CONCELLO DE SÁRRIA ( 1886 )
CONCELLO DE SÁRRIA ( 1886 )
ACORDOS CORPORATIVOS
( 1 de xaneiro ).- Formación da lista de veciños con maiores cotas impositivas,
( 14 de xaneiro).- Alistamento de mozos.- A Praza do Mercado ( nova ) ocupada polo reblo da obras da igrexa nova de Santa Mariña e acordan botalo na rúa que dende a Rúa Maior vai á Estrada de Portomarín ( agora Rúa do Murallón ) Material de oficia no segundo semestre do exercizo económico: 258 pesetas.- Páganlle a Antonia Alfonsin Cedrón ( Fonda Alfonsín ) 258 pesetas polo banquete do día da entrega de mozos ao Exército.-
( 28 de xaneiro ).- Non houbo reclamación contra a inclusión de electores para as eleccións de Senadores.-Exposición da lista de electores para cargos municipais.- Tratan de averguar a causa do malestar existente entre os habitantes do Distrito e ver o xeito de darlle traballo á clase xornaleira.- Acordan arranxa o campo onde se celebra a feira mensual para facer realidade o desexo de organizar unha exposición de gado, con especial arranxo dos camiños de acceso.
( 11 de febreiro ).- Chantado de árbores na Praza do Mercado,, costa do Murallón e Fonte de San Salvador . O aguacil porteiro Manuel María Rodríguez comisionado para levar os mozos das quintas aos cuarteis de Lugo
( 25 de febreriro ).- Reclamación sobre lista de electores para as eleccións de Deputados.- Arranxo dos petrís da Ponte da äspera. Acordo e empedrar o treito de rúa entrea estrada de Valdeorras e a estrada de Portomarín ( no Arrabaldo ).- Construción de banquetas de pedra para a nova Praza do Mercado ( pasados moitos anos levaron as banquetas para o Campo da Feira e finalmente acabaron instalándoas na Praia Fluvial do Chanto ).- Tomé Fabrega fai o proxecto de arranxos no Campo da Feira e os seus accesos- Nomeamento de capataz para obras municipais.
( 25 de maezo ).- Deciden non subvencionar con 0,75 pesetas diario polo aluguer da Casa Cuartel da Garda Civil RELOXO PUBLICO: Encargado Pedro Pallares cun soldo de 100 pesetas ao ano- Arranxo do acceso á Praza do Mercado: 185,37 pesetas.Prantación de árbores : 97,35 pesetas.
( 15 de abril).- Aprobación lista de Vocais Asociados.
( 13 de maio ).- Coñecemento do Decreto polo que as Escolas pasan a depender do Minsterio de Fomento.- Denegación de axudas para o arranxo da Ponte de Céltigos. O Comisionado de Quintas cobrou 12,50 pesetas por día-
( 13 de maio ).- Encabezamento de consumos Gravames sobre as especies: Carne vacuún : 0,10 pesetas quilo carnes de ovella: 0,06 pesetas por quilo; Carne de gado cabrún. 0,05 pesetas quilo; Aceite mineral ou petróleo ; 0,03 pesetas Augardentes e viño :0,05 pesetas ; Vinagres : 0,05 pesetas ; Arroz, garbanzos e fariñas :0,03 pesetas ; Trigo e a súa fariña: 0,10 pesetas ( só do que ven de fora e non procedente de rndas, etc ) Demarcación do límite de exención.
( 20 de maio ).- Telegrama do Gobernador Civil recibido o día 17 pola noite; O Rei de España nacera con toda felicidade. Manifestan agrado e satisfación producido por tan fausto acontecemento que se celebrou co disparo de 231 bombas de palenque.- As obras do Campo da Feira están moi avanzadas.
( 27 de maio ).- O Estado concede de cupo para saldar o déficit 12<21280 pesetas.Xosé López Porto, de Santa María de Souto, pide licenza para facer unha casa na marxe esquerda da estrada de Valdeorras, no quilómetro 24,40.- Outra en Treilán, de Manuel Losada López.- CEMITERIO : Xesús Prieto Núñez e Francisco Vázquez Castiñeira, mestres canteiros, solicitan licenza para facer 10 nichos no lado dereito.- Axudas a presos transeúntes : 4,50 pesetas.- Axudas a mozos das Quintas: 6 pesetas ; Evaristo Gayoso Losada sufragou os gastos de aillamento do reloxio na torre da igrexa de Santa Mariña e danlle un voto de grazas.- Orzamento adicional.- Gastos: 1.266,95pesetas. Ingresos:11,230,01 pesetas Francisco Vázquez Castiñeira, polo arranxo da rúa entre a estrada de Valdeorras e a Estrada en Portomaríb ( no Arrabaldo ) 1,15 pesetas por metro cadrado.- Petición dunha axuda de 1.000 pesetas ao Ministerio de Fomento ( Benigno Quiroga López-Ballesteros era Director Xeral de Agricultura )
( 17 de xuño ).- Pagan a Ramón Guitián Franco polas 21 bombas tiradas polo natalicio do Rei;: 15,,75 pesetaw. Gastos de colocación de farois: 49,75 pesetas.Arranxo dos petris da Ponte da Áspers: 120,50 pesetas, Arranxo de farois: 21,50 pesetas.
