BANDAS DE MUSICA EN SÁRRIA

 BANDAS DE MUSICA  DA TERRA DE SÁRRIA E FORÁNEAS ACTUANTES NA VILA

BANDA DE ANGELITO.-  Formada no Concello de Samos. Actuou na Festa da Nosa Señora das Ermidas de  San Mamede do Couto ( Samos )

BANDA  DO BARRIDO.-  a)  Fundada no Concello de Paradela. b )  Tsladado o seu doreitor a Sárria , tamén foi cpoñlecida  como  Banda de Musica do Barrido, en Farbán.

BANDA DOS CACHELOS.- Grupo de música popular galega  da que formaban parte  Xoaquín  Lourido Castedo  ( de San Martiño de Oleiros-Láncara ) , gaita, Xoán Fernández, bombo,  Xosé  Carballo, clarinete  e Xulio Seixas, pratillos,

BANDA DE CORNETAS E TAMBORES DOS  EXPLORADORES DE ESPAÑA ( BOY SCOUTOS ).- ( 1917 ) Organziada ploo Comité Local dos Ecploradores de España en Sárria  baixo a direción de Antonio Gómez Requejo.

BANDA DE CORNETAS E TAMBORES DA OJE DE SÁRRIA.- Organizado polo Círculo Xuvenilo Gregorio Fernández , promovida por Manuel Rodríguez Díaz ( Rodim) e coa colaboración de Ramón  Pallares Labariñas e Xesús López.

BANDA E ESCOLA DE MUSICA DE SÁRRIA.-  Formada en Sárria, maio de 1979,  co a incprporación de Os Ameneiriza , que foran máusicos da Banda de Sárria  e  que se puxeron baixo o patrocicnio da Asociación de Amigos da Escola de Música  de Sárria. Nos primeiros tempos estivo dirixida pola mestre Méndez, que fora direitos da Banda de Música de Lugo e máis adiante polo mestre García Re(i. ** 2.07.1984 )  Anxo López Pereira  @ "Asturiano" solicitou da Deputación Provincial  unha axuda para a realzación de actividades culturais.** O 21.01.1985 o Concello de Lugo reclamou a devolución  de instrumentos musicais prestados cando se creara a Banda . 1 baixo ( rttº -Hijo ),  1 clarinte (  Robert con lira e estuche ),  1 saxo alto  mb (  Evette &scheaffer )  e 1 fiscornio ( Lignatone ).

BANDA DE GAITAS  DA ASOCIAICÓN CULTURAL VAL DE LÁNCARA.-Fundada en 1994 .Chegou a contar con 14 gaitas , dous tambores,  dúas pandeiretas e bombo. O seu xermolo fora o grpo "Carrapucheirños "  do Colexio Ramón Piñero da Pobra de San Xiao. Actuacións en festas e romarías da  bisbarra, Clube  de Golf A Zapateira da Coruña,  Tele Lugo, Madrid ( Barrio Lucero )  e participación na Liga  Galega de Bandas de Músici.

BANDA DE GAITAS DE SAMOS.- Promovida por Xosé Fernández, seguindo as direotrices do muicólogo courelao Foxo. e integrada   na Federación de Bandas de Gaitas.

BANDA DE GAITAS DE SÁRRIA.-.Creada pola Asociación "Vilanova de Sárria". Integrada da  Federación de Bandas de Gaitas de Sárria.  En agosto de 2006 pasou do quinto ao cuarto grao.

BANDA MUNICIPAL DE MUSICA DE SÁRRIA.-.-  Creada polo Concello de Sárria, A súa presentación oficial no Cinema Cissa tivo lugar o 21.06.1951 cun escollido  cocerto baixo da doireción do mestre André Piquero Cabrero, No San Xoán de 1951  fixo pasarrúas e concerto os días  22,23 e 24- ** En 10.1954 actuou en Baldomar ( Begonte ).

