CONCELLO DE SÁRRIA ( 1898 )
CONCELLO DE SÁRRIA ( 1898 )
ACORDOS CORPORATIVOS
Alcalde: Camilo González Cabarcos
( 1 de xaneiro ).- Reunión preparatorio da elección de Senadores-
( 3 de xaneiro ).-Formación de listado de concelleiros ( 18 ).- Camilo González Cabarcos, Anxo Fernández Gallego,Víctor Castro López,Antonio López Díaz,Martiño Vázquez de Liz.-Xoán Manuel Somoza García, Xerardo Macía López.-Xoán Xosé Rivera López.-Francisco Sánchez López.- Cándido Xusto López López.-Xosé López Vaamonde Manuel Díaz Gutián, Francisco Paz López,Antonio Sánchez Teijelo, Luciano Macía de la Vega.- Santiago Sarry Valcarce, Modesto Rivas Viñas, Antonio Díaz Pérez,. Formació da lista de Maiores Contribuintes.
( 8 de xaneiro )- ( Non se celebrou )
( 10 de xaneiro ).- Alistamento de 148 reclutas.
( 10 de xaneiro ).- Otrdinaria ( Non se celebrou )
( 17 de xaneiro )- Non se celebrou.
( 24 de xaneiro ).- Non se celebrou.
( 30 de xaneiro).- Acta de rectificación do alistamento.
( 31 de xaneiro ).- ( Non se celebrou ).
( 7 de febreiro).- ( Non ae celebrou ).
(12 de febreiro ).- Sobre Quintas.
( 13 de febreiro ).- Acto de sorteo de quintos.
( 23 de febreiro ).- Quintas.- Benigno Quiroga expón que se resolveu o expedeinte de excepción de desamortrización de montes , e que se fai preciso presentar novo expedeinte consonte coa Lei de 8 de maio de 1888. O Concello acorda darlle as grazas pola xestión,. Xosé Fernández López, de San Sadurniño de Froián, perdeu unha perna cortada polo tren, e o Concello pagoulle un cuarto na casa de Antonio Pardo, de San Lázaro, por orde do Xuiz.. Xoán Manuel Somoza García , representante na Xunta Carceraria.- Eduardo Torres solcita licenza para refacer unha casa na Travesa da Igrexa.- Contas das cédulas persoais.- Conta do notario Xoán López Acevedo por escritura de arrendamento dos dereitos de aloois e de outra de Antonio Buján polo deoñosito do sal.- Conta de Froilán Cabarcos por obras de arranxo na casa número 4 da Praza da Constitución, que foi oficina de Correos. e Telégrafos ( 7,50 pesetas ). Ensanche do CAMPO DA FEIRA: Declración de utilidade publica. Non prospera o recurso de Francisco Loureiro ( Ferreiró). Gratificación de 125 pesetas á mestra de Tremeado María Xosefa Laurel ( non utilizab o apelido familiar "Loureiro" ) tamén da familia Ferreiró-.
( 6 de marzo ).- Encargan a talla dos quintos a Francisco Saco Quiroga.- Sobre Quintas
( 7 de marzo ),. Sobre Quintas.C
( 14 de marzo).- ( Non se celebrou )
( 17 de marzo).- ( Non se celebro u )
( 19 de marzo ).- Designación dos locais para os colexios electorais ( Eleccións de procuradores en Cortes ): Casa Consistorial.- Casa dos Sánchez de Cedrón en Piñeira.- Casa Rectoral de San Pedro de Froián.- Casa dos Fernández de Barrieros, en Ortoá.- Casa de Pérez de Corvelle
( 21 de marzo ).- Sobre Quintas.Sobre remprazos de 1895, 2896 e 1897
( 27 de abril).-
( 7 de maio ).- ( Non se celebrou )
( 9 de maio ).- Sobre Quintas, Sobre remprazos de 1895, 1896 e 1897,
( 18 de maio ).- Exclusión da sorte de soldado Luis Neira Macía por escrufuloso: Montes exceptuados de desamortización. ARXEMIL: Santa Cristiña, Serra do Broco e Xaneiras. BARBADELO: Lamalonga e Pardiñeiro. BELANTE: Chao de Domiz. BETOTE: San Cibrao e Travesa de Santa Cristiña. BIVILLE: San Marco. CESAR ; Vigueiro. CORVELLE: Lamalonga.A CHANCA: A Valiña. CHORENTE: Cotarelo, SAN PEDRO DE FROIÁN; A Valiña. GOIÁN: Chao dos Pozos, Miateira, Vacariza de Lama de Caque e Penas de Aguieira. LOUSADELA: Monte do Conde.MASIDE: Lsma de Espiño, Xaneiras e Penagache. SAN SALVADORT DO MATO: Mato. MEIXENTE:Lama de Caque. NESPEREIRA: Rigueiral, Cabántigo, Cotarelo e Rañoá. ORTOÁ: Lodeiro.SANTO ANDRÉ DE PARADELA: Tras do Agro, A Bouza, Pardiñeiro e Río Seco. A PINZA: Cotariño. REIMÓNDEZ : A Valiña.REQUEIXO. Santa Cristiña. SANTO ANTOLIN: Rego do Bouzallo. SETEVENTOS : Fondón. SAN XULIÁN DA VEIGA: Ouzal ou Morelle SANTIAGO DA VEIGA : Rexidoira. VILAR: Monte do Conde e Lamas de Fontaíña. VILAMAIOR : Esperela, Gandarela, Cabántigo, Lagoela, Lama de Paderne. SAN MIGUEL DE VILAPEDRE: Lagoela e Alberque.. Sobre Quintas.