GREGORIO FERNÁNDEZ , ESCULTOR SARRIAO

                                            SÁRRIA , PATRIA DE GREGORIO FERNÁNDEZ 

( Artigo publicado por FRANCISCO VÁZQUEZ SACO no Programa das Festas do San Coán de Sárria   do ano 1949 )

Hora é xa de romper unha lanza en favor da orixe sarriá  de GREGORIO FERNÁNDEZ, o máis insine  imaxineiro  español do século XVII.

Brevemente, porque o espazo non consinte outra cousa, imos  tratar o tema  con plena obxectividade , sen aportar ao mseu estudo  o apaxioamento partidista  que tantas veces  entolda  estaliñaxe de cuestións.

 ¿ GREGORIO FERNÁNDEZ,GALEGO ?  Tense chegado a poñer en tea de xuizo por  algúns críticos  a orixe galega  do xenial escultor, máis como escribe  Emiliano M. Aguilera  "malia  a canto se ten discutido  darredor do particular,  é galego,  e o retrato feito  por Diego Valentín Díaz , acredítao sen deixar lugar a dúbidas , non tanto polo  que reza a cartela  posta ao mesmo , e que di: GREGORIO  FERNÁNDEZ  YNSIGNE   ESCULTOR NATURAL DEL REINO DE GALICIA..., como polos seus rasgos  fisonómicos , de puro celta".

 Verdade isto último , no pode esvairse  tampouco  con hipóteses gratuitas  a afirmació categórica da cartela en cuestión ¿ Que tradición  galega existía  na escola castelá da escultura nacional  que podera  servir de base  ás palabras  da inscrición ?  Esa tradición, se non se coñecera  certamente a  patria de  Fernández, o  faría  castelán,  andaluz, e aínda italiano , mais non galego.

¿ GREGORIO FERNÁNDEZ, PONTEVEDRÉS ?  Pontevedra e Sárria son os pobos  de Galicia  que disputan o berce  de Gregorio Fernández. Mellor dito, Pontevedra, coa súa poderosa tradición  erudita e os seus amplos  medios de difusión , non perdoou medio  de iinsistir  na tese  pontevedresa , e pola conra Sárria  tivo que se conformar  con que eruditos e  críticos  xeralmente alleos á rexión  e polo tanto menos sospeitosos  de partidismo , quixeron concederlle. Esta circunstancia é, sen dúbida,  unha carta a favor da nosa vila.

Consinuemos  primeiramente a falla  da partida bautismal de  Gregorio Fernández  que, declrando en 1610 que tiña 34 anos  pouco máis ou menos , debeu nacero 1576 e non dez anos  antes como se creu  eróneamnte por moito tempo.

Parece que  nos arquivos parroquiais de Pontevedra  fallan partidas de bautismo  no peridood que rodea  o ano 1573.  O libro máis antigo  dos arquivos de Sárria  é moi posterior a esta época.

¿ Como encher ese valeiro  lamentable ?  Os pontevedreses, entgre eles o mestre  de eruditos D. Xosé Filgueira Valverde. na conferencioa que encol de Gregorio Fernández pronunciou  o día 23 do  último mes de abril lmaduce homónimos  do artista, pedreiros  e entalladores que poderon  pertencer á familia do artista.

En Sárria, prescindindo  de outros que levan o mesmo nome e apelido, pr exemplo o escribán Gregorio Fernández  que autorizaba documentos  na derradeira década  do século XVI , achamos un entallador , GRegorio Fernández,  do que hai memoria documentada  dende o ano 1652 , e que podería moi ben ser o pai do xenial imaxineiro.

Pérez Constanti  rexistra o seu nome  a traveso dunha escritura  de 15 de agosto de 1562  na que o chama veciño de Sárria  e contrata co Concello de Noia  unha obra para a igrexa daquela vila.

Nós achamos  unha carta de pagamento , datada en Sárria  o 4 de agosto  de 1571 , na que Gregorio Fernández , ENTALLADOR E VECIÑO DESTA VILA DE SÁRIA , declara ter recibido  de Diego López, mordomo do  hospital de leprosos , catro ducados POR RAZÓN  DO SAN LÁZARO QUE FIXEN PARA A IGREXA DE SEÑOR SAN LÁZARO  DESTA VILA , POR CONCERTO  E MANDADO  DE XOAO FERNÁNDEZ DE TEILONXE , MORDOMO QUE FOI DO DITO ORDE ".

Conta,  pois ,  Sárria    cun homónimo  do máximo interese  por varias circunstancias:

1º  Vivía no tempo no que  no que viviía o pai  doGregorio Fernández  obxecto deste artigo.

