CONCELLO DE SÁRRIA ( 1891 )

                                                    CONCELLO DE SÁRRIA (  1891 )

(  1 de xaneiro  ).- Formación do listado de maiores contribuíntes-

( 19 de xaneiro ),.  Toman coñcemento do Real Decreto  de disolución  do Congreso e da parte electiva do Senado.- Renovación da Xunta Pericial.- Cesantes: Manuel Rivera Macía, Camilo García Vaamonde, Santiago Sarry Valcárcel, Bernardo García Goyanes. Cesa o teente de alcalde segundo ( Camilo García Vaamonde ) que pasa a ser Deputado Provincial  por Chantada; entra Xosé López Vaamonde.- Os veciños de Lier piden o arranxo  da Ponte .-  Adxudicación do alumeado público  a Manuel López Ramil en  1.194,50 pesetas.- Alumeado con cinco lámpadas no cárcere ( 306,25 pesetas ).a Pedro Castaño Castaño.- A conta presentada por Xosé Cabada polas  obras na Rúa Maior non se aprobou.-A Manuel Alfonsín dánlle 200 pesetas polos perxuizos ocasionado polo rebaxie de rampla.-Convocatoria da Xunta Carceraria para o día 20.-Luis Salgado recibe 7 pesetas polo arranxo de 6 farois.- Reparo da Fonte Ribeira e percura de augas para ela , 56,65 pesetas, a Xosé Xacobo Cabda.- Fortunato Engroba Gómez  solicita apastamentos no Monte de San Mamede do Camiño.- Locais para os Colexios Electorais. ; 1º.- Casa do Concello. 2º.- Casa de Francisco Sánchez, en  Cedsrón de Piñeira ( O Vento). 3º.- Rectoral de San Pedro de Froián. 4º.- Casa de Manuel Fernández, en Barreiros de Ortoá. 5º.- Casa de Tomé García, en Lousadela. 6º-  Casa  de Xosé Pérez, de Corvelle-

( 22 de xaneiro ).-  Pedro Saco Pradeda  apresou un profugo de Alfoz de Castro de Ouro, o que permite que poida librar de Quintas ao seu irmán Henrique Saco Pradeda.

( 29 de xabeiro).- Benigno Liz Carreira  pertende coller 6,93 áreas  no Monte de Arzán, na parroquia de Santiago de Farbán e  estiman que se causan perxuizos aos veciños.

( 7 de febreiro).- Identificación dun prófugo.

( 19 de febreiro ).- ( Non se celebrou )

( 21 de febreiro ).-  Reclamación contra a baixa en Quintas de Henrique Saco Pradeda.- Xoán Fernández Arias  ,de Perros,, denuncia a Manuel Villanueva por apreso de terreo no Souto de Perros.- Acordan repolar as árobres das rúas.- O alcalde pide a formación  dunha Comisión para dispoñer a función relixiosa  do Venres Santo, e facúltano a el para nomeala.- Páganlle  ao alcaide-carceriro o lavado da roupa dos presos.

( 26 de febreiro ),.- ( Non se celebrou )

( 28 de febreiro),. Sobre Quintas.- O Cura de Louseiro pide que a axuda de 15 pesetas concedida á falecida Benita Filgueiras pase á súa filla  Manuela Huerta.

( 5 de marzo ),. Xesús Díaz Fernández, soldado redemido a metálico.- Crean a praza de Director de Obras Públicas Municipais.- e nomean para el a Xosé Ulloa López, axudante segundo de Obras Públicas, O día 6 nomearon un garda auxiliar para o C´sarcere O Sr, Rodríguez de Tribui pide  o arranxo da Ponte do Poste, na Chanca. Cesan varios  membros da Xunta Pericial ; Bieito Díaz Lóprz, de Betote; Amador Fernández Armesto, Felipe López de Belante, Manuel Fernández Díaz, Belnate.

