SARRIAOS ILUSTRES
GALERIA DE SARRIAOS ILUSTRES
FILLOS PREDILETOS, FILLOS ADOPTIVOS E PERSOAS ILUSTRES
******************* ( Xaime Félix López Arias. Do Seminario de Estudos Sarriaos "Francisco Vázquez Saco".**************
ALFONSO IX, FUNDADOR DA VILA NOVA DE SÁRRIA
ALFONSO IX ( Alfonso Reimúndez, VIII na cronoloxía galega ) foi rei de León, Galicia, Asturias e Estremadura. Fundou a Vila Nova de Sárria, no Camiño de Santiago, e dotouna de Carta Pobra , e como vila real, mesmo con voto en Cortes, se mantivo até o primeiro terzo do século XIV. Faleceu na vila por el fundada o 24 de setembro de 1230 cando ía cara Santiago para darlle as grazas ao Apóstolo pola conquista de Mérida.
Leva o seu nome a GRAN VÍA ALFONSO IX con orixe no Cruce de Catro Camiños e vai até As Insuas. Na Praza da Constitución, a mán dereita da porta principal da Casa do Concello está a pétrea estatua sedente de El Rei e no pedestal figura a lenda " Os sarriaos ao seu fundador Alfonso IX rei de León e Galicia. + Vilanova de Sárria 24.09.1230.
***************************
FILLOS E FILLAS PREDILETOS DE SÁRRIA
1.- GREGORIO FERNÁNDEZ.- Insigne escultor. Naceu en Sárria en 1568 e floreceu a súa arte con xeral aprecio en Valladolid , a onde se debeu trasladar sendo moi novo. Era fillo de Gregorio Fernández, "O Vello ", entallador con obra documentada en Sárria ( retábulo maior e imaxes de Santa María Madalena e cadeiras do coro ) , Santa Mariña de Vilaesteva de Herdeiros e outras.
Figura destacada da escola castelá , as súas esculturas de temátic
a relixiosa figuran no Museu Nacional de Escultura de Valladolid, nas catedrias de Miranda do Douro e Plasencia , no Museu das Clarisas de Monforte , na igrexa de Conxo e en numerosas igrexas e mosteiros de Castela. Moitos pasos procesionais da Semana Santa sairon do seu obradoiro.
Á súa morte encomendoulle á súa muller, María Pérez, o cumprimento dunha mada a favor "dunha igrexa da vila de Sárria".
Honran a súa memoria en Sárria a RÚA GREGORIO FERNÁNDEZ , no Barrio Novo, que vai da Rúa Diego Pazos á Rúa Vázquez Queipo , e o Instituto de Ensino Secundario "Gregorio Fernández" ( Rúa Castelao )- Tamén levaron o seu nome o Circulo Xuvenil Gregorio Fernández, e a Asociación de Alumnos do Centro de Educación Permanente de Adultos "Gregorio Fernández ", entidades xa desaparecidas.
Unha réplica do retrato do artista existente no Museu Nacional de Escultura de Valladolid, coa súa lenda en galego,relizada por Rubén Santiago e doada ao Concello pola Asociación Cultural "Arcas ", ocupa lugar destacado nas dependencias municipais. Unha réplica fotogáfica do óleo vallisoletano figura na Biblioteca Fiz Vergara Vilariño do IES Gregorio Fernández,
*********************************
2.- DON XOÁN MARÍA LÓPEZ DE ALMANCE.- Naceu na Casa de Pumares da Ribeira, na parroquia de San Salvador de Vilar de Sárria. Era fillo de Fraiz López e María de Almance e foi coñecido popularmente como " O Cura de Nullán ", onde foi pàrroco até que foi nomeado capelán castrense da vila de Sárria. Gozou dunha considerable fortuna , sendo dono de ferraría no Bierzo e dun bon capital por terlle tocado a lotaría.
En 12 de febreiro de 1853 para erguer a súa casa na Estrada de Valdeorras recen aberta entre Nadela e Sárria , contratou a compra de mil carros de pedra pizarra , alzando unha fermosa edificación , a "Casa de Nullán" agora coñecida como " Casa do Barrio" . En 4 de xuño de 1859 solicitou do bispo de Lugo autorización para facer unha capela a carón da súa casa , baixo da advocación de San Roque , que en 1863 foi obxecto de benzón canónica, sendo autorizado en 20 de abril de 1865 para reservar nela a súa propia sepultura no interior. Ali, en artistico sartego , foi enterrado o 4 de febreiro de 1878. Esta sepultura, como consecuencia do derrube definitivo da Capela de San Roque e o ancheamento da Rúa do Peregrino, foi trasladada á igrexa parroquial de Santa Mariña de Sárria, sen que corresen a mesma sorte o arco á que estaba adosada e a lápida que o honraba, que se perderon.
Con cargo á súa inmensa fortuna os seus testamentarios, cumprindo a súa vontade, correron coa construción da igrexa de Santa Mariña ( "A Nova") que ocupou o soar da antiga igrexa románica e da Torre do Reloxo municipal. Unha lápida de mármore lembra a súa memoria na que se pode ler :: " ¡ Sarrianos, vividle agradecidos !"
Tamén foi de conta da súa testamentaría o remate das inacabadas torres da fachada principal da Catedral de Lugo.
A antiga Praza do Mercado leva dende 1888 o nome de PRAZA DE XOÁN MARÍA LÓPEZ DE ALMANCE e no Salón de Sesións da Casa do Concello figura un retrato seu, ao óleo,
********************
3.- DON MATÍAS LÓPEZ LÓPEZ.- Don Matías López López ( Santa Mariña de Sárria, 17 de maio de 1825- Madird, 18 de maio de 1891 ) foi grande benfeitor da Vila e Concello de Sárria-
Indistrial chocolateiro en Madrid , politico e filántropo sarriao , foi o membro máis destacado da familia dos "Moreno" de longo asentamento na vila de Sárria.
Matías López, fillo e neto de labregos pobres , naceu na que era casa paterna no Arrabaldo , que é a que hai entre os númneros 77 e 79 da Rúa Maior, que ten entrada pola Travesa da Igrexa, e que na freteira á Rúa Maior ten unha lápida na que se le "El Ayuntamiento de Sárria al Excmo. Sr. D. Matías López López, Benefactor e insigne hijo de sta Villa. Nació en esta casa el 17 de mayo de 1825". Esta edificación presenta baixo e dous andares pola Rúa Maior e pola Travesa da Igrexa un a ras de chan e outro andar alto. É unha das maís humildes e reducida casa das do núcleo histórico da vila e no Cadastro do Marqués de la Ensenasda ( 1753 ) aparece sendo a súa titular unha María López.
Os pais de Matías López López foron Francisco López Rivas " Moreno", de Sárria, e Domiga López, de Fontemaior-San Salvador da Pinza que tiveron por fillos tamén a Xoana, Fernando e Manuela López López.
Aos 15 anos, despois de estar a deprender o oficio de xastre en Manán, pasou a Madirid, chamado polos seus irmáns Xoana e Fernando, e para a axuda da viaxe na compaña dun arreiro , varios veciños da vila aportaron unha pequena cantidade de reais. Xa en Madtrid atou de asentar nunha xastrería, mais moi axiña pasou a estar ao servizo dun tendeiro.
Formou familia en Madrid, onde casou con dona Andrea de Andrés Sánchez. Independenciado como indisrtrial chocolateiro , con esforzo e moli boa adminstración foi reunindo un discreto capital que lle permitiu montar modernas isntalacións indistriais e diante do pulo que a súa actividade tomaba paso a se establecer nunha grande fábrica en El Escorial, moi perto da estación do ferrocarril desta localidade , á que a presenza dunha fábrica cun elevado número de traballadores permitiu que deixando a situación de abalo na que se achaba pasase a entrar nun período de desenvolvemento ao que contribuiu don Matías coa creación de vivendas para os seus empregados , escolas para os seus fillos , economato, servizos sanitarios ,etc,
Editou un libro " El chocolate"
A desgraciada circunstancia da morte dos seus fillos varóns influiu probablemnte na súa precoz morte, sendo sucedido polas súas fillas Rosa, Asunción e Carme López Andrés, que xunto cos seus esposos mantiveron a actividade industrial.
