CONCELLO DE SÁRRIA ( 1872 )

                                                   CONCELLO DE SÁRRIA ( 1872 )

                                                      ACORDOS CORPORATIVOS

Alcalde Primeiro: Xosé Macía de Neira  Alcalde Segundo: Manuel de la Vega

( 18 de xaneiro ).- Denuncia por apropiación de camiño en Céltigos.- Dictame sobre a  casa  de Manuel dos Alvaredos , onde puxo tenda para venda de viños, polo  presente exercizo, e a efectos impositivos consideran está nos termos  da parroquia de San Fiz de Reimóndez.

( 1 de febreiro ).- CONSTITUCIÓN DO NOVO CONCELLO.-  Alcalde: Valentín Lois Cabañas.  Xoán Carreira, Laureano Álvarez, Nemesio Vidal, Xoá López Suárez, Martiño González,  Pedro López.- Xosé Somoza Díaz.- Antonio Balboa Sarmiento.- Xulio Rodríguez López.- Pedro Quintana.- Manuel López Camba.- Antonio Núñez, Antonio Grandas, Bieito de Arcos,  Pedro Xoán Díaz Goyane-s. Síndico:  Modesto  Lossda . O alcalde resultou elixido con 13 votos ao seu favor.- As sesións celbraranse os domingos  ás 10 da mañá. Designación de Antonio Vázquez Macía para expedición e  e recadación dos Sumarios  de  Cruzada e Indultos de Carne.

( 4 de febreiro ).- Designación de Alcaldes de Barrio. Formación de Comisións:  Abastos, Feiras e Mercados, Ornato, Obras Públicas, Camiños ; Instución Pública ;.- Confirmación do acordo de refacer a Ponte de Barxela, en Lier.

( 18 de febreiro ).- Decisión sobre o Mesón dos Alavredos, na Leira da Cruz, diante da presentación dun foro  do que consta que se pagaba renda ao igrexario de San Pedro de Froián, deducen que está dentro dos termos da parroquia de Albán.-  O párraco e os veciños de San Salvador do Mato denuncian que Pedro Xoán Díaz Goyanes se apropiou de terreo de monte común.-  Resolución das exclusións de Alcaldes de Barrio.- Concesión do prazo de tres días.para que  Bieito de Castro ( un balcón ), Manuel Fernández ( un balcón ), Manuel Barrio ( un balcón ), Xosé González Centeais ( un beirado ), Manuel Castiñeria ( unha escaleira exterior ) derruben os elementos que afectan ao ornato e seguridade da rúa pública. Antonio Barrio ten que facer desaparecr o balcón de pedra sostido con dúas colunnas grosas e a morea de pedras que garda baixo del. Contas da Escola, co mestre  Santiago Manuel Pan. Sinalan  o,50 pesetas por día para a tención de presos pobres.- Froilán Cabarcos denuncia a  María Rodríguez,  Manuel Fernández, Pedro Loureiro,  Castora Rodríguez,  Pedro Rivas e Xosé Monteagudo por venderen viño e non pagan matrícula.- Reclamación do  mestre polo impago de salarios,. Formación do alistamento.

(25 de febreiro ).- Orde de entrega de 0,50 pesetas como axuda para presos pobres.-- Xosé González reclama para non ter que tirar o beirado  da  porta lateral da súa casa, e resoven que xa fora requerido en 1869 e non presentara alegación.- Inclusiónde varios veciños nas listas de electores.

( 10 de marzo )  Supresión do imposto  de 1 peseta  en canado de viño e de augardante,. Fixación do salario do estre da Escola Publica de Nenos; 1,100 pesetas , casa, horta , horta e indemnización, Mestre axudante, Manuel Rivas, con 300 pesetas de solfo, ve suprimida a súa praza, porque á escola só asisten 30 neos da vila e de tres ou catro aprroquia limítrofes.- Vicenzo Barrigón abriu unha escola privada.

( 17 de marzo ) Eleccións para Deputados  e Compromisarios  da elección de Senador.- Sorteo de mozos de remprazo.