( 21  de marzo ),. Venancio Vázquez Lóprz, industrial chocolateiro en Madrid , envía 100 pesetas para premios a entregar na Feira do Seis, do mes de abril,.; Premuis de  20, 15, 10 pesetas -a vaca con cría que dea máis leite e a tres -egoas  e 10 pesetas aos escribentes do Concello. Como facultados propón a Xoán Carriera Carrete e ao seu irm-an Matías Vázque Lóprz Agradecenlle o xesto e  para o mellor porco pasan  as 10 pesetas.- Xurí: Sarry, González Pérez, Carreira e Vázquez Mariano Zaera solicita que saia a concurso o cobramento do imposto provincial sobre o Cupo de Alcoois. Piden  que non se faga obrigatoria a agremiación.- Expedientes contra Xosé González @  Valdeorrés e  Ramón Rodríguez  deben 185 e 25 pesetas , de 1889 e 2º semestre de 1889.. Dan 6 días de licenza ao Secretario.- Aos médicos Xusto Macía e Valenti  Lois  , danlles 2 pesetas por razón de exame de quintos.

( 2  de  abril ).- O día 23 de marzo, con notificación o 24, foi suspendido nas súas  funcións o alcalde.- Xosé Vázquez Castiñeira, a pasou a selo con carácter interino Anxo Fernández Gallego O concelleiro Macía ázque propón que non se lle dea aprobaciñon aos premikos ofrecidos por Venancio Vázquez López para gado prsentado na feira., e  scordsn renuciar ao donativo.- Sobre adaptación da Lei Electoral.- Poboación do ConcellO: 11.598 habitantes. O Concello quedrá formado por un alcalde,, 4 tenetes de slcslde e 13 rexedores ( Total : 18 ),  representando a catro distritos.,. Distrito Primeiro:  San Salvadoe, Santa Mariña,, Castelo, Fafián , Farbán, Requeixo, San Lázaro, Estación, Requeixo de Maside, Veiga. Estrada  de Barreiros, A Nogueira, Carballal,, Ponte Vella, Ribeira, Santo Alberte,  O Toleiro, Vigo, Vilar de Sárria.- Segundo Distrito:  Albán, Biville, Chorente, Nesperria, Paradela, A Pinza, , Piñeira,  Vilamaior, Cesar, A Chanca, San Pedro de Froián, San Sadurniño de Froián, , San Vicenzo de Froián, Lourerio, San Salvador da Pena, Santa María da Pena, Reimóndez. Distrito Terceiro: Arxemil, Barbadelo; Belante Frades, Goián, Maside ( menos segregados )Meixente, Ortoá, Terceiro Distrito:  Betote, Lousadela, Mato. San Xulián da Veiga, Santiago da Veiga, Vilar, San Fiz de Vilapedre, San Miguel de Vilapedre. Cuarto Distrito::  Calvor, Camiño, Corvelle, Ferreiros, Lier, Louseiro, Rubín , Santo Antolín,, Setentos ( Castro, Vilar e Vilarriairo, de Vilar de Sárria ). Reparto de conceleliros: Distrito Primei Fro: 4 ; Segundo : 6 ; Terceiro: 6 ; Cuarto: 2,. Fondos do mes de abril: Gastos: 3.291,72 pesetas.- Policía de Seguridade:  564,25 pesetas.-  Policía Urbana e Rural: 536,75 pesetas.- Instrución Pública: 2.595,93 pesetas.- Corrección Publica ( Cárcere ): 1.891,07 pesetas,.Cargas :7-021,77 pesetas.- Obras de nova construción: 666,60 pesetas. Imprevistos: 38,34 pesetas.-Total: 17.573,47 pesetas. Falecemento de Xosé Gayoso Arias, representante do gremio do sal.-Manuel Pérez solicita refacer unha casa na Rúa Maior.

( 9 de abril ).-  Alcalde interino: Anxo Fernández Gallego. O alcalde de barrio de Vilamaior  pide o  arranxo da Ponte do Arroxo Bacelo,

( 16 de abril ).- Sobre o cupo de alcoois.

( 18 de abril ).-  Estremas  do Casco Urbano:  Principiando na Caaa de Ambrosio González, no Mazadoiro seguía  -a Ponte Vella, Estrada de Baralla,  Muiños de Xesús Carreira Carrete ( O Toleiro ),   Ponte Ribeira, Muiño de Euxenio Neira Solance ( Muiño da Ponte Ribeira ), Lamarrigueira,  Casa de Xosé López Prado, Ponte da äspera, Estrada de Portomarín, Casa de Manuel González ( Celeiro ), Estación  do Ferrocarril.