Anos despois da morte do seu esposo dona Andrea de Andrés Sánchez obtivo o tíduo de Marquesa de Casa López, concedido polo Papa entón reinante.
A súa presenza en Sárria, amosando sempre predileción e favorecela, amósase nos seguintes feitos:
a ).- Na Alvareda, dando fronte á Estrada de Valdeorras, alzou "Villa Andrea", palacete de corte francés, unha das chamadas " Quintas dos Madriñeños " , e dotada dun amplo parque, que foi inaiugurada o 15 de agosto de 1884. "Villa Andrea ", boa parte do seu parque e outros terreos conforman na actualidade a Praza da Vila.
b).- O nacemento do seu neto Matías Oñate López, fillo de Xosé Oñate Ruiz e de Rosa López Andrés en Sárria, que andando o tempo sería Marqués de Ugena consorte e nomeado Fillo Predileto de Sárria.
c).- Alzou no cemiterio de Santiago de Farbán o panteón familiar no que foi enterrado o neno Xosé Oñate López, neto seu, e tamén unha súa "fiel sirvienta " falecida en Sárria.
d).- O legato feito á súa vila nadal dunhas Eascolas Publicas, magnifica institución que correu de conta da súa testa,emtaría. O soberbo edificio, un dos mellores de Galicia no seu tempo, actual Casa da Cultura levantouse consonte ao proxecto do moi famoso arquitecto don Luis Bellido, con elos familiares en Sárria, cun orzmento de contrata de 85.871,82 pesetas. O construtor foi Xosé Rivas, veciño de Lugo, que segundo recibo de 20 de setembro de 1897 recibiu outras 4.252,59 pesetas, que lle entregou don Xosé Oñate Ruiz por obras feitas fora de proxecto. A edificación con escola de nenos, escola de nenas, vivendas para os mestres, patios abertos e patios cobertos e ximnasio foi dotada de . material docente modernos e os alumnos de familias necesitadas recibían o material preciso e mesmo vestidos , ao tempo que ao remate do curso escolar a familia concedía premios para os escolantes máis avanzados.
As Escolas Públicas, dotadas mesmo de reloxo con campana., foron a mellor proba do cariño que para Sárria tivo sempre don Matías López, que en moitas ocassións e con variados motivos , tivo especiais deferencias co pobo de Sárria. Eis algunhas situacións referidas á presenza en Sárria e do amor por Sárria.
e ).- En 1878 o Concello, dado que o reloxo muncipal de a carón da igrexa románica de Santa Mariña " A Vella" estaba inservible, pediulle a don Matías que adquirise un novo en Madrid ( 28 de abril)
f).- En 1885, don Matías López, Senador do Reino deulle ao Concello de Sárria 500 pesetas , e ofreceu máis diñeiro, se fixese falla, para algunhas medidas excepcionais por mor da epidemia d (e cólera que afrixía o país. ( 13 de xullo ).
g).- En agosto de 1886 o Concello acordou ofrecerlle a don Matías López unha serenta con participació de xoves músicos da vila.
h ).- En 1888 o Concello acordou darlle o nome de RÚA MATÍAS LÓPEZ ao treito da Estrada de Valdeorras comprehendido entre a casa de Xoán Puga e a de Bernardo García Romay ( entre o Cruce coa estrada de Corvelle e a Corga de Formigueiros "xa que amou ao pobo con cariño, interesádose pola súa grabdez e distinguíndoo con algún donativo" ( 3 de maio ).
i).- Don Matías López pagou os letreiros en cerámica cos nomes oficializados de rúas, travesas , prazas e barrios ( 3 de maio ) e en proba de agradecemento déronlle unha serenta en "Villa Andrea" ( 12 de xullo )
l).- En 1890 o Concello de Sárria preocupado polo proxecto de supresión de partidos xudiciais dirixiu cartas ao Conde Pallares, Manuel Becerra , Benigno Quiroga López- Ballestero e Matías López López para que fixesen xestións diante do Ministerio a prol do mantemento do Xulgado en Sárria.
ll ).- Na igrexa nova de Santa Mariña correron da súa conta as vidreiras artísticas das fietsras entre elas as que teñen as imaxes de San Matías, a Purísima Concepción e Santo André. Tamén patroconou a edición dunha lámina coa imaxes de Santa Mariña " padroa da Vila de Sárria " e colaborou na realización das tallas de Santa Mariña e San Xoán, de Isidoro Brocos, e do Cristo Cricificado, de Magariños,
Hai que destacar que a participación de España na Feira Internacional de París debeuse ao esforzo persoal deste industrial , e ademais de ser o primeiro divulgador de técnicas publicitarias en España , levou adiante un labor social de grande importancia , facéndose acreedor de distinción como a Lexión de Hora de Francia e a Cruz de Isabel la Católica. Participou na creación de entidades agrupadoras das inquedanzas de industriais e comerciantes. Rexeitou ser distinguido cun tíduo nobiliario. Participou en grandes inversións urbanisiticas e de promoción dos cultivos cerealista, de xeito que , partindo das súas humildes orixes, chegou a reunir unha das máis grandes fortunas do país.
Cando finou unha comisión de sarriaos residentes en Madrid asistiu ao seu enterro e máis adiante , na igrexa de Santa Mariña de Sárria, celebrouse un solemne funeral en honra da súa memoria.
O Concello nomeouno Fillo Predileto e no Salón de Sesións colocou un retrato seu. que na actualidade forma parte da Galería de Sarriaos Ilustres. Na fachada central do edificio agora coñecido como Centro Cultural ou Casa da Cultura unha lápida que contén unha imaxe do coñecido filántropo reza : Legado del Excm. Sr. D. Matías López López a la Villa de Sárria", Na entrada do edificio hai tamé.n un retrato seu
Cando as Escolas Públicas deron paso á creación dun Grupo Escolar no que se remodelaron espacios para pasas de dúas escolas a un total de oito aulas a súa denominación foi "Grupo Escolar Matías López ". O magnifico e amplo edificio serviu de ubicación da Sala para celebración de Xuizos con Xurado, Salón para actos cuklturais e festivos, Cuartel do Exército, Centro Xuvenil, Centro de Educación Permanente de Adultos, Salas de Exposicións, Centro de Recursos Didácticos, sede da Eascola de Musica e de outras actividades. Parte dos terreos serviorm para establecer a Biblioteca Pública Municipal e un Parvulario, actialmente desinados a albergar a Escola Municipal de Música e dun Centro de Educación Infantil O corpo principal e o que foron aulas nos corpos baixos do eficicio albergan a Biblioteca "Camil Gonsar", Salón de Actas, Arquivo Histórico Comarcal ( en formación ), Aulas de Informática, et., etc, de maneira tal que a xenerosa dotación de don Matías López López ten sido , dende a súa creación, un espazo aberto e plural onde teñen cabida moitas iniciativas culturais programadas polo Concello e polas asociacións culturais,
Na actualidade a RÚA MATÍAS LÓPEZ, como consecuencia da anexión das terras da marxe dereita do río Celeiro, que en 1890 se incorpraron á parroquia de San Salvador de Sárria , ten o seu comezo no Cruce do Avenida e remata nas Pontes Novas do Mazadoiro.
No ano 2022, xirando sobre a idea de dar realce á figura de don Matías López López os Concellos de Sárria e El Escorial ( Madrid ) acordaron formalizar o irmandamento e a programación de actividades que axuden ao coñecemento da súa via e obra. e a colaboración entre asocociacións culturais e deportivas das dúas localidades. Os días 19.20 e 21 de maio de 2023 tivo lugar o primeiro Festival do Chocolante que en boa parte xirou darredor da vida e obra deste sarriao.
*************************
4.- DON DIEGO PAZOS GARCÍA.- Primeiro historiador da Comarca de Sárria, Rexistrador da Propiedade, destacado xuriscnsulto, publicitas e tratadista de temas económicos.
