MATÍAS LÓPEZ LÓPEZ: O ENTERRO
MORTE DE MATÍAS LÓPEZ LÓPEZ
( EL REGIONAL. Diario de Lugo, 19.06.1891
El telegarfo. Madrid- 19:15 "Faleceu o Excmo. Sr. D. Matías López.
( EL REGIONAL.- Diario de Lugo . 21.06.1891 )
A morte do moi coñecido indistrial Sr. D. Matías López ocorrida na apsada noite, foi recibida con mostras de sentimento, particularmente `polos seus numerosísimos amigos, que no día de hoxe concorreron á casa mortuaria para inscribiren os seus nomes na lista.
Din que dende o mometo no que a doenza aw presentou con ameazadora gravidade , na capela particular estivo exposto o Santísimo Sacramento, diante do cal a familia , os dependentes da casa e algúns amigos, , pasaron moitos intres elevando as súas oracións a Deus e o mesmo o capelán , que asitiu ao doente até recoller o seu derradeiro alento.
O enterro, que terá lugar mañá vai ser unha verdadeira manifestación de dóo-
O Senado estará representado por unha grande mairía dos seus individuos.
( EL REGIONAL- Diario de Lugo, 23.06.1891 )
LA PROVINCIA
DON MATÍAS LÓPEZ
Toda a prensa de Madrid adica sentidas frase ao falecementoi do noso querido fillo:
EL LIBERAL dí: " Poucas existenzas terán sido tan pródigas en vicisitudes como a que onte rematou coa morte do honrado e opulento industrial D. Matías López.
A triste nova do seu falecemento arrincará lágrimas a moitos ollos, porque moitas eran as persoas que disfroitaban dos beneficios da súa proteción , e moitas as simpatías coas que o finado contaba en todas as clases da sociedade.
Con lexítima satisfación podía o distinguido senador contemplar a súa magna fábrica de El Escorial , que no austero sitio eleixido por Felipe II para refuxio das súas rexias malenconías , representaba co fumegar das súas chemineas e o alegre ruido das súas máquinas , a nota de vida moderna , fornte á silenciosas e inmemesa mole, sepulcro de glorias pasadas.
Mais a tornadiza sorte castigaba hai tempo cos seus máis fortes golpes ao opulento indiustrial . Permitiulle gañar unha fortuna e establecer un fogar ditoso e honrado, porén convertiu axiña as alegrías e os beneficiso en adversidade , arrebatoulle a razón a un dos seus fillos do Sr. López, afrixíndoo despois coa arrepiante e tráxica morte do único varón que lle quedou, acontecida hai poucos meses na fábrica de El Escorial.
Estas repetiadas desgrazas crebaron a un tempo o ánimo e sa saúde do noso finado amigo, quen para remate da súa carreira de loita, soñaba cunha morte ducificada pola presenza e o cariño de todos os seus fillos, morte que a Providnecia no lle quixo conceder".
EL RESUMEN : " Moi pobre cado veu á corte e de orixe modesta, soubo grazas aos esforozos do seu espiritu , a súa grande intelixenza e ao aforro , reunir unha grande fortuna e dae con ela sustentaciñon a moitas familais, que o chorar.an como a un ser querido , diante dos que gozaba dun grande respecto.
No inmediato pobo de San LOrenzo ( * sic ) , onde tiña montada unha grande fábrica que alcanzou extraordinario renome, sendo nel o Sr. López mo respectado como amigo e como cabaleiro caritativo.
Matías Lóepez facía polo miudo os seus favores entre os necesidades , e atendía tanto a cantos dependían del , como era unha verdadeira providencia para os que o rodeaban.
D. Matías tiña unha familia que o adoraba e que se enchía de orgullo gozando do benestar que proporciona unha boísima renda , adqurida coa laboriosidade do xefe dela. A desgarza inroduciuse no seu seo , pertiurbando a razón a un dos seus fillos de D, matías, primeiro, e facendo sofrer unha morte arrepiante ao outro fillo, hai pouco acontecida en El Escorial,
Este último gpolpe fixo medrar os padecementos do respectable finado, e esgotado as súas forzas ".
(* ) A fabrica de chocolates estaba no Municipio de El Escoral, perto da Estación do ferrocarril, , e non na vila de San Lorenzo de El Escorial que está no termo municipal do seu nome.