BANDA DE MUSICA DO BARRIDO.-  Constituída en Paradela  en 1873, poromovida polo mestre  coñecido como " O Bolo" e con altibaixos, e preridods de inactividades estivo en activo  até 1962.** ( 1922 )   Fixo a animación das festas de Castro de Rei de Lemos.  O 22 e 23 ,06.1923  actuou nas festas de Sobreda ( O Saviñao ).** (  ( 1933 ) Xunto coa Banmda de  Portomarín actupu nas Festas do Santo Cristo. ^^ ( 1935 ) Actuación nas festas do Santo  tristo . ** Direitores: " O Bolo", Pedro de Barrido, Xoán de Ríos, Luis de Bidueira de San Vicenzo ( 1950 a 1962 ), Ramiro Rodríguez de Castro, Eliseo Rodríguez de Castro, Alfrego de Higón, Henrique Fernández de Baralla.                                                                          .** A Asociación Cultural " O Barrido" promoveu a constituciín  dunha Escola de Musica para contribuir á recuperación e consoliodación da Banda de Música  que pasou a ser coñecida como Banda de Música de Paradela, xa con funcionamento autónomo , A nova banda fixo a súa presentación en Vilacaíz ( O Saviñao )  no Corpus de 1987, estando composta por 30 muisicos, Tiveron actuacións en León,. Chantada, A Pobra do Brollón, Escairón, Lugo, Ourense , Sárria...

BANDA DE MÚSICA BARRIDO-FARBÁN.- Nome polo que tamén foi coñecida a banda  o Barrido frmada en Sárrio

* BANDA DE MUSICA DE CELANOVA.- Esta banda ournsá actuou en Sárria en varias ocasións. nas  Festas do San Xoán**  1968: 23 e 24 , pasarrúas, baile e verbena,

BANDA DE MUSICA "ECOS DEL SÁRRIA " .- Acotuou nas Festas do San Xoán de Sárria no ano 1931.

BANDA DE MUSICA DE FALANGE ESPAÑOLA DE SÁRRIA.- Estaba formada por 36 números. O 1.10.participou no enterro do soldado Daniel García Arranz , falecido  n¡un desgraciado accidente de armas. Foi formada de modo forzado polos xefes locais da Falanxe, agrupando musicos de diversas procednecias.  Participou esta agrupación musical en manifestacións " patrioticas " e desfiles para  celebración da "caída " de cidades  da zona republicá,

BANDA DE FARBÁN.- O 11.08.1908 acruou na "Novillada " que tivo lugar en Sárria e no paseo organizado na Praza de Xoán María López. Aparece tamén como Banda Barrido-Farbán. Tivo actuación  na vila de Rubían ( Bóveda )

BANDA DE MUSICA " LA ARMONÍA" DE SÁRRIA.-  Creada en Sárria en 1924. Amenizaba os partidos de fútbol da SD  Sarriana e  daba concertos os domingos na Praza de Xoán María López. En 1934 actuou nas Festas do San Xoán.

* BANDA DE MUSICA  "LA LIRA" DE RIBADAVIA.- Banda da vila ourensá de Ribadavia presente nas Festas do San Xoán de Sárria. ** 1948.- Días 22,23 e 24 , pasarrúas . concertos e bailes, e o día 23 no Paseo de Moda. ** 1965: Actuacións os días 23 e 24.

BANDA DE MÚSICA "LA LIRA " DE VILAPEDRE.- Formada en San Miguel de Vilapedre, con participación tamén de músicos de San Fiz e de Santa María de Vilar.

BANDA DE MUSICA DE LÁNCARA,.-  Formada por musicos xoves. En  2005  deu un concerto no Campo da Feira da Pobra de San Xiao.

* BANDA DE MUSICA MUNICIPAL  DE LUGO.-  ** ( 29.09.1940  ) Interviu na Procisión da Virxe da Merecé en Sárria.** 1961: Actuacións nas Festas do San Xoán.

*BANDA DE MUSICA DE MAREI.-  Formada en Santa María de Marei ( O Corgo ) . Tivo actuacións no seu concello e en parroquias do concello de Láncara... 

