CONCELLO DE SÁRRIA ( 1890)

                                                        CONCELLO  DE SÁRRIA

                                                     ACORDOS CORPORATIVOS

( 1 de xaneiro ).- POSESIÓN DO NOVO CONCELLO- Alcalde : Xosé Vázquez Castiñeira. Primeiro Tenente Alcalde : Anxo Fernández Gallego.Segundo Tenente de Alcalde : Camilo García Vaamonde. Terceiro Tenente Alcalde :  Amadeo Macía Vázquez. Cuarto Tenente de Alcalde: Santiago Sarry González. Rexidor Síndico: Xesús Carreira Carrte.  Rexedor Síndico 2º : Modesto Rivas Viñas. Concelleiros:  Xosé López Vaamonde , Manuel Rivera Macía,  Evaristo Gayoso Losada, André de Castro Vázquez,  Antonio Grandas López, Amador López Martínez, Xosé González Pérez, Pedro Rodríguez de Tribui, Antonio López de Teibalte, Modesto Rivas Viñas, Xosé Losada López.  Sesións: Os xoves. No inverno, ás tres da tarde, ás 5 da tarde, no verán.

(  1 de xaneiro ).-  Elección dos maiores conyribuintes.

( 2 de saneiro ).- Nomeamento de Comisións:  Formación do Inventario de Bens Municipais.- Nomeamento de Alcaldes de Barrio.- Aproban comprar 10 Libros  para o Rexistro Civil.

( 9 de xaneiro ).-  O  concelleiro Macía Vázquez "babardea" con temas intrascendnetes.-  Deuncia por ocupación do camiño que desde o Paso a Nivel  da Áspera levaba a Penagavhe , en Maside, antiga Corga de Bazelar ( desaparecida ).- O Concello acorda arranxar a arca de madeira de pino onde se deposotaban os fondos municipais.- Acordan adquiiri un bastón de mando para o Alcalde  e unha bandeira.- Acordo de facer un Regulamento interno para o Concello..

( 16 de xaneiro ).- ( Non houbo sesión )

( 18 de xaneiro ).-  Acordan facer unha arca para deposito de fondos, de madeira nobre.-  O Reximento de Reserva posúe tamén unha boa arca de madeira para custodia de fondos.- Non acceden a remitiren pezas de convicción por furto, de Tomé Sánchez López , por conta do  Concello, á Audiencia do Criminal de Lugo.- Antonia Fernádez  e Manuela López, de Vigo, teñen causa por roubar leña no monte común  Para  axudar á pobre Ramona Iglesias, de Ferreiros, de 60 anos, e procedente  da Inclusa, danlle 25 pesetas. Informe sobre o Camiño de Penagache. Orzamento do mes:: 3.349,62 pesetas.- Formación do Inventario de Bens Municipais.- Denuncia de perigo de incnedio na casa de Xosé María Rodríguez . Limpeza de reblo na Rúa Maior: 16,50 pesetas, Arranxo de mobiliario novo as do Xulgado: 151 pesetas, aos comerciantes  Xosé Gayoso e Domingos Prado ).- Redacción do Regulamento da Garda Muncipal para que faga vixianza  polas noites.- Pasa a informe o arranxo da Corga do Río.- Acordo de compra de tres ferrados de madeira que sirvan de padrón para a medida da grá.

(  23 de xaneiro).-  ( Non se celebrou sesión )

( 25 de xaneiro ).- Lectura de circulares.- Manuel Reboiro Loiis solicita licenza para facer  unha casa na Cortiña de San Lázaro ( Maide )-Casa Reboiro do Lázaro.- Axuda de 15 pesetas ao enfermo Francisco Vázquez e a súa esposa , veciños de Vigo de Vilar de Sárria.- Expedeinte para instalar na vila de Sárria un HOSPITAL, aproveitando unha subvención  da Deputación Provincial  de 3.000 pesetas.Fixación de 5 Colexios Elecorias no municipio.

( 30 de xaneiro ).- ( Non se celebrou )

( 6 de febreiro ).- Acordo sobre imposto de Consumos.- Reclamación polos encabezamentos do  viño.- Xosé Xacobo  Cabada  remata o enllousado de 80 m/2 na Rúa Maior.- Incendio no forno de  Manuel de Castro. Arranxo das vías publicas.- Concesión de 15 días de permiso por asuntos propios a Santiago Sarry.

