SÁRRIA : NA PERCURA DA MEMORIA PERDIDA
SÁRRIA: NA PERCURA DA MEMORIA PERDIDA
Acubilladas baixo mantos de esquezo as súas vidas , motros hai anos víttimas e verdugos , temerosos os aldraxados e os que deles veñen de seren sinalados polos descendentes dos maltratadores como merecentes do rexeitamento social é chegado o tempo de poñer diante de ollos e de conciencias libres o pouso escrito que quedou daquelas horas de fume e chumbo impostas pola sinrazón .
En Sárria pasaron cousas e houbo quen esquecendo todos os dereitos humáns escribiron páxinas de ignominia que deben ser coñecidas , porque os que as sufriron tiveron que gardar silenzo.
Ilmo Sr
"O Xuiz que suscribe, Fernández de Blas, Oficial Primeiro do Corpo Xurídico Militar , nomeado Instruor do presente procedemento, á V.I. ten a honra de expoñer; "
" Iniciase este proccedemento como consecuencia da orde da V.I, e do Sr., Gobernador Militar desta Praza, obrante ao folio 11 desta causa. Aos folio 1 ao V , escrito da Xefatura Comarcal de Milicias de Falange Española de las JONS de Sárria ( Lugo ) , na que entre outros extremos se manifesta que CACIQUE , pensando en negocios doados percurou asociarse a person máis axeitada, segundo como de máis a propósito a RECADADOR , outro masón ousado e audaz e sen clase ningunha de escrúpulos , que se achaba en análogas condicións de se facer rico, e unha grande necesadaide de iso para poder manter o grande tren de gastos que sostiña".
" O RECADADOR militara na Unión Patriótoca para obter cargos como o de Xuiz Muncipal na Ditadura, loitou contra CACIQUE nas eleccións de 1931 , no mes de abrilo, sendo derrotado e ao ser proclamada a Republica, dous días despois, saíu á rúa á fronte da manifestación coa bandeira republicana , dano vivas á República e amosando gramde conetnto , mais anuladas aess eleccións, ao se voltaren a repetir foron xa unidos os Señores CACIQUE e RECADADOR".
" O seu primiro negocio foi o amaño dunha creba, para o que se entederon cun comercnate de Sárria , V.D.V, aproveitándose do Banco da Coruña , dándolles por este , inmellorables informes polo xerente aludido, intervindo nas negociacións de efectos mercantís do tal negocio o Banco da Coruña de Sárria e por indicación do RECADADOR , ascendendo o importe da creba ao millón e medio de pesetas contribuíndo a aumentar grandemente as súas proporcións e conseguinte fraude aos lexitimos acreedores ,a circunstancia da inetrvencion no mencinado Banco do seu xenete entón ACREEDOR , xa que a maioría das letras contra do crebado se recibían polo dito banco, por indicación do propio crebado, A creba foi declarada fraudulenta e condenado en causa criminal o crebado, sendo públirco que tanto éste como os antes aludidos quedaron de resultas da dita creba con moitas pesetas".
"Outro negocio que corre parello en turbiedade co da creba foi o dun específico a cuxa produción se adicaron , facéndoo figurar co nome de "Ajolín" e produtos "Kobber", figurando como procedente dunha casa alemá. O valor intrinsico de cada paquete era de unha peseta aproximadamente, e sinaláronlle o de 16 e como era necesaria unha grande propaganda para a venda do produto, asociaron ao negocio a un funcionario , SEGREDARIO , que solicitaba dos oficiias , administradores , carteiros e peóns do correo , relacións dos reumáticos das localidades respetivas , nomeando aos ditos funcionarios representantes do negocio e remesándoos por correo en paqietes postais os artigos para o seu destino, como dirixidos a emprgeados de Correos, co que aforraban os selos do franqueo, defraudando dese xeito ao Tesouro. Tamén defraudaban ao Estado a contribución industrial referente ao dito negocio, tratando de coaccionar a dous inspetores de Facenda , desprazados a Sárria, pero non lles deu resultado, e por iso fixeron unha denuncia falsa contra o Segredario do Concello que non quixo dar por retrasada a data da alta presentada, e que ademais interviu como letrado polos acreedores da creba".
