CONCELLO DE SÁRRIA ( 1869 )
CONCELLO DE SÁRRIA (1869 )
ACORDOS CORPORATIVOS
( 3 de xaneiro ).- POSESIÓN DO NOVO CONCELLO.- Alcalde 1ª.- Xosé Macía de Neira. Alcalde 2º.- Anxo Fernández Gallego. Concelleiros: Antonio Somoza, Manuel de la Vega, Antonio Macía de Neira,Antonio López Valcarce. Antonio Bujá. Frutuoso Rodríguez , Xoán Sarry , Antonio Peña, Xosé López Vázquez, Xosé Lois Rivas, Xoán Antonio Ulloa.Ramón Moreira ( Constituído como Concello Popular ). Interventor de fondos: Antonio Peña. Sesións : Os xoves de cada semana.
( 6 de xaneiro ).- Repartición de cédulas talonarias.
( 14 de xaneiro ).- Comisión sobre a solicitude de agregación dunha mangada de terreo por particulares en Vilamaior., Comisión para o estudo da ocupación do Camiño de Portomarín en Santa Marta ( Ortoá )
( 23 de xaneiro ).- Formación das Comisións: Abastos e Matadoiros, Limpeza e Hixiene Públicas; Obras Públicas, Edificios, Aliñamentos Ornato e Lastrado de Rúas; Alumeado Público.
( 4 de febreiro ).- Formación da Comisión de Orzamentos.
( 11 de febrero ).- Toma de coñecemento da Milicia Popular. Constitución de sete secións de parroquias para arranxo de camiños , a cargo de dous concelleiros en cada unha delas.. Imposición de prestación persoal semanal..- Comisión para estudo dos rebaixos de prados en Corvelle, onde botaron terra e entullo ao río.
( 25 de febreiro ).- Nomeamento da Xunta Pericial, con todos os seus mebros do medio rural.- Acordo de facer arranxos na Ponte Ribeira que sufriu descalabros nos tallaamres cos cheas do río.
( 4 de marzo ) Presentación dunha instancia contra a onerosidade dun imposto, pedido que se fixe dun xeito máis racional.. Orzamento adicional: Gasto: 1,103,71 escudos.-.Ingresos: 4.570,794 escudos. Recepción das obras da CASA DO CONCELLO e CÁRCERE PROVISORIA DO PARTIDO ( Rúa Principal nº 1 ), estando rematadas as do Consistorio.
( 11 de marzo ).- Acordos de melloras urbanisticas: Supresión do corpo avanado de maderia ( corredor ) na casa de Bieito Vázquez, eliminación do balcón baixo e de dous grosos peares nas casas de Manuel Fernández e Manuel Barrio ; recorte do beirado da casa de Xosé González "Centeais" , Retirada da escaleira da casa de Manuel Castiñeira.. Danlles 15 días para a execución das obras. Recepción das obras de arranxo na Ponte Ribeira, que tiveron un custe de 34 escudos.
( 23 de marzo ).- Reunión do Concello e maiores contribuintes asociados: Nomemento de repartidores e adopción do imposto persoal.
( 29 de marzo ).- Orzamento: Gastos. 6.190 escudos. Ingresos: 1.638,949 escudos.
( 6 de abril ).- Fixación de contribucións e recargas.
8 8 de abril ).- Recepción definitiva da CASA CARNI,CERÍA ( Matadoiro alzado a carón da Ponte Ribeira ) ,arquitecto , Rafael de Luque, Contratista : Xosé Fernández.- Informe sobre a LAGOA DO PIVIDAL ( no Camiño de Castela ) .
(29 de abril ).- Recoñecemento de 21 soldados, tallados por Ramón María Rodríguez.- Axuda para asistenza dun ferido de Vilouzán: 2,6 escudos. Compra e chantado de 42 árbores no Campo da Feira- Gasto polas eleccións: 30 escudos.- Axuda a un xornaleiro afectado da virola negra : 8 escudos.
( 23 de maio ).- O Concello e Contribuntes Asociados fan relación da calamitosa situación do campesiñado polos múltiples impostos, baixa total da exportación de gado, deprezación dos cereais e falla de obras publicas.
( 10 de xuño ).- Acordan manter a imposición persoal.
( 12 de xuño ).- AAutorización para recoller xuros vencidos na Tesorería de Lugo.
( 17 de xuño ).- Valores dos froitos para as rendas de 1868.-
( 24 de xuño ).- Preparación do acto da Xura da Constitución.
( 29 de xuño ).- Acto de Xuramento da Constitución de 1869. Xúrana os concelleiros, médico e cirurxano, alcqlde, pedáneos das 49 parroquias rurais , encargado do reloxo, administrador de correos, peatóns do correo, correo, administrador subalterno de Rendas Estancadas, estanqueiros, mestres , sobrestantes, etc. Nomeamento de MESTRE: Venancio García. AXUDANTE DO MESTRE. Manuel Rivas.
( 22 de xullo ).- Autorizació de permuta da praza de mestre de Sárria co mestre de Mondoñedo, Manuel Pan.
( 5 de agosto ).- Coñecedora a Corporación dos dorosos acontecementos acaecidos nalgúns puntos da Nación que teñen alarmado o sosego público que ameazan anovar en España as dorosas escenas dunha loita fratricida , decidiu axuntar ao seu redor a Autoridade Civil todos os elementos necesarios para que se ache en todo evento en disposición de presentar unha garantía eficaz á orde e seguridade persoal , única base sólida mdo benestar e a tranquilidade destes habitantes e da súa verdadeira liberdade . Ao efecto e unha vez que a Milicia Cidadá é o máis poderos destes elementos e o máis importante apoio e auxiliar de aquela para a consecución deste elevado obxecto, acordou proceder á súa inmediata formación neste pobo.- O alcalde presenta renuncia por incompatibilidade..
( 12 de agosto ).- Sobre soldados e excepciós ao alistamento.
( 26 de agosto ).- Nomeamento de representante do Concello en Madrid para cretos e Débeda Pública-
( 4 de setembro ).- Fixación da imposición persoal e elección de Asociados ao chou.-Antonio Buján demite por incompatibilidade coa función notarial.
( 16 de setembro ).- Informe sobre o asuntode Vilamaior.
( 30 de setembro ).- Por falecemento do escribente Francisco Cabarcos nomean para esa función a Pedro Pérez Peñamaría ( da Fonsagrada ), e desbotan darlle o cargo a Xosé Viñas.
( 21 de outubro ).- O mestre da escola de nenos Santiago Manuel Pan non encontra vivenda e pide que lle arranxen os locais da parte posterior da Casa Consistorial.
( 23 de decembro ).- Sobre soldados.- Peche dun camiño en Santa María de Vilar ( camiño de Betote a Vilapedre ). Urxenza da obra de recheo da PRAZA DO MERCADO.
-----------------------------------------------------------
En 1869 a vila de Sárria ve mellorado o seu equipamento co remate das obras da Casa do Concello, da obra propiedade do Partido, na súa traseira, prevista para Cárcere do Partido, e da Casa-Carnicería no Barrio da Ponte Ribeira-
Comentarios
Publicar un comentario