CAPELAS DA VILA DE SÁRRIA
ERMIDAS E CAPELAS NA VILA DE SÁRRIA E A SÚA CONTORNA
Ademáis das igrexas parroquiais e mosteirais establecidas na vila de Sárria e a súa contorna foron moi numerosas ao longo dos séculos as ermidas e capelas, moitas delas dotadas con bens e rendas e servidas por capeláns, que arraizaron profundamente na relixiosidade das xentes de Sárria.
Algunhas delas gozaban de especial devoción e darredor delas xiraba a celebración de romarías nas que participaban fieis procedentes de perto e de lonxe, sendo sonadas as festas relixiosas e profanas de San Lourenzo ( Sárria ), San Lázaro ( Maside ) e San Cosmede ( Vilar de Sárria )
CAPELAS DA VILANOVA DE SÁRRIA/ A POBRA DE SÁRRIA/VILA DE SÁRRIA
CAPELA DE SAN BRAIS ( Século XII ) Situada onde se alzou o Mosteiro de Santa María Madalena de Sárria, nos primeiros anos do século XIII. A ermida foi pedida ao bispo de Lugo polos frades italianos que indo cara Santiago decidiron instlarase a carón da ermida para adicarse a atender aos peregrinos. Cando ese frades faleceron o seu enterramento foi coñecido como o dos "Corpos Santos" , sepulcro que aínda no século XVIII gozaba de xeral veneración polas xentes da comarca.
CAPELA DE SANTA MARÍA DE BARBADELO.- No espazo existente fronte aos depósitos da auga , Rúa da Mercé. No espazo onde estivo a Cruz da Verónica e Mercado de a carón da Fortaleza e a Feira do 20 creada en 1820. ( desaparecida ) O nome de Barbadelo unido a esta capela perviviu até os primeiros anos do séculoXVIII e veulle do nome do medievsl río Barbadelo, agora coñecido como Río Celeiro.
CAPELA DE SANTIAGO DO MERCADO.- Na marxe esquerda da Corga do Asno ( baixada do Camiño de Santago ) ( desaparecida ) Formou parte da primeira ubicación da Vilanova de Sárria, segundo tradición documentada polos agostiños de Santa María Madalena. Pertencía ao Arcediago de Sárria da Catedral de Lugo. Desapareceu na segunda metade do século XIX.
CAPELA DE SAN ROQUE DO HOSPITAL.- Capela propia do Hospital da Madalena oi de San Roque que estivo no Barredo do Pombal ( na ampliación norte do Cemiterio Municipal. ) ocupandpo patrte da Praza de San Roque. ( desaparecida xunto co Hospital e a Casa do Hospitaleiro no século XVIII )
CAPELA DO CEMITERIO MUNICIPAL ( 1 ).- Ubicada no cemiterio construido no B arredo do Pombal , adquirido á Familia Lois. Estivo pouco tempo sacralizada pois os concellos conservadores querían potencias o seu carácter relixiosó e os concellos liberais retiraban os sinais de culto, para que fose un espazo ao serivzo do cemiterio. Acabou sendio destinada a sala de autopsias e finalmante para garda de ferramentas. Na actualidade fai de pasaxe coberta entre o Cemiterio Vello e a primeira ampliación cara o sur.
CAPELA SAN MARCO.- Era pertencente ao Arcediago de Sárria, Situada na parte baixa do actual Campo da Feira , non lonxe da Fortaleza , cara Os Esqueiredos. Derrubada no século XIX , no seu soar e terreo anexo instalaron o primeiro cemiterio municipal. ( Desaparecida )
CAPELA DE SAN XOSÉ.- Na Casa Grande de Sárria, ou Casa Grande dos Saavedra, no lugar de Sárria, parroquia de San Salvador de Sárria, na Rúa Principal, agora Rúa Maior , no soar da actual Casa da Palma.. Un cadro ao óleo coa imaxe de San Xosé procednte desta capela está no Pazo de Bóveda. ( desaparecida despois de 1940 )
CAPELA DE SAN ROQUE DA CASA DO BARRIO.- Alzada por Xoán María López de Almance na Casa de Nullán ( hoxe Casa do Barrio ) -Estrada de Valdeorras- Corga da Fonte., na que estivo o sartego cos restos do seu fundador. Desaparecida como consecuencia das obras de Accesos a Galicia e ancheamento da Rúa do Peregrino.
CAPELA DA NOSA SEÑORA DO PERPETUO SOCORRO.- Promovida polos Marqueses de Ugena en Villa Andrea, con entrada pola Rúa Marquesa de Casa López, e comunicación particular dende o parque para a familia Oñate. Na actualidade é propiedade do Concello de Sárria e ocasionalmente fanse celebracións relixiosas e por un tempo foi lugar de ensaios da Coral Polifónica do Concello de Sárria.