Naceu en Santa Mariña de Sárris ( 1857 ) froito do matrimonio de don Xoán Pazos ( Rexistrador en Betanzos ) e de dona Dores García. Ademais de ocupar por pouco tempo cargo na administración do Estado , exerceu como Rexistrador da Propiedade en Daroca e Arévalo. adicando a súa atención ao estudo da problemática socieconómica e á historiografía comarcal , sendo autor de numerosos libros , recibindo por algúns deles significadas distincións.
Destacan entre as obras por el publicadas : "Estudios estadísticos sobre la propiedad inmueble ", "Ensayio sobre la estadística de los registro de la propiedad de España", "La división de las fincas rústicas en España", "La redención de foros , situación presente", "La situación agraria de Irlanda y referencias a la de España", "Disposiciones que podrán impedir en España la división de fincas rústicas cuando esta división perjudica al cultivo"...
Falecido en Arévalo o 12.07.1920, O Concello honrouno co nomeamento de Fillo Predileto e deulle o seu nome á RÚA DIEGO PAZOS , antigá Estrada de Corvelle, entre a Rúa Benigno Quiroga e a Ponte Vella de Vilar de Sárria.
A súa obra " Apuntes de la Historia de Sárria ", editada en 1916, é o primeiro achegamento á investigación histórica do Concello ea Comarca de Sárria . Polo seu interese esta obra foi reeditada no ano 1986.
Na que foi a súa casa nadal na Rúa Maior ( hoxe na Rúa Marqués de Ugena ) figura unha lápida conmemorativa , colocada polo Concello de Sárria , coa lenda "El Ayuntamiento y el Pueblo de Sárria a don Diego Pazos García , Jurisconsulto y primer historiador de la Comarca ". recorda e nonra a súa condición de xurista.
O seu retrato forma parte da Galería de Sarriaos Iliustres. O Foro Xurídico Sarriao " Diego Pazos" garda a súa memoria e con ocasión da celebración das Xornadas Xurídicas Román García Varela a súa imaxe ocupa lugar de honra na Casa da Cultura mentres se desenvolve a programación.
*****************************
5.- DON FRANCISCO MANUEL VÁZQUEZ SACO Don Francisco Manuel Vázquez Saco naceu en Sárria o 24 de outubro de 1897 e faleceu en Lugo o 27 de decembro de 1962. Foi acade´´mico, membro da Real Academia Galega e correspondente da de Historia.
Cursou estudos ecñesiásticos no Seminario lucense e na Universidade Pontificia de Comillas , sendo ordeado presbíero en 1922. Foi mobilizado con ocasión da Guerra do Rif. Despois de estar encargado da parroquia de Santo Estevo de Calvor. En 1937 foi nomeado Coengo Lectoral da Catedral de Lugo e Reitor do Seminario Conciliar de Lugo.Foi doutor doutor en Filosofía e Teoloxía e Licenciado en Dereito Canónico ,Ocupou o cargo de Presidente da Comisión Provincial de Moimentos Históricos e Artísticos até o seu faleceemento, e no ano 1958 foi nomeado membro da Comisión para a conservación de edificios e obxectos eclesiásticos, sendo tamén vogal do Centro de Estudos Xacobeos de Santiago de Compostela.
Unha das facetas menos coñecidas da súa vida e obra é a da súa actividade poética, que iniciou sendo mozo no ano 1916. Estaba na metade da carreira, cando presentou un poema no Certame Literario Mariano de Lleida que resultou premiado. Un ano máis tarde concorreu con outra composición baixo do tíduo " Muera la Escuela sin Dios" , no concurso catequético de Ferrol. No ano 1948 compartiu premio concedido ao traballo " Artistas que trabajaron en la Catedral lucense",
Como direitor do diario de Lugo "La Voz de la Verdad", promovido polo Bispado de Lugo, estivo á fonte d mesmo varios anos, realizando un meritorio labor . sendo cecias de interese facer unha escolma dos seus artigos e poemas.
Para as mozas da Acción Católica lucense creou a folliña "Suersum " , tíduo que xa dera antes a outra publicación editada no Seminario. Na das frapazas e baixo a asinatura " El Consiliario Diocesano" publicou diversos tgraballos cheos de consignas, consellos e directrices. Na folliña parroquial "Antena" distribuida nas parroquias da diocese lucense publicaba unha sección na que trataba temas relacionados co Seminario , as vocacións e as virtudes sacerdotais,
Autor dun elevado número de papeletas nas que estudou as igrexas románicas da diocese de Lugo, sendo tamén autor das fotografías coas que ilustraba eses traballos gozou de xeral recoñecemento dos círculos culturais de Galicia
O Concello de Sárria, a proposta de Antonio Peña Villamarín, en sesión de 15 de xullo de 1947, nomeouno Fillo Predileto, tíduo que extendido en artístico pergameo lle foi entregado nun solemne acto celebrado no Cinema Cissa,
Numerario da Real Academia Galega desde o 14 xe xuño de 1952 , data na que se lle deu posesión nun solemne acto celbrado no Círculo das Artes de Lugo, amosu sempre un especial amor a Sárria e a Galicia , sendo proverbial a súa capacidade de traballo , que o levou a coñecer como ninguén os arquivos locais dando luz a moitos traballos de investigación histórica.
Da súa autoría é un detallado estudo dos Hospitais de Sárria , sendo de sinalar tamén o seu fondo coñecemento do Camiño de Santiago ao seu paso pola comarca sarriá.
Foi autor dun "Refraneiro galego e outros materiais de tradición oral" , un dos traballos no que puxo máis ilusión e entusiasmo. É unha coleción de máis de 22.000 refráns , con importantes anotacións de coincidencia con outros adaxios asturianos, casteláns e portugueses obra editada en 2003 pola Xunta de Galicia ( Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades ).
Orador sagrado de recoñecido prestixio e sentidas palabras hai que facer referencia ao seu discurso " Una curiosa singularidad de la diplomática lucense en los siglos de la Alta Edad Media", pronuciado na sesión da súa investidura académica que, malia as pescudas feitas non se puido achar, e resultou negativa a percura do mesmo na Real Academia Galega.
Erudito comprometido con Galicia , foi por riba de todo un home de Igrexa, e por moitos anos ecargado da formación dos futuros sacerdotes.
Foi correspondente da Academia da Historia e vogal da Xunta do Museu de Lug. As suas vacaciómns de verán en Sárria adicounas decote a se mergullar nos arquivos parroquiais e no arquivo de protocolos notariais , sentando as primeiras bases sólidas e fundamentadas da historia de Sárria ao tempo que estudou fontes referidas á Catedral de Lugo e diferentes persoaxes.
Foi autor de numerosas publicacións : "Los escudos de Sárria ( nº 5 das publicacións do Museu de Lugo " ), "La Catedral de Luigo" (Colección Obradoiro. Tomo VII. Bibliófilos Gallegos ), "Nuestra Señora de los Ojos Grandes. Patrona de Lugo" ( 1954 ), "Esbozo Biográfico del Beato Díaz Sanjurjo" "Inscripciones romanas de Lugo "( Tomo II.-provincia de Lugo ).- O estudo do románico lucense nas súas docuemtadas 164 papeletas son seguidas polos estudosos do noso patrimonio cultural.
Nos Libros-Progarma das Festas do San Xoán de Sárria, que polo seu impulso recolleron traballos históricos, publicou: "El Camino de Santiago en Sárria", "Los res primeros Condes de Sárria", "Sárria y San Juan", "Reyes en Sárria", "Artistas que florecieron en Sárria", "Los priores de Santa María Magdalena de Sárria", "Los Priores: adiciones", " Los romanos en la comarca", "Gregorio Fernández", "La Casa de Lemos y el antiguo convento de agustinos"....
En lembranza de tan senlleira figura leva o nome de RÚA FRANCISCO VÁZQUEZ SACO a que dende a Rúa Marqués de Ugena vai até a Rúa Nova ( Urbanización Pedregal ), Na Galería de Sarriaos Iluistres , no Salon de Plenos do Concello, figura o seu retrato.
O Seminario de Estudos Sarriaos " Francisco Vázquez Saco" garda a súa memoria e dá difusión á súa obra.
