SÁRRIA: TOPÓNIMO
Sárria, Sar, Sarela, Sariña.... son topónimos presentes en Galicia e que orixinariamente serviron para sinalar correntes fluviais e accidentes xeográficos e poboacións xurdidos nas súas beiras.
Pasou tamén a ser apelido e "Sárria" como elemento referencial de persoas, espacios e institucións.
Son formas semellantes Sarría e Sárria que levan poboacións de Biskaia, Araba, Navarra, Girona, Barcelona, Mallorca , Alacant e CaracasNo caso de Sárria primeiro foi o río.....
RÍO SÁRRIA ( Ripa Sarrie ). Afluente do río Neira ( ripa Naria ) .Con fontes no Monte Iribio, Monte da Albela e Monte da Meda ( Monte Serio ) pasa por San Cristovo do Real, Santiago de Renche, Santa María de Loureiro, San Martiño do Real, a Vila de Samos, Santalla de Pascais. Santo Estevo de Reiriz, Sivil-Santiago de Estraxiz, Santo Estevo de Calvor, Santa María de Lier, San Migel de Frollais, San Xoán de Fafián, San Salvador de Cesrár, San Fiz de Reimóndez, Santiago de Farbán, Santa Mariña de Sárria, San Salvador de Vilar de Sárria, San Martiño de Requeixo, San Vicenzo de Betote, San Xulián da Veiga, San Salvador do Mato, Santa Mariña de Rubín, Santiago da Veiga , San Salvador de Larín, San Martiñode Oleiros, Santa María de Vilambrán, San Pedro de Ronfe ( Santiago de Viance ), San Miguel de Vilapedre, Santa María de Vilafiz, San Xulián da Pobra e Santa María Madalena de Moscán.**( 572 ) Ubi Sarria intrat in Naria" As capitalidades dos concellos de Triacastela, Samos, Sárria e Láncara están na bacía do río Sárria.
RIPA SARRIE.- Denominación medieval
RIPA RIVULO SARRIA .- Denominación medieval
AMNIS SARRIE .- Denominación medieval
RÍO DA SÁRRIA.- Até finais do século XVIII nos documentos ao se referir ao río Sárria aparecen as expresións " Río da Sárria " e "Río de la Sárria".
MONTES DE SÁRRIA .- En algún itineriro de peregrinos reciben este nome os de Santa Cristiña, Xaneiras , San Marco e Faro do Páramo.
COSTA DE SÁRRIA.- Leva ese nome o terreo compreendido entre Santo Estevo ( Maside ) e Santalla de Arxemil.
BACÍA DO RÍO SÁRRIA- Abrangue o concello de Triacastela, a parte norte do concello de Samos, o concello de Sárria, agás a bacía do Loio , parroquias de Láncara ( Oleiros, Larín , Ronfe, Vilambrán e parte da Pobra de San Xiao, paerroquias do Paramo ( Vilafiz e Moscán ) e pequenso espazos da parroquia de San Salvador do Mao e da Cervela ( O Incio )
CONDADO DE SÁRRIA ( "Comitatu Sarriense ). Ano 572 - Condado Suevo , da Diocese de Lugo.
TERRA DE SÁRRIA.- Entre o río Sárria e o río Neira. Parroquias: Louseiro, Seteventos, Ferreiros, Berselos, San Salvador de Francos , San Pedro de Bamde, San Salvador de Larín.......
VAL DE SÁRRIA- Espazo delimitado pola Cha de Santa Marta , estribacións do Monte da Meda , mesón de Fafián , esqueiredo de Farbán, Monte de Santa Cristiña e rebordo de Lousadela.
VEIGA DE SÁRRIA.- Espazo xeográfico nas dúas beiras do río Sárria ( parroquias de San Xulián e Santiago da Veiga, San Salvador do Mato e Santa Mariña de Rubñin ).
SAN CRISTOVO DE RÍO DE SÁRRIA ( Sancti Crhistophori de Riu de Sarria ) Igrexa e parroquia medieval, na actualidade San Cristovo do Real.