" Outro negocio foi a compra e venda de inmobles , tal como un casal en Santa María de Vilar, unha casa e horta na rúa de Benigno Quiroga e varias fincas nos termos da mesma e varios pobos , adquridos a dona Pardo Goicoechea, de Madrid, por moi baixo prezo , e dúas casas da rúa de Matías López da propia vila de Sárria , que foi adqurido á comunidade de Monxas Mercedarias , e unha delas era tía carnal de CACIQUE , ás que engañaron".
"Outro negocio explotaron últimamente , e era este o supoñer que os mozos que xogando a vida loitaban a cada paso por Falange Española contra dos marxistas, facíano polo estímulo do diñeiro que lles ía a ser dado a mans cheas , e entón ocurriuselles aos antes mentados que podería ser un grande negocio intervir no manexo dese diñeiro facéndose coa Xefatura local e provincial , e a iso se lanzou RECADADOR que pola súa ousadía conseguiu o nomeamento de xefe local e despois provincial , non perdendo ocasión para facerlle crer á organización o axenciarse diñeiro por todos os medios , xestionando e obtendo das autoridades da Fronte Popular que o tivera desterrado en Bóveda, para facerlle crer á Organización que era perseguido polas súas actividades".
"Xurde o Movemento Nacional e procuran aproveitarse das circunstancias para fartar de diñeiro. Comeza por prescindir das persoas da Falange máis destacadas e rodéase dos máis afectos a CACIQUE , poñéndoos nos cargos máis importantes , nomeando xefe local a outro masón, O FOTÓGRAFO, coñecido xeralmente por "Requeixo", que tiña amizade íntima con el, e co viña xa en combinación co tráfego de armas, que tamén foi moi produtivo, e suxeito que xa se tiña acreditado en martingalas desta clas, como foi a de asegurar unha casoupa para destinala á fotografía á que se adicaba , así como os seus aparellos e destruila cun incendio intencionado; a de efectuar un alzamento de bens para bulrar a efucacia dun embargo na súa contra. De tesoureiro colocaron ao repetido funcionario, SEGREDARIO , consocio no "Ajolín".
"Reuníanse na casa de CACIQUE e ali a xeito de verdadeira " checa " decidíase sobre a vida e liberdade das persoas, dando a sensación de dispoñer ao seu antollo das vidas e facendas e dependendo realmente a sorte dos cidadáns do resultado das xestións, recomendacións e influencias perto de CACIQUE, por cuxa casa tiveron que desfilar a tal obxecto unha chea de persoas , algunha con tal oportunidade que ali lles dixeron que tiveran sorte, pois a persoa pola que se interesaba estaba destinada para ser paseada aquela noite ",
" Metían medo ás persoas para poderlles sacar máis doadamente o diñeiro, e efectuaron unha serie de persecucións, detencións, tormentos e paseos, algúns en condicións arrepianmtes, dos que son amostra os terribles tor,mentos, inflixidos ao fillo de Francisco Gallego López, de Vilaesteva de Froián, e a D, Manuel Díaz González, médico do Incio, na que interviu persoalmente o IRMÁN DE CACIQUE, efectuando a de Gallego , por instigación de CACIQUE, o NULLÁN, en vinganza do seu criado de Mezus. Tamén interviu persoalmete o IRMÁN DE CACIQUE na morte do mdo máis salvaxe do fillo da Viuva de Castaño, de San Fiz de Vilapedre. Todo iso obedecía a vinganzas persoais".
"Ao mesmo tempo favorecían a persoas inimigas do Movemento Nacional, até o punto que o propio RECADADOR , daquela Xefe Provincial de Falange Española , efectou a fuxida a Portugal do médico Manuel Maceda de Sárria, que se achaaba moi comprometido pola súa actuación. e O FOTÓGRAFO en unión de outros levaron a cabo a fuxida á mesma Nación antes citada do destacado comunista Manuel Pombo López , do Caritel ( Sárria )" .
