CONCELLO DE SÁRRIA (1887 )
CONCELLO DE SÁRRIA ( 1887 )
ACORDOS CORPORATIVOS
CASA DO CONCELLO , na Rúa Maior 1
( 1 de xaneiro ).- Formación da lista de Vocais Asociados .
( 13 de xaneiro ).-Solicitude de arranxo dos camiños interiores de Céltigos. Socorros a pobres transeúntes : 14 pesetas.- Aparello de ferro para tallar quintos:140,70 pesetas.-Material de oficina: 219 pesetas. Fondos : Beneficencia: 20 pesetas, Corrección Pública ( Cárcere ): 250 pesetas. Cargas : 4.000 pesetas Total: 4.470 pesetas.
( 27 de xaneiro ).-Definitiva lista para elección de Senadores.-Lista electoral para cargos municipais,
( 11 de febreiro ).-Administrador interino de Rendas Estancadas : Plácido Ulloa López.
( 24 de febreiro).- Reunión da Xunta Carceraria.- CAMPO DA FEIRA.- Xosé Toural Vales, na Leira do Barredo, deixa unha franxa de 3,10 metros de largo para facer alpendres.
( 27 de marzo ).-Lectura de circulares.- Instancias de Xosé Díaz Quiles e Xoán López Figueroa que queren facer casas baixo de San Salvador e nos Esqueiredos.- Francisco Vázquez Castiñeira pretende facer unha casa no quilómetro 1 da estrada de Portomarín.- Solicitude de arranxo da ponte de Lezoce-Manán.- Solicitude de arranxo do camiño que dende a estrada de Portomarín ( Ponte de San Lázaro ) vai á plataforma de descarga de mercancías na Estación.- Subhasta dos arranxos na Praza do Mercado. Gastos do Concello: 1.500 pesetas.- Policía Urbana: 243,73 pesetas.- Corrrección Pública ( Cárcere ) 800 pesetas.- Cargas : 3.109,25 pesetas. Total: 5.653 pesetas.
( 31 de marzo ).- Xunta de Vocais Asociados.- Tócalles cesar á metade dos concelleiros, máis outros dous.- Colexio de Sárria: 3 concelleiros.Colexio de Rosende de Ortoá: 2 concelleiros. Colexio de Tosal; 3 Concelleiros. Colexio da Aguiada: 1 concelleiro. Colexio de Vilar do Monte: 2 concelleiros- Nomeamento de vogais asociados.- Licenzas de obras:Xosé Díaz Quiles,Xoán López Figuedroa-
( 5 de abril).- Sobre repartición de Consumos.
( 14 de abril ).- Comisionado para levar os soldados de quintas a Lugo, o oficial primeiro , Peñamaría, a razón de 12,50 pesetas por día. Adxudicación a Francisco Váxquez Castiñeira das obras de rectificación da Praza do Mercado, a carón da igrexa nova de Santa Mariña: 1.030 pesetas.
( 21 de abril).- Formación da comisión de recepción e festexos con ocasión da visita do bispo de Lugo á vila- O día 19 de marzo faleceu o escribente Francisco Monteagudo e o Concello correu co gasto do enterro.Escribente interino: Xerardo Macía López.
( 28 de abril).- Lista de Vogais Asociados.-A Ramón Guitián Franco, polos gastos de recepción do bispo déronlle 63 pesetas.-Funeral do escribente: 162,25 pesetas.-Material de oficina; 229,85 pesetas.- Socorros a pobres transeúntes: 7 pesetas.- Déronlle 1 peseta diaria a un veciño do Mato que recolleu na súa casa unha muller pordioseira mentres non a levaron a unha institución de acollida.- Gastos do Concello: 100 pesetas.- Corrección Pública ( Cárcere ): 200 pesetas.Cargas: 1.000 pesetas. Total: 13.000 pesetas,. Desestimación do recurso de Pedro Loureiro ( Ferreiró).
