CONCELLO DE SÁRRIA ( 1875 )

                                             CONCELLO DE  SÁRRIA 

                                          ACORDOS CORPORATIVOS

( 3 de xaneiro ).-  REINST.AURACIÓN DA MONARQUÍA.- Pronunciamento do Concello  en apoio á "Nova Dinastía de AlfonsoXII" e ao Ministerio de Rexenza.

( 10 de xaneiro ).-  Presi.- de Xoán Carreira-  Falecido  o cirurxano  o 28.11.1874 nomean  a Valentin Lois Cabañas cun soldo de 550 pesetas.-Xosé Gayoso Arias solicita autorización para facer unha rampla desde a rúa publica ao patio da súa casa ( Casa de Marzán ). 

( 24  de xaneiro ) Preside Xoán Carreira. CELEBRACIÓN  DA RESTAURACIÓN :  O día 25 , Misa e Tedeum na igrexa de San Salvador, e festexos, luminarias, cucañas, globo aerostático e fogos artificiais.

( 7 de febreiro ).-  Preside Xoán Carreira.  162 pesetas , gasto da Festa de Proclamación de Alfonso XII

( 11 de febreiro ).- Alistamento de mozos.

(  28 de febreiro ).- Obra da Praza do MercadO: 351 pesetas.

(  7 de marzo ).-  Acordo sobre o Monte de Lagoela en Santa María de Vilamaior.

(  14 de marzo ).-  As parroquias de  San Xoán de Lóuzra, San Cristovo de Lóuzara , San Lourenzo de Vilarxoán  e Santa María de Foilebar  pediron formar Concello propio. O Concello de Sárria informa que  non hai csusa que xustifique esa pretensión-

(  21 de marzo ),. Sobre Quintas.

( 4 de abril ).- Sobre Quintas.

( 18 de abril ),.- Solicitude  de amillaramento de fincas.

( 2 de maio ).- Manuel Saco Quiroga  pide licenza  para facer  unha casa no patio da súa casa, fronte á Praza do Mercado, onde se instalará o Casino de Sárria.- Entrega de quintos en Lugo. 

( 9 de maio ).-  Manuel Díaz de  Freijo pide pechar con muro e poñer unha porta na horta que ten entre a horta  de Xoán Antonio Ulloa  e a estrda de Portomarín.

(  23 de maio ).- Sobre Quintas. Acordan rebaixar 30  centímetros a Rúa Principal entre a casa de Euxenio Neira Solance ( Casa de Neira ) e a Igrexa ( vella ) de Santa Mariña.- Casa  de Francisco Barrio, porque xa rematan as obras da Rúa do Murallón.

(  15 de xuño ).- Encabezamento do imposto de consumos.- Xunta Munipal.- Sobre Quintas.- Fixazón dos prezos dos froitos de 1874 a efectos de rendas.

(  16 de xuño ).- Reunión concelleiros e Asociados.

( 27 de xuño ).- Acordo sobre obras na Rúa Principal.- Axudas a pobres (  17,75 pesetas ).- Valixa do Concello- Valixeiro a Lugo e outros puntos ( 45 pesetas ).- Papel para o Rexistro Civil (  30 pesetas ).- Festa de Corpus, oficial do Concello, o 27. de maio (  30,25 pesetas ) Sobre ocupación de camiño en San Sadurniño de Ferreiros.- Xunta Pericial.  Sobre o Monte de Bade e os veciños de Bade.- BIBLIOTECA ;  O carreteiro Xoán Gómez, de Monseiro,  trouxo desde Madir  4 arrobas de libros, nun caixón, concedido polo Ministerio de Fomento ( volumes da Biblioteca Popular ) para  Escola Publica de Nenos ( 11 pesetas polo porte ).- A Xosé Macía, do Comrzo ( 20 pesetas para papel do Rexistgro Civil).- Orzamento adicinal.

( 4 de xullo ).- Sobre recargas  nos impostos.

( 18 de xullo ).-  375 pesetas para aceite do alumeado público ( suminstrador,  Goyanes ) Aceite para o alumeado do Cárcer,  250 pesetas ( contratista, Antonio García ); Lavado da roupa dos presos ( María Xosefa Quiroga, 54 pesetas )

( 6 de agosto ).- Xunta Municipal.

( 8 de agosto ).- Asunción Troncos, veciña de Manán, reclama contra o desterro a Porto ( Portugal ) do seu marido Manuel Lóprz Camba,  que xa non se achaba nas fieiras carlistas.- Empadroamento.

( 22 de agsto ),. Chamada de 100.000 homes ao servizo de armas.

( 11 de setembro ).- POSESIÓN DO NOVO CONCELLO.- Alcalde : Antonio Macía de Neira- Concelleiros: Anxo Fernández Gallego,  Xusto Macía Vaamonde,  Xosé Fernández Monteagudo,  Manuel Vega  Aud,  Xosé García Santalla ( Síndico ).  Euxenio ´ Álvarez López, Xoán López Suárez ,Manuel López Valcarce, André de Castro  Vázquez, Xosé Somoza Díaz, Pedro Sánchez Prado, Xoán López Hermida, Antonio Vázquez López, Xosé García Valladares, Xosé López de Escarlán, Lourenzo Vazquez. Frutuoso Rodriguez.

( 16 de setembro ).- Fixación de sesións para os xoves, ás 9 da mañà.-  Comisións; Orzamentos. Policía Urbana, Rural, Obras Publicas, Matadoiro, Abastos, Feira e Mercados, Cemiteiro.

( 23 de setembro ).- Empedrado da Rúa Principal á altura da Igrexa de Santa Mariña ( a vella )

( 25 de setembro ).- Alistamento de mozos.

( 30 de setembro ).-Chamamento a Quintas.- Encabezamento de consumos.-  Incedndio na casa de Francisco Fernández, en Vilei ( Barbadelo )

( 7 de outubro ).- Acordan  que o sobrestante  de Sárria Xosé López de Rego prepare o proxecto de acondicionamento da Rúa do Murallón.

( 23 de outubro ).- Quintas.- Novos electores.

( 11 de novembro ).- Quintas.- Arranxo de camiños.

( 25 de novembro ).- Sobre arranxo do paso ou porto do Pividal, no Camiño de Castela, pasado O Carballal.- 275,58 pesetas  para arranxos na Praza do Mercado.- 783,12 pesetas para a Rúa do Murallón. O mestre segundo da escola de padroado de Moindín, que ademáis é cura de Santa María de Lier, presenta reclación polo imposto de consumos.

( 9 de decembro ).- Xoaquín Vera Vera contratista das obras  da Rúa do Murallón comprométese a facelas en 725 pesetas.- CEMITERIO. MUNICIPAL.- Concesión de construción de 21 nichos, a perpetuidade, solicitada por Euxenio Neira Solance , Antonio Buján e outros veciños podentes da vila. PRAZA DO MERCADO.-  Acordan facer un cano para levar auga á PIA da Rúa do Murallón e facer un pzo, e poñer estribo de remate  , aproban o pagamento das obras.

( 30 de decembro ).-  Acordo de tirar polo pé  un castiñeiro que dificulta o paso nun camiño de Santa María da Pena.- Mercan 1.500 pregos de papel para os libros do Rexistro Civil.- Adquisición du selo municipal en bronce.

Comentarios

Publicacións populares