Na parede lateral dereita da igrexa de Santa Mariña unha inscrición lembra ao sarriao que deu luz á nosa historia.
****************************
6.- DON MATÍAS DE OÑATE LÓPEZ.- Naceu en Sárria , en Villa Andrea, o 25 de agosto de 1885, Fillo de don Xosé Oñate Ruiz e de dona Rosa López Andréss e neto de don Matías López López. Con ocasión do seu nacemeonto fora chantado no parque de Villa Andrea un abeto pinsapo que propietarios posteriores , alleos á familia, cortaron polo pe.
Casou en San Sebastiá-Donosti con dona Ana Prendergast Muñoz de Baena, Marquesa de Casa López , de cuxo matrimonio houbo catorce fillos.. Presidiu a empresa familair Chocolates Matías López SA, con establcementos en Madrid, El Escorial e Sevilla. de Xerusalén dende 1907 , membro da Familia Noble Pontifica en calidade de camareiro de capa e espada , honra da que disfrutou en catro pontificados e recibiu a Medalla de Sufrimentos pola Patria.
Tomou parte moi activa en diferentes xestións a prol da obtención de beneficios para Sárria e comarca, en especial na consecución de que na Cha de Santa Marta ( Sárria e L´ncara ) se crease un Aerodromo Militar , Colaborou nas xestións feitas para a ampliación da traída de augas , na consecución das obras de mellora das Escolas Publñicas e na creación do Colexio da Asunción. Tamén participou na promoción inicial do Cine Salón, elemento de dinamización cultural tanto pola proxección de filmes como polas repesetacións teatrais alí acollidas..Foi un dos promotores e protectores da organización local dos Exploradores de España ( boy scouts ) e xunto coa súa esposa e fillas foi de valiosa axuda para as actividades da Cruz Vermella.
Xunto coa súa esposa alzou a capela da Nosa Señora do Perpetuo Socorro na Rúa Marquesa Casa López.
Residiu en Sárria xunto coa súa familiae Villa Andrea foi centro da vida social e cultural da vila tendo ali lugar numerosas actividades musicais e teatrais, e sendo sede das publicacións "El Estrellao" e "Sárria"
Declarado Fillo Predileto de Sárria, no ano 1958 o Concello acordou que levase o nome de RÚA MARQUÉS DE UGENA o treito da entón estarda de Becerreá a Vnedas de Narón formado pola parte final da Rúa Maior e o primeiro treito da Rúa do POrvir. Esta rúa, formada por esas dúas porcións así segregadas ten a súa orixe na Rúa Benigno Quiroga e chega á Rúa Pedro Saco.
O seu retrato figura na Galería de Sarriaos Ilustres.
*****************************
7.- DON ANXO RODRÍGUEZ CASTEDO .- Rafae Naceu en Sárria o 22 de xullo de 1947. Foorn os seus pais don Rafael Rodríguez e dona Cándida Casedo, que foi mestra de Barbadelo e Fontao.
Funcuonario da Adminsitración do Estado en Madrid , foi presdente do Imserso , Secretario do Consello Económico Social e presidente de Personalia , entidade dependnete da ONCe. Tivo ademáis intensa actividade na elaboración da Lei da Dependenza e foi autor de diferentes publicacións de temática socioaistencial.
Foi grazas ao seu persoal e destacado interese como se estableceu, en terreos aportados polo Concello o, no Barrio das Insuas o Centro de Atencióna a Persoas Diminuidas Psíquicas , promovida polo Imserso, encomiable institución que veu dar continuidade á longa tradición de assitenza social na vila de Sárria.
Foi nomeado Fillo Predileto de Sárria e en dúas ocasións foi Pregoeiro do San Xoán, sendo designado Tamborileiro Municipal de Honra.
Leva o nome de RÚA ANXEL RODRIGUEZ CASTEDO o vial que vai dende a Rúa Fernando de Castro ao Centro e o seu retrato figura na Galería de Sarriaos Ilustres.
****************************
8.- DONA MARÍA ROSARIO GARCÍA VÁZQUEZ. ,. - Naceu o 4 de outubro de 1902, Foi filla do mindonenese don Francisco García Alvaredo e da sarriá dona Pilar Vázquez López.
Foi funcionaria de Facenda na Coruña. Posuedora de forte sentimento relixisio, xunto coa súa irmá, Mercé, achegou moitas aportacións económicas a institucións, benéficas, de carcter asistencial, social e relixioso.
O altar e a imaxinería da Virxe do Perpetuo Socorro, en Santa Mariña de Sárria, a imaxe da mesma advocación en San Salvador d Viklar de Sárria correron da conta destas irmás. Ademaís entregou sustanciosas aportacións para axuda da construción da Residemncia de Anciáns alzada no Barrio do Mazadoiro e para contribuir ás obras da igrexa da Nosa Señora do Rosario de Sárria (Rúa Formigueiros/ Gran Vía Alfonso IX).
En 1994 foi nomeada Filla Predileta de Sárris e na súa memoria, e na da súa irmá. leva o nome de RÚA IRMÁS GARCÍA VÁZQUEZ " a que pasa por diante da Residencia de Anciáns "Nosa Señora do Carme " ( Barrio do Mazado<iro-San Martiño de Requeixo.
O seu retrato figura na Galería de Sarriaos Ilustres.
****************************
9.- DON XOSÉ SÁNCHEZ ARIAS.- Naceu en Sárria o 24 de febreiro de 1902. Foi licenciado en dereito e funcionario da Administración do Estado en Madrid. Compormetido políticamente coas ideas progresistas , na década dos anos 1930 colaborou en pulicacións locais e tamén publicou traballos na revista profesional do Colexio de Avogados de Madrid.
Despois do seu falecemento en Sárria 0 3 de novenbro de 1981 , en estado de solteiro e sen descendencia, tomouse coñecemento de que deixara todos os seus bens ao Concello de Sárria "para que en venda ou en renda os adique a fins sociais e culturais".
A súa herdanza estaba formada por bens urbáns en Madrid e Sárria e fincas rústicas en Santa María de Vilamaior.
Con unha boa parte do produto da venda deses bens o Concello de Sárria adquiriu parte das isntalacións da antiga"Feculera " coa intención de que ese espazo sexa adicado a actividades culturas, espazo no que se pretende facer homenaxe á Familia Vento, da que el formou parte, pois o seu pai Antonio Sánchez Teijelo e o< seu sobriño Antonio Páramo Sánchez foron alcaldes de Sárria.
En 1994 foi declarado Fillo Predileto de Sárria . Leva o nome de RÚA XOSÉ ANTONIO SÁNCHEZ ARIAS a rúa de entrada do Camiño de Santiago na vila de Sárria entre a Rúa da Liberdade e a Praza de Galicia. O seu retrato figura na Galería de Sarriaos ilustres.
***************************
10.- DON XOSÉ DÍAZ FUENTES.- Escultor
Hai obra súa no Parque da Unión ( "A man", unha fonte monumental no xardín de San Vicenzo de Paul ( no Mazadoiro), na Praza da Ponte Vella e na área de descanso de Callás ( San Fiz de Reimóndez )
O seu retrato figura na Galería de Sarriaos Ilustres.
**********************
11.- DON ROMÁN GARCÍA VARELA.-Xuiz de 1ª Instancia e Maxistrado do Tribunal Supremo. , distinguido coa Cruz de San Reimundo de Peñafort., Medalla Castelao concedida pola Xunta de Galicia, ( 2012 ) Foi o creador das Xornadas Xurídicas do Concello de Sárria, agora, na súa honra chamadas Xornadas Xurídicas Román García Varela.
Naceu en Sárria o 23 de decembro de 1940. Obtivo a licenciatura en Dereito pola Universidade de Santiago no ano 1962 . Ingresou na Carreira Xudicial no ano 1966. Exerceu como Xuiz entre outras prazas, en Ateca, Amurrio, San Clemente , A Estrada e Granollers.
No ano 1979 ascendeu a Maxistrado, desempeñando funcións da dita categoría en Vitoria e Madrid. . Foi promovido a Maxistrado do Tribunal Supremo o 12 de abril de 1989 sendo o máis novo dos maxistrados que accederon ao Alto Tribunal.