( 6 de maio ).-Comisionado da levanza de quintos a Lugo, 12,50 pesetas ( Peñamaría )
( 12 de maio ).-Licencia pedida por Xosé Vázquez Pereira para unha casa na Cortiña da Porta, quilómetro 25 da estrada de Valdeorras.- Xoán Cabarcos Laurel por abrir dous ocos para portas , arranxo de solo e teito da Casa-Matadoiro, feitas por administración.- Portas vidreiras na Segredaría para poñer andeis, encarga feita ao carpinteiro Froilán Cabarcos.- Gastos do Concello: 367,50 pesetas. Beneficencia : 7 pesetas, Corrección Pública ( Cárcere ): 300 pesetas. Cargas: 40 pesetas. Imprevistos: 225,25 pesetas.
( 2 de xuño ).- Orzamento adicional.Gastos: 1.134 pesetas. Ingresos : 13.611,34 pesetas, Orzamento Ordinario: Gastos:36.776,84 pesetas. Ingresos:8.373,32 pesetas. Fixación de recargas.- Gasto da talla dos mozos: 17,50 pesetas. Gastos do mes.- Concello: 2.070 pesetas Policía Urbana: 259 pesetas. Beneficencia :: 47 pesetas,, Corrección Pública (Cárcere ) 1.599 pesetas,Cargas: 4.799 pesetas. Obras para construcción. 1.030 pesetas, Imprevistos: 350 pesetas.
( 22 de xuño ).- Reunión conxunta cos Vogais Asociados, Fixación de tipos e recargas . Os mesmos cos do ano anterior , 2 / 5 no radio e 3/ 5 no estrarradio
( 30 de xuño ).- Autorización do peche do Prado das Insuas de Euxenio de Neira Solance.- Rectificación do enreixado do Adro de Santa Mariña, colocando enganches de ferro Devolución a Hoffer da fianza posta polo novo reloxo colocado na torre de Santa Mariña. Festa do Corpus Christi: 122,38 pesetas.- Material de oficina: 279 pesetas, Gastos de arranxo dos farois: 25 pesetas. Arranxos no Matadoiro: 275 pesetas. Vidreiras e andeis : 125 pesetas.
( 1 de xullo ).- NOVO CONCELLO-
Alcalde.- EUXENIO DE NEIRA SOLANCE.-
( 7 de xullo ).- Comisións.- Facenda e Orzamentos.- Policía Rural , Urbana e Obras Pública, Hixiebe, Matadoiro e Abastos.- Beneficencia.- Feiras e Mercados.- Cemiterios.-
Fixación do Valor dos Froitos de 1886 a efectos de pagamento de rendas: Fanega de trigo ( 15 pesetas ) Fanega de centeo ( 10 pesetas ) Fanega de orxo/cebada Fanega de millo ( 8 pesetas ) Fanega de noces ( 9 pesetas ) Fanrea de fasbas brancas ( 10 pesetas ) Fanega fabas roxas ( 8 pesetas ) Fanega fabas negras ( 5 pesetas )Fanega castañas secas ( 12 pesetas ) Fanega castañas verdes ( 4 pesetas ) Fanega de avea (5 pesetas )Canado de viño (8 pesetas ) Un porco cebado ( 35 pesetas )Porco aberto ( 25 pesetas ) Un carneiro ( 4 pesetas ) Un cabirto ( 4,50 pesetas )Unha galiña ( 3,50 pesetas ) Un polo ( 2,50 pesetas )Un par de capóns ( 4 pesetas ) Unha dúcea de ovos ( 0,37 pesetas ) Unha dúcea de anguías curadas ( 1 peseta ) 1 dúcea de anguías frescas ( 0,75 pesetas ) Unha libra de carne salgada (0,42 pesetas 9 Unha libra de manteiga de vacas ( 1 peseta ) Unha libra de queixo ( 0,75 pesetas ) Unha libra de cera en entena ( 2 pesetas ) Un quintal de patacas ( 2,50 pesetas ) Un carro de erba seca ( 15 pesetas ) Un carro de palla centea ( 12,50 pesetas ) Un carro de palla triga e de cebada ( 10 pesetas ) Liño en estriga ( 25 pesetas ).-
Licenzas para facer casas Luis Iglesias Labarta ( na estrada de Valdeorras onde agora está o Edificio Marquesado de Sárria ), Xoán Castro Rodríguez ( Os Esqueiredos )
ESCOLAS: Varios veciños do Distrito presentan queixas pola creación de catro escolas,
BANDO ; Normas de bon goberno: Varrido diario das rúas da vila antes das 8 da mañá, polos veciños, nos meses de xullo a outubro
Resolución referida aos fornos; Clausurado o forno de Xoán Díaz e obriga de facer melloras nos demáis.
