´SÁRRIA ( ESPAZOS E TOPONIMIA )

                    SÁRRIA ( ESPAZOS ,  INSTITUCIÓNS E TOPONIMIA ) 

SÁRRIA é un hidrónimo relacionado con termos semellantes como Sar, Sarela , Sariña, Sarre ,,,     que na zona central  da provincia de Lugo ten presenza documentada  dende hai 1600 anos , 

Hai que sinalar que en moitos documentos aparece rexiitrada a forma "Sarrea",

                                                   ********************

SÁRRIA: Río con orixe en diversas fontes dos montes da Albela, A Meda e Serra do Iribio, que desemboca no río Neira entre Moscán e A Pobra de San Xiao.. Xa referenciado documentalmente no século V.

RÍO DA SÁRRIA.- Expresión usada até  as primeiras décadas do século XIX para referise ao principal afluente do " río da Neira".

COMITATU "DE SÁRRIA".- Condado Sarriense, un dos espazos  nos que estaba dividida a Diocese lucense no tempo do Reino Suevo  de Galicia., que abranguía terras entre  o río Neira e o Sil, a leste do condado "Paramense",

TERRA DE SÁRRIA.-  Formada por parroquias situadas  entre os ríos Neira e Sárria , nas que o Mosteiro de Samos tiña grande influenza. (  Berselos, Bande, Larín, Lousiro...... )

CONDADO DE SÁRRIA.- Espazo suxeito á tenenda do "Comes in Larin" ou "Comes in Sarria"

DEPRESIÓN DE SÁRRIA :  Espazo xeográfico determinado polas estribacións  do Monte da Meda ,  Froián, Cotarelo , Santa Crisitiña e San Xoán do Muro-

VAL DE SÁRRIA : Espazo que se espalla polas parroquias de Farbán Vilar de Sárria, Requeixo, parte de Betote,  Louseiro, Seteventos, Snto Antolin, Ferriros, Corvelle, Rubín,  San Xulián da Veiga, Santiago da Veiga,  Rubín , Larín,  Oleiros, Vilambrán, Ronfe  e San Miguel de Vilapedre.

VEIGA DE SÁRRIA .- O espazo das parroquias de San Xulián e Santiago da Veiga.

SAN  CRISTOVO DE RÍO DE SÁRRIA:  "Sancti Chistophori de  Riu de Sarria"

SAN MARTIÑO  DE SÁRRIA: "Sancti Martini  de Sarria"

FREITUXE DE SÁRRIA.- Lugar do Concello de Samos, na beira do río Sárria,

VEIGA DE SÁRRIA.- Actualmente Veiga de Reiriz, na marxe esquerda do río Sárria.

PONTE DE SÁRRIA.- Ponte no Camiño de  Santiago , na entrada á vila de Sárria., actualmente coñecida como Ponte Ribeira.

PONTE DE VILAR DE SÁRRIA.-  Riba do Río Sárria, agora coñecida como Ponte Vella.

SAN SALVADOR DA VILANOVA DE SÁRRIA.- Igrexa e parroquia no burgo novo de Sárria.

SAN SALVADOR DE SÁRRIA.-  Igrexa e parroquia da vila de Sárria,.  Desaparecida como parroquia civil.

NOSA SEÑORA DO ROSARIO DE SÁRRIA.- Parroquia  católica da vila de Sárria  creeada  en 1991.

SANTA MARIÑA DE SÁRRIA : Igrexa  e parroquia da vila de Sárria. Desaparecida como parroquia civil.

SAN SALVADOR DE VILAR DE SÁRRIA: Igrexa e parroquia anexa a San Salvador de Sárria. Nalgunhas ocasión nomeana como San Salvador de Fora.

SAN SADURNIÑO DE SÁRRIA.-  Nome que recibía na Idade Media parroquia de San Sadurniño de Ferriros.

SANTO ANTOIÑO DE SÁRRIA,. Nome medieval ( Santi Antonini de Sárria ) da parroquia de Santa Eufemia de Touville  , agora Santa Eufemia de Santo Antolin.

