CONCELLO DE SÁRRIA ( 1871 )
CONCELLO DE SÁRRIA ( 1870 )
ACORDOS CORPORATIVOS
Alcalde 1º.- Xosé Macía de Neira. Alcalde 2º.- Manuel de la Vega Armesto.
( 26 de xaneiro ).- Lectura de boletíns oficiais.- Proxecto de REGULAMENTO DE POLICÍA URBANA E RURAL.- Expediente de exención de venda de montes.- Ao falecer a Mestra da Eascola de Nenas, María Trigo e Salgado o día 20.01.1871 , enoméndanlle a función de mestra interina a súa filla Elisa Torneo e Trigo.
( 9 de febreiro ) Acordan pagarlle 30 pesetas a Fernando Nogueira, de Sárria, polos socorros dados a Ventura Díaz de Lousadela, Xosé López de Arxemil e Xosé López de Barbadelo feridos na represión do tumulto que houbo perto da vila ao disparar os soldados que lles querían impedir o paso contra o grande número de labregos que se dirixían a Sárria para se manifestaren contra o que consderana impostos inxustos.. -Aproban o gasto da compra de oito furnas para as eleccións de Deputados. e Compromisarios.-Gasto de papel oficial no Xulgado: 37,50 pesetas.- Acordos sobre montes en man común.- En subhatas adxudícanlle o alumeado público a Xosé Fernández Monteagudo en 315 pesetas.
( 15 de febrero ).- Camilo García Vaamonde e Macía: Administrador Subalterno de Rendas
( 27 de febreiro ).- Fixación de impostos de cédulas de empadroamento, de armas e caza.- Acordo dobre quintas.- Certificacións sobre contribución.
( 30 de marzo ). Nomeamento para formar a Comisión para redación de Orzamento
( 11 de maio ).- Recoñecemento dos quintos polos médicos Manuel Saco Quiroga e Valentín Lois Cabañas,. Denuncia contra Pedro Castaño , de Mouzós-Meixente, por facer unha represa no medio do lugar,. Recoñecemento do Camiño de Ferreiros a Corvelle.- Denéganlle ao sobrestante de estradas , Manuel Díaz, a petición da exención de dar aloxamentos a soldados da tropa destinada na vila,
( 18 de maio ).- Unha Compañía do Batallón de Cazadores de Mendigorría e o Delegado do Goberno, Ambrosio Collazo, están persoados na vila "para venceren a resitenza ao pagamento do imposto municipal e provincial "- Xosé Abad, de Céltigos , denuncia a Domingos Abelleira por apropiación de camiño.
( 24 de maio ).- Reunión do Alcalde e o Xuiz de Primeira Instancia, Ramón Guerra, para nomean Mestre Axudante da Escola de Padroado de Mondín. Lier , a Roque Goy Prado.
( 15 de xuño ).- Gasto ocasionado pola celebración do Corpus Christi, festa oficial do Concello: 75 pesetas. Arranxos na Casa do Concello: 15,33 pesetas.
( 19 de xuño ).- Aprobación do Orzamento. Gastos: ).755,04 pesetas. Ingresos: 6.841,67 pesetas.
( 27 de xuño ).- Fixación dos valores dos froitos de 1870 aos efectos de rendas,. Repartición do cupo da contribución territorial.- Denuncia de Antonio María Pardo, de Vilar de María, contra Hilario López de Callás, pola ocupación dun camiño de pés.
( 27 de xullo ).- Recepción de quintos.- Nomeamento de Mestra da Escola Publica de Nenas, co carácter definitivo, a favor de Elisa Torneo Trigo, resultando exluída Xosefa Salgueiro Noguerol.
( 10 de agosto ) ,. Adxudicación a Francisco Saco Quiroga do aceite para o alumeado do Cárcere do Partido, en 325 pesetas. O concurso para o alumeado publico en rúas e prazas declarado deserto.- Informe favorable para facer un pontón carretal riba do río Srria, en Barxela de Lier, para anchealo por prestación persoal, Discusión sobre o Mesón dos Alvaredos e a súa pertenza ou non ás parroquias de Albán ou Reimóndez, prantexada por Mauel López.- Xosé González, de Loureiro de Barbadelo, atrancou o Camiño do Espiñeiro con grandes penedos.- O Porteiro do Concello , Manuel María Rodíguez, pide permiso para se ausentar por tempo de dous meses á vila de Madrid.
( 25 de setembro ).- Reunión para determinar a Xunta de Asociados,
( 25 de setembro ).- Toma de posesión dos Asociados propostos,
( 16 de outubro ).- Repartición para cubrir o déficit municipal.
( 26 deoutubro ).- Adxudicación do alumeado publico de rúas e prazas a Antonio García en 375 pesetas.
( 9 de novembro ).- Sobre Quintas.
( 16. de novembro ).- Fixación dos Colexios Elecorais e as súas sedes, en Sárria, A Vilñerma, Tosal, A Aguiada e Vilar do Monte. O número de electores : 2.583 . Concelleiros a elixir: 18.. Eleccións sinaladas para os días 6, 7, 8 e 9 de decembro. Repartición de conceleliros segundo os distritos:
Sárria: 5 cosceleliros; A Vilerma, 3 concelleiros ; Tosal, 2 concelleiros ; A Aguiada, 3 concelleiros; Vilar do Monte, 5 concelleiros..
Expedientes de profugos.- Antonio Peña nomeado Xuiz Municipal,, Por casa da rabia ( hidrofobia ) morreu unha persoa , gado e outros animais. Atorizan a morte instantánea de todos os cans soltos.
Composición do Concello : Alcalde 1º: Xosé Macía de Neira. Alcalde 2º : Manuel de la Vega. Concelleiros: Anxo Fernández Galelgo, Antonio Macía de Neira, Xoán Sarry, Antonio Peña, Ramón Moreira, Xosé López Vázquez, Xoán Antonio Ulloa, Antonio López Valcarce, Frutuoso Rodríguez, Xosé Lois Rivas. Segredario: Antonio Vázquez Macía.
...........................................
No ano 1871 a circulación oficial de moeda pasou a facerse en pesetas
Comentarios
Publicar un comentario