VALENTIN ARIAS LÓPEZ E FAMILIA
VALENTÍN ARIAS LÓPEZ E FAMILIA
Xaime Félix López Arias
( TEO, 20.08.2017 )
Amigas e amigos todos: Dende o emocionado recordo a don Avelino Pousa Antelo, no quinto aniversario do seu pasamento, Saúde e Terra.
Mais deixemos que fale o xograr:
"Per como achamos na santa escriptura / o antti-Christo ora será na terra, / can non se garda tregua nen postura , / et cada parte vejo a mover guerra , / si facer mal con mengua de justiça , / si n'a gen ' é tan grande cubiça / que non ha bon conselho nen mesura. / Ca non leyxan espital nen igreja, / romeu nen dona, nen ome fidalgo, / nen home d ' onra, por bon que seja / que non desonren por levar d ' el algo".
O Xograr que así falou era Afonso Gomes "xograr de Sárria ", que en tempos de tribulación alzou bandeira a prol da verdade crúa e núa fronte á cobiza e a inxustiza.
E quen lle deu voz outravolta en anos escuros, u 3 de outubro de 1954, foi o mestre de Barreiros, don Avelino Pousa Antelo, que en ocasión festiva puxo diante dos ollos dos lucenses as duras palabras e censuras daquel sarriao que, para xeral descougo, advirte da presenza de "anticristos" nunha terra na que "non deixan home de honra , por bon que sexa, que non deshonren por levar del algo",
Foi nas pàxinas de EL PUEBLO GALLEGO onde don Avelino , daquela correspondnete do xornal vigués, evoca as desacougantes palabras do poeta medieval, ao tempo que presenta ao seu carón a creación literaria dun mozo, tamén sarriao, Valentín Arias López, dileto alumno ás súas mans formado, ao que dous meses antes, no mesmo xornal lle ofrecera a fiestra aberta dunhas " Estampas literarias " que Valentín adicou á seitura do centeo en Galicia e serían esas colaboracións xornalisiitcas os primeiros paso dun home sempre mozo na longa andadura de froitifero maxisterio e compromiso con Galicia.
Eran aqueles tempos de forzada seca, nos que a produción literaria en galego estaba vedad , e aínda así, catro anos antes . don Avelino publicara en galego un pregón polas festas do San Xoán de Sárria, ao que seguiron oito máis até 1966, e sempre en galego, creando unha personaxe , " O Tamborileiro Municipal" , personificación do espiritu de galeguidade dos sarriaos e trasunto da súa rexa persoalidade , que en "vera efixie" presde todas as xornadas festeiras , cuxo labor por el comezao continuei eu persoalmente e agora leva unha escritora moza, Elena López González, "Terceira Tamborileira" en exercizo.
Os anos de don Avelino na Escola Primaria de Orientación Agrícola de Barreiros fixeron del un sarriao activo e amáis do seu labor como mestre e dinamizador social , hai que sinalar neses anos a súa implicación en actividades moi variadas : formador de mestres cursillistas na percura dunh "escola nacional galega" enxergada nas vivencias e valores propios de Galicia ; creador de teatro escolar en galego; animador de "seraos"; recuperador de danzas tradicionais e obradoiros de instrumentos musicais; conversador nas tertulias da vila, na sociedade " La Unión", onde malia a consideralo e telo por un dos "da casca amaro" tiñan ben presentes as súas opinións e destacaban os seus logro; animador en toda ocasión festiva ou de traballo en común nas casas veciñas que lle eran abertas como se el fose da familia ; facedor dun aut´ñentico labor de apostolñado en todas as frontes ; recolledor de contos e outras manifestacións da cultura popular, etc.... E sempre ao seu carón, con el colaborando , todos os escolares por el formados, e en especial Valentín Arias López.
Aqueles alumnos que ao longo dos anos se reunían unha e outra vez con don Avelino, fesgtexando gozosos a súa presenza cando a Sárria voltaba , quixeron deixar amostra da veneración por el sentida cando no "Murallón da Lembranza" de Sárria os " Argalleiros de Barreiros" , aqueles nenos e nenas por el formados, quixeron poñer unha lápida que é perpetuo recoñecemento do benfacer do "Mestre de Barreiros" , nestre dunha garulaxe inqueda , e mestre de escolantes de mentes abertas á realidade galega.