MOSTEIRO DE SANTO ANTOIÑO DE SÁRRIA.- Mosteiro dependente de Samos, na parroquia  de Santa Efufemila de Santo  Antolín-

SAN XULIÁN DA VEIGA DE SÁRRIA.- Nome co que figura en documentación eclesiástica  de San Xulián da Veiga, para distinguila da de San Xulián da Veiga, en Terra de Lemos ( APobra do Brollón ).

ARCIPRESTADO  DE SÁRRIA.- División eclesiástica  formada por parroquias dos actuais concellos do Corgo, O Pàramo, Láncara e Sárria, que dende a Idade Media foi sufrindo variacións.

ARCEDIÁDEGO DE SÁRRIA.- Dignidade eclesiástica na Catedral de Lugo.

SANTA MARÍA MADALENA DE SÁRRIA .-  Mosteiro  autónomo, baixo a régoa de Santo Agostiño, cuxa única finalidade era a de atención aos peregrinos xacobeos.

SARRIA : Barrio  da parroquia  de San Salvador de Sárria, entre a Calexa e a Casa de Macía ( segundo treito da Rúa Piincipal  e A Praza  )

BURGO DE SÁRRIA: ,. Nome dado ao primeiro xermolo da vila de Sárria, xurdido nas décadas derradeiras do século XX, na contorna de Santiago do Mercado ( parte trasira do actual Campo da Feira  na zona da Veiga de Arriba )

VILANOVA DE SÁRRIA .- Vila fundada  polo rei Alfonso IX ( VIII de León e Galicia ) e que foi dotada de carta pobra, e foi vila real, con representación en Cortes, até medado do século XIV .

A POBRA DE SÁRRIA:  Nome recibido pola cabeceira das Cinco Pobras, dende  mediados do século XIV , cando pasa a ser vila sometida ao señorío dos Condes de Lemos, mantendo esa denominación   até as primeiras décadas do século XVIII.

VILA DE SÁRRIA :- Nome recibido pola cabeceira da Xurisdición de Sárria  dende o século XVIII

FORTALEZA DE SÁRRIA : Edificación militar alzada no século XIII e derrubada en 1860.

ALCÁZAR DE SÁRRIA.- Ocasional denominación dada á Fortaleza de Sárria.

MERCADO DE SÁRRIA : Espazo con sucesivas ubicacións  xunto da Capela de  Santiago do Mercado, a carón da Fortaleza, darredor da Igrexa de Santa Mariña e na Rúa Matías López.

FEIRA DE SÁRRIA  : Espazo entre a Fortaleza e o Mosteiro da Madalena  no que en 1820 se estableceu a Feira do Vinte.

HOSPITAL DE SARRIA.-  Establecemento de acollida  a peregrinos  ubicado no actual número 18 da Rúa Maior, desaparecido na segunda metade do século XVI.

HOSPITAL DE SANTO ANTÓN ABADE DE SÁRRIA.- Hospital fundado por don Dinís de Castro e Portugal, para a atención dos peregrinos que viñan de volta de Compostela ( finais do século XVI , e en funcionamnto até finais do ´seculo XVIII)

HOSPITAL DE SANTA MARÍA MADALENA DE SÁRRIA.-  Hospital para acollida de  peregrinos que ían cara Compstela, atendido polos monxes "Madalenos" até  1568 e até 1836 polos relixiosos da Regular Ouservancia de Santo Agostiño.

MARQUESADO DE SÁRRIA .-  Título concedido polo Emperador Carlos I para os vincuelieros dos Condes de Lemos, Señores territoriais das Pobras de Sárria, Adai,  San Xiao, Neira de Susao  e Triacastela.

CASA GRANDE DE SÁRRIA.-  Edificio pertencente  á familia dos Savedra, máis adiante dos Somoza de Laiosa, nos actuais  números  21 a 31 da Rúa Maior.