( 14 de abril ).- Anovación da Xunta Pericial.- 28, 50 pesetas para pagar doce letreiros indicadores de postos e colocación no Campo da Feira, 36.75 pesetas gastadas no arranxo de trece farois.- Arranxo do camiño do Cebreiro na Poza do Pividal ( perto do Carballal ). FEIRA DO MERCADO DA SERRA:  Modesto Losada propón que se cree unha nova feira o día 6 de cada mes, principiando a celebración no mes de maio.- Acordan poñerlle beirado á Casa do Concello para evitar as filtracións na fachada causadas polas augas que escorregan por ela. Acordan comezar a esplanación dos terreos para ampliación da Praza do Mercado, baixo da igrexa de Santa Mariña , antes de que as obras do ferrocarril encarezan o prezo dos xornaleiros.

( 21 de abril ).- Formación da Xunta Pericial.- As chuvias deterioraron o Camiño de Sárria a Quiroga na parroquia de San Sadurniño de Froián.

( 28 de abril ).- Formación da Xunta do Primeiro Ensino.-  Rectificación do alistamento.

( 5 de maio ).- Manuel Castiñeira resulta adxudicatario das obras da Praza do Mercado,. Tamén lle adxudican en 200 pesetas a obra de sustitució da cornixa da Casa do Concello e poñer beirado.

(  26 de maio ).- Acordan pagarlle a Manuel Castiñeira as obras de esplanación da Praza do Mercado.- O Coronel Comandante da Columna de Operacións destacada na vila pide que lle paguen 4 pesetas a  Antonio García por levar con urxenza un oficio a Lugo,. Destinan 75 pesetas para a a clebración do Corpus Christi, Festa Oficial do Concello, o día 30.-  Acordo sobre prófugos.-  Nomeamento dun apoderado do Concello para tramitación de asuntos en Madrid.

(  9 de xuño ).- Formación de Comisión para a redación de Ordenanza municipais.- Fixación de prestación persoal  con carro para poñer pasais na Poza do Pividal ( Camiño de Castela )  para os veciños de Calvor, Camiño e Vilar de Sárria.- Acordo de que o camiño baixe paralelo á Devesa  de Goyaanes  desde O Carballal á Poza do Pivifal, destinando ,.as xancias e gavias ou cerros que este leva a cabo, evitando o arrodeo que intenta   darlle ó camiño. Recomposición de paredes no Camiño de Quroga en San Sadurniño de Froiá.- Denucia dos veciños de Barbadelo polos apresor de leña noMonte de Lamalonga feitos por veciños de Meixente e Oroá,. Sobre prófugos,

(  16 de xuño ).- Orzamento.- 6.466,80 pesetas. Ingresos: 2.916, 25 pesetas.- Fixación de froitos de 1871 a efectos de pagamento de rendas.- O Alcalde acordou impoñer multas por non ter arranxado o camiño de San Sadurniño de Froián.

( 28 de xuño ).- Reunión conxunta do Concello e Asociados para aprobación do Orzamento.

( 30 de xuño ).-  Reunión da Xunta Municipal.-  Formación de Seccións.-  Socorros a transeúntes(  24,50 pesetas ).- Xoán Revilla, Capitán do Reximento de Infantería de Murcia de man de Pedro Pérez de Filloi  (  7,50 pesetas, 3,75 pesetas ). Ao Comandante  Franccisco Mafeu por oficios enviados a Lugo da man de  Francisco Saco ( 4 pesetas, 4 pesetas ).- Francisco Torres solicita licenza para facer unha casa na Horta de Santa Mariña,. Atrancan un camiño en San Pedro de Froián.-  A riada do 20 de xullo de 1870 levou a viga principal do Pontón da Lama de Saa e Vicenzo Guitián  colleuna, sinalan a obriga de repoñela.- O Mestre da Escola de Nenos  pide permiso de 20 a 30 días para ir aos baños.- Concden 20 pesetas para papel para o Rexistro Civil.