Da participación nas tertulias coas entón calificadas como "forzas vivas " da vila, nas que tamén participaban Valentín Arias e tamén un mzo Camilo González Suárez-Llanos ( este de poucas palabras e de rica pruna ) sairía en boa parte a motivación e nacemento dunha creativa vocación literaria , a dun xove " Camilo Gonsar " , que tamén nos acabaría poñendo diante dos ollos "a desfeita" creada por cantos en deshonra de homes negan o seu e non respeitan os valores propios..
Fago esta introdución centrándome, nun introito necesario, na figura de don Avelino Pousa Antelo porque para glosar a viuda e a obra de Valentín Arias López hai que atender aos anos primeiros no que a Escola de Barreiros , non lonxe da súa Vilerma nadal, foi forxa e cruxol dun compromiso e dunha liña de actuación , onde o mozo sarriao formou o seu carácter de maneira que sempre, segundo o exemplo do seu mestre, estivo mergullado contra "os anticristos desleigados" que, no dicir do sarriao do século XIII "non leixan nen home fidalgo, nen home de honra , por bon que sexa , que non deshonren por levar del algo".
VALENTÍ N ARIAS LÓPEZ
Natural da Vilerma, parroquia de San Pedro de Maside ( Sárria ). Estudou na Escola de Barreiros , baixo da man de Avelino Pousa Antelo. Exerceu en Zanfoga de Pedrafita do Cebreiro, na Escola de Barreiros-Santa María de Ortoá ( Sárria ) entre 1956 e 1965 e no Moledo-Sárdoma ( Vigo ) entre 1969 e 1994. En 1965 incorporárase ás industrias Arjeriz e entre 1965 e 1968 foi responsable de expñlotacións froiteiras en Chantada e Outeiro de Rei e colaborou no desenvolvemento dunha Cooperativa Escolar de Produtos Hortícolas ( 1968/1969 ), Traballou na Fundación Penzol, foi xerente da Editorial Galaxia e presidente da Asociación de Tradutores Gaelgos, Profesor de galego en numerosos cursiños , conferenciante e colaborador de prensa . Verteu ao galego máis de trinta obras de autores como Hergé, Xulio Veren, Saint- Exupéry, M, Duras, Diderot m Scott, O 'Deil, Albert Camus, Gianni Rodari, Cervantesm Sánchez Silva , Torrente Ballester , B Atxaga, Pedro A. de Alarcón,,, Entre outros premios recibiu o Ramón Cabanilals ( 1988 ), o Nacional de Tradución ( 1989 ), O San Martiño da Estrada.... Colaborador asíduo na prensa galegam edittou " Pé das Burgas" de Álvaro Novoa ( 1988 ) e é autoe de obras como ; "A lingua galega na escola ( 1970 ), "A escola rural en Galicia" ( 1975 ), "Llis e Sabela " ( 1983 ). "Catro nenos" ( 1984 ), "Escribir ben" ( 1991), "Como se fai un libro"Libro de Estilo. Prontuario ortográfico do galego" ( 1993 ) , "Antonio Fernández López " ( con A. Pousa ), "Avelino Pousa Antelo" ( 2004 ) e Xela Ariaa. Quedas con nós" ( 2004 , colectivo ),Para o Libro-Progarma das Festas do San Xoán de Sárria escribiu os artigos " Cantigas e refráns" ( 1961 ), "Idiomas aldeanos " ( 1964 ), "Xeliña fala galego" ( "San Xoán Aldeán" ( 1965 ), "festas i Escola" ( 1967 ), " A lingua na Escola" ( 1970 ), "Pousa Antelo en Sárria" ( 2003 ), "Dúas cartas " ( 2004 ), "Pasou onda min e nada vin " ( 2005), "Memoria dun escano" ( 2006 ), "Por saber de máis " ( 2007 ), "Historias bárbaras " ( 2008 ) e Fonte dos Frades" ( 2010 )
Valentím Arias López naceu o 22 de marzo de 1934 na "Casa do Roxo da Vilerma, na parroquia de San Pedro de Maside, moi perto da vila de Sárria, sendo fillo de Manuel Arias Díaz , de Melle- Santiago de Barbadelo, e de Ildara López Alvaredo, da Vilerma.