BANDA DE MÚSICA "LA NUEVA" DE SÁRRIA.-( 1934 ) Actuou nas Festas do San Xoán.

* BANDA DE MUSICA NUEVA LIRA  DE VILALBA.- Os días  23 e 24 de xuño de 1930  fixo pasarrúas, concertos , bailes e verbenas no San Xoán de Sárria.

BANDA DE MÚSICA DE PARADELA ( 2 ).-

BANDA DE MUSICA DE PERUCHO DE RIBELA.- Formada en Ribela, parroquia de Santiago de Farbán.. O 10 de marzo de  1898 actuou na "Corrida do Galo"  celebrada en Vigo de Vilar de Sárria,O seu direitor era Pedro Macía ( Perucho de Ribela ).

BANDA DE MUSICA DOS PINTORES,-  Formada no Incio en 1914

* BANDA DE MÚSICA DE PORTOMARÍN.- ( 1933 )  Amenizou festas en Portomarín e parroquias do Páramo e Paradela.. Coñecidos por unha caninela que facían nas súas actiuacións na que repetían " Non hai  quen nos chufen / chufñámnos nós / Non hai quen nos chufe / chufámonos nós.... repetida moitas vebes co seu acompañamento musical.

BANDA DE MUSICA DE RÍO.- ( 1911 ) Constituída en San Martiño de Río ( Lánacara )

BANDA DE MUSICA DE SAMOS.- Creada en 1924.** En  1927 actuou nas Fwestas do Santo Grial, no Cebreiro ( 8 e 9 de setembro ).

BANDA DE MUSICA DE SAN XOÁN DO MURO.- Formada na parroquia de Muro ( Láncara ).**= 18.01.1925 actuou na festa  de Santo Antón Abade  en Laxosa ( O Corgo ) . De madrugada morreu un dos musicos chamado Xosé Rey Leirado, de accidente.

BANDA DE MUSICA DE SÁRRIA ( 1 ).- 1893.   Creada baixo da direición de Francisco Arias , que fixo a súa presentación o 31 de decembro  para festexar aos Manueis.

BANDA DE MUSICA DE SÁRRIA ( 2 ).- Formada ao abeiro da Escola de Música de Sárria,   Recolleu musicos do grupo copñecido como "Os Ameneirizas ", e outros que formaran parte das bandas de Sárria, Vilapedre-Vilar e Paradel. **( 2012 )  Acuación no Ptregón das Festas do San Xoán  e no pasrrúas. O día 24 participou  na procisión e no concerto.

* BANDA DE MÚSICA DE SOBER.- Nas festas do San Xoán de 2012  o  25 de xuño  actou na Praza de Touros e deu un concerto.

BANDA DE MUSICA "UNIDOS DE SÁRRIA".-  Formada na vila de Sárria VI

BANDA DE MUSICA DE VILAPEDRE.-  VILAR.- Formada con elementos procedentes das bandas de Vilapedre e Santa María de Vilar.

BANDA DE MUSICA DE VILAR.- Formada na parroquia de Santa María de Vilar. Tiña coro para cantar nas misas maiores nas festas parroquiais. En 1934 actuarpon na efsta de San Pedro de Santa Comba ( Lugo ).

BANDA DE MUSICA DE VILAR DA TORRE.- Formada na parroquia de San Martiño de Loureiro ( 1935 )** Actuou na Festa de Entronización do Sagrado Corazón de Xesús..Estaba dirixida por  Gumersindo Alvaredo.

BANDA DE SARRIA,. La Habana (18.12.1926 )  Constituida en La Habana interveu nun acto programado pola Unión Gallega na "Nueva Fábrica de Hielo" ( entre Cerro y alatino ) interpretando o Himno Galego.

BANDA "UNIÓN MUSICAL SARRIANA".- Nome dado tamén á Banda Unidos de Sárria,

BANDA OS VILAMELLES.-   Formada no Concello de Samos-


Comentarios

Publicacións populares