2º.  ¨É entallador e imaxineiro.

3º De ter sucesión , é natural que legase o seu nome a un dos seus fillos

Esta presunción é a que inspirou aos pontevedreses  a percura de homónimos  darredor do ano  1576 , e confirmao  o feito  de que Gregorio Fernández , o escultor vallisoletano,  puxo tamén o seu noem ao seu promoxénito.

De todo isto deducimos , cando menos como moi probable , a identificción  do Gregorio Fernández  de Sárria, co pai  do Gregorio Fernández de Valladolid.

Se en Pontevedra hai algún homónimo que reúna as circunstancias  do sarriao, teríamos  que cocluir  que a ámbolos dous pobos  lles asistía  a mesma probabilidade  de seren o berce  do excelso escultor castelán.

 Mais hai unha proba , cuxa forza demostrativa no é   doado esvaír, 

O artista vallisoletano  DEIXA NO SEU TESTAMENTO  UNHA MANDA, E É A ÚNICA ,PARA A IGREXA PARROQUIAL  DA VILA DE SÁRRIA  , na provincia de Lugo.

 Descoñecemos as circunstancias  nas que Gregorio Fernández fixo testamentio, que se perdeu, e a noticia da manda  á igrexa de Sárria  foi trasmitida polo testmento  da viuva do artista.

 É de presumir que o fixese na hora da súa morte, Agora ben, varón de insine piedade, que se preparaba adoito con oracións, xexúns e laceracións  para imprimir nas súas obras o selo caracter´sitico da dor  e da piedade  en Cristo crucificado  e a Virxe doros  ¿ por que no leito de morte se lembra  da igrexa de Sárria ?.

 ¿ Era Sárria , vilela  entón de 80 veciños  ( Pontevedra tiñla 1.500 )  tan coñecida para jun artista que  pasou en Castela a maior parte da súa vida , que sen ningunha frazón  e só porque sí,mereese a súa atención no seu leito de morte ?-

Mentres os partidariso  da tese pontevedresa  non nos  dean algunha razón convincnete  desta preferencia , temos pleno dereito a  pensar que  os ollos moribundos  de Gregorio Fernández  se volveron  á igrexa  onde recibira as augas do bautismo.

GREGORIO FERNÁNDEZ, SARRIAO.-  Así o  demostran  as razóns  aducidas,  e así o aforman  diversos críticos e historiadores inmunes  de toda sospeita de  parcialidade.

Entre eles recordamos  a D. Anxo del Castill, a D. Xoaquín Arias Sanjurjo e a don Emiliano M. Aguilera, que , ao demostrar  a natureza galaica  de Gregorio Fernández  escribe  ADEMAIS DE QUE A MANDA  FEITA POLO ARTISTA  NO SEU TESTAMENTO  A FAVOR DA IGREXA  PARROQUIAL DE SÁRRIA  DA PROVINCIA DE LUGO,NON PODE SER MÁIS SIGNIFICATIVA. ALI DEBEU NACER POR 1566"

Pontevedra adicoulle  ao xenial imaxineiro  unha preciosa lápida  o ano 1912.

Estamos seguros  de que o Concello de Sárria , tan amante da vila das súas glorias  ha compemsar con moito o  esquecemento  no que até dagora tivemos  a un dos seus fillos máis esclarecidos , ao máis xenial imaxinerio  da España do sñeculo XVII.

                                      FRANCISCO VÁZQUEZ SACO 

    ( Académico da Real Academia Galega e Correspondente da de Historia )

************************************************************************************

   ( 1578 )    OUTRO "GREGORIO FERNÁN EZ" MORADOR NA VILA DE SÁRRIA.

Por un documento de  14 de marzo de 1578 sabemos que GREGORIO FERNÁNDEZ DE MOURE,   escribán, veciño de Sárria  tomou en arrendo a Pedro Pardo de Ribadeneira,  para el e os seus herdeiros a CORTIÑA DE SAN LÁZARO, segundo está cerrada  e demarcada riba de si , e segundo a soía  traguer María Díaz de Gutián, defunta,  e segundo é de foro do seu lugar de San Vicenzo de Maside.                 ************************************************************************************

      GREGORIO FERNÁNDEZ, ENTALLADOR RESIDENTE EN SÁRRIA , E PAI DO ESCULTOR GREGORIO FERNÁNDEZ, QUE ESTIVO ESTABLECIDO EN VALLADOLIS, CONTRATA CO MOSTEIRO DE SANTA MARÍA MADALENA DE SÁRRIA , REDUCIDO Á OUSERVANCIA DA ORDE DE SANTO AGOSTIÑO,  A FEITURA DO ALTAR MAIOR COAS SÚAS IMAXES E  E AS CADEIRAS DO CORO.