O Carballo da Lagoa. o Monte de Xaneiras, a Penagache, a Fonte dos Frades, o Castro de Rosende , a Ruxidoira do Mazo. a Granxa de Barreiros ....foron os referentes espaciais onde se forzou unha vida e se afortalou unha rexa persoalidade.
Aquen neno e mozo, "Valentín do Roxo" ou "Valentín da Vilerma", da man de don Avelino, incardinouse nun frotífero proceso formativo na Escola de Padroado de Barreiros, promovida por don Antonio Ferández ( "Anton de Marcos" ), dentro daquela súa teima por facer unha escola axeitada ao medio rural e non alleante, e moi axiña ali pasou de alumno avantaxado a mestre, e, o que é máis importante , a mestre de galeguidade.
Unha curta estadía en Zanfoga do C ebreiro perimiralle afondar na súa coinvición de que a escola rural tiña que arraizar e medrar coa seiva da galeguidade.
Cando deixou don Avelino a Escola de Barreiros, Valentín Arias López pasou a seguir os seus pasos á fronte daquela inovadora e creativa experiencia pedagóxica, complementada con outras actuacións en paralelo como a monotorización dos moi recoñecidos Cursiños de Formación Agropecuaria, tan valorados polos docentes lucenses ou a percura da implantación de hrtos e cooperativas escolares.
Anos despois deixou tamén Valentín Arias a Escola de Barreiros , que se mantivo aberta algúns anos máis , até que diante da política de concentración escolar , mediando o trasporte dos alumnos dende as aldeas á vila, xa non cubría o oco da deficiencia anteior nos lugares das parroquias de Ortoá, Maside e Barbadelo, onde exercera a súa influenza.
Lugo, Sárdoma e Vigo serán os novos espazos onde as vivas inquedanzas de Valentín Arias acharían ágora e foro abertos e aínda se abriu con total xenerosidade a estar presente en vila e lugares de toda Galicia a onde foi chamado, niun labor de auténtico apostolado , naqueles anos das décadas sos sesenta e dos setenta do pasado século.
E todo iso, esa actividade integradora e esa poliédrica presenza en todas as fronte, foron posibles porque ao seu carón, rente a rente con el, en Sárria, en Liugo, en Vigo e no seu andar por Galicia toda , tivo sempre á súa dona, Amparo Castaño, e aos seus fillos Xela, Marcos, Xoán Carlos, Sabela e Lois Arias Castaño.
Dalgunha maniera, nese contino percorrer Galicia nun labor de apostolado , levando acción e palabra a asociacións., grupos sociais e escolantes, cecias non haxa moitas persoas que poidan erguer máis alto ramo ca o do labor constante e calado de Valentín e os seus.
Os Arias-Castaño foron por moitos anos, a semellanza das xentes das festas repartidoras de alegría, unha familia itinerante con voz en múltiples foros , porque nas fins de semana , nas vacacións e en canta ocasión se presentase para conciliar presenza coas obrigas profesionais, Valentí e familia metíanse no utilitario de turno e facían quilómetros polas estradas galegas , e tamén de fora de Galicia, regalando o don da palabra e a forza das ideas , sempre prfundando na análise rigorosa , con acougo, sen ocos apaixoamentos , sempre percurando mesura, sempre dando consellos e amosando equilibrio pleno entre palabra e pensamento.
Aqueles picariños que agromabam en "Xelilña fala galego", "Lois e Sabela" e "Catro nenos" fixero súa Galicia toda, ñporque da man de Amparo e de Valentín andiveron e amaron a súa xeografía, paisaxe e paisanaxe polso camiños de toda a rosa dos ventos. E un Xoán carlos aínda neno botou á rúa " Calriños e o abó", e os certames literiso organziados pola Agrupación O Facho , e outros, axiña souberon do ben escribir dos compoñentes máis novos da familia.
Vai agora unha especial lembfranza para a súa filal,, Xela Arias, poeta de corpo enteiro, que na frol davida, viu interrompido o seu camiñar deixando en herdo unha obra de plenitude e fonda sensibilidade.4
Xela, aquela Xeliña pola que unha tenderia sarriá se laiba pois falaba galego, teimuda ela na defensa da súa identidade, quxo ser Xela e por dúas veces tivo que loitar contra a sinrazón rexistrakm para finalmente poder ver o seu nome propio estampado nos documentos.
