Carta a E. Keltoi. A donde se halle ", Epílogo-Algo del Átomo",
O 19.10,1924 foi nomeado vogal do Comité Local da Unión Patriótica na súa condición de deputado prvincial,O 13.12,1928 foi nomeado gubernativamente concelleiro interino .O 15.02.1929 , como Presidente do Comité Local da Unión Patriótica tomou a palabra nun acto politico no que avogóu pola supresión do Senado "que actuou nos ´ltimos anos freando demasiado á Cámara Popular , e polo tanto o novo proxecto debe ser aprobado por U.P." . Desaparecida a Ditadura primorriverista Rodríguez Núñez aparece como segundo asinante nun manifesto do partido local sarriao " Acción Ciudadana". Figura co número 82 no Libro de Rexistro do Comié Local da Organización Republicana Galelga (ORGA ), na que causou alta en 1.01.1933. "Na Casa de Saúde de Vilapedre, días despois das eleccións de 1936, organizou un xantar de "homenaxe á muller republicana " no que interviu como orador, o memso que o alcalde Antonio Sánchez Páramo. Ese posicionamento puxoo no punto de mira dos "señoritos da vila" encadrados nas células fascistas que nos díaas seguintes ao 20 de xullo trataron de eliminalo.
O 29.08.1951 a Deputación Provincial de Lugo acordou " solicitar , por unanimidade ,das Autoridades competentes , concedan ao eminente psiquiatra e distinguido fillo da Provincia D. Ricardo Núlez Rodríguez , que conta 89 anos de idade e perto dos 60 de exercizo profisional , o ingreso no Orde de Beneficencia e a Medalla do Traballo".
O Concello de Sárria en sesión de 25.11.1952 acordou pagar os dereitos correspondenetes ao seu ingreso na Orde de Sanidade "vista a persoalidade do citado D, Ricardo e en atención cara o mesmo dados os anos de traballo que ten realizado neste Partido",
Faleceu no Pereiro- San Fiz de Vilapedre o día 17 de xuño de 1958. Foi soterrado no panteón familiar do cemiterio parroquial e non hai nel lápida ou inscrición que indiquen que alí acougan os seus restos.
A Escola do Perreiro , que puxera ao dispor do Concello en réxime de aluguer , estivo activa até 1975 , ano no que foi suprimida por incorporación ao Centro Comarcal de EXB , sendo recuperado o edificio polos seus herdeiros, que o manteñen sen uso.
Os demáis bens quedados á monte de don Ricardo Núñez foron vendidos e a "Casa de Saúde " pasou de maneira sucesiva a ser propiedade de terceiros e foi reconvertido en establecemento hostaleiro aberto ao publico algúns anos.
Houbo propostas para que o Ambulatorio, primeiro, e o Centro de Saúde, depois, recibisen o nome de Ricardo Núñez Rodríguez, que non foron atendidas..
En outubro de 2018 o Seminario de Estudos Sarriaos editou un folleto baixo o tíduo "Don Ricardo Núlez Rodríguez. Médico alienista . Home bo e xeneroso", que abre cun retrato seu do artista Rubén Santiago e leva os seguintes textos: "Don Ricardo Núñez Rodríguez- Home bo e xeneroso", Aguas minero-medicinales de Céltigos",. "Mansión de Orates.A Casa de Saúde de Vilapedre ( entrevista de Xosé Casais ). "Memorandum".- Portada de La Visión de Higia. "Polas Eescolas . Picaresca e inocenza ". "Meus fungueiros" ( Poema de Keltoi ). " Por que yo quiero el árbol".- "Unas son blancas, otras son negras ( pema de Edmundo de Liz. Goián ). Estampa de Higia."
No Murallón da Memoria, e por suscrición popular, en acto no que interviron persoas estudosas da súa vida e obra foi descobetta unha lápida na que se le: "D. Ricardo Núñez Rodríguez . Médico alienista. Home bo exenero. Rexurrexit majestatis Galleciae. ( 1860-1858 ).
Nota: Hai erro na cita do ano de nacemento que se puxo fiando no dato de idade obrante na acta de defunción ( 98 anos ) cando en realiade faleceu pouco antes de cumprir os 96 anos.
*******************************************
Colaborador de prensa
Artigos publicados en EL Regional. Diario de Lugo.
Los sericios del tren: (15.07.1909) (24.08.1909 ) ( 14.09.1909 ) ( 22,10,1909 ) (17.11,1909 ) (4.12.1909 )..........---IX ( 28,01,1910 ). X Rexurresit majestatis Galletiae,,,( 29,01,1910) ,.XI (7-04..1910, ) .- XII. El itinerario de los trenes en la provincia .Modiificación interesante y urgente ( 9-05.1910 ).- XIII XIV XV XVI XVII XVIII XIX XX XXI XXII XXIII XXIV XXV XXVI XXVII XXVIII XXIX XXX XXXI XXXII XXXIII XXXIV XXXV XXVI XXXVII XXXVIII XIL XL XLI XLII XLIII ( )
**********************************************************************************
CERTIFICADO DE DEFUNCIÓN
Inscríbese a DEFUNCIÓN de D. Ricardo Núñez Rodríguez , natural de San Fiz de Vilapedre , de noventa e oito anos (* ), domiciliado en San Fiz de Vilapedre, profesión Médico , fillo de D, Antonio Núñez e de Dona Tereixa Rodríguez, de estado solteiro . Faleceu en San Fiz de Vilapedre o día dazasete de xuño de mil novecentos cuncuenta e oito , ás vinte horas.......minutos, a consecuencia de ( tachado ) e o seu cadáver haberá de recibir sepultura no cemiteiro de Vilapedre, San Fiz. Practícase o asento en virtude de parte dado por Ricardo Arias Núñez , sobriño do finado e certificaación do médico Don Laureano Álvarez Armada. , que quedan arquivados no legaxo correspondente. TESTEMUÑAS do mesmo Don Xosé Rodríguez Díaz, domiciliado na vila de Sárria , de estao casado, e Don Luis Yebra Álvarez, domiciliado na vila de Sárria, e estado casado, ámbolosdous casados-AUTORIZAN a inscrición : o Xuiz Don Antonio Sánchez Sal e Segreadario Dona María Sanjurjo Rois e efectúase sendo as trece horas do día dazaoito de xuño de mil novecentos cincuenta e oito- E ligo o asento sélase co do Xulgado e asínao o Señor Xuiz coas testemuñas e o declarante e o Segredario que CERTIFICO.-Asinado: A. Sánchez.- Ricardo Arias.- Luis Yebra.- Xosé Rodríguez.- María Sanjurjo.-------------------------------------------------
( * ) Hai erro ao poñer que faleceu á idade de 98 anos cando en realidade alcanzou a de 95 anos 10 meses e 17 días.
Comentarios
Publicar un comentario