( 25 de abril ).- O xornal " El Regional" ocúpase  do donativo de don Venancio Vázquez López . Venancio Vázque pide que o diñeiro se lle entregue a  don Anxo María Sampedro, cura en Santa Mariña,  Morosos por consumos, por 786,37 pesetas e  155,76 pesetas: pasam os expedientes pasan ao Axente Executivo .- Licenza para obra a Manuel Pérez, na Rúa Maior.- Licenza a Manuel Fernández, de Barreiros de Ortoá, para facer unha palleira.- Licenza  a Xosé Antonio García para facer unha casa anexa á que ten na estrada do Mazadoiro.-  Reclamación de Pedro Loureiro Arias sobre a ampliaci-on do Campo da Feira.- Atranco na Corga do Río, en Quintela, San Sadurniño de Froián.- Manuel López Páramo de Goimil denuncia  a Manuel Leiras e Domingos Vázquez por apropiacións no Camiño de Ponteporferro< O cura de Santa Mariña págalle ao presbítero, licenciado  en Sagrada Teolixía e Profesor do Seminario de Lugo, 100 pesetas polo Sermón do Xoves e o Venres Santo.- Pedro Loureiro pregunta polos regos feitos  por Xosé Vales .- Suprimen os arbitrios  de prezos públicos na Feira do Seis para consolidala.- Reclamación para que o Estado reintegre as aprtacións feitas polo Concello  ao Exército e á Garda Civil.

( 2 de maio ).- Formación de remprazo.- Acacio Blanco , licencia para facer unha casa no hectétro 2 da Estrada do Mazadoiro a Lamarrigueiras e Estrada de Pedrafita.- Licenza a Xosé González Pérez, de Ferriros, para facer unha  casa na Barcia.- Por un asun to de augas en Treilán Santiago Sarry denuncia a  Xosé López Arias.

(  16 de maio).-   Renuncia de Xerardo  Macía López á praza de escribente e nomean provisoriamnte a Henrique Vázquez Pérez.,  Discusión sobre a distribución dos Distritos.- Poboación: 11.592 habitantes. Barreal de Corvelle pide  licenza para facer unha casa na Estrada de Baralla. O Notario Acevedo cobra 35,40 pesetas, por unha acta de subhasta. Formación do Censo de Habitantes.

( 23 de maio ).-  Licenzas para facer casas a favor de Santiago García Álvarez ( O Mazadoiro ).  Euxenio Páramo López ( San Fiz de Vilapedre ). Comisión da Festa de Corpus Christi: Xesús Carreira e Euxenio   Álvarez.

( 6 de xuño ).-  Autorizacióna Xosé Somoza Díaz  para abrir unha fiestra no número 62 da Rúa Maior-A Pedreira.

 ( 13 de xuño ).- Aprobación das eleccións municipais de maio de 1891, Ingresan 200,01 pesetas no Tesouro Público polo impostode Consumos. Pedro Piñeiro Neira, representante do gremio do sal.

( 1 de xullo ).- POSESIÓN DO NOVO CONCELLO.- Alcalde: Evaristo Gayoso Losada. 1º Tenente Alcalde : Amadeo Macía Vázqiez. 2º Tenete Alcalde: Amador López Martínez  3 º Tenete Alcalde : Agapito Lois Cabañas. 4      Tenente de Alcalsde:  Xoán López Suárez.  Procurador Síndico: Xesús Carreira Carrete. Concelleiros: Xosé María Rodríguez, Ignacio Valcárcel Fernández, Xoán López González,  Manuel López Fernández, Matías Vázquez López, Antonio Sánchez Granas,  Xusto Macía Vaamonde, Manuel Rivera Macía, Manuel  Rivas Goaynes, Xosé Vázquez Castiñeira,  Xosé González Pérez, Xosé Losada López.

( 4  de xullo ),.  Comisións:  Gobernación e  Facenda Nomeamento de Alcaldes de Barrio,. Compra de sustancias para matar os cans  que andan ceibos polas rúas e para evitar  o repugnante  ladrar dos cans nas rúas e prazas.

