CONCELLO DE SÁRRIA ( 1881 )
CONCELLO DE SÁRRIA ( 1882 )
2º Semestre
ACORDOS CORPORATIVOS
( 1 de xullo ).- NOVOS CONCELLEIROS.- Manuel Vaamonde,Antonio Macía de Neira,Antonio Vázquez, Anxo Fernández Gallego,. André de Castro.- Manuel López Valcárcel.- Euxenio Álvarez , Pedro Rodríguez de Tribui, Camilo López de Teibalde , Laureano älvarez, Manuel Bieito González, Antonio Grandas. ALCALDE : Anxo Fernández Gallego, nomeado polo Ministro da Gobernación para o bienio 1881/1882, Primeiro Tenente de Alcalde: Xusto Macía Vaamonde, Segundo tenente de alcalde : Antonio Macía de Neira. Terceiro Tenente de Alcalde : André Castro Vázquez Rexedor Síndico : Xoán Carreira Gudín. Suplente : Manuel Vaamonde-
( 7 sw xullo ).-Nomeamento de Comisións.- Cofeción dos repartimentos de consumos, cereais e sal.-Subhasta do alumeado público, Adxudicatario , Xoán Díaz Castro ( 450 pesetas ).-Ocupación dun camiño en Louseiro.-.- Petición de exención de impostos pedida por veciños Vilarxoá, Chaos, Chelo, Quitá,, Lampazas, Trascastro e Vila de Robledo, en Samos, polo apedramento sufrido nas treboadas do 5 de agosto de 1880.- Alumeado do cárcere concedido a Xosé Monteagudo Castro, en 250 pesetas.-Nomeamento de pedáneos.
( 28 de xullo ).- TUNEL DO OURAL: O Gobernador Civil inspecionará as obras o 31 de xullo. Foi recibido na Estaación do ferrocarril con música e foguetes-- Saen ao chou os Vocais de repartición dos impostos.
( 4 de agosto ).- Estancias dos presos pobres : 45,50 pesetas.- Axuda a transeúntes : 8 pesetas.-Eleccións a Deputados a Cortes, colexios elecorias en Sárria, , Chorente e Corvelle,
( 11 de agosto ).- Nomeamento ao chou de Vocais Asociados.
( 18 de agosto ).- Aprobación dos valores dos froitos de 1880 aos efectos de pagamento de rendas.-
Fanega de trigo ( 13 pesetas ); Fanega de centeo ( 9 pesetas ); Fanega de orxo/cebada ( 5 pesetas ); Fanega de millo ( 8 pesetas ); Fanega de noces ( 10 pesetas ); Fabas brancas ( 12 pesetas ); Fabas raxadas (8 pesetas ); Fabas negras ( 6 pesetas );Avea ( 5 pesetas ); Castañas secas ( 12 pesetas ); Castañas verdes ( 4 pesetas ); Quintal de patacss ( 2,50 pesetas ); Porco cebado ( 40 pesetas ); Porco aberto ( 30 pesetas ); Un carneiro ( 3 pesetas ); Un cabirto ( 2 pesetas ); Unha galiña ( 1 peseta ) ; Unpolo ( 0,50 pesetas ); Unpar de capóns ( 3 pesetas ); Un canado de viño ( 6 pesetas ) ; Unha dúcea de anguías curadas ( 1 peseta ); Unhs dúcea de anguías frescas ( 9,75 pesetas ); Unha dúcea de ovos ( 0,25 pesetas );Unha libra de carne salgada ( 0,75 pesetas ); Unha libra de manteiga de vacas ( 0,75 pesetas );Libra de queixo ( O,75 pesetas );Libra de cera en entena ( 2,5 pesetas ); Un carro de herbs seca ( 15 pesetas ); Un carro de palla centea ( 12,5 pesetas ); Un carro de palla tria ou de cebada ( 10 pesetas ); liño en estriga ( 25 pesetas ); Arroba de la ( 37,50 pesetas ). Informe sobre as obras para refacer o Pontón de Santiago da Veiga.- Gastos da rfecepcón do Gobernador: 31 pesetas.
( 25 de agosto ).- Páganlles 20 pesetas aos "propios" que levaron a Lugo as actas dos resultados electorais.
( 2 de setembro ).- Remate da repartición de impostos.
( 8 de setembro ).- Gasto de agosto de axudas a presos pobres : $3 pesetas. Axudas a transeúntes : 9 pesetas.
( 15 de setembro ).- Acordo de que todas as reses se maten na Casa-Carnicería ( Matadoiro ) de a carón da Fonte Ribeira. Informe sobre o estado das pontes da vila. Reforzar tallamares e petrís na Ponte Vella , Ponte da Áspera e na Ponte Ribeira.. Na POnte Ribeira fan pintado das madeiras no espazo do caído arco principal e poñen unha estacada no río para defendela nas cheas do inverno.
