CONCELLO DE SÁRRIA ( 1885 )

                                 CONCELLO DE SÁRRIA ( 1885 )

                                      ACORDOS CORPORATIVOS

( 13 de xaneiro ).-  Manifestación do desexo de que asente en Sárria o Batallón de Reserva e Deposito e compromiso de correr  co gasto dos locais necesarios.

( 15 de xaneiro ).-  Formación dunha Comisión para recoller fondos para axudar aos pobos de Granada e  Málaga af3ctados por un forte terremoto.- O Concello aporta 50 pesetas. Ingreso dunha nena orfa de Seteventos  na Maternidade de Lugo ( 20 pesetas ).-Arranxo das rúas da vila.- Socorros a pobres transeúntes;  5 pesetas.- Para a Ponte de Santiago da Veiga: 300 pesetas.- Para a Ponte de Perros:  125 pesetas.- Necesidade de reparar os farois do alumeado público.

( 12 de febreiro ).- Proxecto de Orzamento adicioal.  Ingresos: 20.635,71 pesetas. Gastos: 13,949,94 pesetas. Renovación da metade da Xunta Pericils fr contribucións.-  Non houbo reclamacións contra a inclusión nas listas de compromisarios para as eleccións de Senadores.- Arranxo do camiño que vai da Estrada de Portomarín á de Nadela a Quiroga ( Corga de Vales ).- Poñen tres portas  na Casa Matadoiro, de a carón da Fonte Ribeira.  Oficio dirixido aos Alcaldes de Barrio sobre obriga  de facer prestación persoal un día de cada semana para o arranxo de camiños.

( 19 de febreiro ).-  Sárria capital da Zona Militar nº 68.- Acordo de ampliación do acuertelamento- A Casa Constorial ofrecida para a Caixa de Recluta.- Francisco Monteagudo pide baixa de catro meses por enfirmidade..  Adquisiciónde 6 camas completas  con dúas mantas para o cárcere.

( 5 de marzo ).- Comisionados para entrega de soldados nos cuarteis : Pedro Pérz Peñamaría (  12,50 pesetas día ), Francisco Saco ( 12 pesetas ).. Compra de camas para o Cárcere, a  Xosé Gayoso (  289,02 pesetas ) Arranxo dos paseos e lastrados das rúas (99,10 pesetas ).

( 19 de marzo ) .- Xosé Díaz Quiles  solicita licenza para refacer  a parte lateral da súa casa  polo lado que mira a San Salvador.- Convocatroi para prover en propiedade a praza de Segredario.- Adquisiicón de  novos  fsrois para o alumeado das rúas.-  Gastos feitos na casa de acuartelamento dos Batallóns de Reserva e Deposito ( Casa de Novoa na Praza da Constitución ): 32,65 pesetas.

(  9 de abril ).- Informe sobre camiño en Piñrits.- O contratista Xosé Xacobo Cabada  rrcibe  7.744,13 pesetas polsd obrsas de  acceso á Estación do ferrocarril ( hoxe Rúa da Estrela e camiño entre a Ponte Vella do Mazadoiro e a fachadas  da Estación.- Colocación porta vidreira na Casa do Concello: 21 pesetas.

( 16 de abril ).- Desinnación de concelleiros que deberán cesar.- Fixación de concelleiros a elixir  segundo os distgritos electorais :  Sárria ( 3 )  Vilar do Monte ( 3 )  A Aguiada ( 2 ) Rosende de  Ortoá ( 1 ) Amadro Macía pola entrega de mozos nos cuarteis de Lugo recibe 12,50 pesetas.- Expediente sobre o estado da estrada en Corvelle ( o deninciado denuncia tamén a un terceiro).- Nomeamento de Secretario Municipal a favor de Amador Nacía Lóprz, licenciado en dereito civil e canónico , parente en grao cuarto do alcalde e de dous concelleiros.

( 21 de maio ).- Reunión do Concellos e os Vocais Asociados.

( 28 de maio ).-   Autorización a  Xosé Díaz Quiles para facer casa na Rúa Principal ( Casa Capón de Arriba , na traseira da igrexa de San Salvador ).-  Porta con vidreira na Casa do Concello ( 50 pesetas )-Mesa de escritorio : 50 pesetas.- Entrega de soldados: 28,50 pesetas.- Por seis farois novos :  210 pesetas.

( 11 de xuño ).-  Orzamento ordinario. Gastos: 37.452, 16 pesetas. Ingresos : 5.834,12 pesetas. Necesidade de crear  dúaz praza de Sxentes Municipais ( agrgas ).- Creación da praza de encargado do reloxo público.- Recarga do 10 % riba da cota do Tesouro.- Gasto da Festa Oficial do Corpus Christi : 125 pesetas. Recepción provisoria das obras do camiño de acceso á Estación ( Rúa da Ezrela ) Antonio Pallares encargado de facer as portas da Casa Matadoiro.