( 27 de febreiro).- Acordo de exceptuar da venda os montes comúns.- Xunta Local de Instrución Primaria.- Francisco González, Garda Municipal,  comunica que un vento furacabado tirou tres farois do alumeado público.- Envío por bagaxe  dos efectos xudiciais  -a Audiencia<Gastos de febreiro:  3.449, 62 pesetas. Gastos de marzo; 3,449 pesetas.. Acordo de repolar as árbores.- Proxecto de escaleiras , aliñación, alcantarillado, empedrado   e beirarrúas dun treito de da Rúa Maior encomendado  a  encomedado a don Xoán de Castro, segundo proxecto de don Francisco Pousa.-

( 6 de marzo ).- Autorización de peche da finca Olga  na estrada de Monforte , a  Xosefa Fernández de Chorente. Denuncia por obras en C-eltigos<  150 pesetas  ao mestre de obras  Francisco Pena , que  fixo o prxecto de bancos para a feira e arranxo de rúas fixo a beirarrúa s dos números pares  desde a escaleira  da Rúa Murallón.

( 13 de marzo ).-Manuel María Rodríguez pide as augas que baixan pola Rúa Maior, para  levalas  á  horta do número  72, A Escola de San Salvador da Pena  ubicada na  casa de Xoán Rodríguez Pérez  ten unhas dimensiósn de  4 X 5 X 2,5 metros e so ten dous ocos., o mestre non pon escola desde hai un ano, cobra e atende os bens do seu pai e por iso inician expedeinte de reintegro de haberes. Compra de 7  colunas para farois do alumeado publico Acordan rectificar a parte central da Escaleira da Fonte ( Rúa Maior-Rúa da Librerdade ) facendo de máis largor os trancos centrais.

( 27 de marzo ).-- Sobre Quintas.- Licencia para facer unha casa en Calvor (  Manuel Villanueva García ) , no Souto de Perros.- SEMANA SANTA.- Para solemnizar  a Procisión do Santo Enterro e para sufragar o gasto de alumeado da mesma e  gratificar ao señor Cura oregador do Sermón do Xoves Santo,, sinalan 75 pesetas,. Mes de Abril. Gastos,. 3.449,62 pesetas.- 159 pesetas  para as obras da Rúa Maior e  a Escaleira da Fonte.

( 17 de abril).- Luis Iglesias Labarta chnta 8 árbores de adrno diante da súa casa e xardin da súa casa na Rúa Matías López ( onde agora está o Edificio Marquesado de Sárria ).- Licenza a  Manuel Alfonsí Cedrón para construir unha casa. Licenza  a Antonio López López para facer unha casa en Rubial-Calvor.- Matías López López pide licenza para arranxar a súa casa da Rúa Maior-Travesa da Igrexa.Arranxo do camiño que comunica coa Pedreira,.Farois do alumeado público.  1  en Tras Igrexa,  1 no camiño-estrada de Baralla, 1 entre a casa de Benigno Liz Carreira  e o Cuartel da Garda Civil, outro dentro da Praza,  1 na baixada á Rúa Matías López, Non hai posibilida de cambiar a ubicación do Cuartel. Piden que libre de quintas  Pedro Saco Pradeda  porque o seu irmñan Manuel Saco Pradeda aprehendeu  un profugo., Valentín Río Fernández,, de Alfoz-

( 24 de abril ).- Licenzas de obras a Alfonsím e outros.- Informe sobre a escaleira pequena ( Calellon de Lois ),. 75 pesetas para arranxo da Corga do Río. Xosé Vázquez Perria fai a enterga de quintos en Lugo.- Gastos do mes : 3441,62 pesetas.

( 1 de maio ).-  Proxecto da Estrada Sárria-Samos-Pedrafita  con ramal  ás Augas do Incio, orixe na Estación do tren ( Sección de Sárria ),. ARRANXO PARROQUIAL: Toman coñcemento das moficicacións introducidas polo Bispo de Lugo das parroquias do Concello de Sárria, e en especial das estremas das parroquia de  de San Salvador e Santa Mariña de Sárria.- Fixaxión dos cupos do imposto de Consumos.