( 14 de xullo).-  Fixa a hora de celebración das sesións do Concello en xullo, agosto e setembro ás 8 da mañá. Matan carne dubidosa   Xos.e Monteagudo, Agostiño Díaz Goyanes  Melchora e Francisco Díaz Colomo ,. Manuel Saco Quiroga denuncia a Francisco Torres  por apropiación de camiño.- Non se acepta unha reclamación do Señor do Pazo de Láncara contra a fixación de prezos dos fritos.. Acordan  facer un ferrado patrón para medir cereais., unha medida de follalata de  11 anos e outra de 22 que -e o peso que ten o cuartillo neste Distrito., Francicsco Mabeuf, por mandar a Pedro Pérez de Filloi a Chantada con oficios ( 7,50 pesetas ) e  a Pedro Varela que foi ata As Nogais ( 6 pesetas ).

( 21 de xullo ),. Fixación dos cinco colexios electorais,., Acordo de modificación do "roll" de aloxamentos de militares nas casas da vila.- Xoán Díaz González, da Áspera, ao voltar de Madrid pide  ser alta no Padrón.

( 26 de xullo ),. Reunión da Xunta Municipal..

( 28 de xullo ).-  Titulo de representante do Concello en Madrid a favor de   Tomé María Bande.- Altas co censo electoral.

( 11 de agosto ).- Manuel Saco dí que o Torres se apropiou dun terzo da superficie para facer soar e dunha fonte onde bebía o gado, baixando para o Barrio da Duquesa. Tendo en conta a Lei 7, T 29,.da Partida que di "que as cousas do común non prescriben por menos de corenta anos ", e por ser parte interesda, inhibense  no relativo ao coñecemento da apropiación, e conceden licenza para facer a casa, Ratifican o nomemento do repesentante para tramitacións administrativas en Madrid.

( 15 de agosto ).- Aprobación definitiva do Orzamento,  coa Xunta Municipal.

( 18 de agosto ).- Destinan 250 pesetas para o aceite do alumeado do cárcere.-  CREACIÓN DA FEIRA DOS REMEDIOS; "  Tendo á vista a reclamación de  varios veciños do lugar de Cesár , expoñendo a conveniencia  da creación dunha feira mensual no lugar que se celebra a romaría dos Remedios, souto xunto á capela deste nome, nos termos da dita parroquia, " o Concello  acordou aceptar esa petición, e que na súa consecuencia  se inaugure a dita feirao día 8 do vindeiro setembro, continuando esta celebración o mesmo día de todos os meses  sucesivos , e que polo Señor Alcalde se anuncie  ao público a medio de circulares  e do BO da P, a fin de lle dar o posible desenvolvemento con notoias avantaxes  do país, o dito mercado  mensual",

( 29 de setembro ).- Consideración de seren pobres todos  aqueles que paguen menos de  5 pesetas  por contribución territorial ou cobren menos de 1 peseta en cada un día.- Adxudicación do alumeado publico da vila a Xosé Goyanes Ulloa en 322,50 pesetas.- O alumeado do Cárcere adxudícanllo a  Xosé Monteagudo Castro, en 250 pesetas,-CEMITERIO MUNICIPAL.- Tendo en conta o estado de abandono  en que se acha o cemiterio acordan que se cumpra o Regulamento de 10.01.1861, e crean unha comisión formada polo Alcalde, Laureano älvarez e o párraco Xosé Vaamonde .- Acordan acoller nun cuarto do ex Convento de Agostiños   á pobre de solemnidade  Antonia Vázquez, Rodríguez , veciña de Vilar de Sárria atendida por Xosefa Díaz con unha peseta por día.

( 27 de outubro ).- Estudo da reposición do déficit.

( 22 de novembro ),. Remprazo do Exército ( non é posible  a redención de prazas de soldado)

( 31 de novembro ).- Recepción de quintos. O Secretario cobra 10 pesetas,  Manuel María Rodríguez, 20 pesetasm, por tallalos en oito días, e  Francisco Saco .10 pesetas, por levalos a Lugo-

( 29 de decedmbro ).- Cesamento dos peóns camiñeiros provinciais.- Non se acepta facerse cargo da estrda do Mazadoiro á  Lamarrigueira.,- A atención da pobre Antonia Vázquez Rodriguez entre 25 de setembro e 26 de outubro  tivo un custe de  46 pesetas.

Comentarios

Publicacións populares