O 27 dee abril de 1989 tomou psesión do cargo de Xefe de Servizo de Inspeción do Consello Superior do Poder Xudicial..
En 1990 foi designado "Tamborileiro Municipal de Honra" e "Pregoeiro das Festas do San Xoán"
Creadas e dirixidas por el as Xornadas Xurídicas do Concello de Sárria , dende o ano 2007, convirten a Sárria nun foro xurídico no que participan maxistralmente membros dos máis altos Tribuais, de corpos da admisitración de Xustiza e doutras adminstracións publicas . A partir da súa morte pasaon se ser denomindas "Xornadas Xurídicas Román García Varela".
A Biblioteca Xurídica " Román García Varela" , instalada na Casa da Cultura tivo a súa formación inicial na doazón por el feita dun amplo fondo bibliográfico., completado pola súa viuva e fillo que cederon á Biblioteca Camilo Gonsar a súa biblioteca particular.
O seu retrato figura na Galería de Sarriaos Ilustres.
**************************
12.-- DON ELIAS XOSÉ VALIÑA SAMPEDRO- Naceu en Mondín-Santa María de Lier .o 2 de febreiro de 1929 e faleceu en Lugo o 11 de decembro de 1989.
Fixo estudos eclesiásticos no Postulantado en Sárria dos PP Mercedarios e no Seminario de Lugo , sendo ordeado sacerdote- Foi Licenciado en Dereito Canónico pola Universidade Pontificia de Comillas e doutor pola de Salamanca, Foi correspondnete da Academia de Doutores de Madid ( Sección de Dereito ) e membro da Comisión do Patrimonio Cultural da Igrexa en Galicia e do Consello de Cultura da Deputación Provincial de Lugo.
Coñecido como "O Cura do Cebreiro" por ter desenvolvido o seu labor apostólico en varias parroquias do Concello de Pedrafita do Cebreiro. dende o ano 1967 .Tivo unha activa participación no restauro do conxunto poboacional da Vila do Cebreiro e no deservolvemento sociocultural das parroquias da contorna. O antigo templo mosteiral, a hospedaría e as pallozas do lugar, foron obxecto de restauro e en 1971 foi inaugurado o Museu Etnográfico nunha das pallozas arranxadas.
O seu traballo "El Camino de Santiago. Estudio histórico - jurídico " foi galardoado co Premio Antonio de Nebrija " ( 1967 ) e publicado en 1971 poloConsello Superior de Investigacións Científicas., No mesmo ano en Faro de Vigo publicou o traballo "Caminos de Compostela".
Dirixiu o "Inventario histórico-artístico de Lugo y su provincia" ( Madir, 1975-1983 ), obra en seis volumes e a redación do "Inventario del patrimonio arquitectónico de la provincia de Lugo" ( Madir , 1980-1983 ) , Colaborou coa Universidade Pontificia de Salamanca na elaboración do primeiro volume do "Synodico Hispanum" ( Madrid, 1981 ), adicado a Galicia e foi comisionado pola Secretaría de Turismopara a redación da "Guía del Peregrino.Camino de Santiago" ( Madrid, 1982 )
De 1986 é a súa obra " Catálogo de los archivos parroquiales de la diócesis de Lugo" , polo que o CSIC lle outorgou o Premio "José María Cuadrado". Tamén é seu o traballo" Galicia y el actual resurgimiento del Camino de Santiago",
Adicado activamente a revitalización do Camiño de Santiago , en 1984 emprendeu o sinalamento de diferentes treitos históricos coa "frecha amarela" que o distingue, dende Valcarlos ( Navarra ) a Santiago de Galicia . Dentro do treito galego promocionou tarefas de limpeza, fixación de alternativas , et. Publicou diversas guías do Camiño, en editoras turísticas , que resultaron ser moi prácicas e documentadas.
O seu forte compromiso co feito xacobeo levou a que no "I Encontro Xacobeo" ( Santiago , 1985 ) fose nomenado Comisario do Camiño de Santiago.
Foi promotor de Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago, tanto en España como no estranxeiro e da súa federación. Foi tamén un dos fundadores da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago da Provincia de Lugo. Dirixiu e editou un "Boletín do Camiño de Santiago" e participou en conferencias, ciclos divulgativos , congresos, etc., nun traballo constante de auténtico apostolado.
A morte sorprendeuno prematuramente o 11 de decembro de 1989 cando seu labor daba os primeiros froitos e se estaba a convertit de novo a peregrinación xacobea nun feito de masas.
Foi enterrado na igrexa de Santa María A Real da vila do Cebreiro e no adro deste tempol son numerosísimas as mostras de homenaxe e admiración deixadas en sentidas inscicións adicadas á súa figura feitas por asociacións, institucións e particulares de numerosos países colacadas a carón dun busto recordatorio.
Don Elías Valiña Sampedro é , sen dúbida, é o sarriao máis coñecido entre os fillos ilustres que deu o século XX . Sen o seu labor calado e efectivo sería imposible comprender o actual bon suceso da milenaria ruta xacobea.
Foi declarado Fillo Predileto de Sárria , atendendo o Concello ás peticióms asinadas polas asociacións culturais locais, asociacións xacobeas de outros lugares de España e veciños.
Leva a nome de RÚA ELÍAS VALIÑA SAMPEDRO a que vai dende a Rúa da Liberdade ao lugar de Vigo de Sárria- No muro lateral do sur da igrexa de Santa Mariña de Sárria a Aula de Historia Comarcal do Centro de Educación Permanente de Adultos de Sárria está colocada unha inscición na súa lembranza como " constructor do Camiño das modernas peregrinacións".
No ano 2023 foi instalado un grande mural artístico nun edificio da Rúa Benigno Quiroga cuxo emllor ángulo de visión coincide co treito inicial da Rúa do Peregrino.
O seu retrato figura na Galería de Sarriaos Ilustres.
FILLOS E FILLAS ADOPTIVOS
Déuselles esta distinción a algunhas persoas nadas noutras localidades e que polos seus mercementos e amor a Sárria se fixeron acreedores do xeneral recoñecemento dos sarriaos
1,. DONA ANDREA DE ANDRÉS SÁNCHEZ " MARQUESA DE CASA LÓPEZ..- Dona Andrea Andrés Sánchez naceu en Madrid e faleceu na mesma cidade o 10 de xullo de 1909. e esado de viuva de don Matías López López.
Movida polo especial aprezo que para Sárria amosara o seu esposo, contando co total apoio das súas fillas e xenros, levou adiante un labor filantrópico moi destacado para coa vila na que pasou varias tempadas vrancegas.
Xunto co seu esposo colaborou na dotación e instalación de vidreiras art´ñisitcas en Santa Mariña " A Nova" e na doazón das imaxes de Santa Mariña, San Xoán Bautista e Cristo Crucificado, así como das imaxes dos Sagrados Corazóns de Xesús e María.
Despois de falecido don Matías López López, dando cimprimento á súa vontade en aplicación do legato estableciod correu coa encarga recibida e promoveu a construción e entrega ao Concello de Sárria das Escolas Públicas ( 1896 ) ocasión na que anunciou a súa intención de facer doazón ao pobo e aá vila de Sárria dun Hospita.
Para tal fin no ano 1905 adquiriu un terreo no Campo do Outeiro ( O Mazadoiro-Requeixo ) e encargoulle a redación do proxecto ao arquitecto don Valentín Roca Carbonell, da Academia de Belas Artes de San Fernando ( Madrid ), correndo coa construción do edificio para o que fixo fronte a un orzamento de 54.500 pesetas . Dotou ao Hospital de todos os ele,mentos necesarios, así como os propios da Capela nel instalada, Ademais aportou un cadro ao óleo alegórico da Caridade e ademáis dotou ao Hospital Municipal con tíduos da Débeda Pública Perpetua para os gastos xerais , de persoal médico, enfermeiro e porteiro. A institución coñecida como Hospital Municipal "Nosa Señora do Carme". Completando a vontade fundacional , baixo a atención das Irmanciñas dos Anciáns Desamparados , enadiuse una nova edificación destinada a Asilo que despois de sufrir un incendio foi reconstruído e estivo en funcionamento até 1980. Derrubados os dous edificios , no seu soar, ao que se enadiron terreos que foran adquiridos pola congregación relixiosa que os rexentara, alzouse a Residencia de Anciáns, en réxime de Padroado Municipal, que mantivo a denominación de Residencia de Anciásn "Nosa Señora do Carme".
