CONCELLO DE SÁRRIA ( 1870 )
CONCELLO DE SÁRRIA
ACORDOS CORPORATIVOS
Alcalde : XoséMacía de Neira
( 6 de xaneiro ).- Certificación de bens para un veciño de Vilapedre-
( 24 de febreiro ).- Obras na traseira da Casa do Concello para facer vivenda para o mestre da Escola Pública.- Pagan 98 escudos aos carpinteiros Antonio Caloto de Reboredo e Luis Tourón de Betote )
( 7 de abril )- Reiteran o acordo de investiren 1.771 escudos para ancheamento da Praza do Mercado, adquirindo a casa e terreo de a carón , propiedade de Xosefa Solance, viuva de Neira. Se non hai acordo tramitarán exprpiación.
( 28 de abril ).- Repartición dos impostos..- Antonio Valiña e Antonio Sampedro de Lier piden que se arranxe a Ponte de Barxela, no Camiño de Castelo,- Acordan que o secgredario do Concello, Antonio Vázquez Macía, asuma a recadación do imposto persoal.
( 7 de maio ).- Lectura dos boletíns oficiais.- Estudo do Proxecto do Orzamento municipal.
(.. 12 de maio ).- Fixación do Orzamento, xunto cos Asociados- Gastos: 2.432, 879 escudos. Ingresos: 4.588,408 escudos.
( 12 de maio ).- Chamamento para declaración de soldados.- Nomeamento da Xunta Pericial.- Francisco Suárez Teijjeiro, administrador de Alfonso Flórez, solicita información posesoria de fincas en Santiago de Farbán.-.
(22 de maio ).- Toma de posesión dos vogais eleitos para a Xunta de Asociados.
( 31 de maio ).- Votación definitiva do Orzamento: 12.671,108 escudos.
( 23 de xuño ).- Declarados 32 soldados. O Segredario e o Porteiro, Francisco Saco, reciben 4 escudos por día polo seu labor. O tallador recibe 8 escudos.- Fixación por prezos dos proutos a fectos das rendas do ano 1869.- Francisco Saco Quiroga, para alumeado do cárcers ( no ex Convento de Agostiños ), recibe 130 escudios.
( 7 de xullo ).- Respondendo a comunicación da Dieción Xeral de Instrución Publica, de 24 de xuño, que non quería modificaciós, acordan non modificar a supresión da praza de Axudante do Mestre da Escola Pública de Nenos.- Acordan a repartición do déficit municipal por parroquias,
( 1 de agosto ).- Revisión do estado de quintas.
( 7 de agosto ).- Fixan en 440 escudos a correción do Orzamento para restablecer as prazas de MÉDICO e CIRURXANO.- Sinalan 155 escudos para o Mestre, 120 para o seu Axudanet, 150 ducados para alumeado, 24 ducados para matadores de animais dañinos, 30 para chantar arboredo, 50 ducados para facer beirarrúas, 30 para forma votacións e 24 para o encargado do Reloxo Público.
( 12 de setembro ).- Sobre impostos.
( 13 de setembro ).- Sobre quintas.
Concello : Alcalde 1º.- Xosé Macía de Neira. Alcalde 2º.- Manuel de la Vegs. Conselleiros: Anxo Fernández Gallego, Antonio Macía de Neira, Antonio Peña , Xosé López Vázquez, Xoán Antonio Ulloa, Ramón Moreira,
Comentarios
Publicar un comentario