CONCELLO DE SÁRRIA ( 1877 )
CONCELLO DE SÁRRIA ( 1877 )
ACORDOS CORPORATIVOS
( 2 de xaneiro ).- Listas de electores.
( 18 de xaneiro ).- Alistamento de mozos.- Elección de 16 concelleiros.- Concédenlle ao Secretario dous meses de permiso.- O taberneiro Xosé Vázquez apropiouse dunha zona do camiño que vai de Sárria a Portomarín.- Manuel de Castro "Zagarra", pobre de solemnidade, fpi acollido por Fernando Nogueira ( 1,50 pesetas por dá).- Suscrición á Gaceta Agrícola do Ministerio de Fomento, 18 pesetas semestre.- Sobre o imposto de Consumos.- Acordo sobre a Fonte de Maside.-Invasión dun camiño en Vilapedre.- Elección de concelleiros os días 7, 8 e 9 de febreiro, establecendo 5 Colexios Electorais.- Adquisición do Nomenclator de Galicia.- Pedro Castro " Conde ", de San Xoán de Fafián pide información posesoria dunha finca e un muiño en Fafián
( 25 de xaneiro ).- PASO NO PIVIDAL, no Camiño de Castela, entre O Carballal e San Pedro do Camiño. Empregan 40 carros de pedra para facer un pasal de 75 metros de lomgo e catro canles descobertas Necesidade urxente de 2.500 pregos de papel para o Xulgado. Vocais Asociados.
( 19 de febreiro ).- Publicaación la Lista de Maiores Contribuintes no concello de Sárria.
( 28 de febreiro ).- Aprobación de listas.
( 1 de marzo ).- POSESION DO NOVO CONCELLO.- Alcalde ; Manuel Vaamonde. Concelleiros :Xusto Macía Vaamonde, Manuel de la Vega Aud, André de Castro, Xosé Fernández Monteagudo ( Síndico ), Euxenio Alvarez,, Manuel López Valcarce, Euxenio Neira Solance , Xosé Somoza Díaz,. Hilario Pombo, Xoán Carreira, Antonio Vázquez, Xosé García Fernández , Ramón Abad, Antonio Grandas.
( 4 de marzo ).- Comisións Orzamentos, Policía Rural e Urbana, Obras Públicas; Hixiene, Matadoiro e Abastos Xunta Municipal e Asociados.- Nomeamento de Alcaldes de Barrio.
( 11 de marzo ).- 1,266, 71 pesetas para facer a meseta e pretil da Praza do Mercadso.- Urxente necesidade de facwer obras na Ponte Ribeira.- Protesta contra o reestanco do sal
( 1 de abril ).- Proxecto de Orzamento,
( 29 de abril ).- Xunta Pericila.- Xoaquín Vera Vera , capataz interino de camiños e obras, cun soldo de 2 pesetas por día.- Pagan a Francisco Grela 1,250 pesetas polo murete e pretil da Praza do Mercado.- Condicións técnicas da obra dos pasais do Pividal ( Acta sen asinar ) .-
( 11 de maio )..- Orzamnrto : 26.207, 35 pesetas. Gastos : 4.321, 64 pesetas, Ingresos- O déficit de 22.088, 44 pesetas cubriráse cun orzamento adicional, con arrendsmento da repartición de impostos ( acta sen asinar )
( 20 de maio ).- Francisco Valiña López, de Santa María de Lier ( recibe 68,75 pesetas para facer o pasal do Pividal ( acta sen asinar )
( 17 de xuño ).- Alistamento de 42 soldados. Gasto da Fest do Corpus, 125 pesetas, Xosé Toural Vales pide facer 6 ALPENDRES NO CAMPO DA FEIRA ( acta sen asinar )
( 24 de xuño, Día de San Xoán ).- Axudas a enfermos ( 22,75 pesetas ).- Composición de cadeirass, sillóns e banquetas, cristais , balcón,etc ( 66pesetas ). 500 pesetas ao contratista Grela pola metade da compostura do pretil. OBRA NO PIVIDAL.- Camiño de Castela : Pasal de pedra de 6 cuartas de largo e 55 varas galegas de longo, con catro canles de a dúas cuartas para facer de sangradoiros da auga da lagoela.- Xoaquin Vera polas obras de arranxo da Ponte Ribeira recibiu 389,50 pesetas.- Acordan arranxar as rúas e as súa beirarrúas. ( Acta sen asinar 9
( 8 de xullo ).- O Concello aporta 100 pesetas para a Feira Rexional de Lugo-Ocupación da Calzada do Axeito en San Sadurniño de Ferreiros. ( Acta sen asinar )
( 21 de xullo ).- Comisión para saudar a Alfonso XII ao seu paso por Lugo: Alcalde, Xusto Macía, Euxenio Neira e Solance. Suplente: Xosé Fernández. Usurpación de camiño no Souto de Manán.- Adxudicación do alumeado público a Xoán Díaz Castro en 425 pesetas.- Alumeado do Cárcere, 250 pesetas, a Xosé Monteagudo Castro.- Lavado da roupa dos presos do Cárcere. a María Xosefa Quiroga. ( Acta sen asinar ).
( 31 de xullo ).- Repartición veciñal dos impostos.
( 5 de agosto ).- Xunta Municipal. Fixación do valor dos froitos de 1876 aos efectos de rendas.
( 9 de agosto ).- Nomeamento de repartidores de impostos ( Acta sen asinar )
( 13 de agosto ).- Xunta Municipal ( Acta sen asinar )
( 19 de agosto ).- De claran profugo dun mozo non presentado ( Acta sen asinar )
( 2 de setembro ).- 500 pesetas ao contratista Grela polo remate do pretil da Praza do Mercado ( Acta sen asinar )
( 19 de setembro ).- Fixación de impostos ( acta sen asinar )
( 23 de setembro ).- 94 reais para papel dos asentos do Rexistro Civil.- Xosé Gayoso pide licenza para afcer unha casa nova, na Rúa Principal, pegada á que xa ten ( Casa Nova de Marzán )- Acta sen asinar-.
( 15 de outubro ).- Xuntanza de concelleiros e maiores contribuintes ( Acta sen asinar )
7 de novembro ).- Desestimación das queixas contra o orzamento.- Xustificación curiosa....".... a realidade práctica no noss tempo do fidalgo imaxinario que noutro anterior deu tema á moi famosa obra do inmortal Cervantes..." Explicación sobre a modificación do imposto de consumos ( a acta está sen asinar )
Comentarios
Publicar un comentario