Dona Andrea Andrés Sánchez fixo moitas obras de caridade en Sárria, deu axudas e xantares para os presos na cadea pública, condedeu premios e axudas a escolares destacados e aos de poucos recursos familiares e axudou a grupos de asistencia relixiosa , a soldados retornados da Guerra de Cuba e á Cruz Vermella.
Por concesión pontificia recibiu o tiduo nobiliar de Marquesa de Casa-López, que á súa morte foi trasmitido a unha filla súa, segundo dende entón na liña familiar de apelido Cendraa,que non mantivo nin mantén vencellos con Sárria.
A vidreira atrtísitca do ábside da igerxa de Santa Mariña. coa imaxe de Santo André, parella á de San Matías , fai alusión ao seu nome ( Andrea ).
Foi nomeada "Filla Adoptiva e Predileta " , dándolle ademais o seu nome á RÚA MARQUESA DE CASA LÓEZ á vía urbana que ten a súa orixe na Rúa Marqués de Ugena e despois de atravesar a Rúa Matías López alcanza a Rúa da Liberdade.
Durante moitos anos o seu retrato e o do seu esposo presidiron o Salón de Sesións instalado a partir de 1920 no primeiro andar da Casa Vaamonde ( Casa do Concello ).
Na actualidade o seu retrato forma parte da Galería de Sarriaos Iliustres.
*************************
2.- DON XOAQUÍN QUIROGA ESPÍN.- Don Xoaquín Quroga Espín foi o primeiro conde de Quiroga-Ballesteros, tíduo concedido por Afonso XIII por Real Decreto de 12 de marzo de 1931, un mes antes da proclamación da II Republica Española.
Foi fillo de don Bennigno Quiroga López-Ballesteros , Señor da Casa Grande da Pobra de San Xiao , e de Xulia Espín Pérez, a coñecida "musa de Becquer. Faleceu en Madrid en 1971.
Foi deputado no Congreso dos Deputados e sempre deu mostras de predileción por obter melloras para a vila de Sárria e a súa comarca, na consecución de vías de comunicación e outras melloras e dotacións de servizos públicos.
No depósito de augas do Campo da Feira unha inscrición recorda a súa colaboración decidida na consecución da primeira traída de augas á vila de Sárria ( 1918/1920).
O seu retrato figura na Galería de Sarriaos Ilustres.
***************************
3.- FREI SEVERINO VEGA CID.- Relixioso mercedario- Foi comendador do Convento da Mercé e ecónomo da parroquia de San Salvador de Sárria aos seus anexos de Farbán e Requeixo.
Leva o nome de RÚA PADRE SEVERINO VEGA CID a que con orixe na Rúa Xela Arias vai até o Paseo do Malecón de San Lázaro.
O sdeu retrato figura na Galería de Sarriaos Ilustres.
**************************
4.- DON DOMINGOS SAAVEDRA SÁNCHEZ ( Senior )Mestre de ensino primario en Sárria. Natural de Carballo -Friol .Realizou a posiciónpara Mestres Superiores en 1910 no Reitorado de Oviedo. Estivo destinado na Escola Graduada de Luarca- Valdés ( Asturias ) até setembro de 1913 , trssladádose a Sárria para servir a Escola de Nenos Nº 2 de Sárria. **,Participou nEn 1916 era segredario do Comité Local dos Exploradores de España ( Boy Scouts ). ** ( 1932 ) No Cursiño para Mestres celebrado en Lugo disertou sobre "Equilibrio dos líquiso". ** En 1933 era mestre da Seció 2º e daba clase a adultos. . Particicipou no movemento dos sindicatos de mestres católicos. Durante moitos anos impartiu clases particulares preparando a moitos sarriaos nos estudos, por ensino libre de bacharelato, comerzo , maxisterio e preparación para oposicións . dianteda inexistencia de centros especializados na vila.** (1937 ) Foi mestre cursillista con destino na mesma escola ao non ser obxecto de depuración. Unha vez xublidado, e concidndo coa etapa na que o seu xenro Manuel López-Vizcaíno Rodríguez foi alcalde de Sárria, sustituino na aula a este correspondente , polo que a súa actividade docente extendeuse por máis de 49 anos.. Recibiu a Medalla da Orde de Alfonso X o Sabio a petición do Concello de Sárria en 2.11,1968 . Durante moitos anos ocupou unha das vivendas dos mestres, nas Escolas Publicas. ( hoxe Casa da Cultura ) ,Foi declarado Fillo Adptivo se Sárria.
Leva o nome de RÚA MESTRE SAAVEDRA a primeira das que dende a Rúa da Liberdade van á Praza Praza de Galicia ( Zona Escolar ).O seu retrato forma parte da Galería de Sarriaos Ilustres.
**************************
5.- DON EUXENIO CASIMIRO LÓPEZ LÓPEZ
O seu retrato figura na Galería de Sarriaos Ilustres.
*****************************************************************************************
PERSOAS ILUSTRES HOMENAXEADAS EN SÁRRIA
1,. SAN FRAIZ, VARÓN APOSTÓLICO .-
Leva o nome de RÚA SAN EUFRASIO a que dende a Rúa Xela Arias vai até a Ponte Alborada.
******************
2.- CONDE RODRÍGO SUÁREZ
Leva o nome de RÚA CONDE RODRIGO SUÁREZ , na localidade do Oural, o primeiro treito da estrada autonómica do Oural a O Incio,
*******************
3.- AFONSO GOMES , XOGRAR DE SÁRRIA
Leva o seu nome a RÚA XOGRAR AFONSO GOMEZ , ruela ant es co<ñecida como Corga do Rosquielleiro ou camiño de Vales a As Castiñeiras, Tame´n lle deu nome ao IES XOGRAR AFONSO GOMES DE SÁRRIA
******************
4.- FREI LUIS DE GRANADA
Leva o seu nome de RÚA FREI LUIS DE GRANADA a que dende a Rúa da Calexa, logo de atravesas a Rúa Padre Sarmiento, leva á Rúa do Murallón. O CEIP FREI LUIS DE GRANADA e un edificio da Rúa la Liberdade levan tamén o seu nome,
******************
5.- FERNANDO DE CASTRO
Leva o nome de RÚA FERNANDO DE CASTRO a vái do Barrio das Insuas cara a Lama da Gándara.
*******************
6.- XOÁN ARIAS DE ARBIETO
Dúselle o nome de RÚA ARIAS DE ARBIETO
*******************
7.- FREI XOÁN DE SÁRRIA
Leva o nome de RÚA FREI XOÁN DE SÁRRIA, no Barrio das Insuas, unha rúa sen saída con orixe na Rúa Fernando de Castro.
*********************
8.- PADRE SARMIENTO
Leva o nome de RÚA PADRE SARMIENTO o vial que dende a Rúa da Calexa baixa ate a Rúa Pedro Saco.
**********************
9.- VICENZO VÁZQUEZ QUEIPO
Leva o nome de RÚA VÁZQUEZ QUEIPO, no chmaado Barrio Novo, a rúa que vai dende a Rúa da Liberdade, deixando á dereita a Rúa Gregorio Fernández, e remata na Rúa Formigueiros.,
**********************
10,. FAMILIA LOIS.-
Leva o nome de CALELLÓN DE LOIS a calella que con orixe na Rúa Maior baixa até o Barrio da Pedreira ( As Airas )
**********************
11.- FAMILIA TEIXEIRO.-
A que fora Corga de Teixeiro e despois A ESCALEIRA DE TEIXEIRO, que foi o nome tradicional, por decisión municipal sen fundanmento aparece rotulada como Escalinata Pequena.
***********************
12.- BENIGNO QUIROGA LÓPEZ-BALLESTEROS
Leva o nome de RÚA BENIGNO QUIROGA o treito da Estrada de Valdeorras ( agora Estrada de Lugo a Ourense por Monforte ) que a finais do século XIX fora nomeada como Rúa da Liberdade.
