CONCELLO DE SÁRRIA ( 1874 )
CONCELLO DE SÁRRIA ( 1874 )
ACORDOS CORPORATIVOS
Alcalde : Laureano Älvarez Pereira
( 15 de xaneiro ).- Alistamento de mozos para o Exército.- Requisa de cabalos, en 18 ou 20 días, sen demora deberá poñelos en Lugo o comisionado Francisco Barrio. Gratificado con 7,50 pesetas.
( 25 de xaneiro ).- O Gobernador Civil esixe que se presente en Luo o cabalo nº 134 que Xosé Rodríguez de Sárria lle vendeu a Antonio Somoza, de San Pedro de Froián. Comisionado : 7,50 pesetas.
( 8 de febreiro ).- Soldados en quintas- Entrega en Lugo e gratificacións a quen os recoñeceron, tallaron e levaron aos mcuarteis.
( 8 de marzo )- Alocución dirixida aos veciños para que fagan aportacións voluntarias en diñeiro para as necesidades de Guerra na Península e nas Antillas- Acordan facer una suscrición popular porque o Concello non ten fondos. Hilario Rigueiro, de Piñeira, ocupou parte da Chousa de Currás e un camiño.Domingos Rodríguez , de Piñeira, ocupou o camiño quer de Piñeira vai á Feira de Paradela ( lugar do Palacio en Santa María de Vilamaior )..-
( 29 de marzo ).- Francisco Rodríguez solicita licenza para refacer a casa da súa propiedade na Escaleira da Fonte ( entre a Praza de Vista Alegre e a Estrada de Valdeorras )
( 5 de abril ).-O ALCALDE SE SÁRRIA ARRESTADO NO CÁRCERE DE LUGO.- O día 4 de abril o alcalde sarriao foi arrestado no Cárcere da cidade de Lugo. Acordo do Concello: " Que identificada como se acha a Corporación co seu celoso compañeiro no referente ao sostimento da orde públics , así como en combater con cantos medios existen ao seu alcance a imponente insurreción carlista, lenamtada en armas até nesta mesma provincis cre, que levando a cabo por motivos que ignora a prisión ou detención do dito Presidente non pode continuar mercendo a confianza que até aqui lle dispensaron as distintas Autoridades Superiores da Provincia , E protestando continuar como até aqui , con vidas e facendas a carón do Goberno ( da Nación) que con tanto acerto como abnegación e patriotismo rexe os destinos da España Liberal , PRESENTA RESPECTUOSAMENTE A DEMISIÓN ao Señor Gobernador Civil, rogándolle encarecidamente se sirva admitila e proceder en virtude da faculdade en que se acha investido ao que teña por convinte". Asina como Presidente , Xoásn Carreirs, na compaña de Grandas, Cabarco, Macía,, Núñez, Solance, Castro, Díaz Saco, Somoza, López e Rodríguez.
( 26 de abril ).- Reciben comunicación de que o Alcalde é restituído ao seu posto e outro de non aceptación da demisión do Concello.- Entra como novo conelleiro, Xosé Castro de Corvelle.-Neira Solance cesa na Xunta Pericial.- Con relación ao Monte de Lagoela xurde controversia entre os veciños de Bade e os dc Vilamaior.
( 5 de maio ).- Chamada quintas aos mozos de 19 anos.
( 10 de maio ),. Henrique López de Piñeir e otros denuncian apresos no Monte de Piñeira.
( 21 de maio ).- Votación do Orzamento 1874/1875 , cos Asociados. Gastos: 23.757,80 pesetas, Ingresos: 3,956, m71 pesetas.<
( 31 de maio ).- Sobre Quintas.- Denuncia por apropiación de camiño en Santo Antolin.
( 17 de xuño ),. Repartición de impostos.
( 28 de xuño ),. Contrtrista s Francisco Grela e Manuel Castiñeira, por obras da PRAZA DO MERCADO, 945 pesetas pola obra do Murallón. Para os pobres : 22,25 pesetas. Valixa propia do Concello: 121, 50 pesetas.. Desmonte dun penedo na Rúa do Murallón ( 255 pesetas ). Alumeado Publico, 375 pesetss a Xosé Goyanes Ulloa. Alumeado do Cárcere, 250 pesetas, a Xosé Monteagudo.- Sobre Camiño de Santo Antolín e represa.
( 9 de xullo ).- ( Preside ; Xoán Carreira ).Sobre impostos.
( 26 de xullo) : ,. Comunicación da formación de 80 batallóns da Reserva, con 125.000 homes.- Soreo dos soldados.
( 23 de agosto ).- Quintss : Presentación dos mozos.
( 28 de agosto ).- Necesidade de facer provisión de cédulas persoais.
( . 6 de setembro ),. Formación da Xunta Local de Instrución Primaria.- Quintas: Foron alistados 564 mozos. Houbo que mercar bolas para sacar as sortes de soldado ao chou ( 35 pesetas )
( 13 de setembro ).- Aprobación de Valores do Produtos, en 1873, ao efecto de rendas.-
( 17 de setembro).- Reclamacións por Quintas
( 27 de setembro ),. - Votación definitiva do Orzamento Repartición de impostos.
( 11 de outubro ),. Xosé Llois Rivas denuncia a Antonio Buján Rodriguez por apreso que estreita o Camiño da Pedreira ( 2 metros ) Desmonte dun penedo na Rúa do Murallón: 255 pesetas. Alumeaco
( 25 de outubro ) ,. ( Xoán Carreira ) Sobre repartimentos de impostos
( 15 de novembro ).- ( Xoán Carreira ) Licenza a Buján Rodríguez para obra no Camiño da Pedreira. 670,75 pesetas por , obras de arranxo na Praza do Mercado.
( 27 de novembro )..- Xoán Carreira,Sobre impostos.
( 6 de decembro ) .- PRAZA DO MERCADO. Francisco Grela rematou ao muro que remata a praza pola banda da Rectoral de Santa Mariña. Inversión: 177,50 pesetas.
Comentarios
Publicar un comentario