( 6 de maio ).- Imposto sobre o consumo de alcois.- Poboación do Concello en 1877:  10.084 habitantes.

(8 de maio ).- Remprazo de 1890 e outros.- Contribuciós.- Deslinde da estrema con Láncara. Petición de venda de billetes de tren con desconto para ir aos baños.- CREACIÓN DA FEIRA DO SEIS. Uha vez desaparecida a que na mesma data se celebrara no Mercado da Serra ( Barbadelo ).

( 15 de maio ).- ( Non se celebrou )

( 17 de maio ).- Expedieite de venda dos materias   da caseta de fumigación da Estación do tren.Convocan provisión de praza de mestre auxilair, cun soldo de  500 pesetas.- Comisión para a celebración da Festa do Corpus Christi. Manuel Díaz de Freijo presenta protesta polos perxuizos que lle causa a obra da escaleira na súa " Horta da Calle".

( 22 de maio ) .-  Sobre os impostos  ao Ramo do Viño,. Acordo de levantar o muro da horta de Manuel Díaz de Freijo na Horta da Calle-

 ( 11 de xuño ).- Reunión do Concello cos contribuíntes Asociados.- Arrendamento da imposición de Consumos.-fixación de bases. PoboacióN Na vila 1.500 habitantes.  9.301 habitantes no extrarradio ( medio rural )

( 12 de xuño ).- ( Non se celebrou )

( 14 de xuño ).-  40 persoas incluídas na lista de expendedores de viño.-  Aparece unha cristura abandoada  na Aira de Antonio Castro de Reimóndez, e  pásana á Inclusa.-  Pedro López Rodríguez, licenza para facer unha casa no quilómetro 24 da Estrada de Valdeorras.- O Alcalde de Samos pide o arranxo do Csmiño do Oural a Samos por Vilarda Torre.- Denegación dos descontos pedidos para as vaixes aos baños.- No Río de Pude en San Vicenzo de Froián botaro augas fecais , e piden que as limpen os veciños.- Piden que se arranxe a Ponte de Liñares en Piñeira.-  Telegrama dirixido ao inventor Isaac Peral , " como homenaxe de admiración "

( 19 de xuño ).-  Denegación de aumento de soldo aos gardas municipais,. Toman coñecemento  da aparición do cólera morbo en Valencia. Recurso.-  Construción de 75,10 m/2 de enlousado na Rúa Maior.

( 26 de xuño ).- ( Non se celebrou )

( 28 de xuño ).-Contestación do inventor  Isaac Peral ao Concello, Informe para arranxo de camiños en San Vicenzo de Froián. Recurso de alzada por impostos.. Festa do Corpus Christi:  152,08 pesetas.- 29 pesetas a  Xosé Trebolle para que ateda na súa casa a  Xosé Somoza de Barxa , ferido casualmente por arma de fogo.

( 30 de xuño ). Encarga a  Xosé Xacobo Cabada as obras de enlousado na Rúa Maior.-

( 3 de xullo ).- ( Non se celebrou )

( 5  de xullo ).-  Deuncia por obas no Rego de Vigo. Anxo Somoza Somoza    libra da sorte de soldado por aprehensión dun  prófugo.

( 10 de xullo).-  Fixación dos Valores dos Froitos de 1889 a fectos de pagamento de rendas.- Remate das obras da Escaleira da Fonte. Orzamentos.

( 17 de xullo ).-  ( Non se celebrou )

( 19 de xullo).-  Comisión para sinalar praza para un  semental bovino.- Xosé María Rodríguez, da  Áspera, denucua obras ilegais no Camiño da Áspera  á Veiga de Arriba.

( 24 de xullo ).- 15 pesetas para axudar a unha pobre da vila.-  Sobre pobreza de  Benita Folgueiras , de Louseiro.- Resolución sobre camiño en Vilapedre.- %1,45 pesetas a  Xoán Castro  Carreira, por obras na Rúa Maior.

( 31 de xullo ).- ( Non se celebrou )

( 2 de  agosto ).- Renuncia do encargado do reloxo publico, Pedro Pallares.

( 12 de agosto ).- Sobre repartición cosumos sobre alcoois.

( 14 de agosto ).- Volve  facerse cargo do relñoxo Pedro Pallares.

