CONCELLO DE SÁRRIA ( 1882 )
CONCELLO DE SÁRRIA ( 1882 )
ACORDOS CORPORATIVOS
Alcalde :Anxo Fernández Gallego
( 5 de xaneiro ).- Informe sobre a Ponte de Fafián, riba do río Sárria, para facela de 2,50 metros de largor.- Elección de compromisarioa para a elección de Senadores-
( 12 de xaneiro ).- Toman coñecemento da imposibilidade de facer o camiño da Estación á estrada de Nadela a Quiroga e acordan facer arranxo do camiño da Ponte do Mazadoiro-
( 19 de xaneiro.-Nomeamento de Comisións para a formación de padróns de contribuintes por territorial e inquilinatos.
( 26 de xaneiro ).- Sobre a imposición por contribución industrial.
( 9 de febreiro ).- Recurso contra a clasificación do Distrito de Sárria a ecectos contributivos.- Disconformidade co aumento do imposto de consumos nun 148 ,88 %, Anxo Tourón López pide permiso para refacer unha casa a carón da Pontre Vella de Vilar de Sárria.
( 16 de febreiro ).- Lectura de circulares-
( 23 de febreiro ).- Nomeamento da Xunta Municipal de Amillaramento.
( 2 de marzo ).- Repartición do imposto de consumos. Deputados provinciais por Sárria ; Cándido Martínez, Manuel Somoza de la Peña e Vicenzo Quiroga Vázquez.
( 9 de marzo ).- Polos traballos das Quintas páganlle ao oficila primeiro, Peñamaría, a razónde 9 pesetas diaris e ao aguacil-porteiro, Saco, 12,50 pesetas.
( 16 de marzo ).- Nomeamento de apoderado do Concello para representalo en Lugo. Antonio Buján pide licenza para refacer unha parede no Camiño das Pedreiras.
( 23 de marzo ).- Orzamento da reparación do Calellón de Teixeeiro ( agora Escaleira Pequena ) : 120 pesetas.
( 30 de marzo ).- Nomeamento de Segredario do Concello: Amador Macía López.. Gastos da oficina municipal no trimestre: 242,95 pesetas.
( 13 de abril ).- Contratación temporal dun axudante para a oficina municipal.
( 20 de abril ).- ( Non hai acta )
( 27 de abril ).- Aprobación das obras do Calellón de Teixeiro ( Non hai acta )
( 1 de xuño ).- Orzamento- Gastos: 28.043, 50 pesetas. Ingresos: 4.428,60 pesetas. Orzamento adicional. Gastos: 1,612 pesetas. Ingresos : 14,962 pesetas. O Segredario facilitoulle ao Exército 41 racións de herba seca.- Por arranxo dos farois do alumeado André Fernández Bouzas recibiu 125 pesetas.
( 15 de xuño ).- Festa do Corpus Christi : 125 pesetas,
( 29 de xuño ).- Páganlle ao escribente temporeiro, de 14 de abril a 29 de xuño, 117 pesetas. Material de oficina : 148 pesetas, O contratista Manuel Castiñeira entrega a rematad aobra do Calellón de Teixeiro, no Arrabaldo.
( 13 de xullo ).- Informan que un Batallón da Reserva e un Batallón de Depósito van a se instalar na vila. Ofrecen espazos do ex Convento de Agostiño, onde só hai dous cuartos servibles. Para gastos do alumeado de todo o ano recibe Xoán Dísz Castro 475 pesetas. Xosé Monttrsgudo Castro para as luces do Cárcere recibe 250 pesetas.
Comentarios
Publicar un comentario