CAPELA DAS MADRES MERCEDARIAS.- Na Rúa Matías López , nas ciasas números 16 e 18 onde entre a primeiora década do século XX e o ano 1930 estivo o Convento de Monxas Mercedarias , de clausura, que tiveron alí colexio para nenas e señoritas. ( desaparecida )
CAPELA DA ASUNCIÓN .- Propia do Convento e Colexio da Asunción destinada ao culto para a congregación relixiosa e para o alumnado do Colexio. Ao abandoar Sárria as monxas non presta función habitual.
CAPELA DO CEMITERIO MUNICIPAL ( 2 ).- Na ampliación norte do cemiiterio segundo o proxecto do arquitecto Roberto Piñeiro incluiu unha capela coa función tamén de tanatorio Ocasionalmente adicada ao culto., por exemplo mentres duraron as obras de restauro da igrexa de Santa María Madalea-Convento da Mercé.
CAPELA DE SAN LÁZARO.- Propia do Hospital de San Lázaro, na parroquia de San Pedro de Maside. En 1890 integrouse na parroquia de San Salvador de Sárria. Foi lugar de enterramento dos doentes de lepra . Ao seu carón estaba o Hospital, suprimido formalmente no ano 1700 e no Domingo de Paixón no seu souto celbrábase unha sonada feira Houbo en 1890 o proxecto de que fose cabeza dunha non nata parroquia de San Lázaro de Sárria.Está adicada ao culto con celebración de misas e das novenas de San Lázaro e Santa Lucía.
CAPELA DO CAMPIÑO . - Na parte baixa da actual Rúa Padre Sarmiento. Era punto onde confluían as parroquias de San Pedro de Maside , San Salvador de Sárria e Santa Mariña de Sárria. Estaba na parroquia de Maside e pertencía á Casa Grande dos Saavedra ( desaparecida ).
CAPELAS NOS ANEXOS DAS PARROQUIAS DA VILA
CAPELA DA NOSA SEÑORA DO CARME ( 1 ).- No lugar do Mazadoiro, parroquia de San Martiño de Requeixo., anexa que foi de San Salvador de Sárria, Estaba dentro do edificio do Hospital Municipal- Asilo de Anciáns promovido pola Marquesa de Casa López, no Campo de Outeiro. As Irmanciñas dos Anciáns Desamparados promocionaron a veneración da Virxe dos Desamparados , e ao ser derrubas as edificacións para facer a Residencia de Anciás foron retiradas as imaxes do seu altar, pasando a da Virxe dos Anciáns Desamparados, primeiro á Casa de Babío, nas Casas Baratas, e despois á Capela de San Lázaro.Esta capela estivo servida , e aberta tamén aos fieis en xeral, por un capelán que residía na Casa e atendía á Comunidade relixiosa e aos acollidos no Asilo.
CAPELA DA NOSA SEÑORA DO CARME. ( 2 )- Está dentro da Residencia de Anciáns alzada no soar do antigo Hospital Municipal ( Rúa Irmás García Vázquez ) , conservando a primitiva advocación está a nova capela. Forma parte da parroquia da Nosa Señora do Rosario.
CAPELA DE SAN COSMEDE DO CARBALLAL- Estaba no lugar de San Cosmede do Carballal, parroquia de San Salvador de Vilar de Sárria, anexa de San Salvador de Sárria,Formou parte dun antigo Hospital de Peregrinos "in strata publica peregrinorum", pervivindo até o século XIX unha ermida ou capela nomeado nos docmouentos como "do divino San Cosme", con sonada romaría.
CAPELA DE SANTO ALBERTE.- Estivo no Campo de Santo Alberte, na parroquia de San Salvador de Vilar de Sárria, anexa da de San Salvador de Sárria, e foi derrubada por orde do bispo de Lugo nas décadas finais do século XVIII. Posiblemente estivese vencellada a un establecemento de acollida de gafos ( leprosos) porque moi perto consérvase a denominación A Malata.
PARROQUIA DE SANTIAGO DE FARBÁN
CAPELA DA NOSA SEÑORA DA COUSELA.- Capela desaparecida que estivo situada entre Filloi e Vilariño.
PARROQUIA DE SANTALLA DE ARXEMIL
CAPELA DE SANTA CRISTIÑA .- Estaba no cumio do Monte de Santa Cristiña , sendo fito delimitador entre parroquias.
ORATORIOS
Trátase de pequenos espazos promovdos en casas particulares, con un pequeno altar, eran adicados a exercizos relixiosos diarios, meditacións e rezos por famiiares e persoal de servizo.