( 30 de xuño ).-RELOXO PÚBLICO.- Acra de remate da instalación dun reloxo na torre da nova igrexa de Santa Mariña, en 2.498 pesetas, a Mariano Hoffer, de Maderid.-  Gasto do Camiño da Estación: 7.785,88 pesetas, Socorros a pobres transeúntes; 5,50 pesetas. Reparo de 14 farois do alumeado 35 pesetas.Recepción das portas do Matadoiro; 202,50 pesetas. Neste día pasa  o bispo de Lugo pola Estación, unha banda de música tocou na plataforma e tiraron " voadores".- Francisco Monteagudo pide 9 meses de prórroga do seu permiso, sen dereito a haberes.

( 1 de xullo ).- PSESIÓN DO NOVO CONCELLO.-  Alcalde: Anxo Fernández Gallego.- Concelleiros: Antonio Macía Cedrón , Manuel Vaamonde, Antonio Macía de Neira, André de Castro,  Xoán Carreira Gudín, Santiago Sarry Valcarce, Laureano Álvarez  Pereira. Euxenio Neira Solance, Camilo González Cabarcos,  Faustino Martínez López, Hilario Pombo Díaz, Manuel González Grandas.- Manuel Bieito González.. Pedro Rodríguez de Tribui.  Reuniós: Xoves ás 10 da mañá.

( 9 de xullo ).- Fixación Comisións.-  Ternas para a Xunta Local de Instrución Pública-

( 13 de xullo ).-EPIDEMIA.- Medidas  excepcionais diante da amesza  do cólera :  Practicar diariamente fumigacións na Estación do ferrocarril; Construción dunha caseta de madeira  e depsitar nela dúas apdilas e dúas tumbas . Para estas atención o industrial chocolateiro Matías Lórpz López deu 400 pesetas  e proimete dar máis se se necesitase,

( 16 de xullo ).- Manuel Rodríguez, de Santa Mariña de Sárria, pide licenza para facer  unha casa en Vales, na marxe esquerda da Estrada de Portomarín ( hoxe Rúa Marqué de Ugena), Manuel Fernández, de Barreiros de Oirtoá , pide licenza para facer unha casa.- Euxenio Álvarez solicita licenza para facer unha caseta no Camiño de Triacastela.- VALORES  fixados para o  pagamento de rendas de 1884. Fanega de trigo (  12  pesetas ), Fanega de centeo ( 7,50 pesetas ), Fanega de orxo/cebada ( 6 pesetas ).Fanega de millo ( 7,50 pesetas ).Fanega de noces ( 10 pesetas ).Fanega de fabas branas ( 12 pesetas ).Fanega de fabas raxadas (  10 pesetas ) Fanega de fabas negras (  5 pesetas ).Fanega  de avea ( 5 pesetas ).Fanega  de castañas secas ( 8 pesetas ).Fanega de castañas  verdes ( 3 pesetas ). Un quintal de patacs ( 2,50 pesetas ). Un porco cebado ( 40 pesetas ). Un porco aberto ( 30 pesetas ).Un carneiro ( 5 pesetas ).Un cabirto ( 3 pesetas ).Unha galiña ( 1,25 pesetas ).Un polo ( 0,50 pesetas ). Un par de capóns ( 4 pesetas ). Un canado de viño ( 17 pesetas ) Unha dúcea de anguías curadas (  1 peseta ). Unha dúcea de anguías frescas (  1 peseta ) Unha dúcea de anguías frescas ( 0,75 pesetas ). Unha dúcea de ovos ( 0.37 pesetas ).Unha libra de carne de porco ( 0,75 pesetas ). Unha libra de manteiga de vacas ( 0,75 pesetas ).Unha libra de queixo ( 0.75 pesetas ).Unha libra de cera en entena ( 2 pesetas ).Un carro de herba seca (  15 pesetas ).Un carro de palla centea ( 12,50 pesetas ).Un carro de palla triga e cebada ( 10 pesetas ). Unha arroba de liño ( 25 pesetas ). Unha arroba de la ( 37,50 pesetas ).  Denuncia de  varios veciños  para que Xoán Díaz Castro desfaga o forno  que alzou ns Travesa da Igrexa, e que os demási forneiros tomen precaucións para evitaren incendios-

( 23 de xullo ).-  División dos colexios para o sorteo de Vocais Asociados. Prezo máximo do sal: 2,50 pesetas.o quintal, e o rematante dberá garantir   un remanente diario de 300 quintais.- Informe da Xunta de Sanidade.- Informe da Comisión de Facenda : Na vila  celébase unha feira mensual ( o 20 ) e un mercado semanal ( os domingos ). CREACIÓN  DUN CORTO ARMADO DE GARDAS MUNICIPAIS.- CAPELA DO CEMITERIO :  O Alcalde Presidente e un concelleiro  votan en contra do informe de construción dunha capela no Cemiteio dotaad  con 550 pesetas.  Bernardo Rodríguez Romay  constrúe o caseto de madeira da Estación  para as fumigacións  polo cólera,

( 6 de agosto ).- Alistaemnto de mozos.