" (1568,  escribáns  : Diego López e Rui López )  Anotación no Libro  copiador das rendas propias do Mosteiro,

"  Retábulo e sillaría.-  No ano 1568 concertouse o Convento  con GREGORIO FERNÁNDEZ, entallador, o cal se obrigou   e fixo o retábulo do altar maior  e a sillaría do Coro e imaxes do retábulo, da maneira que está en prezo de  douscentos vinte ducados , en Diñeiro, comida e pousada para el  e oficiais  todo o tempo  que durou a obra.

Máis deu o Convento toda a madeira necesaria,  serrada de serra maior e posya no Convento.

Máis deu  toda a cravazón  e cola necesaria. Dar madeira e facer estadas .

Máis  deu catro ducados  e medio por cada cadeira  que son vinte e seis  , co que, ademáis da comida, cama, pousada e materiais  custaron  as ditas dúas obras  trescentos e setenta Ducados.

Pasóu perante Diego López  e  Rui López .

...... Na primeria  semana do ano 1568 , previa renuncia  do prioiro perpetuo frei Álvaro Pérez de Sárria, o Mosteiro autónomo de Santa María Madalena de Sárria  foi  reformado e sometido á Ouservancia da Orde de Santo Agostiño, baixo o gobenro do novo prioiro  frei Rosendo de Chaves.

Foi pois  o dito frei Rosendo de Chaves quen  concertaría a feitura do retábulo, no que Santa María María Madalena pasou a ocupar unha fornela lateral  e a imaxe de Santo Agistiño a fornela central  destacando a sñúa figura fronte ás outras imaxes, consagrando así a pertenza á Orde de Santo Agostiñp, na súa provincia de Castela.

Daquel retábulo consérvase a imaxe de Santo Agostiño, que como consecuencia d achegada da Orde da Mercé a Sarria, cedeu a fornela  máis destacada á imaxe da Virxe da Mercé, pasando  o santo bispo á fornela do ático onde estivera a imaxe de Cristo Crucificado  Na igrexa de Santiago de Farbán está a imaxe de Santiago Apóstolo, procedente do mesmo retábulo, que  foi doada polos mercedarios á  parroquia farbanesa  en agradecemento á colaboración xeral da freguesía á hora de facer reparacións no vello mosteiro para facelo habitable.

Hai   documentación da que  resulta que o entallador Gregoril Fernádez ( pai )  fixo unha imaxe para unha igerxa de Noia, outra para o altar de San Lázaro ( parroquia de Maside. Sárria ) e  retñabulo e imaxes en  Santa Mariña de Vilaesteva de Herdeiros ( Láncara ).

************************************************************************************** 

                      PRESENZA DE GREGORIO FERNÁNDEZ EN SÁRRIA

O Concello de Sárria deu o nome de RÚA GREGORIO FERNÁNDEZ á que vai da Rúa Diego Pazos á Rúa Vicenzo Vázquez Queipo (  Barrio Novo ).

Tamén leva o seu nome o Instituto de Ensino Secundario GREGORIO FERNÁNDEZ ( Rúa Castelao )

Tamén o levaron o Círculo Xuvenil Gregorio Fernández e a Asociación de Alumnos do Centro de Educación Permanente de Adultos "Gregorio Fernández ".

Na Casa do Concello de Sárria , na sala de atención ao público , no primeiro andar, hai un retrato ao óleo, réplica  do obrante  en Valladolid, doado pola Asociación Cultural Arcas e o Curso de  Historia Comarcal do Centro de Educación Permanente de Adultos ( Rúa Pedro Saco, 4 ), da autoría do artista sarriao Rubén Santiago, coa versión en galego da inscrición do orixinal.

Na Casa do Concello de Sárria  hai unha réplica  do retrato de Gregorio Fernández   obrante no Museu Nacioal de Escultura de  Valladiolid, obra de Rubén Santiago, que foi regalado pola Aula de Historia  Comarcal  do desaparecido Centro de Educación Permanente de Adultos de Sárria,  versionado en  galego  o texto  que aquel retrato contén.

************************************************************************************* 

                            LOCALIDADES ONDE GARDAN MEMORIA DE GREGORIO FERNÁN DEZ

RÚA/ CALLE GREGORIO FERNÁNDEZ :  Valladolid- Pontevedra- Vigo ( e Rampas  Escultor Gregorio  Fernández  )-  Ourense- Monforte de Lemos- Plasencia- León - Alcalá de Guadaira

RÚA / CALLE GREGORIO HERNÁNDEZ.- A Coruña- Madrid- Murcia. Medina de Pomar- Cabezo de Torres.