XELA ARIAS CASTAÑO
Licenciada en Filoloxía pola Universidade de Vigo,traballou no ámbito editorial como tradutira e preparadora de estilo. Como poeta deuse a coñecer en 1986 coa obra "Denuncia do equilibrio" .Despois publicou títulos como "Tigres como cabalos" ( 1990 ), "Darío a diario " ( 1996 ) pemario adicado ao seu fillo Darío e ·Inempériome ·"( 2003 ) .Ademáis participou en libros colectivos como "Palabra de muller" e "Rosalía na palabra de once poetas galegas" (1997n ), Foi tamén tradutora para o galego de numerosas obras de distintos e reputados autores estranxeiros,Neste campo literario foi precisamente distinguida co premio de tradución "Sociedade de Lingua Portuguesa" (1987 ), co premiode tradución "Ramón Cabanillas" da Xunta de Galicia (1994 ) con "O derradeiro dos mohicanos", de Fenimoore Cooper ( Xerais,1993 ) e co premio "Plácido Castro". Traduciu tamén "Dublineses", de James Joyce.Pronunciou conferencias en Lugo, Sárria,Santiago, Madrid... Deu recitais poéticos en numerosas vilas e cidades, colaborando ademáis en numerosos xornais.Foi letrista parao grupo vigués"Desertores ". Faleceo o 1 de novembro de 2003. En 2005 foi editado un libro colectivo con textos a ela adicdos por varios autores galegos,
A Casa do Roxo da Vilerma,as Casas de Castaño en Mouzós, Nabás e Sárria, a Casa da Escola de Barreiros... acolleron o abrirse á vida de Xela e os seus irmáns , e foron sempre os fitos definidores da creación dos imaxinarios gozosos que afloran nas mentes infantís e dan pulo a todas as inquedanzas que levan á maturidade plena.E por iso a familia Arias-Castaño nunca esqueceu eses espazos vidais,
Entre 1961 e 2010 Valentín Arias asomouse en catorce ocasións ao Libro-Programa das festas do San Xoán de Sárria, dándolle unha nova dimensión ao que empezara sendo só un anuncio impreso de programación festeira para convertilo en balcón aberto a prol da difnificación da lingua e a cultura galega , e xa desde 1965 publicando en galego todas as súas colaboracións, axiña foi seguido o seu exemplo por outros colaboradores, Nesa longa e pouco doada loita por facer presente a lingua galega en todos os eidos Valentín foi un dos primeiros valedores; "Cantigas y refranes ", " Idiomas aldeanos","¡ San Xoán Aldeán !"En col dos emigrados", " Festas i Escola", "Xeliña fala galego", "A lingua na Escola", " Pousa Antelo en Sárria ", "Dúas cartas ", "Pasou onda min e nada vin", "Memoria dun escano", " Por saber de máis", "Historias bárbaras " e "Fonte dos Frades", forman o conxunto da súa chamada ás conciencias en tempos de festa que foi recollido no Boletín do Seminario de Estudos Sarriaos "Francisco Vázquez Saco" porque neses artigos aparece fielmnet reflectida a longa loita de Valentín contra os deturpadores e asoballadores do noso patrimonio propio.
Valedor da campaña "Galego na Escola" contou coa colaboración dun fato de rapaces inquedos e moi axiña os coches de Sárria levaron ben visible unha pegatina amosando o desexo de vermos normalziado o ensino galego.
Tamén da súa man andivo a recollida de asinaturas pedido a implantación da "Liturxia en Galego" e mesmo chegou a asinar esa petición o entón alcalde de Sárria, Xesús Vázquez Rivas, que tamén foi o primeiro que botou á rúa un bando festeiro na nosa lingua. Cincuenta anos despois da presentación dos pregos de asinaturas , bispos e cregos seguen a ignorar de onde veñen e para quen pregan... Xa o díxo Valentín . "Malia do dente que roe a semente"....
