PERMUTA DE BENS NO VAL DO MAO ( 1095 )
10 de agosto de 1095
PERMUTA DE BENS FEITA POR DON PEDRO, ABADE DE SAMOS, CON XEMENA NÚNES E OS SEUS FILLOS
No nome de Deus
Eu XEMENA NUNES xuntamente cos meus fillos VERMUDO, RODRIGO e ROMAO ,FLÁMULA E MARIÑA, a vos o abade DON PEDRO e aos frades samonenses , no Señor Deus eterna saúde, amén
Pareceunos con ánimo san e íntegro consello , o xeito de facervos carta de conmutación , segundo e como a facemos, de herdades nosas propias , que eu XEMENA as teño dos meus avós ORDOÑO DÏAZ e ROMAO DÍAZ e da miña nai MARIÑA ROMÁNIZ , no territorio de OMAO.
E viñeron a min en partillas cos meus irmáns e herdeiros e son as vilas chamdas : VILAMOR coas adxuncións, que xaz na veiga entre SAA e TEIXeira, entre dous ríos OMAO e TEIXEIRA, baixo do MONTE AGUDO , baixo das aulas de SAN SALVADOR e SANTA MARÍA.
A vila chamada TEIXIZ. A metade doutra vila, íntegra, en CASTILLÓN. Varias herdades que ali temos.
Dámosvolas e concedémosvolas polas súas estremas antigas , segundo divide polo medio con SAA e con outras en xiro,que circunstancia e determina polo MONTE AGUDO e por FOILEBAR e por BRAÑA , e doutra parte con CORNEAS e despois por SANTA CRISTIÑA e pola LAGOA DE OINCIO, segundo o que dentro inclúe.
E recibimos de vós por isto outra vila chamada XULLÁN , que foi da Condesa DOÑA MARIÑA e deuna a SAMOS por testamento, xunto con BARXA , e está esta vila na ribeira de OMAO ; e non nos dades outra, porque non a podedes separar, porque é unha soa con BARXA , máis tanto teña eu por nós e por vós segundo enriba escribo.
Porque se calquera home, o que sexa feito non cremos, contra esta carta de permuta irrompendo viñsese, páguevos a vós e á vosa voz para a parte de SAMOS, estas herdades dupladas e por vós perpetua,mente sexan tidas.
Feita foi carta de permuta e confirmación no día cuarto dos idus de Agosto na Era Milésima Centésima Trixésimo Terceira.
Eu XEMENA , cos meus fillos, nesta carta que ser feita quixemos , coas nosas mans asinamos ( + ) .- Baixo o nome de Cristo , DÁMASO, bispo da Arquiodiocese, confirmo.- Baixo a graza divina GONZALO, bispo dumiense, confirmo.- Baixo o nome de Deus AFONSO , rei, confirma.- REIMUNDO, conde, confirma.- BERBARDO, meiriño, confirma.- PEDRO, abade, confirma.- MUNIO, preósito.- SUEIRO NEPOTINIZ, confirma.- MARTIÑO, testemuña, confirma .-PEDRO, testemuña.- XOÁN TESTEMUÑA.
****************************************
VILLA MAURI : Vilamor.- SALA: Sáa.- TAXARIA: Teixeira.- HOMANO : Omao.- TEIXERUA. Teixeira.- MONTE ACUTO: Monte Agudo ( en Omao ).- TEIXIZ: Teixiz :- CASTILLÓN: Castillón.- FOGIO LOPAL: Foilebar.- BRANIA: :Braña.- CORNIAS:: Córneas.- SANCTA CHRISTINA: Santa Cristiña do Viso .- LAGONA DE ONITIO: Lagoa de Oincio. -IULIAN: Xullán ( en Santa María de Toimil ).- BARCENA: Barxa ( en Santa María de Toimil ).- SAMANOS: Samos
PEDRO- VERMUDO.- RODRIGO.- ROMAO.-DÁMASO.- GONZALO.- AFONSO.- REIMUNDO.- BERNARDO.- MUNIO.- SUEIRO.- MARTIÑO.- XOÁN
XEMENA,. FLAMULA, MARIÑA,.
Versión en galego do documento número 233 do Tombo de Samos, realizada por Xaime Félix López Arias.
Comentarios
Publicar un comentario