MANIFESTACIÓNS DOS CIDADÁNS DA TERRA DE SÁRRIA
MANIFESTACIÓNS DOS CIDADÁNS DA TERRA DE SÁRRIA
(25.07.1854 ) A manifestación de xúbilo en celebración do Alzamento Nacional foi secundada pola cidadanía da vila de Sárria e o Concello entregoulle a Xosé García o día 3 de agosto 324 reais e 12 maravedises por organizar ese "loable obxecto" e tendo en conta "a lexitimidade da inversión.
(1873 ) Con ocasión da proclamación da I Republica Española tivo lugar unha manifestación ao longo da Rúa Principal e celebraron festexos cun gasto de 86 pesetas.
(25.01.1875 ) Festexos , alumeado , cucañas, globo aerostático xigante e fogos artificiais para celebrar a proclamación o rei Afonxo XII .O alcalde Carreira en 7.02.1875 aprobou o gasto de 162 pesetas.
(24,02,1876 ) Festexos pola entrada do Exército na localidade de Estella ( Navarra ) , Vera de Bidaoa y Penaplaza na guerra carlista., e remate ·da guerra fratricida civil , con musica, voadores e alumeado, cun gasto de 37,50 pesetas.
( 20.21,22.03.1876 ) Celebración do remate da guerra civil e a entrada tirunfal do rei Afonso XII en Madrid , cun gasto de 206,75 pesetas.
( 20.01.1876 ) Acordaron facer festas os día 23, 24 e 25 polo casamento de Afonso XII coa súa curmá Mercé de Orleáns.
(.31.07.1880 )- O Gobernador Civil visita as obras do Túnel do Oural, sendo acollido cunha manifestación popular con musica e fogos de artificio na Estación.
( 30.06.1885 ) O Bispo de Lugo pasou en tren pola Estación e foi saudado por numeros fieis , e houbo musica e disparo de fogos de artificio.
( 1,1893 ) En Láncara ; Manifestación organizada para agradecerlle ao Rei e a Benigno Quiroga a baixa de impostos . Os manifestantes acompañados de Banda de Muisca sairon de diante da Casa do Concello en Láncara e marcharon polo camiño real até o Pazo da Pobra de San Xiao onde foron agasallados por Salvador e Benigno Quiroga.
( 2.10.1910 ) Maniestacións dos fieis católicos en todas as parroquias do Arciprestádego de Sárria en protesta polas leis liberais aprobadas no Congreso dos Deputados.
( 2.10.1910 ) Sárria: Manifestación dos católicos da vila , baixo a forma de procisión, contra a politica do Presidente do Goberno Xosé Canalejas, en materia relixiosa. Sairon da igrexa de Santa Mariña e rematou no Convento da Mercé.
( 2.10.1910 )Manifestación dos católicos do Incio con participación de "7.000 persoas " ( ¿ ? 9 das parroquias de Santiago de Toldaos , San Mamede de Vilasouto, Santiago de Rubián,( Bóveda ) e San Cristovo da Cervela . Levaron pendóns, bandeiras e estandartes. Houbo misa cantada, música, goguetes e sermón , En Toldaos foi pregador o P Ildefonso de Samos, en Vilasouto o pàrroco de Eixón. ; na Cervela o Padre Gardián dos Franciscáns de Lugo. Non tivo motivación politica e os participantes deron vivas ao Rosario.
( 2.10.1910 ).- En Samos. Maniestación dos católicos reunindo unhas 1.000 persoas. Houbo misa cantada, procisión e sermón do P. Bieito González. Participaron persoas de San Martiño do Real, Pasacais, Loureiro do Real, Zoo e San Martiño do Real.
(29.06,1912 ).- Manifestación fallida en Sárria: O alcalde de Sárria comunicoulle ao Gobernador Civil da provincia de Lugo que solicitaran facer unha manifestación contra o xuiz Xabier Elola e que a denegara por temer pola orde publica, O gobernador enviou á vila ao tenente da Garda Civil Román Pardo e 18 gardas o que causou moita alarma. O alcalde manifestou que descoñecía o nome dos promotores.
Manifestacións no tempo da Ditadura de Primo de Ribera
Na Praza de Xoán María López
No Cruce da Estación
( 1937 ).- Manifestación pola toma de Bilbao, na Pobra de San Xiao ( Láncara ) Actos coa participación de soldados e falanxistas que sairon nunha camioneta cara Sárria , recorrendo a poboación día e noite tirando foguetes , cantando himnos patrióticos e dando vivas a España, ao seu Exército e a Franco.