En Valladolid  leva  o nome de  Centro de Formación Profisional  Gregorio  Fernández  un colexio  ali exstente. 

                                                         ...............................................

Castelanizando o seu apewlodo en HERNÁNDEZ  o seu nome  aparece nas seguintes  localidades:

RÚA / CALLE GREGORIO HERNÁNDEZ:  A Coruña-Madrid-Murci-Medina  de Pomar- Cabezo de Torres. 

***********************************************************************************

                      O NÚCLEO FAMILIAR DE  GREGORIO FERNÁNDEZ EN VALLADOLID 

          GREGORIO FERNÁNDEZ ( de Sárria ) e a súa esposa MARÍA PÉREZ PALENCIA ( de Madrid) 

  Convivía con eles un medio irmán o escultor , por parte de nai,  chamado  Xoán  Álavrez ( + 8.03.1630 )

                                       Fillos do matrimonio: GREGORIO FERNÁNDEZ ( +  )

                                                                            DAMIANA FERNÁNDEZ , que contraeu  matrimonio en  catro ocasións : 1.-  Con Manuel de Elizalde ( sen sucesión ). 2.-  Con Xoán Pérez de Laniego , co que tivo  dous fillos, Tereixa  Pérez de Laniego e Xoán Francisco Pérez de Laniego ( profeso nunha orde relixisosa ).  3.-  Con Xoán Francisco de Iribarne, co que tivo  un fillo chamado Gregorio Francisco de Iribarne . 4.- Con  Manuel Pérez Palacio,  co que tivo oito fillos.

************************************************************************************

 ( 3 de xaneiro de 1621 )  CONTIDO DUN DOCUMENTO REFERIDO A UNHA OBRA DE GREGORIO FERNÁNDEZ  ENCARGADA  POR  BERNARDO DE SALCEDO   NA QUE CONSTA A NATUREZA SARRIÁ DO ESCULTOS.

"... Han de ser   e hanse decir  pola intención  do dito licencido Bernardo de Salcedo o cal quere  e é a súa vontade  haxa parte dos sacrificios  delas  GREGORIO FERNÁNDEZ ESCULTOR VECIÑO DESTA  CIDADE E NATURAL DA VILA DE SÁRRIA que fixo  a imaxe  do dito Santo Ecce Homo..."

************************************************************************************ 

 ( 1622 ) LOUSA SEPULCRAL PARA O  ENTERRAMENTO DE GREGORIO FERNÁNDEZ 

Lenda s :  "Esta sepultura  é de Gregorio Fernández escultor  e de María Pérez a súa muller me dos seus herdeiros  e sucesores   ano de 1622 )

E agora  é de Francisco de Hogal e de Tereixa  Díaz Dueñas, e dos seus heredrios Ano de 1721

********************************************************************************** 

( Valladolid , 11 de decembro de 1633  ) 

       TESTAMENTO DE  GREGORIO FERNÁNDEZ E A SÚA ESPOSA MARÍA PÉREZ 

(  Arquivo do Cabido de Plasencia, Legaxo 91, exp. 14 . Traslado da escritura  orixinal  outorgada perante o escribán  de Valladolid  Miguel Becerra )

" In Dei  nomine. Amén.  Sexa notorio  aos que  viren esta pública escritura  de testamento  e derradeira disposición  como nós GREGORIO FERNÁNDEZ , mestre escultor e arquitecto , e MARÍA PÉREZ , a súa muller,  MARÍA PÉREZ  , veciños  desta cidade de Valladolid, estando doente eu o dito Gregorio Fernández  e eu a  dita María Pérez con saúde  e ambos dous  no noso enteiro xuizo  e entendemento natural , crendo como firmemente cremos  no Misteiro da  Santísima  Trindade, Pai , Fillo e Espírito Santo , tres persoas un só Deus  verdadeiro  e en todo o demáis  que ten, cre e confesa a Santa Madre Igrexa de Roma  e a honra e gloria de Cristo Noso Señor  e da sempre Virxe María , a súa Bendita Nai , concebida sen pecado  orixinal , a quen poñemos  por intercesora e avogada nosa   con toda a corte do ceo , facemos de conformidade  o noso testamento  na forma seguinte :

Iten mando á dita María Pérez , miña querida e amada muller,  o remannete do quinto  de todos os meus bens , e  pidolle reciba a miña  boa vontade que quixera ter moito que lle deixar  para que vivira  o que lle queda de vida  con moito descanso, e rogo e encargo ao dito meu xenro e filla miren  moito por ela co coidado a bons e eu tivera  con eles e coas súas cousas, así teñan  a miña benzón. 