O seu retatro figura nunha das dependenzas da Casa do Concello.
**************************
13.- PEDRO SACO PRADEDA
Leva o nome de RÚA PEDRO SACO a que con orixe na Rúa do Porvir, despois de atravesa a Rúa Nova e a Rúa da Liberdade remata na Rúa Formigueiros.
Na sesión do Concello de Sárria celebrada o 25.11.1918. foi obxecto de estudo a seguinte PETICIÓN: " o Sr. Presidente espuxo á consideración da Corporación o ímprobo traballo a que estivo sometido durante a emidemia de gripe o médico titular D. Pedro Saco Pradeda, asistindo a centos de doentes con celo e solicitude merecentes de todo encomio, e prestando tan relevantes servizos humanitarios que foron xeralmente admi<rados, coa súa incansable actividade , obrigada pola enfirmidade dos seus compañeiros profesionais , sen máis estímulo que o ben obrar e o amor aos seus semellantes xa que a súa retribución como titular é ben escasa, e os pobres numerosos, propó a Corporación que se pida ao Ecmp. Sr. Ministro da Gobernación, o ingreso do facultativo do que se trata no Orde Civil de Beneficencia , outorgándolle a Cruz de Primeira Clase da mesma cos distintivos morado e branco , para o que contraeu méritos dabondo. E a Corporación , coñecedora dos mértios do Sr. Saco , e desxando dalgunha maneira significarlle a gratitude polo seu admirable labor humanitario, sen discusión e por unanimidade acorda que en nome e representación da mesma o Sr. Presidente eleve instancia ao Excmo. Sr. Ministroo da Gobernación en súplica de que con suxeición ás disposicións vixentes lle sexa concedida ao médico titular deste Concello a Cruz de Primeira Clase do Orde Civil de Beneficnecia cos distintivos branco e morado, para o que queda facultado".
***************************
14,. XABIER LÓPEZ-ACEVEDO LÓPEZ - ( Xabier López López antes de pasar a utilizar o apelido composto ). .- Alcalde de Sárrie dende 21.01.1960 até a súa morte en 1964 ). Avogado, Deputado Provincial e Procurador en Cortes pola provincia de Lugo.
Membro da Familia Acevedo, foi fillo de don Ernesto López Martínez e de dona Estrela López. Casou con dona Filo Revilla ,
Nomeado alcalde de Sárria polo Minstro da Gobernación deulle posesión do cargo o Gobernador Civil da provincia de Lugo.
( 2.02.1963 ) Promove a conversión das Tablaxerías en Mercado Municipal e aportar o proxecto técnico para a PRAIA FLUVIALDO CHANTO, no río Sárria ( 8-04.1963 ) É autorizado para comprar o prado de a carón da Praia Fluvial, de 10 ferrados, en prezo de 250.000 pesetas, que era propiedade de Antonio Pérez Cabañas. A iniciativa súa solicitouse do Ministro de Obras Publicas e da Confederación Hidrogáfica do Norte de España para levar a efecto os estudos necesarios para a posta en regadío do Val de Sárria, ( 23.12.1963 ) A proposta súa o Concello acordou solicitar a creación dun Centro de Ensino Medio e Profisional de Modalidade Industrial. para o que ofreceu a cesión dun soar de 10.000 m/2 co compromiso de aportar un terzo do orzamento e contribuir ao sostemento do centro con 74.500 pesetas en cada un ano.Non chegou a facerse realidade e foi en 1975 cando se crearon en Sárria centros de ensino medio. Promoveu obras de urbaniación na vila, traída de augas, alcantarilaldo, electrificacións nas parroquias rurais . A Praia Fluvial e o Parque do Chanto debéronse ao seu compromiso persoal que soubo crear ilusión no pobo e nos proxectos dun alcalde que mereceu a aprobación xeral dos veciños.
No PARQUE DO CHANTO un moimento lembra a figura do primeiro alcalde aberto a novas ideas, máis aló das imposicións gubernativas e cuxo traballo foi moi valorado polos cidadáns.
****************************
15.- ANTONIO FERNÁNDEZ LÓPEZ
Leva o seu nome a RÚA ANTONIO FERNÁNDEZ no Oural. , un dos viais do grupo de casas da factoría de cementos. Leva tamén o seu nome CEIP ANTONIO FERNÁNDEZ LÓPEZ, na Rúa da Igrexa, na localidad de O Oural.
O seu retrato figura no CEIP que leva o seu nome,
*********************
16..- FIZ VERGARA VILARIÑO .-RÚA FIZ VERGARA VILARIÑO
17.- CAMILO GONSAR .- Camilo González Suárez-Llanos, escritor e académico da RA Galeda, Membro da Familia Florido- Leva o nome de CAMILO GONSAR a Biblioteca Pública Municipal de Sárria ( Rúa Marqués de Ugena )
*************************
18 .- XELA ARIAS.- Xela Arias Castaño
Leva o nome de RÚA XELA ARIAS a que vai dende o cruce de San Lázaro , cruzando a Rúa da Liberdade, para rematar na Rúa Matías López. Tamén leva o seu nome o COLEXIO INFANTIL XELA ARIAS ( Rúa Marqués de Ugena / Rúa Miguel de Cervantes,. Un poema da súa autori, a e un MURAL XELA ARIAS no Xardín da Capela de San Lázaro e unha LÁPIDA NA C ASA DO ROXO NA VILERMA ( Maside ) completan os memoriais da súa figura.
***************************
19.- ANTONIO DÍAZ FUENTES( ( Sárria, 6.06.1935, + 27.05.2011 )
Avogado, indusrial, escritor e politico- Fillo de Xosé María Díaz López e Asunción Fuentes Sánchez< Foi Presidente da Cámara Agraria Provincial, Deputsdo das Cortes Constituinte pola UCD ( 1977 ) e na Lexislatura 1979-82, membro da Comisión Mixta que informou o Estatuto de Autonomia de ,Galicia Vogal da Comisión Conxunta Agricultura-Xustiza ( 29.11,1978 a 29.12.1978 ) e da Comisión Mixta Congreso-Senado para o proxecto de modificación de artigos da Lei e Axiuzamento Criminal, Vogal da Comisión de Xustiza, VicepresidentePrimeirodas Comisións de Xustiza e Interior e Industria e Enerxía e Vogal da Comisión Especial para problemas de Disminuidos Psíquicos e Mentais. Por insaculación correspondeulle a honra de ser o primeiro deputado que votou o artiuclado da Cosntitución de 1978.Medalla de Primeira Clase de San Reimudo de Peñafort( 2012 ) a petición do Colexio de Avogados de Lugo.
