CONCELLO DE SÁRRIA ( 1888 )
CONCELLO DE SÁRRIA ( 1888 )
ACORDOS CORPORATIVOS
( 1 de xaneiro ) Repartición de contribucións especiais. Lista de Vocais Asociados.
( 5 de xaneiro ).- Ao Xuiz Municipal para Libros do Rexistro Civil: 40,50 pesetas. 6 mozos declarados prófugos. Formación de orzamento para a Ponte de Manán-Céltigos.- Reparo do Camiño dende a Ponre Ribeira a Vigo, por prestación persoal para o carreto.- Aportación de materiais para o Camiño de acceso á Estación. Sobre apreso de terreo nun camiño en San Sadurniño de Ferreiros.
FIXACIÓN DOS NOMES DAS RÚAS E PRAZAS DA VILA DE SÁRRIA
AVENIDA DA FEIRA ( Avenida de la Feria ).- Dende o cantón da Casa Consistorial até o Ex-Convento de Agostiños. Denominación anterior : Camiño Real, Camiño da Feira.
RÚA MAIOR ( Calle Mayor ).- Desde a Casa Consistoial e Igrexa de San Salvador até a Casa de Xoán Varela ( no Arrabaldo ).- Nomes que levaban os antigos treitos do Camiño Real ( Costa de San Salvador, Sárria, Santa Mariña, Rúa de Ferradores e Arrabaldo, rematando na Carreira de Santa Mariña e Estrada de Valdeorras, na Costa ).
RÚA DA LIBERDADE ( Calle de la Libertad ).- Entre as casas de don Benigno Liz Carreiára e a de Pedro Xoán Goynes e Manuel Rivas.. Remataba na estrema de Farbán, Denominación anterior : Estrada de Valdeorras ( na actualidade Rúa Benigno Quiroga ).
RÚA MATÍAS LÓPEZ ( Calle Matías López ).-Da Casa de Xoán Puga e a de Bernardo García Romay ( a carón da Corga de Formigueiros ) Remataba na estrema de Maside .Adicada a don Matías lópez López : " xa que mirou sempre ao pobo con cariño e prdileción, interesándose pola súa grandeza e distinguíndoo con algún donativo . Denominación anterior: Estrada de Valdeorras, Estrada de Abaixo.
RÚA DO PORVIR ( Calle del Porvenir )- Entre as casa de Francisco Díaz "Colomo" e Pedro Prieto Gómez ( fronte á Corga de Vales/hoxe Rúa Pedro Saco.) Remataba na estrema leste de Maside. Denominación anterior : Barrio da Duquesa.. Estrada de Portomarín En 1958 a Rúa do Porvir quedou reducida ao treito que vai dende as Escolas Publicas ao cruzamento de San Lázaro, e o treito segregado recibiu o nome de Rúa Marqués de Ugena,
PRAZA DA CONSTITUCIÓN ( Plaza de la Constitución ).. Mantiveron o nome que levaba dende 1820. Nome anterior: Praza Principal.
PRAZA DE DON XOÁN MARÍA LÓPEZ ( Plaza de don Juan María López ).- Nome dado á Praza do Mercado en memoria do párraco castrense , o coñecido como "Cura de Nullán" . natural da Casa de Pumares de Vilar de Sárria " como agradecemento e conmemoración de se ter construído pola súa testamentaría e da súa herdanza o templo parroquial de Santa Mariña".Denominacións anteriores: Adro Vello de Santa Mariña, Praza do Mercado.
TRAVESA DA IGREXA ( Travesía de la Iglesia ).- Dende a Praza de don Xoán María López á Rúa Maior ( no treito coñecido como Praza de Vista Alegre ). Nome anterior: Calellón da Igrexa.
TRAVESA DOS FORNOS.( Travesía de los Hornos )Dende a Praza da Constitución ao Camiño da Pedreira e á parte coñecida como Fornos de Atrás . Denominación anterior: Travesa do Forno.
TRAVESA DA PEDDREIRA ( Travesía de la Pedreira )Dende a Rúa Maior ao Barrio da Pedreira- Nome anterior: Camiño da Pedreira.
BARRIO DA PONTE RIBEIRA.( na parroquia de Santa Mariña de Sárria ) : Segue co mesmo nome.
BARRIO DE SAN LÁZARO ( na parroquia de San Pedro de Maside ): Segue co mesmo nome
Nota: Os nomes das rúas e prazas foron dados baixo formas castelanizadas.
( 12 de xaneiro ).- Anuncio de prazas vacantes de escribentes, por non haber aspirantes militares.-Socorros a transeúntes: 21 pesetas.