- Licenza a Xo-an López Acevedo para facer unha leñeira.- Posto de carteiro peatón entre a Estación e a Vila cun soldo de 200 pesetas.- 49 pesetas concedidas ao Montepío da Garda Civil para axuda de orfos.- A Ponte do Camiño da Veiga a Fonteabuín está intransitable.- Adquisición de embutidos enveleñados para matar cans como remedio contra a hidrofobia.- Euxenio Alavrez ocupa a Corga de Vales cun muro, e ordean que o retire.-Pedro Monteagudo Loureiro pide licenza para facer unha casa na rúa Bednigno Quroga, entre a de Manuel Rivas Goaynes e a de Xosé Varela López.- Eduardo Iglesias e Xosé Sñanchez piden licenza para facer casss na Aira da Pedreira . Eleccións para Deputados e Senadores o 27 de marzo e o 17 de abril: 100 pesetas. Páganlle a Franciusco Saco pola talla dos quintos 25 pesetas e outras 30 pesetas por reparar, cernar e estacar as árbores . Os escribentes tempreiros cobran 450 pesetas. Para o enterro da pobre María Rodríguez dan 15,35 pesetas, A Francisco Casbarcos, por mobiliario para o Xulgado, danlle 63,70 pesetas. Acordo de recadación de Consumos.
( 1 de xuño ).- Sobre Quintas. Orzamento:77.034, 65 pesetas. GUERRAS DE CUBA E FILIPINAS:" Tendo en conta as aciagas excepcionais circunstancias polas que pasa a Nación , e que aconsellan a supresión de toda ocasión de regocixo, acórdase limitar a festividade do Corpus Christi este ano, á festa relixiosa.-O mestre carpinteiro, Euxenio Lóepz Díaz, da Vila, cobra 100 pesetas por arrnaxos na Secretaría,Luis Saby, residente na Vila, por pintar ao óleo o teito, friso e portas da Secretaría recibiu 50 pesetas.- Socorros a quintos: 125 pesetas. Xosé Antonio Gayoso cobra 161 pe3setqas por peza dunha farola do alumeado, 341 pesetas polo gasto do alumeado e 188 pesetas por aceite, petróleo, etc.. Nomean a Cayo Pérez González e David García Jul escribentes tempreiros.
( 16 de xullo ).- ( Non se celebrou )
( 25 de xullo ).- ( Non se celebrou)
( 27 de xullo ).- Xunta Municipal.- Sobre Quintas.
( 10 de agosto ).- Falecemento do concelleiro Xoán Xosé Rivera López.- Distribución normal de fondos: A viuva de Antonio Peña, Estrela López, por medicamentos a pobres : 100 pesetas. A presos enfermos, desinfeción do Cárcere e embutios enveleñados: 25 pesetas, A Xosé Gayoso, por petróleo, 174,95 pesetas e por alumeado 52,15 pesetas.
( 31 de agosto ).- Sorteo para membros da Xunta Munipal de AmillaramentoElección de catro deputados provincias polo Distgrito Sárria -- Chtantada , con fixación de mesas. Axudas domiciliarias a 12 pobres, 7 a razón de 5 pesetas e o resto de 10 pesetas.- Recadación de consumos. Subhasta de alumeado e mata..
( 10 de outubro ).- ( Non se celebrou )
( 12 de outubro ).- Ramón Armesto, da Aguiada, interrompe o camiño con leña.- CEMITERIO: Acordan amplialos con 942 m/2 da finca dos Herdeiros de Aquilino Lois Cabañas, por expropiación.- Cédulas persoais.- Socorros de 10 pesetas a dous pobres da vila.- Calamidades: A Felipe Villanueva Golás , de Fonteabuin , ardeulle a casa o 10 de fefreiro e axúdano con 30 pesetas.- Fixación do valor oficial dos produtos ( rendas ). Expedeinte de subministro de aceite para o alumeado do cárcere a favor de Antonio Díaz Rivas.
( 21 de novembro ).-Non se celebrou )
( 23 de novembro ).- VOLTA DA GUERRA DE CUBA: Psra mitigar a sede dos soldados repatriados do distrito de Santiago, que voltaban de Cubs, pagárolle a Xosefa Vázquez , @ "Cañixa", de Arxemil, 30 pesetas por ofrecerlles auga na Estación do tren.- Ao soldado repatriado Xosé Porto Cuba, de San Fiz de Vilapedrre, enfermo e sen recuros, danlle 15 pesets. Rwequerimento ao Axente Executivo Antonio López Castiñeira para que renda contas.-
( 26 de decembro ).- ( Non se celebrou )
( 28 de decembro ).- Non se presentou ninguén á subhasta da mata no Matadoiro
Comentarios
Publicar un comentario