" Valéronse de toda clas de procedemntos para facerse con diñeiro dabondo, saqueo de comerzos, de casas particulares e mesmo de algún sindicato católico agrario, o de Reiriz, apoderándose dos víveres, mobiliario e demáis efectos; apoderáronse de víveres en especie e diñeiro doados para o Exército , mesmo a suscrición aberta polo Alcalde e outras persoas de Sárria, vendendo eses víveres e mesmo reses vivas de gado vacún , quedándose co importe e suscricións arrincadas como forzosas, cantidades a xeito de multas , detencións e encerramentos nos baixos do Concello e no departamento do fornelo da calefacción , onde os tiñan sen comer algúns días e polas nites aplicábanlles tormentos , sacándoos fora a altas horas da noite para os paseos ou para a simulación dos mesmos cando se negaban ao pagamento do prezo que poñían á súa vida e liberdade; a outros levábanos ao Cárcere , e explotaban as visitas dos seus familiares, que para poderen ver aos detidos tiñan que levar un volante de autorización, cuxa obtención, así como a de liberdade, pagábanse con violacións de esposas e fillas , aloxamentos forozosos con manutención de falanxistas, por longas tempadas nas casas particulaes, cantidades impostas en conceto de redención de aloxamento , cuxas cantidades cobraba principalmente o fillo do médico LOUREIRO."
" Tamén se apderaron dos donativos de ouro e alfaias reunidos en Sárria para o Estado; leváronos persoalmete O FOTÓGRAFO e SEGREDARIO a Portugal, onde os agardaba CACIQUE , e ali enaxenados o oiuro e as alfaias , acabaron quedándose co seu importe. Tantos abusos fixeron que deron lugar a que polo Xeneral de Brigada se nomease un Xuiz Instrutor que acordou a detención do IRMÁN DO CACIQUE e o procesamneto e prisión preventiva de RECADADOR e O FOTÓGRAFO, Porén ser tramitado o dito sumario o procedemento en momento de medo xeral os ditos detidos foron depostos RECADADOR e O FOTÓGRAFO das xefaturas territoriiai e local respeitivamente da Falange Española".
" Envalentonados , parecen conspirar , reuníndose con moita frecuencia segredamente a altas horas da noite, asistindo a esas reunións CACIQUE ; ademáis obraban de completo acordo con Hedillas, entón Xefe Nacional, co que tiñan grande intimidade, até o estremo de regalarlle RECADADOR o coche, propiedade do médico de Lugo, Señor Vega, fusilado en virtude de sentenza, aínda que Hedilla tivo que se desprender del máis tarde"
"Para axudas a Hedilla na conspiración deste , achábase en Salamanca RECADADOR".
" Apoderáronse de máis coches, entre eles no Hotel Roma de Sárria, de un propeidade dun viaxeiro , que o venderon e quedaron co seu importe ; e outro auto magnifico de cara Viveiro , do que se apoderou O FOTÓGRAFO, e que foi o que principalmente usou polo tempo do seu mandato na Falange Española"
" O seu mangoneo calcúlase que lles produciu inresos que se elevan a máis de 400.000 pesetas "
· Tiñan afán de desprestixiar ao Exército nacional dicindo que está podrido e que nel non se pode fiar a salvación de España; que a el non se lle debe o Movemento senón a F.E.; que non consinten en F:E. o mando de militares , mesmo do Xeneralisimo, que non son quen para mandalos a eles, e que moi axiña van efectuar a revolución Nacioanl Sindicalista para se apoderaren do mando e varrer ao Exército, RECADADOR recorrendo varias rexións do territorio ocupado, sen dúbida faino con miras á revolución dos seus plans".