SAN MARTIÑO DE RÍO DE SÁRRIA ( Sancti Msrtini de Sárria ) Parroquia e igrexa medieval, agora San Martiño do Real.
SAN SALVADOR DE SÁRRIA,- Igrexa e parroquia na Terra de Sárria na actualidade coñecida como San Salvador de Francos, na Neira de Susao ( agora Baralla )
SAN SALVADOR DA VILA NOVA DE SÁRRIA.- Igrexa e parroquia que pasará a ser de "San Salvador de Sárria "( século XIII )
SAN SALVADOR DE SÁRRIA.- Ao se perder o nome da Vilanova de Sárria igrexa e parroquia pasaron a levar este nome .
SANTA MARIÑA DE SÁRRIA.- Igrexa e parroquia de orixe medieval. A igrexa románica foi derrubada para alzar a nova igrexa .
SAN LÁZARO DE SÁRRIA.- ( 1890 ) Proxecto de facer unha nova parroquia, segregando da parroquia de San Pedro de Maside os barrios de San Lázaro, A Estación , Estrada do Mazadoiro e parroquia de San Martiño de Requeixo. Non se fixo efectiva
A NOSA SEÑORA DO ROSARIO DE SÁRRIA.- Parroquia eclesiástica formada segregadn partes das parroquias de San Salvador e Santa Mariña , San Martiño de Requeixo e San Salvador de Vilar de Sárria.
SAN SALVADOR DE VILAR DE SÁRRIA.- Igrexa e parroquia
SAN COSMEDE DE VILAR DE SÁRRIA.- Aldea, hospital e ermida no Camiño de Santiago.
SAN XULIÁN DA VEIGA DE SÁRRIA.- Igrexa e parroquia. Aparece con ese nome na documentación eclesiástica para distinguila do San Xulián da Veiga, na Pobra do Brollón. A denominación civil é San Xulián da Veiga-
SAN SADURNIÑO DE SÁRRIA.- Nome que recibiron na Idade Media a igrexa e parroquia de San Sadiurniño de Ferreiros.
SANTO ANTOIÑO DE SÁRRIA.- Mosteiro medieval, dependente de Samos., na actual parroquia de Santa Eufemia de Santo Antolín, tamén coñecida como Santo Antolin de Touville.
SANTA MARÍA MADALENA DE SÁRRIA.- Mosteiro medieval que perviviu dentro da Orde de Sant.o Agostiño até 1835. Dende 1896 Convento da Mercé de Sárria.
FREITUXE DE SÁRRIA.- ( Froitux de Sárria ) Aldea na parroquia de Santa María de Loureiro do Real, no Concello de Samos.
VEIGA DE SÁRRIA.- Nome medieval do lugar chamado agora Veiga de Reiriz ( Samos )
SÁRRIA: Nome dado ao grupo de casas da contorna da Praza ( hoxe Praza da Constitución ) na parroquia de San Salvador de Sárria.
BURGO DE SÁRRIA .-- Poboación xurdida no remate do século XII pasada a Ponte de Sárria, no Camiño de Santiago, entre o "Castro de entrambas augas " e o río Barbadelo, no espazo onde estivo a capela de Santiago do Mercado.
VILANOVA DE SÁRRIA.- Vila fundada polo rei Afonso VIII de Galicia ( Alfonso IX de León e Galicia ), que lle deu Carta-Pobra, na que mrreu o 24 de setembro de 1230. A fundación tería lugar darredpr dop ano 1194 . Foi vila real até que no século XIV foi cedida ao Conde de Lemos. Gozaba do dereito de voto en Cortes.
A POBRA DE SÁRRIA.- No século XIV a Vilanova de Sárria pasou a ser coñecida como A Pobra de Sárria, cabeza das Cinco Pobras señoreadas polos Condes de Lemos: Pobra de Sárria, Pobra de Adai, Pobra de Santo Estevo de Neira de Susao, Xan Xiao da Pobra e A Pobra de Triacastela.
SÁRREA.- En moitos documentos dos séculos XV e XVI a forma Sárria aparece tamén como Sarrea.