MATÍAS LÓPEZ LÓPEZ: O ENTERRO
( EL REGIONAL.- Diario de Lugo ) 26 de xuño de 1891
Por falla de espazo non puidemos dar conta aínda do enterro do noso inesquecible fillo desta provincia , acto que foi unha manifestación das simpatías das que tan xustamente disfrutaba.
Os fillos politicos , sobriños e empregados da casa sacaron a ombreiros o cadáver , os mesmos colocárono tamén no panteón da sacramental de Santo Isidro , que se achaba profusamente alumeado e ateigado de coroas.
Dende a casa mortuoria . na Calle de la Palma Alta , 8, o corteo recorreu a pé as calles de Fuencarral Montera, Puerta del Sol e Calle Mayor, en toda a súa extensión, até a Cuesta de la Vega, onde o acompañamento subiu aos coches , seguindo cara o cemiterio.
Tanto nas rúas como nos balcóns , un público numeroso presenciaban o paso do cortexo, sendo unánime e xeral a manifestación de sentimento.,
Presidía o dóo unha Comisión do Senado , representado polo señor xeneral Jovellar, D. Eduardo Palos o Marqués de Tevarga e o señor Maluquer ; e na reprsentación da familia, os fillos politicos do finado Sres. Cendra e Oñate, e o señor Becerra como antigo amigo.Inmediatamente detrás do acompañamento ía un coche de gala do Senado e a continuación o de uso do finado, magnífico Doreory, os dois de especto, Ttrescentos dazasie coches constituían o acompañamento-
Os obreiros da fábrica de chocolate de El Escorial e os da seción de conteitaría de Madrid ían en dúas longas fieiras con fachos acesos diante do féretro, A carón deste porteiros do Senado e da Deputación provincial, a cuxa corporación pertenceu tamén o Sr, López.,
Detrás do coche fúnebre seguina dous coches Landeau abertos cheos de coroas, ademáis das que colgaban do coche fúnebre, en total 50 coroas.
Entre as adicatorias , cada unha delas máis sentida, que se lían nas fitas das coroas recordamos a adicada polos empregados das oficinas de Madrid "A Industria sentirate como un heroi , os teus empregado chámante como a un pai. Descansa en paz"
Entre as que se distinguían polo seu valor e beleza artística , admiránçbanse as adicdas pola viuva , Excelentísima Señora Dona Andrea Andrés, fillas dona Asunción, dona Rosa e dona Carme, fillos politicos D. Manuel Cendra e Don Xosé Oñate.
Tamén figuraban en primeira liña as dos sobriños D. Francisco López, señores D. Venancio, D. Matías e D. Franckisco Vázquez , D. Manuel e Dona Pasacuala López e o esposo desta D. Reimundo Arechavala , D. Miguel López de Saa, señora e familia de Monts , D. Euxenio Esteban, D, Francisco Mircabel , D, Antonio Gómez, D. André Somoza, D. Henrique Martínez , Sociedad Española de Comisionistas y Viajantes, empregados da corte, idem de El Escorial, seción de confeitaría e servidume da casa.
Entre as coroas naturais , que as había numerosas e de moi bon gosto, destacaban as dos netos D. Manuel Cendra, D. Matías, Don Xosé e Paulo Oñate, a dos irmáns politicos, a de D. Xoán Cendra, D. Tomé Bande , señora de Gallego, e porteiro de D. Manuel Cendra
*************************
ACORDO DO CONCELLO DE SÁRRIA EN MEMORIA DE DON MATÍAS LÓPEZ LÓPEZ
( EL REGIONAL-Diario de Lugo , 3-07.1891 )
Na sesión que celebrou o Concello de Sárria o sábado 27 do mes último, en vista da proposición feita polo concelleiro e ex-alcalde señor Vázquez Castiñeira acordou conste en acta que a Corporación se asocia ao sentimento que afrixe á familia do Excmo Sr. D. Matías López, natural da dita vila, pola irreparable perda deste , e que así se lle comunique á familia do memso como testemuño da amizade e simpatía que tiña no seu pobo nadal entre todas as clases sociais,
************************
Comentarios
Publicar un comentario