CONCELLO DE SÁRRIA ( 1879)
CONCELLO DE SÁRRIA ( 1879 )
ACORDOS CORPORATIVOS
( 1 de xaneiro ).- Xuntanza cos Maiores Contribuintes ( acta sen asinar )
( 9 de xaneiro ).- Xunta Municipal.- 36 pesetas de papel para o Rexistro Civil ( acta sen asinar )
( 20 de febreiro ).- Sorteo de conselleiros aos q ue lles toca saír da corporación : Euxenio Álvarez. André de Castro.,Manuel de la Vega, Manuel López Valcarce,Ramón Abad, Antonio Grandas, Vacantes sen cobrir :Anxo Fernández Gallego,
( 24 de febreiro).- DERRUBE DO ARCO PRINCIPAL DA PONTE RIBEIRA : Ás 11 da noite do día 21 de febreiro de 1879 caeu o arco maior da Ponte Ribeira , sito riba do río Sárria , perto desta vila de Sárria, que a comunica cos distritos de Samos, Courel e con Castela.- O Concello solicita que a Comisión Provincial conceda unha axuda para refacer o arco caído ( acta sen asinar )
( 6 de marzo ).- Quintas.- Obras de reparo na Rúa Principal por prestazón persoal.- Obras de arranxo da Fonte Ribeira, única fonte na vila para surtido de augas potables. ( acta sen asinar )
( 3 de abril ).- Locais para as eleccións de Deputados; Chorente, Sárria e Corvelle. Nomeamento de Repartidores de Impostos.- Bernardo López Gómez, de San Fiz de Reimóndez, pide variación do Camiño do Corgón,. Reclamación por soldados ( acta sen asinar )
( 15 de maio ).- Sobre o Orzamento.- Arranxo da Rúa Principal. : 300 pesetas. Arranxo da Fonte Publica da Ribeira : 46 pesetas ( acta sen asinar 9
( 27 de maio ).- Sobre imposto de Consumos
( 19 de xuño ).-Festa Oficial do Corpus Christi ( 125 pesetas ). Variación dun carreiro de pés por Bernardo López Gómez, de San Fiz de Reimóndez, fan dictame aprobándoa ( acta sen asinar )
( 26 de xuño ).- Sobre Quintas.- Unha caixa para o braseiro e arranxo de mobles ( 34 pesetas ) - acta sen asinqr.
( 30 de xuño ).- Axudas a pobres e transeúntes ( 36 pesetas )- acta sen asinar-
( 1 de xullo ).-POSESIÓN DO NOVO CONCELLO: Alcalde : Manuel García Vaamonde. Concelleiros: Xusto Macía Vaamonde, Euxenio Neira Solanc.- André de Castro- Síndico-Laureano Álvarez Pereira.- Anxo Fernández Gallego.- Manuel López Valcarce.-Xosé Fernández Monteagudo.-Xosé Somoza Díaz.-Manuel Bieito González.- Antonio Grandas.- Euxenio Álvarez.- Pedro Rodríguez Tribui.- Hilario Pombo.- Antonio Vázquez.- Xoán Carreira. Nomeamento de repartidores de impostos. Concédenlle 15 días de permiso ao Secretario do Concello.
( 6 de xullo ).- Reunión Xunta Pericial ( acta sen asinar ).
( 13 de xullo ).- Repartición de impostos. Sobre Orzamento.- Xoán Díaz de Castro, corre co alumeado publico con 425 pesetas de dotación.- Xosé Fernández Monteagudo encargado do alumeado do Cárcere con 250 pesetas de dotación. ( acta sen asinar )
( 20 de xullo ).- Nomeamento de Vocais Asociados ( acta sen asinar )
( 10 de agosto ).- Xoán Pérez López, alférez da Garda Civil recibe por resposta que non hai fondos para facer reapros no ex Covento de Agostiños para Cuarte. Róganlle que manteña o acuartelaemnto na vila., Fixación dos prezos dos froitos de 1878 aos efectos de rendas. ( sen asinar )
( 27 de agosto ).- Votación do Orzamento Adic ional.
Comentarios
Publicar un comentario