( 11 de setembro ).- Fixazon dos prezos  para valoración de rendas  de 1890.- 100 pesetas  para o arranxo  do calellón existente  entre as casa de   Xoán Cabarcos  e Manuel Lois ( Calellón de Lois, que vai da Rúa Maior á Pedreira ).

( ARRANXO PARROQUIAL PROMOVIDO POLO BISPO DE LUGO GREGORIO AGUIRRE GARCÍA, , POR DECRETO DE 9 DE AGOSTO DE 1890, PUBLICADO NO BOLETÍN OFICIAL DA DIOCESE DE LUGO EN 9 E 11 DE SETEMBRO DE 1891 )

Aínda que o arranxo  parroquial naceu  para a aplicación  dunha necesaria reforma  das freguesías , racionalizando espazos e suprimindo  unidades pastorais  formadas por pequenas  comunidades , o certo é que as autoridades civís aceptaron sen reserva  as alteración de estremas e as segregacións e agregacións de lugares, seguiron mantendo , no caso concreto de Sárria, mantiveron as paroquias " civís", malia a que  a efectos eclesiásticos  desaparceron varias delas

Variacións  introducidas  polo arranxo diocesano:

a ).- Supresión eclesiástica  da parroquia de San Martiño de Requeio  que se integra na parroquia de San Salvador de Sarría,  agás as  casas da Veiguiña que pasan para San Salvador de Vilar de Sárria. O Concello  mantivo  a parroquia  de Requeixo, e  a Veiguiña  mantívoa dende entón como lugar de Vilar de Sárria.

b).- A parroquia de San Fiz de Vilapedre intégrase na  de Santa María de Vilar, agás o lugar de Tremeado, que pasa para San Xulián de Frades, e a parte de  Guillade que era de San Fiz queda enadida á parroquia de Santalla de Arxemil. ( a integración eclesiástica de Tremeasdo en Frades non se chegou a producir ).  O Concello de Sárria aceptou  que o lugar de Guillade, comou unidade pobocional, quedase por enteiro dentro da parroquia de Arxemil

c).- O lugar de Ferradal, que era de San Miguel de Piñeira , pasou para a parroquia  de San Xulián de Chorente. O Concello de Sárria aceptou esta modificación-

d).- A parroquia de San Mamede da Chanca gaña os lugares  de Tribui e Refoxo , que eran de Piñeira ,e todo o espazo delimitado polo Mesón do Alvafedo e a Ponte de Vilar de María.O Concello consagrou o aumento  territorial desta parroquia.

e ).- A Casa de Río, da parroquia  de Santa María de Ortoá, pasa á parroquia de San Pedro de Maside. O Concello de Sárria aceptou  a segregación.

f).- A edectos eclesiásticos os lugares de Fonteabuín e Pedrafita, da parroquia de Sntiago da Veiga ( Sárria ) pasaron á pattoquia de San Salvador de Larín ( Láncara =.  A efectos civís  esa decisión non tivo efecto ningún  e seguen a ser parte de Santiago da Veiga.

g).- O lugar da Veiga de Arriba ( Veiga do Pozo ) que era das parroquias de San Salvador de Sárria e de San Pedro de Maside integrouse por enteiro en Santiago de Farbán. O Concello de Sárria deu aprobación  á esa segregación.

h ).-  San Salvador de Sárria perde unha casa na Veiga de Arriba e gaña toda a parroquia de San Martiño de Requeixo ( agás as casas da Veiguiña) e os lugares de San Lázaro, A Estación e Estrada do Mazadoiro. Ademáis  pasan a esta parroquia  varias casas da Rúa Maior que pertencían a Santa Mariña.

As estremas da parroquia de San Salvador quedaron establecidas así: Principiando na casa de Antonio Macía Cedrón.  segue ao lugar de Ribela  e a casa de Vela incluída, e desde esta á Ponte Vella  , pola la outra. A estrema coa parroquia de San Pedro de Maside  principiando  na Ponte de Celeiro ( Ponte de San Lázro) seguía á Fábrica de Treilán ( Casa de Sarry ).

i).- A parte do lugar do Couso, que pertencía a Santo André de Paradela, pasou a se integrar na parroquia de San Miguel de Piñeira.


Comentarios

Publicacións populares