 (  14 de agosto ).-  Concerto forzoso cos  provederoes de bebidas alcoólicas- Averiguación das persoas que especulan con viño.

( 18 de agosto ).-Concello e Vocais Asociados  acordan fixar impostos por concerto voluntario

( 26 de agosto ).- Sorteo dos Vocais Asociados.

( 4 de setembro ).- Non se celebrou.

( 11 de setembro ).- Aprobación dos Orzamentos polo Gobernador Civil.-  Concesión de premios na Primeirs  Feira do Seis.

( 25 de setembro ).-Concerto co Ramo de Liquidos para fixación de imposto.

( 9 de outubro ).- Don Pedro Alexandre  Molo Agostiño Paterno e de Vera  Ignacio, natural de  Manila , provincia de Manila, de 33 anos, solteiro, avogado, veciño da Rañoá, en Santa María de Vialr solcita veciñanza.- Tamén a solciiat dona Luisa  Piñeiro e Merino, natural de Madrid.- Elección da Xunta Pericial.- O Xuiz de Instrución , Euxenio Neirasolicita habilitación dun salón para a celebración dos Xuizos por Xurados sinalados  para os días  20 e 21 de novembro, e faciltan para iso a Escola Publica de Nenos, na Avenida da Feira.  Solicitde de que fagan drenaxe no Regueiro de Cadeita, en Corvelle.

( 23 de outubro ).- ( Non se celebrou )

( 25 de outubro ).-  Carta de Matías López López sobre a  supresión de Xulgados de Primeria Instancia, e acordan dirixirse ao Conde Pallares,  Manuel Becerra, Benigno Quiroga López Ballesteros  e Matías López López para que xestione que non se suprima o Xulgado de Sárria.Licenza a Acacio Blanco para facer unha casa na estrada do Mazadoiro á Lamarregueira. Obraa na Fonte de Farbán ( quilómetro  27,400 ). Ocupación  do Camiño das Trigueiras no Castro dos Petos.- Sopre arranxos da Ponte de Fero e do Pontón en Goimil, e volta do río ao seu cauce anterior.- O axente do Concello de Sárria, en Lugo,  Rafael Méndez  infroma sobre impostos.

( 30 de outubro ).- ( Non se celebrou )

( 1 de novembro ).-  347. 53 pesetas de gasto para preparar o local de celebración de  Xuizo por Xurados na vila.-  79 pesetas por elevación de rasante   da portada da Casa de Alfonsín.-  Pagamento das obras da Rúa Maior.- Manuel Castiñeira por  caleado e branqueo do Cárcere, 150 pesetas.

( 13 de novembro ).-  Adquisición  de  8 furnas de cristal  para elección,  ao prezo de  32 pesetas acda unha , a Rafael González  Gutiérrez, de Madrid. Estudo dunha nova distribución do alumeado publico.- Aprobación de contas.- Renucia do reloxeiro interino, Pedro Pallares e entra o novo encargado , Felipe López Pàram, que sinala  defectos no reloxo e  no piso da torre.- Ocupación cunha esclaeira de pedra no  Camiño de Riba dos Namelos en Treilán.

( 15 de novembro ).-  Sobre impostos.

( 20 de novembro ).- ( Non se celebrou )

(  22 de novembro ).-Sobre Quitas.- Colexios Electorais: Casa Consistoial: Cedrón de Piñeira ( Casa de Francisco  Sánchez-Vento ): San Pedro de Froián ( Casa Rectorsl ); Barreiros de Ortoá ( Casa  Granxa ) ; Lousadela ( Casa de Tomé García ) ; Corvelle ( Casa de  Xosé Pérex );.- Licenza para unha acsa na estrada de Portomarí quilómetro 1,400, a  Xesús Castro Castiñeira.

( 27 de novembro ).- ( Non se celebrou )

( 29 de novembro ).- Xosé Vázquez Pereira, pola entrega de quintos: 12,50 pesetas..Licenza para facer unha casa  no Mazadoiro,,a Santiago García-

MODIFICACIÓN DE ALGUNHAS PARROQUIAS DO CONCELLO PROMOVIDA POLO BISPO DE LUGO, QUE PRODUCIU , EN PARTE DELAS , EFECTOS CIVÍS.--------------------------------


Comentarios

Publicacións populares