(22.07.1937 ) No Pàramo. Manifestación pola toma de Bilbao.
( 26.08.1937) A Pobra de San Xiao: Manifestación pola toma de Santander.Ás 6 da tarde con actuación da Banda de Musica de Vilapedre o Xefe da Falanxe, Amador Arrojo Morán, dirixiu unha aloccución patriótica aos manifestantes.
( 25.02,1938 ).- Manifestación en Sárria pola toma de Teruel. Recorrido polas rúas , actos na igrexa de Santa Mariña e na Casa do Concello, tomou a palabra Xesús Vázquez Saco. Houbo un minuto de silenzo,
( 06.1938 ) Na Pobra de San Xiao, manifestación patriótica presidida polo alcalde e comandante laureado Amador Arrojo con participación de concelleiros , comandante de posto da Garda Civil. autoridades civís e relixisoas , exhibición de cinco bandeiras , presenza de falaxistas e soldados, entonación de cantos patrióticos e relixiosos .Na igrexa houbo exposición do Santísimo Sacramento, entonaron a salve e houbo repenique de campás , tamén se activou a serea da fábrica de galletase na vila fiestras e balcóns lociron colgaduras.
(01.1939 ) Na Pobra de San Xiao, manifestación pola toma de Barcelona. Houbo repenique de campás , soou a serea da fábrica de galletas e houbo disparo de foguetes , Na igrexa da Pobra celebrouse un Tedeum e cantouse a Salve , baixo a direción do pàrroco Evaristo R. Pérez. Participaron nos actos o cabaleiro mutilado Henrique López Baamonde, Román Silva Castro e Delegado da Organización Xuvenil. Houbo ademáis acompañamento de gaita galega a cargo de Antonio López, de Agrolazas . A saída da manifestación polas rúas rematou no Caurtel de Falanxe Española Tradicionalista de las JONS con canto de himnos.
(1939 ) Na Pobra de San Xiao, manifestación pola toma de Girona. Contou coa participación de autoridades civís e clero. Do Cuartel da Falanxe saíu a comitiva cuxo paso abrían as bandeiras nacioanl, a da Falanxe e as de Alemania , Italia e Poertugal. Román Silva Castro pronunciou un discurso.
Carracedo ( Láncara ) . Manifestación contra a Cota Empresarial.
A Tractorada,
( 1990 ).- En Sárria, por seren privados os Relixioso Mercedarios de rexir as parroquiss de San Salavdor e Farbán , partiu do Malecón do Río Sárria unha manifestación autorizada da que formaron parte fregueses desas parroquias , remtando no Convento da Mercé coa entrega aos relixiosos dun escrito pedindo que reconsiderase a a idea de abandonaren a vila.
( 2005 ) Na Cruz do Incio. Participaron 11 manifestantes co apoio do BNG e ausencia do PSG-PSOE ,Motivación: Protestar contra as contribucións especiais pola rúa de circunvalación entre as estradas da Ferraría e Bóveda , Pancarta;: " Ao Señor Alcalde lle pagamos para xestionar no xudicializar " "Expropiacións forzoas ó estilo "Hitlerion" , "Non".
(26,11,2012 ) Maifestación a favor da continuidade da Fábrica de Cementos Cosmos no Oural.
( 25.08.2015 ) Manifestación de apoio ao sector leireiro galego na que participou Lidia Senra.
(27.04.2018 ).- Sárria : Manifestación de veciños e comerciantes polo corte da Ponte Ribeira . Chamada : Ás 19:30 horas. Saída da Ponte que dá a Benigno Quiroga .Contamos coa túa asistencia porque é un problema de todos.
(09.2018 ) Manifestación antitaurina diante do Concello, en protesta pola celebración dunha tourada no Camiño de Vilasante.
( 24.01.2020 ) Manifestación das nais e pais de alumos do CEIP Frei Luis de Granada de Sárria para reclamar a construción dun novo Colexio Público.
(08.03,2021 ) "Saca o mandil e a cazola á rúa " Manfestación dende a Praza da Constitución á Praza da Vila, que rematou cun vermú feminista no Xarope- Paseo do Malecón do río Sárria "
(05.2023 ) Manifestación dos Bombeiros de Sárria en petición dunha lei reguladora.
( 30.05.2023 ) Foi desconvocada a maniestación dos traballadores de INELCOM contra do ERE interesado pola empresa.
Comentarios
Publicar un comentario