CAPELA DE SAN MARCO DE SÁRRIA.- Capela dependente do Arcediago de Sárria, Dignidade da Catedral de Lugo, na parte baixa do actual Campo da Feira, ocasional enterramento de sarriaos cando non había posibilidade de enterralos nas igrexas.

XURISDICIÓN DE SÁRRIA.- Era a máis importante do Marquesado de Sárria, e estaba formada polos partidos de Vila de Sárria, Andaduría do Camiño Francés, Lobataira, Froián, Sobre da Riba , Ferreiros e A Veiga..

ESTADO DE SÁRRIA.-  Era unha das divisións dos Estados de Lemos , e  nela incluíanse as merindades de Sárria, ,  Outeiro de Rei e  Castro de Rei da Terra Cha,

MERINDADE DE SÁRRIA,. Era un dos xeitos e se referir  á xurisdición administrativa de Sárria, presidida polo Xustiza Maior , Meiriño ou Correxidor, cuxas denominacións conviviron ao  longo do tempo.

CORREXIMENTO DE SÁRRIA.-  A partir do reinado dos Reis Católicos, e xa con intervención real,  pasaron a presidir a xurisdición os Correxidores que  seguiron a levar  os nomes de Xustiza Maior e Meiriño  ou Alcalde Maior.

REXIMENTO DE SÁRRIA.-  Era o ógano de goberno da Vila e Xurisdición  de Sárria, formado en cada ano, por representantes de elección popular e outros nomeados polo Marqués de Sárria. 

CONCELLO CONSTITUCIONAL DE SÁRRIA ,. Creado en 1820 con base na antiga xurisdición sarriá  e o enadido dalguns coutos da contorna.

PARTIDO  XUDICIAL DE SÁRRIA.-  Creado por vez primeira en 1820,  foi remodelado en 1835 e en 1840  quedou formado polos  concellos de Rendar ( O Incio ), Láncara, Paradela, O Páramo, Samos e Sárria.

CEMITERIO  DE SÁRRIA.- Primeiramente  establecido a carón da Capela de San Marco , ao deixar de se facer enterramentos no inteiro das igrexas parroquiiais,Darredor de 1860 establecen o novo cemiteiro municipal no Barredo ou Cortiña do Pombal, fronte a Santa María Madalena. 

DISTRITO DE SÁRRIA.-  División xudicial comprensiva dos concellos do suprimido Partido Xudicial de  Sárria , ao se integrar tes no Partido Xudicial de Lugo ( 1968/1991 ).

CANTÓN DE SÁRRIA.- División espacial, de tipo militar, comprensiva dos termos municipais entre Neira e Cabe.

ESTACIÓN DE SÁRRIA - Ubicada en 1880 dentro da parroquia de San Pedro de Maside.

BATALLÓN DE DEPOSITO DE SÁRRIA.-- Agrupación militar  asentada en Sárria, nas décadas finais do século XIX.

BATALLÓN DA RESERVA Nº 68 DE SÁRRIA-Agrupación militar asentada ma vila de Sárria ( Casa Novoa, na Rúa Maior ) nas décadas finais do século XIX

AERODROMO DE SÁRRIA.-  Establecido na Cha de Santa Marta, en terreos dos concellos de Sárria e de Láncara,

COMARCA DE SÁRRIA.-  Formada polos Concellos de O Incio, Láncara, Paradela, O Páramo , Samos, Sárria e Triacastela.

CASINO DE SÁRRIA.- Sociedade de Recreo .

SÁRRIA : Publicación xornalisitca, sucesosa de "El Estrellao", editada en Villa Andrea, nos anos da Ditadura de Primo de Ribera.

SÁRRIA FUTBOL CLUB.- Variios equipos de fútbol, en diefrentes épocas, levaron este nome.

CLUB DE BALONCESTO SÁRRIA.-  Co enadido do nome de varios patrocinadores, ao longo dos anos,  leva este nome o clube baloncestista constituido en Sárria.

CENTRO DE INICIATIVAS E TURISMO DE SÁRRIA.-.- Sección do Centro Cultural  Meigas  e Trasgos.

Comentarios

Publicacións populares