"Ao folio 8, oficio do Auditor de Guerra do 8º Corpo de Exército, trascribindo outro do Asesor Xurídico do Cuartel Xeral da SE o Xefe do Estado, cursando escrito que a Xefatura local de FE de las JONS de Sárria eleva ao Secretario Politico , debidamente autorizado pola Comarcal , e que se cursa coa fin de procederen á apertura do sumario instruido contra RECADADOR e outro , cuxas actuacións din sobreseídas"
" Ao folio 9 e 10 escrito da Xefatura Comarcal de Milicias de Sárria, no que se denuncia aos elementos indeseables da Falanxe local,, contra os que procede actuar dunha maneira enérxica e rápida polo ambiente desautorizador que sementan, pola súa propaganda solapada, ass súas fachendas nocivas, as súas reunións clandestinas, etc., etc Todo obedece sen ningún xénero de dúbida a algún plan criminal. A altas horas da noite celébrabnse reunións cladstinas na casa do . ex-xefe territoriao RECADADOR , ás que asiten o expuksado da Falanxe , entre outras persoas, que tamén concoreren O FOTOGRAFO, por atracador , inmoral, lugartenete de RECADADOR e cómpitp de todos os seus sucesos suxos, un tal PARADELA, sobexamente coñecidos como gansters de RECADADOR cometendo toda clas de roubos, atracos , violacións , etc. O tal PARADELA estivo preso en Lugo por ladrón e ten un coche ao servizo de RECADADOR e compinches . Todos eles falan con toda clas de reservas do seu Movemento Nacional Sindicalista que terá lugar moi axiña. e que dará lugar a unha auténtica Falanxe . Mesturan en todo o nome de Hedilla , do que din que moi axiña tomará as rendas da Falanxe e entón RECADADOR voltará a ser o xefe territorial de Galicia , Din do Xeneralisimo que non é o home que as circunstancias requiren xa que se puxo no plan de dar paso á caverna e monarquía; reciben visitas de coñecidos hedillistas , como Antonio Correa Calderón, Manuel Carro Quiroga , Páramo, etc. Recibiron a visita de dous individuos descoñecidos , un deles con camisa azul , que chegaron a Sárria con un coche matrícula 11. O FOTÓGRAFO, PERROVIARIO e SEGREDARIO irradian a súa propganda a outros Concellos. CACIQUE confirmase que está enteirado de todo , eses suxeitos son instrumentos politicos ás súas ordes, Estes suxeitos fan adoito inxustificadas viaxes a Salamanca , chegándose á conclusión de que algo argallan. A Sárria fixo unha visita o deputado Gumersindo Rico e inda que non se sabe a relación que poda ter coas manobras indicadas , RECADADOR está entregado a Hedilla , a quen comprou por diñeiro o cargo de xefe territorial."
" Ao folio 11, orde de proceder."
" Ao folio 12, volto, providencia de unión de unha instancia de RECADADOR e outra providencia de intervención da correspondencia do mesmo detido"
" Ao folio 13, instancia de RECADADOR ao Auditor de Guerra desta Praza , suplicando que se digne ordenar que sexan practicadas as oportunas dilixencias para que o expoñente se pida reintegrar á súa vida normal."
"Ao folio 14 a 18, testemuñoi do Segredario da Causa nº 308 do ano posimo pasado e desta Praza , na que entre outros particulares contén o seguinte:
Declaración da testemuña CHAQUETÓN , Xefe Local de FET e de las JONS de Sárria ( Lugo ) e no que se ratifica no escrito dirixido ao Xefe Provincial de Lugo e se fan graves acusacións contra os chamados falanxistas RECADADOR, O FOTÓGRAFO, coñecido como "Requeixo" e CACIQUE , enadindo na súa declaración que na provincia de Lugo vense facendo unha campaña escandalosa na contra da SE o Xeneralísimo e o Decreto de Unificación até o estremo de que RECADADOR e O FOTÓGRAFO e outros compinches aseguran que axiña haberá un segundo Movemento, porque non están conformes co Decreto de Unificación , chegando a afirmar.....
Comentarios
Publicar un comentario