( 9 de agosto ).- Alistamento de mozos para o Exército.

( 23 de agosto ).- Clasificación e declaración de soldados.

( 24   de agosto ).- Continuación da operación clasificatoria.

( 25 de agosto ).-  Continuacióm,

(  29 de  GOSTO ).- Elección ao chou de Vocais Asociados . Peche do alistamento,

( 10 de setembro ).- Construción dunha casa no Souto do Morelle, no Camiño de Triacastela, San Mamede do Camiño. Informe do Director de Camiños Provinciais  sobre casa en Barrieors, peche de finca en San Lázaro, e casa en Sárria na Cortiña da Carnicería , de Pedro Xoán Díaz Goyanes,, de San Salvador do Mato, a carón da de Pedro Rivas.-Casa de un baixo e un andar en Vales, no quilómetro un da estrada de Portomarín, de Manuel Rodríguez.-  Cambio dun camiño en Santa María da Pena.-  Informe sobre os FORNOS  : alta peligrosidade polo incremento que tomaron na vila, hai cortes nos mesmo locais, reducudos, instalados con ifraión da lei. Proibición de funcionamento  dos de Antonia Castiñeira  e Xoán Díaz de Castro; o de María de Castro, alias "Maruxa "poderá ser autorizado con reformas. Como os panaderiis da vila son pobres propoñen facer unha suscrición  para facer fornos novos- Petición de respeto a unha servidume no Camiño da Estación- Liquidación de cédulas persoasi: 1.845,56 pesetas.

( 15 de setembro).- Remate da clasificación dos mozos das quintas-

( 24 de setembro).- Xunta extraordinaria  para cubrir dous postos de Vocass Asociados. Ordinaria:  Subhasta para subministro de aceite para o alumeado  do Cárcere do Partido : 250 pesetas, a favor de Xosé Monteagudo Castro..Colocación de farois do alumeado na Ponte Ribeira, fronte a Santa Mariña e diante da casa de  Manusl Díaz dc Freijo.

( 1 de outubro).- Adxudicación do arrendamento do sal a Xesús Carreira Carrete en 2.713 peseta.Xosé Díaz solicita aumento  dun pozo na estrad de Nadela a Quiriga.-  A caseta de fumigacións tivo un custe de  335 pesetas.- Os vendedores de viño pagarán  500 pesetas por Consumos.- Gastos de oficina : 367 pesetas, Atención a pobres transeúnte, no primeiro trimsetre:  10 pesetas.

( 29 de  outubro ).- CEMITERIO.- Caída de 18 metros do muro do cemiterio por causa das inetnsas dhuvias .- Desinfectantes e fumigacións polo cólera, pagan ao boticario Antonio Peña464 pesetas- O Coronel Xefe da  Zona militar solicta o arranxo  dos baixos da Casa do Concello para   Xunta de Clasificación.- Dan 40 pesetas a cada un dos facultativos  polas atencións derivadas do cólera.- E 30 pesetas ao porterio do Concello e outras 30 pesetas  a Pedro Rigueuro, de San Lázro ( Maside ).-  Polo alumeado publico Xoán Díaz Castro recibe  675 pesetas. RELOXIO PUBLICO: O señor Haffer, de Madrid instala na torre da nova igrexa de Santa Mariña o novo reloxo publico, propiedsde do Concello de Sárria. 

( 5 sw novembro ).- Anxo Somoza Somoza, da Casa Furela, do Barrio da Ponte Vella do Mazadoiro ( hoxe Rúa da Estrela ) reclama pola variación do camiño de entreda á Estación do tren pola Ponte ., pedindo a suspensión so acordo- Sobre camiños en Calvor e Céltigos.- Sugministro de material para  a Caixa de Recluta da vila de Sárria-

( 12 de novembro)-  Xunta Repartidora de Consumos-- Houbo tres reclamacións de Sárria e outra de Manuel Rivas Goyanes.

( 26 de novembro). - Obras no baixo da Casa do Concello. 248 pesetas,

( 3 de decembro).- ( 10 de decembro ).- Arranxo do muro noroeste do Cemiterio Municipal:  220,75 pesetas.-

( 17 de decembro).- Novo Orzamento, por non s er aprobado polo Gobernador Civil o anterior. Gastos :34.122,12 pesetas. Ingresos:  34,123,99 pesetas.

( 31   de decembro).-  Declaración de prófugo de  Manuel Monteagudo Arias.- Ao Xuiz Municipal, pregos de papel (42,02 pesetas ). Socorros do segundo semestre (   650  pesetas ). Páganlle  a Manuel Valcárcel Casrro,  de San Lázo, 100 pesetas por facer 1000 bolas  para o Sorteo de Quintas.- 20 pesetas ao follalateiro sarriao Luid Salgado Uría por facer os globos para o sorteo,. Agasallo dun xanatr aos que interviñeron no  sorteo: 20 pesetas.- Mesa de oficina: 37 pesetas.


Comentarios

Publicacións populares