( 14 de xullo ).- Renovación da Xunta Local de Instrución Primaria Entran nas ternas os pàrracos da vila Anxo Sampedro e Anxo María Ferreira-
Sobre as reclamacións pola creación de catro escolas : Oas asinantes están manexados A paisanaxe desas parroquias produciu motíns que trouxeron mortes e desgrazas persoais.-,Fan unha longa exposición sinalando as inexactitudes contidas na reclamación Dores Somoza, veciña de Lugo, solicita a devolución do local cedido para Escola Pública de Nenas
( 21 de xullo ).- Sorteo de Vocais Asociados.- Reedificación dunha casa en Lama da Gándara, quilómetro 24 por Xesús Somoza ( O Chino) que fará baixante para as augas e un paseo de 1,20 metros.- Colocación dunha caisa no baixo da Casa do Concello para poñer nela as ordes.- Recoñecen a favor de Peñamaría unha comisión pola expedición de cédulas persoais.- A repartición do iposto a cargo de Xerardo Macía López co soldo de 2,50 pesetas por día. Licenza a Pedro Piñeiro Neira, de Requeixo, para pechar un terreo nas Nabegas do Mazadoiro, na marxe dereita do Camiño do Mazadoiro á Lamarrigueira.- Sobre facer unha canle no Calellon de Pazos.- Ocupación no Camiño do Mazadoiro a Santalla,. Xosé Monteagudo Castro polo aceite para alumeado do Cárcere recibe 250 pesetas.- Materiais de oficina: 34 pesetas.
( 30 de agosto ).- Reunión de Vocais Asociados.
( 15 de setembro).- Petición dirixida a Superiora do Asilo de Lugo para que acolla a María Xosefa López Reimúndez atendida no Mato por un particular<
( 13 de outubro ).- María Lois Cabañs pide licenza para poñer dúas portas vidreiras na súa casa da Praza da Constitución ( casa hoxe desaparecida ). Danlle 40 pesetas a Bieito Arias ( Rúa Principal 34 ), que acolleu na súa casa a Francisca López, de Barbadelo, que ali pariu un neno.. Xerardo Macía pola repartición de Consumos cobrou 57 días de traballo..- Arranxos na Casa do Concello: 96 pesetas.- Abren concurso público para alugar local para a Escola Publica de Nenas-
( 25 de outubro).- VACINACIÓN dos membros de familias pobres para combater o desenvolvemento e e fortes consecuencias da enfirmidade variolosa. Vacinación un día por semana.- Non se prsentou a concurso ninguha casa para establecer a escola de nenas.- Inacio Badiola presentou a súa casa de San Lázaro que por estar fora das parroquias e casco da vila foi desbotada ; Xosé Gayoso ofrece un local seu até 30 de xuño. Hai que rafacer os tabiques na casa que deixou de ser escola.- Socorros a transeúntes e enfermos: 28 pesetas.
( 10 de novembro ).- Xesús Carreira Carrete arrendatario para a venda en exclusividade do sal nos exercizos 1885/86 e 1886/87-, Acordo de provistar unha praza de escribente.- Linfa para vacinas : 81 pesetas.- Apertura dun oco para comunicar o portal da Casa do Concello co despacho do alcalde.-Gastos .- Concello: 1.203,24 pesetas,Policía Rural e Urbana: 215 pesetas, Corrección pública ( Cárcere ): 995,24 pesetas. Cargas : 4.000 pesetas.
( 1 de decembro ).- Gastos en medicamentos: 37 pesetas.- ESCOLAS: Creación de Escolas Completas en Barbadelo, San Xulián da Veiga, San Fiz de Vilapedre e San Salvador da Pena.- Arranxo da Fonte Ribeira , única fonte pública da vila. Adquisición dunha mesa para a presidencia na Sala de Sesións.