Valentín foi un auténtico introdutor de embaixadores, o presentador de persoeiros comprometidos con Galicia , de maneira que ás súas xestións direitas se debeu a presenza de destacados galegusta nos foros abertos polas novas e vellas asociacións culturais da súa vila tribal. Sempre que precisamos de acharmos contactos para solicitarmos a participación de figuras senlleiras contamos coa súa colaboración.
Sendo correspondnete en Sárria de EL PUEBLO GALLEGO don Averlino , introducira nas lides xornalisticas a un mozo Valentín Arias que seguiría a colaborar en numerosas publicacións ao longo dos anos. Para os lucenses eran gratificantes e de rico contido especialmente os soltos publicados no diario EL PROGRESO onde amosaba unha temática e contidos ta rigoristas e ben estruturados e un coñecemento e manexo da lingua galega tan fora do común que, dende logo, esixen que se faga unha recopilación de todos eles para que as súas palabras non esmorezan esquecidas nas hemerotecas..
Sen dúbida ningunha catalogar e publicar esas colaboracións xornalisticas , espalladas en revistas e xornais, sería unha boa maneira de pagarmos a débeda que Galicia e os galegos temos contraída co hoxe aquí homenaxeado.
Cando a Asociación Cukltural "Val de Láncara" lle pediu opinión porque querían crear un premio en homenaxe a Ramón Piñeiro, acolleron o seu consello de que se concedes anualmente un premio para honrar a persoas ou institucións que destaquen por toda unha vida de compromiso con Galicia.
E así xurdiu o Premios Ramón Piñeiro Lóepz "Facer País"... Esta foi a súa congtribución ao enaltecemento dos "bons e xenerosos" , plasmadi agora nunha pedra fita , chantada en Carracedo, na terra luguesa de Láncara , onde figuran os nomes de homes, mulleres e institucións que levaron e levan a Galicia por bandeira, entre eles don Avelino Pousa Antelo , ao que lembramos no V Aniversario da súa morte, e Mini e Mero, , inquedos xograres , herderios daquel Afonso Gomes de Sárria, que tamén fan escarño dos asoballadores "anticristos" do noso tempo,
E remato
Na mañá do 25 de marzo de 2011 , recén cumpridos os 77 anos, cando a primavera facía abrir as flored do xardín por el plantadas , na Casa do Roxo, onde nacera, de sutaque, chegoulle a hora de sair na percura do Carballo da Lagoa, aquel rexo símbolo da súa pertenza á comunidade intemporal dos nados en Maside, que mans desleigadas botaran por terra e que el mantivo rexo e vivo na memoria das xentes.
Na Casa do Roxo da Vilerma ,a Asociaicón de Escritores en Lingua Galega , o 6 de setembro de 2014, colocou unha lápida que dí: " Nesta Caa viviron a poeta Xela Arias ( 1962-2003 ) e o escritor Valentí n Arias ( 1934-2011 ) que en cada un dos seus actos afirmaron o seu amor á nosa lingua"
Aquel desaparecido "Carballo da Lagoa " e a tamén desaparecida "Fonte dos Frades" , símbolo para Valentín da fortaleza , da xenerosidade e da afouteza , foron aguillada na súa loita contra os males aos que fixo fronte , e que el así os definiu:
"Insensibilidade , cegueira, estolidez, mesmo autoodio. Xulgue cadaquén . En calquera dos casos , malia o dente que roe a semente. Se for dado inocular sentido común e respecto ao navcer....."
Eis o queixume arpado e a matinación dun mestre que, o memsmo que nos tempos de Afonso Gomes , nos levan a considerarmos que impunemente se segue a "facer mal con mingua de xustiza, e na xente é tan grande a cobiza que non hai bon consello nin mesura".
Amparo, Marcos, Sabela , Xoán Carlos, Lois e Darío comparten hoxe con todos os aquí presentes , con todas as galegas e os galegos o herdo recibido daquel mozo garuleiro que en 1954 pregoaba a chegada do duro e doce tempo da seitura e que en 2010 seguía a sentir dó "do dente que roe a semente " ... dó dos "féridos e duros" aos que amosou o facho lucente dunha vida limpa de po e palla medida por ferrado direito e na que tivo por divisa e hora , dándose a todos, non levar nada de ninguén.
Grazas
.
Comentarios
Publicar un comentario