Foi fundador e primeiro presidente do partido Coalición Galega (
1983 / 1985.). En 1988 foile concedida a medalla do Mérito
Constitucional. Elixido membro numerario da Academia Galega de
Xurisprudencia e Lexislación ( 2005 ) Colaborou na redición da
Práctica Procesal Civil, de Brocá y Majada, Ademais de pronuciar
conferencias e participar en diversas mesas redondas , en congresos e
seminarios, foi autor de artigos xornalisiticos , narracións e libros
sobre temas politicos, xurídicos e de temática agraria: "Dereito
Civil de Galicia , Comentarios á Lei 4, / 1995 ( 1997 ), "Toponimia de
la Comarca de Sárria " (DP de Lugo,1998 ). "Montes Vecinales en mano
común " ( 1999 ) , " La prueba en la nueva Ley de Enjuiciamiento civil
" ( 2000 ), "División de herencias y liquidación del régimen económico
matrimonial " ( 2001 ), " Cuentos de pueblo. Cuentos de Sárria " ( 2003
), "Servidumbres, serventías y relaciones de vecindad" (2004 ), El
deslinde " ( 2009 )
******************************
20.- VICTOR LÓPEZ VILLARABID ( San Miguel de Vilapedre,18.10.1936 ¨¨+ 19.19.09.2009 ) Xornalista, indusrtrial, escritor , fotógrafo de prensa, libreiro.... Responsable de Radio Popular de Sárria. Correspondnete da Axencia EFE, Radio Monforte e Radio Popular de Lugo.Foi Cronista Oficial de Portomarín. Foi autor de" Sarria", "Samos y su Concello", ·Sarria en el Camino Francés por tierras de Lugo"," Sarria no Camiño Francés polas terras de Lugo", Paradela y su Concello", " Del viejo al nuevo Portomarín , "O Camiño de Santiago en Galicia" e "O Cebteiro" , editados por Everest, O seu amplo arquivo fotogárfico foi cedido ao Concello de Sárria e áo Xacobeo. Parti<cipou activamente na vida asociativa local e na vida deportiva. Promoveu a Feira do Libro, foi di<rectivo de asociacións e clubes Formou parte da Asocicción de Amigos do Camiño de Santiago de Lugo e foi nomeado Cabaleiro da Orde do Camiño de Santiago ( Melide ). Presidiu a Comisión de Festas do San Xoán e dirixiu moitas edicións do Libro Porgrama das Festas do San Xoán nos que icluiu moitos traballos de temática sarriá, enriquecéndoo coa colaboración de senleliras figuras das letrcas galegas. Foi rsponsable dos extras do San Xoán publicados por " El Prpgres". Foi concelleiro no Concello de Sárria. Recibiu premios de xornalismo e de fotografía artística . No ano 2013 foi editado o libro "caSárria a ollos vistas " que recolle fotografías da súa autoría nas que se pode seguir a evolución urbanística da vila de Sárria entre 1965 e 2005. Abriu numerosas campañas xornalisticas a prol de melloras cidadás en Sárria Contribiui persoalmente á consecución da creación do isntituto de esnino medio , do centro de formación profisional e a consecución do novo tempñlo da Nosa Señora do Rosario. Formou parte activa e responsable de institucións como a Cruz Vermella, Acción Católicam Federación Galega de Libteiros ....
******************************
21.- VALENTÍN ARIAS LÓPEZ .- Mestre, escritor e tradutor, natural de San Pedro de Maside.
Unha LÁPIDA NA CASA DO ROXO DA VILERMA ( Maside )
*****************************
23.- CONCELLEIROS DA REPÚBLICA
Unha lápida no Murallón da Me-moria
******************************
24.- RICARDO NÚÑEZ RODRÍGUEZ
Unha lápida no Murallón da Memoria
*******************************
25.- AVELINO POUSA ANTELO
Unha LÁPIDA no Murallón da Memoria
******************************
26.- GAITEIROS NA TERRA DE SÁRRIA
Insrcición memorial no Parque da Unión.
*******************************
27.- ROMÁN E BIENVENIDO DÍAZ DE FREIJO
*********************
28.- XOSÉ ANTONIO GAYOSO
*********************
29.- XESÚS PUCHE GONZÁLEZ
***********************
30.- DON NESTOR GONZÁLEZ FUENTES.-
************************
31.- VENANCIO VÁZQUEZ LÓPEZ.- ( Ilustración Callega.- Vigo ) Natural de Sárria e fillo de comerciantes, foi a Madir o ano 1859 , como empregado da afamada casa do seu tío D, Matías López e en 1873 estableceuse na antiga casa de comerzo adicada á fabricación de chocolate , situada nas "Cuatro Calles" , cuxo establecemento montou á altura que as circnstancias aconsellaban e en prazo moi breve conseguiu que fose o máis importante de Madrid no seu ramo.
Máis tarde tivo que ampliar a súa fábrica de chocolates cos últimos adiantosna calle de Caracas, número 7.
O Sr. Vázquez co seu extraordinario xenio induistrial estableceu a 8 quilómetros de Madrid, Estación de Pozuelo, outra fábrica de galletas, sistema inglés, cuxo artigo pola súa boa calidade e gosto na presentación , adquriu tal sona que a sociedade de ultramariños , confiteiros e outros, tomaron en traspaso as dúas citadas fábricas , aaínda que formando parte o señor Vázquez da nova sociedade tiduada "La Fortuna" , que desexando darlle máis pulo ás industrias reuniunas nun grandioso edifico , do Paseo del Rey, 24.
O Sr. Vázquez desempeñou en dous bienios diferentes a Concellería de Madrid , sendo Tenete de Alcalde de varios Distritos e máis tarde, en 1902, Deputado a Cortes por Madrid.
Con outros amigos constituiu o CENTRO GALLEGO de Madiid do que foi nomeado primeiro Presidente en cuxa sociedade desenvolveu o espíritu rexional e fixo desaparecer o inxusto calificatvi¡o que por ignorancia de moitos sofrían en Castela e outras partes os fillos da terra galega que hoxe disfrutan en apretado feixe a consideración e respecto da patria grande.
O Sr. Vázquez tamén pertenceu ao Círculo de la Unión Mercantil , nomeándoo en 1885 Presidente da Comisión coa ocasión dos tremores de Andalucía , onde tan excelentes servizos prestou , especialmente no pobo de Santa Cruz de Alhama ( Granada ) , que o nomeou fillo adoptivo. A expensas do dito Círculo foi reconstruido este pobo que hose denomina Santa Cruz del Comercio.
Tamén pertence á Junta de Aranceles y Valoraciones e , como fabricante, foi premiado en 24 exposicións españolas e estranxeiras ; obtendo a Cruz de Isabel la Católica e outras varias por distintos servizos.
A tempada de verán soe pasala na súa fermosa casa de campoo de Sárria ( Lugo ) na que D. Afonso XIII honrou a morada do Sr. Vázquez con ocasión das manobras militares verificadas en Bóveda.
Tamén formou parte da Comisión do Concello de Madrid que acompaño ao Rei na visita ao Presidente da República Francesa Mr. Loubet.
Na actualidade delicado de saúde non esquece a mada terra . nin aos galegos que precisan da súa atención e axuda"................................................................................................................................
En Sárria Venancio Vázquez López, da Familia Moreno, alzou "Villa Aurelia" ( actual sede da Sociedade A Unión e unha casa-hotel na Rúa do POrvir ( hoxe Rúa Marqués de ugena. No cemiteiro municipal construiu un maxestuso panteón."Villa Aurelia " foi visitada polo rei Afonso XIII que na galer´ia da casa foi homenaxeado pola familia e persoas destacadas da vila.
As videriras artística do ábside da capela maior da igerxa da Madalena ( Convento Mercedario ) foron doadas por el, fixo repetidas doazóns para axuda de familias necesitadas e concedeu premios para reses destacadas coa ocasión da creación da Feira do & ( 1890 ), se ben a mesquiña politica local os rexeitou e por iso encomendoulle ao pàrroco de Santa Mariña que repartise do diñeiro entre os pobres.
Cedeu o baixo da súa casa da Rúa do Porvir para sede do "Círculo de las Artes" que reunía aos elementos liberais da vila. Prestou decidida colaboración en xestións diante a admisntarción central para a consecución de melloras para a vila e conarca. E colaborou na promoción do Comité Local dos Exploradores de España ( Boy Scouts ) e na creación do Cine Salón.
*************************
32,- GREGORIO FERNÁNDEZ ( PAI ) .- Entallador autor do retábulo do altar maior da igrexa do Mosteiro da Madalena. Consérvanse imaxes da súa autoría : Santo Agostiño ( na igrexa do Convento da Mercé ) , e as de Santiago e Santa Catarina ( na igrexa de Santiago de Farbán )
*************************
33.- XOÁN DÍAZ DE GUITIÁN .- Beneficiado do Curato de San Salvador de Sárria. Fundóu a Sancristía de San Salvador de Sárria, a Tulla en beneficio dos pobres e a Obra Pía dos Gutiián para darlles dote a mozas pobres para casalas.
************************
34.- EVARISTO GAYOSO LOSADA
************************
35.- CASIANO PÉREZ-BATALLÓN
**************************
36.- XOSÉ MARIO GONZÁLEZ
Leva o seu nome o PAVILLÓN DE DEPORTES DO CHANTO
**************************
37.- CARMELA GONZÁLEZ RUIZ.-
**************************
Comentarios
Publicar un comentario