E para cumprir , pagar e executar este noso testamento o cobrar o que se debere nomáamonos   un ao outro por testamentarios e ao señor coengo Bertolomé de Rubrela  e ao dito señor Xoán Francisco, xenro noso,  aos que e a cada un deles e acada un ao outro in solidum dámoslle  e dámonos  poder cumprido  tan bastante  como se require e é necesario para que pola nosa autoridade de súa  se entren e nos entremos en todos os nosos bens e do mellor  e máis estimable  deles vendan os que abonden en almoneda pública ou fora dela e do seu valor cumpramos e cumpran este noso testamento.

E cumprido e pagado este noso testamento  e de todo o nel disposto  e ordeado , no remanente  de todos os nosos bens  mobles e raíces, dereitos e accións , nomeamos  por nos lexítima  e universal  herdeira en todos eles á dita DAMIANA  FERNÁNDEZ, filla nosa, que os teña e herde coa benzón de Deusn e a nosa. Epor esta escritura revogamos  e  anulamos........ ( fórmulas )..........

O que outorgamos  ambos a dous como dito é  perante o prsente escribán  e testemuñas na cidade  de Valladolid , a  once días  do mes de decembro do ano de mil e seiscentos  e trinta e tres, sendo testemuñas  chamadas e rogadas  Antonio Salvador e Marcos García Sarmiento  e Antonio de Rivera e Mateo de Prado  e Xosé Becerra, veciños e estantes  na dita cidade  e os outorgantes  a quen eu o dito escribán  dou fe.

Asinouno  o dito Gregorio Fernández , e  pola dita María Pèrez, que dixo non saber firmar, firmou unha testemuña o seu rogo.

Gregorio Fernández.-  Testemuñas : Xosé Becerra.   E eu  o dito Miguel Becerra, escribán e notario apostólico, público e real, veciño de Valladolid, presente fun. En teqstemuño de  verdade , Miguel Becerra.

*********************************************************************************** 

 ( 1635 )  FILIPE IV DÁ A  SÚA OPINIÓN  SOBRE GREGORIO FERNÁNDEZ.

Cédula  real  pola doazón  dunha imaxe de San Miguel  , para a Colexiata de Alfaro ( La Rioja )  encargada a Gregorio Fernández   , na que lemos  " ... unha imaxe de bulto do Santo Arcanxo  de man do escultor de maior primor que hai nestes mesus Reinos...."

************************************************************************************* 

 ( 22 de xaneiro de 1636 )   PARTIDA DE DEFUNCIÓN DE GREGORIO FERNÁNDEZ NA SÚA PARROQUIA.

" En vinte e dous de Xaneiro deste ano de seiscentos e trinta e seis morreu  Gregorio Fernández o insigne  Escultor, o cal recibii  osmsacramentos e fixo testamento e Codicilo"

********************************************************************************** 

 OPINIÓN DUN COETÁNEO  SOBRE A PERSOALIDADE  DE GREGORIO FERNÁNDEZ

... " Está o dito Gregorio en opininión de Venerable, polas súas moitas virtudes, pois non facía efixie de Cristo Señor Noso e da súa Nai Santísima que non se preparase   coa oración, xexúsn. penitenzas e comuñóns, porque Deus lle dispensase   a súa graza para o acerto.

Viviu a carón da " Puerta del Campo" de Valladolid . e a súa casa  era tan coñecida  como o podería ser un hospital, e así acodían  a ela con todas as súas  necesidades pois  non se contentaba Gregorio  con lles remediar  a fame e socorrelos  na nueza, senón  curarlles tamén as súas doenzas ; e así o tiñan en grande opinión en Valladolid, onde morreu..."

********************************************************************************* 

CONTIDO DUNHA INSCRICIÓN QUE FIGUROU  NA IGREXA DO CONVENTO DO CARME CALZADO DE VALLADOLID IDENTIFICANDO O LUGAR DO ENTERRAMENTO DE GREGORIO FERNÁNDEZ.

No corpo da igrexa a carón da pía da auga bendita , baixo dunha lousa, xace aquel grande varón  estatutario, Gregorio Fernández, galego de nación , especialísimo na  súa  facultade , como o publican  tantas feituras das súas mans  como están  repartidas  en Valladolid e outras provincias,,,,"

(  segundo cita de Juárez )

******************************************************************************** 












Comentarios

Publicacións populares