( 1 de xullo ).- Arranxo de beirarrúas na estrada de Portomarín.-. 401 metros cadrados, con cargo a unha subvención de 8.000 pesetas concedidsa pola Direción Xeral de Agricultura. Axudas para pobres transeúntes : 4,50 pesetas.Festa oficial do Corpus Christi : 125 pesetas PRAZA DO MERCADO; Por banquetas de pedra pagan a Francisco Saco 200 pesetas.- Autorización de obras a Xosé López Paz e Manuel Losada López.
( 15 de xullo ),. Apropiación dun camiño en BetoteValores dos froitos para pagamento das rendas de 1885 : Fanega de trigo ( 14 pesetas ) Fanega de centeo ( 9,50 pesetas) Fanega de orxo(cebada ( 8 pesetas ) Fanega de millo ( 9,50 pesetas ) Fanega de noces ( 9 pesetas ) Fanega de fabas brancas ( 10 pesetas ) Fanega de fabas raxadas ( 8 pesetas ) Fanega de fabas begras ( 5 pesetas ) Fanega de avea ( 5 pesetas ) Fanega de castañas secas ( 12 pesetas ) Fanega de castañas verdes ( 4 pesetas ) Quintal de patacas ( 3 pesetas )Porco cebado ( 40 pesetas ) Porco aberto ( 30 pesetas Un carneiro ( 5 pesetas ) Un cabirto ( 3 pestas ) Unha galiña ( 1,25 pesetas ) 1 polo ( 0.50 pesetas ) Un par de capóns ( 4 pesetas ) Un canado de viño ( 8 pesetas ) Unha dúcea de anguías curadas ( 1 peseta ) Unha dúcea de anguías frescas ( 0,75 pesetas ) Unha dúcea de ovos ( 0.,37 pesetas )Unha libra de carne salgada ( 0,75 pesetas ) Unha libra de manteiga de vacas ( 1 peseta ) Unha libra de queixo ( 0,75 pesetas ) Unha libra de cera en entena ( 2 pesetas ) Un carro de herba seca ( 15 pesetas )Un carro de palla centea ( 12,50 pesetas )Un carro de palla triga ou de cebada ( 10 pesetas ) Unha arroba de liño en estriga ( 25 pesetas ) Unha arroba de la ( 37,50 pesetas).- Sorteo de Vocais Asociados.- Repartición da contribución territorial.- Colocación dun farol diante do Cuartel da Garda Civil, Permiso para a construción dunha casa a Xosé .Alvarez López , na estrada de Quiroga, anexa á que xa ten- Permiso a Inacio Badiola para outra casa en San Lázaro.-Permiso a Pedro Quiñoá Sánchez para unha casa en Farbán ( estrada da Lamarriguei ra ) Arranxo do terreo anexo ao Campo da Feira : 8.000 pesetas.
( 12 de agosto ).- Orzamento, Gastos: 36.348, 23 pesetas. Ingresos: 8-009,12 pesetas Fixación de recargas.- Concesión do alumeado do cárcere a Xosé Monteagudo Castro en 250 pesetas.Acordan agasallar a Matías López López cunha sereata a cargo dunha orquestra formada por varios mozos da vila.
( 23 de setembro )-,. Mariano Zaera, veciño de Lugo, solicita permiso para establecer un deposito de sal para venda libre.- Recepción definitiva das obras do Camiño da Estación
( 28 de outubro ).- Respectuosamnte denegan aprobación aos planos de camiños veciñais Gasto das eleccións de deputados celebradas o 5 de setembro , 43,50 pesetas.- Axuda a pobres transeúntes : 29 pesetas.Sereata: 60 pesetas. Compran un aparello medidor da altura dos quintos.
( 3 de novembro ).- 5 reclamacións de contribuintes por agravios. Tres presentadas por Lois Cabañas-
( 4 de novembro ).- Necesidade de expropiar dous ferrados de prado a Pedro Lourdeiro ( da Casa de Ferreiró ) para facer o ensanche do Campo da Feira.
( 16 de novembro ).-Fan declaración de 4 profugos.- Aceite mineral ( petróleo ) para o alumeado público,, 875 pesetas a Xoán Díaz Castro.- Apropación de terreo na Corga das Bouzas, en Piñeira.- 1000 pesetas para arranxos na Praza do Mercado, a carón da igrexa nova de Santa Mariña Derrube dos alpendres do mercado vello.- Carta dirixida ao Director Xeral de Agricultura que estaba enfermo.
( 2 de decembro ).- Medicinas subministradas polo boticario Antonio Peña Villamarín ( 39 pesetas )
( 23 de decembro ).-Ao Xuiz Municipal para Libros do Rexistro (33, 25 pesetas ). Ao contratista das obras do Camiño da Estación (38,13 pesetas )
Polo xornal La Voz de Galicia ( 1,03,1886 ) sabemos que o reloxio público, de esfera trasparente, foi comprado en Almania, sendo semellante ao da Porta do Sol de Madrid, e tivo un custe duns 12.000 reais.
Comentarios
Publicar un comentario