VILA DE SÁRRIA .- No século XVII a documentación, abandoando a fórmula Pobra de Sárria, pasou a recoller como encabezaamento " Na Vila de Sárria". Até ben entrado do século XX co nome de "A Vila" coñecíase a parte alta, en oposición aos barrios novos xurdidos darredor das estradas e do ferrocarril.
SÁRRIA.- Nome oficial da poboación na actualidade que xa só a efectos de división eclesiástica está formada polas parroquias de San Salvador, Santa Mariña e A Nosa Señora do Rosario
ARRABALDO DE SÁRRIA.- Espazo da vila de Sárria comprehendido entre a Rúa de Ferradores e a Carreira de Santa Mariña.
COMES IN SARRIA.- Conde de Sárria, ou "Cmes in Elarini" ( Larín ) Título que levaban os ·tenetes" do Condado de Sárria nos séculos IX a XI
ARCEDIAGO DE SÁRRIA.- Título eclesiástico de orixe medieval que recibía un dos coengos da Catedral de Lugo.
ALCIPRESTÁDEGO DE SÁRRIA.- División territorial eclesiástica da diocese de Lugo, de orixe medieval, cun alcipreste con autoridade riba dos pàrrocos e demais eclesiásticos. que con variacións ao longo dos séculos veu extendéndose por parroquias dos actuais concellos de Sárria, Láncara, O Páramo e O Corgo.
CASA GRANDE DE SÁRRIA.- Nas sucesivas denominacións Sárria / Rúa Principal / Rúa Maior. Foi o pazo urbán da familia Saavedra entroncada máis adiante cos Somoza de Laiosa. Nos anos 1940 foi dividida dando lugar ás casas números 19 , 21,23,25,27 e 29 da Rúa Maior.
PONTE DE SÁRRIA.- Actualmente coñecida como "A Ponte Ribeira"
PONTE DE VILAR DE SÁRRIA..- Actualmente coñecida como "A Ponte Vella"
FONTE DE SÁRRIA.- Coñecida como "A Fonte Ribeira" , Foi até 1918/1920 a única constante proveedora de auga potable para atender as necesidades das casas da vila e do lugar da Ponte Ribeira e dos camiñantes.
FORTALEZA DE SÁRRIA,. Construción militar con orixe no ´seculo XIII, derrubada na Guerra Irmandiña, reconstruida a continuació , á que se lle fixeron reparos entre 1603/1610, que viu derrubada a Torre do Mercado en 1843 e , agás unha torre de flanco, foi derrubada en 1860.
TORRE DE SÁRRIA .- É o único resto que se matén en pé e formou parte da Fortaleza, que se conservou dentro da Horta da Casa de Batallón-
HOSPITAL DE SÁRRIA .- ( Hospital Vello ) Estaba no soar no que agora está a casa nº 16 da Rúa Maior,
HOSPITAL DE SAN LÁZARO DE SÁRRIA.- Na parroquia de San Pedro de Maside. Era até 1700 hospital para gafos ( leprosos ) e integrouse na Obra Pía dos Hospitais de San Lázaro e Santo Antón Abade.
HOSPITAL DE SANTO ANTÓN ABADE DE SÁRRIA- No número 1 da actual rúa Maior- Foi Hospital de Peregrinos.
ESTADO DE SÁRRIA.- División administrativa do Condado de Lemos formada pola Pobra de Sárria e as Pobras de Adai, San Xulián, Santo Estevo de Neira de Susao e Triacastela, Castro de Rei e Outeiro de Rei.
MERINDADE DE SÁRRIA .- Nome dado ao espazo territorial dependente do Meiriño de Sárria.
CONDADO DE SÁRRIA.- ( Condado medieval que pasará a ser Marquesado nos primeiros anos do século XVI
MARQUESADO DE SÁRRIA.- Creado por Carlos I para o primoxéniito dos Condes de Lemos. Supuxo a desaparición do título condal de Sárria e a cosagración do título de Marqués de Sárria.
Un edificio na Rúa Matías López, fronte da Sociedade A Unión, leva o nome de Edificio Marquesado de Sárria.