ORATORIO DA CASA QUIROGA.- Instalada na que fora Casa Hotel de Venancio Vázquez López , na Rúa do Porvir ( hoxe Rúa Marqués de Ugena ), edificación agora coñecida como Casa Quiroga. Está situada no primerio andar da casa e sendo a súa dona Dores Quiroga cando mneos unha vez ao ano celbraba misa nel algún frade mercedario
CAPELAS NAS IGREXAS DA VILA
MOSTEIRO DE SANTA MARÍA MADALENA
CAPELA DE SAN BRAIS( 2 ).- A primitiva capela de San Brais acabou estando integrada dentro da igrexa mosteiral de Santa María Madalena de Sárria. Estaba á altura da chamada Porta de Gracias, que é a que da acceso ao claustro dende a igrexa. Riba do sepulcro dos Corpos Santos ( os dos relixiosos italainos fundaores do hospital da Orde dos Laudantes Deum ) acabaron poñendo unha grande pedra para impedir que as xentes sinxelas collesen terra coa crenza de que tiña virtudes curativas. Esa pedra acabou sendo colocada na horta formando unha mesa ao ar libre para lecer dos mones. Non se conservan nin a pedea nin restos dos relixiosos fundadores.
CAPELA DE SAN XOSÉ.- Estaba baixo do patrocinio dos donos da Casa Grande dos Saavedra., que tiñan que dotala de todo o preciso para o culto. Ocupaba o lugar onde está actualmente o alatr do Sagrado Corazón de Xesús.
CAPELA DO SANTO CRISTO.- Capela gótica na que está o fermoso sartego da familia dos Señores de Castelo dos Infantes, que pertenceu aos López de Lemos. Tiña alta reixa pechando o arco de entrada e dela saía a escadeira que daba acceso á fiestra balconada que daba á capela maior e que era o púlpito dos pregadores. Foi tamén coñecida como Capela do Bon Xesús e nela houbo pinturas, góticas , da Paixón e outra da Virxe de Belén.
CAPELA DE SAN LOURENZO.- Era o lugar de enterramento dos peregrinos que morrían no Hospital de San Roque. Estaba a carón da sancristía e nela estaban os enterramentos de Iñigo Sánchez de Orozco, cuxa imaxe xacente en pedra fora retirada para facer un acceso amplo á sanacristía,, que foi Señor do Couto de Betote, e recent emete foi descubero outro enterramento con pintura gótica que representa a Cristo no Calvario e imaxes dos catro evanxelistas , que foi lugar de enterramento de membros da Familia Ribadeneira. Houbo outros dous enterramentos en dous arcos góticos, Consérvase memoria dos nomes de peregrinos enterrados no chan desta capela,
CAPELA MAIOR DE SANTA MARÍA MADALENA.- Foi construida e dotada polo Mestrescola da Catedral de Ourense Álvaro Nunes de Guitián qjue ten nela o seu panteón monumental. O altar maior , no que só se conserva a imaxe de Santo Agostiño, e o desaparecido coro baixo con artísticas cadeiras foron obra do entallador Gregorio Fernández ( pai ). Houbo espazos reservados para enterramentos do Conde de Lemos e da Familia Ribadeneira. Un dos arcosolios foi aberto e agora comunica a Capela Maior e a Capela do Santo Cristo. No chan da Capela Maior eran enterrados os prioiros e os frades da Orde Agostiña que ocuparon o mosteiro entre 1568 e 1835, Os seus restos e os procedntes das foxas do corpo da igrexa e da Capela de San Lourenzo foron retirados, e despois de estar por tempo dun século en osario instalados na porta románica que dá ao clautro, foron trasladados ao Panteón Mercedario, do Cemiterio Muncipal, que pertenceu aos benefacores da Orde don Camilo García Vaamonde e dona Cncepción o Ulloa Lois.
IGREXA DE SAN SALVADOR DE SÁRRIA
CAPELA DE SANTA CATARINA.- Era do Arcediago de Sárria e disfrutaba de rendas.
CAPELA DE SANTO ANTÓN ABADE ,. Vencellada ao Hospital de Santo Antón Abade, que corria co enterramento dos peregrinos que morrían nel-
IGREXA DE SANTA MARIÑA DE SÁRRIA
CAPELA DE SAN XOÁN BAUTISTA ´,-. Servida por un capelán que gozaba de bens e rendas
OUTRAS CAPELAS PERTO DA VILA DE SÁRRIA
CAPELA DE SANTO ESTEVO DE REQUEIXO.- Estivo na parroquia de San Pedro de Maside, Na Idade Media houbo ali ( Santo Estevo de Barbadelo ) un templo dependente da Orde do Temple que deu paso a unha capela desaparecida en data imprecisa.
CAPELA DE SANTA MARÍA EN VILASANTE.- Na parroquia de San Martiño do Fontao. Instalada dentro do Pazo de Vilasante ( desaparecida )
CAPELA DE SAN MIGUEL DE RIÁTICOS.- Na parroquia de Santiago de Barbadelo, lonxe de núcleos de poboación, a carón do Río Vao ( Rego de Cervos ) e baixo do Castro das Paredes . Documentada no século XII, es tivo en pe até que ao facerse as obras do ferrocarril de Sárria ao Oural foi derrubada e por un tempo conservouse unha escultura en pedra procedente desa ermida da que non se conserva máis nova ca unha fotogradía publicada por don Francisco Vázquez Saco.
CAPELA DE SAN PEDRO DO CAMIÑO
Comentarios
Publicar un comentario