( 22 de decembro ).- Domingos Antonio López, de Treilán, casa no Mazadoiro, marxe dereita da Estrada de Quiroga.- O Estado concede 3.471, 25 pesetas para obrigas das escolas.- Sobraron 437,08 pesetas Xerardo Macía, por auxiliar da Xunta de Repartidores 16 días cobrou 40 pesetas. Por facer un tabique na Casa Escola, 4250 pesetas Socorros aos presos polo Nadal , 2 pesetas a cada un deles.- Gastos do mes Concello: 530,68 pesetas.- Beneficencia: 40 pesetas.- Correccióm p.ublica ( Cárcere ) 120,50 pesetas.- Cargas: 2.000 pesetas. Imprevistos: 384 pesetas.
********************************************************************************
BANDO
DON EUXENIO NEIRA SOLANCE , Alcalde presidente do Concello de Sárria aos habitantes da Vila :
FAGO SABER :
Que o cargo que exerzo imponme o inenudible deber de facer que dean e cumpran as reglas de policía e hixiene, coa fin de prever o desenvolvemento ou propogación de calquera enfirmidade contaxiosa ou epidémica , sempre de temer máis na estación de intensas calores pola que estamos pasando , en cuxa virtude , creín convinte ditarlle á veciñanza desta poboación , para a súa máis fiel observanza as prevencións seguintes,
1ª
Todo veciño que posúa fincas estremeiras coa vía pública practicará diariamente e ás oito da mañá previo un varrido da zona que lle corresponda , retirando de seguido o lixo ao sitio situado fora de pboado.
2ª
Queda proibido que os porcos e gados deambulen ou estean parados nas rúas e prazas da poboación
3ª
O paso do gado porcún pola rúa farase pola mañá antes das oito e polo serán despois das dez.
4 ª
Prohíbese : 1º.- Facer augas ou ensuxar nas rúas , prazas ou sitios públicos , deixar nelas animais mortos e toda sustancia compatible ou contraria ao aseo e estralas con esterco.2º.- O lavado de rroupas e lwgumes no pión da fonte ou bebedoiro público , como tamén botar nelas e na madre dos ríos ou regueiros animais mortos e calquera suxidade.
5º
Peoíbese igoalmente a venda de leite, viño ou outros artigos adulterados en perxuizo da saúde e a de froitas e herbas que non estean ben sazonadas, Os vendedores ademais das multas que lles impoñan, serán castigados coa perda do xénero .No caso de reincidancia pasaran ao dispor dos tribunais de xustiza,
6º
Como medida hixiénica , recoméndase aos habitantes desta poboación procuren o maior aseo e limpeza interior dos cuartos , coidando da súa boa ventilación e evitando a multitude de persoas en sitios indebidos e a de sustancias que doadamente se poidan descompoñer e viciar a pureza do aire. Adicarán unha moi preferente atención aos cortellos de gado porcún e ás letrinas que deberán ter en boas condicións de limpeza e saneamento. A Alcaldía por ela ou delegando nos vogais da Xunta de Sanidade resérvase o xirar visitas domiciliares a aquelas casas que crea convinte ordear o que conveña a obter a limpeza que se recomenda , e o peche das que polas súa deletéreas e-
manacións , escasa ventilación ou aseo, constitúan un perigo para a saúde pública.
7º
Proíbese que as letrinas , cortes ou condutos de augas suxas teñan saída ou respiradoiros para a rúa .
8º
A condución de cadáveres ao Cemiterio farase en caixas perfectamente cerradas , ocupando no percorrido o tempo máis breve posible , mais sen se deter , nin pousar ou descansar con eles na rúa pública e elexindo para isto as horas de menor calor.
9º
Os inrtafores de calquera das prevencións inseridas serán sancionados con multa de unha a vinte e cinco peseas m sufrindo no caso de reincidencia o arresto dun día por cada cinco pesetas , encagando aos Porteiros do Concello e máis axentes da miña autoridade vixíen polo seu cumprimento.
Sárria, 11 de agosto de 1887.
Euxenio Neira
****************************************************************************
Comentarios
Publicar un comentario