XUSTIZA DE SÁRRIA.-
ALCALDE MAIOR DE SÁRRIA
REXIMENTO DE SÁRRIA.- Órgao colectivo encargado do goberno da vila e da xurisdición de Sárria e presidido polo Correxidor, Xustiza Maior, Meiriño ou Alcalde Maior, que por todos eses nomes era coñecido. Estaba formado por rexedores, un noemado polo Marqués e outro elixido polos veciños.
CORREXIMENTO DE SÁRRIA.-
XURISDICIÓN DE SÁRRIA.- Formada pola Vila de Sárria e as parroquias da Andaduría, Partido de Froián. Partido da Lobataira, Partido de Sobre da Riba, Partido da Veiga e Partido de Ferreiros.
COMPAÑIA DE SÁRRIA,. División militar referida á Milicia Provincial de Lugo ( século XVIII ) que abranguía terras de Sárria e da Montaña ( Terra de Burón, etc, )
CANTÓN DE SÁRRIA.- División territorial militar na banda esquerda do río Miño, entre a zona militar de Lugo e a de Monforte de Lemos, establecida para facer fronte ás partidas carlistas.
CONCELLO DE SÁRRIA.- 1º Concello Constitucional: De 1820 a 1823. 2º Concello Constitucional: Entre 1835 e 1840 ( con variacións no número de parroquias ) 3º.- Concello : Creado en 1840, non supfriu variación no número de parroquias civís ( 49 parroquias rurais e Vila de Sárria )
PARTIDO XUDICIAL DE SÁRRIA.- Levaron este nome : a) 1820/1823 O primeiro partido xudicial estaba formado polos concellos de Sárria, Láncara, Somoza de Vilouzán, Vilapedre, Pinza e Biville, Paradela, Castro de Rei de Lemos, Somoza Maior de Lemos. Guntín de Lemos, O Incio, Reboiro, Lóuzara e Samos. b ) Entre 1835 e 1840 o partido xudicial de Sárria tiña, con variacións parroquiais, os concellos de Sárria, A Pobra de San Xiao, Láncara, A Somoza de Vilouzán, Samos, Castro de Rei de Lemos, O Incio e San Pedro de Portomarí. c ) Dende 1840 o partido xudicial de Sárria quedou conformado polos concellos de Láncara, Paradela, O Paramo, Samos, Sárria e Rendar ( que máis adiante pasou a levar o nome de concello do Incio )
XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCION DE SÁRRIA
XULGADO MUNICIPAL DE SÁRRIA
XULGADO COMARCAL DE SÁRRIA
XULGADO DE DISTRITO DE SÁRRIA .- Foi suprimido ao ser recuperado o Partido Xudicial de Sárria.
MESÓN DE SÁRRIA.- Aberto para camiñantes, maragatos e traxinantes. Estaba establecido no Arrabaldo.
TULLA DE SÁRRIA,. - Pertencía ao Arcdediago de Sárria, dignidade da SICB de Lugo´m establecida por algún tempo no Mesón de Sárria, Acabou sendo establecida en Filloi ( Farbán )
ESCOLAS PUBLICAS DE SÁRRIA.- Inauguradas en 1896 e construidas grazas ao legado testamentario de Matías López, industrial, politico e fillo predileto de Sárria.
ACADEMIA SÁRRIA .- Establecida na Rúa do Porvir ( Barrio de San Lázaro )
BANDA DE MUSICA DE SÁRRIA,. Levaron este nome varias agrupacións, en diferentes periodos, ao longo dos anos finais do século XIX, no século XX e na actualidade ( Banda da Escola Municipal de Música de Sárria )
BANDA DE MÚSICA DA COMARCA DE SARRIA.-
CENTRO CULTURAL MEIGAS E TRASGOS-CIT DE SÁRRIA.- Asociación Cultural e Centro de Iniciativas Turísticas.
CORAL POLIFÓNICA DO CONCELLO DE SÁRRIA.- Formada ao desaparecer a Coral Polifónica de Meigas e Trasgos.