(19 de sembro ).- Non houbo reclamacións pola imposición de Consumos.
( 22 de setembro ).- Pola condución de soldados a Lugo o comisionado cobrou 9 pesetas por día e o Segreadio 12,50 pesetas.
( 29 de setembro ).- Denuncia por facer unha esterquera nun camiño de Santo Antolín.- Nomeamento de Comisión.- Segredario acidental: Pedro Pérez Peñamaría.- Xoán Díaz, ecargado da reparación dos farois do alumeado público, cobrou 15 pesetas.. Axuda a presos pobres en setembto_ 133 pesetas. Axudas a transeúntes ; 25,50 pesetas.
( 13 de outubro ).- Revisión dos datos de bens de propios e outros.
( 16 de outubro ).- O 10 de outubro faleceu o Segredario do Concello, Antonio Vázquez Macía, Nomean como interino a Amadeo Msacía López, avogado. Formación do Inventario de Bens.
( 20 de outubro ).- Unha muller pobre, veciña de Guillade, pariu nun portal na vila de Sárria o día 16 , á coidadora gratificárona con 15 pesetas Entrega de soldados : 21 para o exército activo, 4 escedentes de cupo, 12 curtos de talla, 9 curtos hábiles para a reserva e 1 infantil.. Compran palla para encher os xergóns onde durmen os presor do cárcere.
( 27 de outubro ).- As obras do Pontón da Veiga faranse de conta o Orzamento Adicional. . Audeincia de parte polo Camiño do Mourillon a Santo Antolin.
( 3 de novembro ).- Comuicación aos pedáneos para que arranxen os camiños por roga dos veciños.- Fsn xira polas tendas para veren se nelas hai líquido inflamables. Axuda a presos pobres no mes de outubro: 174 pesetas. Axudas a transeúntes ; 20 pesetas.
( 10 de novembro ).- EXAMES NAS ESCOLAS PUBLICAS.- A Xunta Local de Instrución Pública convida aos veciós para que asistan aos exames dos escolantes sarriaos. Concesion de premios aos mási avantaxado.- Pagamento de rendas e censos da Obra Pía dos Hospitais de Santo Antón e San Láaro, chamamento aos debrdores para que poña ao día.- Requerimento a Domingos López Amado para qque repoña o muro de contención da estrada de Porrtomarín á Rúa Pública desfeita cunha serraría<
( 17 de novembro ).- Compra de un carro de lousa para o tellado da Casa do Mestre. Acordan a compra de mobles novos para a Casa do Concello. Arranxo dos canos da Rúa Principal, recebar con grixo o tranco comprehenddo entre a Escaleira da Fonte e a Estrada de Valdeorras.
( 24 de novembro ).- Ren de contas de 1878/79 e 1879/80. Conflito co Xuiz de Instrución sobre as axudas a presos pobres.- Manuel Rivas Goyanes cobra 50 pesetas por facer o Censo de 1869.
( 1 de decembro ).- Soledad Parlati, mestra da escola pública de nenas solicita aumento de soldo.- Axuda a presos pobres en novembro : 194 pesetas. Axuda a transeúntes : 17 pesetas.
( 15 de decembro ).- Papel para o Xulgado Municipal: 41,92 pesetas. Axuda a solados en Caixa ; 13 pesetas. A viuva do segredario falecido, Rita Aguilar, ecibe 158,75 pesetas. Os veciños de Arxevide néganse a contribuir ao arranxo da Ponte de Fafián.
( 22 de decembro ).- O Deputado Manuel Díaz de Freijo envía o proxecto do Camiño da Estación por Formigueiros ( hoxe Rúa da Estrela ). IGREXA DE SANTA MARIÑA.- " Por consecuecia do estado ruinos que mantén a Igrexa Parroquial de Santa Mariña, pechda xa para o culto en cuxo edificio están as máquinas do vello e o novo reloxo público, acordouse a instalación nos baixos destas Casas Consistoriais e por evitar o deterioro darlle un baño ou mistura de sebo, abonando o gasto da partida de imprevistos.
( 29 de decembro ).- Cano do Arrabaldo ( 3,50 pesetas ).- Gastos de oficina de novembro ( 250 pesetas ).- Farbán e Barbadelo para arranxo da Ponte da Rañoá.- Poñer beirarrúas na estrda do Mazadoiro a Lamarrigueira, na Calexa.- Prófugos: Pedro López, de Loureiro, e Bieito García Díaz, de Santa Mariña de Sárria..
Comentarios
Publicar un comentario