MARQUESADO DE SÁRRIA ( 1630 )

REPARTIMENTO DO ARRANXO DAS PONTES DE SÁRRIA ENTRE OS VASALOS DO CONDE DE LEMOS NO MARQUESADO DE ´SÁRRIA E COUTOS AGREGADOS ( 1630)

Diego Sánchez Somoza, Procurador Xeral  desta Vila de Sárria  perante a Vosa Mercé  fago presentación desta Real Provisión  e autos nela inseridos  dos Señores  Gobernador e Oidores  da Real Audeincia deste Reino, gaña  a pedimento meu , en razón do repartimento de  douscentos e cincuenta ducados  no que se rematou o reparo  das pontes desta vVila  que á Vosa Mercé se  lle mandan repartir  entre os vasalos  deste Marquesado e Coutos  inclusos nel  que reciben aproveitamento das ditas pontes e pagan á Súa Excelenza o Conde de Lemos, meu Señor,  as martinegas  e enfiadas  en cada un ano ,que os inclusos  nas pobras deste marquesado  e na súa xurisdición son os seguintes:

                                       A POBRA DE SÁRRIA

1.- O Couto da Aguiada 2.- O Couto de Goiá 3.-  O Couto de Pape e Cesár. 4- O Couto de San Sadurniño de Froiá  5.- O Couto de Persuscallo e Domiz 6.- O Couto da Pinza 7.- O Couto de Barbadelo e Piñeira 8.- O Couto de Monseiro 9.- O Couto de Larín 10.- O Couto da Somoza de Vilouzán e Betote  11.- O Couto de Vilagade ( Viládiga ) 12.- O Couto de Lavandeira 13.- O Couto de Vilar, Tremeado, San Fiz e Frades 14.- O Couto de Guillade e A Rañoá 15.- O Couto de San Martiño de Requeixo 16--O Couto de San Mamede do Carballal e Saa de Louseiro 17.- O Couto de San Mamede de Seador 18.- O Couto de Castelo dos Infantes 19.- O Val da Armeá e Carracedo

                                   A POBRA DE SAN XIAO

1.-  O Val de Vilapedre 2.- O Couto de Oleiros 3.- O Couto da Vilanova 4.- O Couto da Barreira 5.- O Val de Láncara e Toirán 6- O Couto das Cortes 7.-  O Couto de Vilambránm8.- O Couto de San Fiz de Paradela e Manán.

                                A POBRA DE ADAI

1.-  O Couto de Cellán  2,. O Couto de Arxemil e Pedrafita 3.- O Couto de Moureira 4.- O Couto de San Pedro e Santo André 5.- O Couto de Perliños 6.- O Couto de Mirandela 7.- O Couto de Fonteita 8.- O Couto de Soutomerille 9.- O Couto de Marrondo  10.- O Couto de Sobrado 11.-

                                 A POBRA DE NEIRA

1.- O Couto de Cedrón 2.- O Couto do Picato 3.- O Couto de Lamas, Pacios e Mazaílle 4.- O Couto de Constantín 5.- O Couto de Piñeira

                                    A POBRA DE TRIACASTELA

1.- O Couto do Furco 2.- O Couto da Armada 3.- O Couto da Balsa 4.- O Couto de Viduedo 5.-  O Couto da Fonfría  6.- O Couto de Val de  Fariña

                                              AS CINCO POBRAS

Foi o nome que atá a supresión dos Señoríos se lle deu ao territorio do Marquesado de Sárria, pertencente ao Conde de Lemos.

A POBRA DE SÁRRIA: Con cabeceiira na Vila de Sárria, onde residía o Correxidor, Xustiza Maior ou Meiriño Maior,, con sede na Fortaleza de Sárria.

A POBRA DE SAN XIAO: Con capitalidade na freguesía  de San Xiao da Pobra, onde exercía función xurisdicional un Meirño menor.

A  POBRA DE ADAI: Con capitalidade na freguesía de Santiago de Adai, onde exercía función xurisdicinal un Meiriño menor.

A POBRA DE NEIRA:  Con capitalidade na freguesía de Santo Estevo  de Neira de Susao onde exercía función xurisdicional un Meirño menor.

A POBRA DE TRIACASTELA.- Con capitalidade  na Vila de Triacastela (  na parte  da  freguesía de Santiago de Triacastela ) onde exercía función xurisdicional un Meiriño menor-  ( unha boa parte da  Vila de Triacastela era da parroquia de San Breixo da Balsa)

O  Correxidor de Sárria-Meiriño Maior  xulgaba en apelación os asuntos xudicias sentenciados polos Meiriños menores das catro Pobras a el sometidas.


Comentarios

Publicacións populares