LA VOZ DE SÁRRIA.- Publicación xornalistica de escasa duración no tempo da II Republica-
RADIO POPULAR DE SÁRRIA.- Emisora de radio promovida pola Diocese de Lugo, que funionou algúns anos con sede na primeiro na Rúa Vázquez Queipo ( Acción Católica Masculina ) e despois até o seu traslado a Lugo ( Radio Popular de Lugo ) na Casa de Eladio no Barrio da Estación.
ESTACIÓN DE SÁRRIA .- Estación do ferrocarril, e barrio xurdido darredor dela , en 1890, na parroquia de San Pedro de Maside, integrados na vila de Sárria en 1890.
COMARCA DE SÁRRIA.- Organización territorial que compreende os concellos do partido xuidicial de Sárria; O Incio, Láncara, Paradela , O Páramo. Samos e Sárria, e o concello de Triacastela, do partido xudicial de Becerreá,
FEIRA DE SÁRRIA.- A primeira feira con este nome doi a Feira Franca creda polos Reis Católicos que se celebraba en marzo. A segunda , creada en 1820 por Fernando VII foi a do 20. A terceira , a do &, comezou en 1890 e a cuarta, a do 27 principiou en 1946.
CEMITERIO DE SÁRRIA.- Unha vez superada a fase de enterramentos no interior das igrexas houbo cemiterios únicos para a Vila e para San Martiño de Requeixo , primeiro na parte baixa do actual Campoo da Feira ( Capela de San Marco ) e despois, con sucesivas ampliacións, no Barredo do Pombal, fronte ao Mosteiro da Madalena / Convento da Mercé.
MALECÓN DO RÍO SÁRRIA .- Paseo beira do río dende a Rúa da Liberdade ( Ponte do Toleiro ou Ponte de Ferro ) e a Rúa do Peregrino ( Ponte Ribeira. )
VIGO DE VILAR DE SÁRRIA.- Aldea da parroquia de Vilar de Sárria, no Camiño de Santiago.
VIGO DE SÁRRIA.- Co crecemento da vila con asentamento de poboación na banda dereita do río Sárria, integránose de modo efectivo as novas edificacións na trama da vila, o lugar pasou a ser coñecido como Vigo de Sárria porque hai total continuidade poboacional entre a vila e o agora coñecido como Barrio de Vigo de Sárria, que a efectos estatísticos segue pertencendo á parroquia rural de Vilar de Sárria.
CASINO DE SÁRRIA.- ( Coñecido primeiramente como Circo ) Tivo a súa sede na Rúa Maior /Rúa do Murallón.
BATALLÓN DE RESERVA DE SÁRRIA.- Unidade militar establecida en Sárria, na Casa Novoa, Praza da Constitución, nos anos finais do século XIX
BATALLÓN DE DEPOSITO DE SÁRRIA.- Unidade militar establecida en Sárria na Casa Novoa, na Praza da Constitución, nos anos finais do século XIX
SÁRRIA F.C..- En diferentes tempos, houbo agrupaciósn deportivas de fútbol con este nome-
CB SÁRRIA.- Clube de baloncesto na vila de Sárria.
HOTEL "VILLA DE SÁRRIA"
CAMPING VILA DE SÁRRIA.-
FERRETERÍA SÁRRIA.-
RAÚL SÁRRIA.-. Empresa de trasporte de viaxeiros promovida por Raúl López Loureiro, que paseou o nome de Sárria por toda a xeografía nacional e paises do estranxeiro,
XOGRAR DE SÁRRIA.- Tratase do xograr Afonso Gomes ( século XIII) "Afonso Gomes xograr de Sarria"
FREI TOMÁS DE SÁRRIA.-
FREI XOÁN DE SÁRRIA. Ten rúa adicada no Barrio das Insuas
CALLE SÁRRIA: El Escorial ( Madrid )
RÚA SÁRRIA,.Monforte de Lemos
RÚA SÁRRIA,. Foz
RÚA SÁRRIA,. Portomarín
RÚA VILA DE SÁRRIA: Lugo
JARDIN DE SÁRRIA ; Mûr de Bretagne ( Guérlèdan )
Comentarios
Publicar un comentario