( 26 de febreiro ).- Lista definitiva de aspirantes de electores de compromisarios para elección de Senadores.- Lista de individuos con dereito electoral a cargos municipais.- Euxenio Álvarez López solicita licenza para aumenarlle un anda á súa casa da Rúa Matías Lóepz ( casa desaparecida , onde se alza agora o Edificio Marquesado de Sárra ).- Reclamación ao Goberno Civil de 12,92 pesetas pola diferenza da aportación do Estado á creación de catro escolas temporais. Fondos dispoñibles no mes : Gasto Concello: 1.193,75 pesetas.Policía Urbana e Rural: 215 pesetas. Corrección Publica ( Cárcere ): 776,87 pesetas. Cargas: 487,03 pesetas. Imprevistos: 122,50 pesetas. Total: 2.795,35 pesetas.
( 28 de febreiro).- Coñecen o desexo de instalar unha Granxa-Escola Provincial, e lamentan non poder facer apotación económica niungunha.- Nomeamento de Vocais Asociados das parroquias.- Denuncia de que poñen atrancos no Camiño de Froián.- Comisión para informar encol do Camiño das Míllaras en Taíde.- Informe sobre camiño en Loureiro atrancado cunha cancela no Souto da Romaría. Gastos do mes: Concello: 12,50 pesetras. Corrección Pública ( Cárcere ): 100 pesetas. TotaL 112,50 pesetas.
( 8 de marzo ).-Nomeamento de escribente auxilar para a Xunta Carceraria do Partido.- Gasto de 3,75 pesetas pola adquisición de 6 libras de pólvora para obter materiais para o arranxo de camiño da Vilanova, en San Vicenzo de Froián.- Material de Secretaría: 423,18 pesetas. Un carro de palla centea para as camas dos presos: 30 pesetas.Gastos do mes: Beneficencia: 21,50 pesetas. Concello, ordinarios: 600 pesetas.
( 22 de marzo ).- 2,50 pesetas diarias, xornal a un escribente temporeiro por facer o Padrón.
( 5 de abril).- O Comisionado das Quintas, Xosé Vázquez Pereira, cobrou a razón de 15 pesetas.
( 5 de abril ).- Licenza a Pedro González, de San Lázaro ( Maside ) para refacer a parede lateral da súa casa.- Nomemanto de dous comisionados ( Matías López López e Casiano Pérez-Batallón ) para participaren na xuntanza promovida pola Asociación de Gandeiros do Reino, coa fin de mandar comisionados ao estranxeiro na percura de mercados novos.- Protesta polo intento de segregación dun treito da estrada do Oural á Cruz do Incio.- Informe sobre a Ponte de Manán: xustificadas 150 pesetas.- Distribución de fondos.- Concello: 1,650 pesetas. Policía Rural e Urbana: 235 pesetas. Corrrección Pública ( Cárcere ): 860 pesetas. Cargas: 2.000 pesetas. Total: 4.745 pesetas.
( 3 de maio ).- Autoirzan a Matías Vázquez López a que abra dous ocos na súa casa, dando vistas á Escaleira da Fonte ( baixada da Rúa Maior á Rúa da Liberdade ).Derrube da obra de apropiación de camiño en Ferreiros.- Nomeamento de Vocais Asociados.- Gasto de traslado dos quintos a Lugo: 27 pesetas. Matías López López paga os gastos derivados daa rotulación de rúas e prazas da vila e do Barrio de San Lázaro ( Maside ).- Necesidade de arranxar as rúas e beirarrúas e facer asentos para a Praza do Mercado ( Praza de don Xoán María López ).O escibente auxilliar cargado de fascer o Censo, por 42 días de traballo, recibiu 105 pesetas.
( 17 de maio ).-Orzamento adicional. Gastos: 2.025 pesetas. Ingresos: 18.853 pesetas.
( 7 de xuño ).- LICENZAS DE OBRAS.- A Xoán Carreira Gudín, para pechar un terreo anexo á súa casa, en Rúa Matías López, 15 ( "Casa Carreira ).-A Pedro López, de San Fiz de Reimóndez, para facer unha c asa. A Manuel Sobrado Quiroga, de Santa María de Vilar, para pechar a Chousa de Valmao.-Xoán Díaz Castro presenta solicitude para reconstruir un forno, con cheminea.- Petición de reconstrución da Ponte de Arxevide.- Sobre os dereitos derivados da aprehensión dun prófugo.s.- Sinalan as condicións para a revenda do sal, cunha recarga total de 2.071 pesetas.- Arranxo da Ponte das Aceas.- RÚA MAIOR.- Subhasta para contratar obras nas beirarrúas con lastras de granto e empedrado de coios. Gasto das Festas do Corpus Christi ( festa oficial do Concello). 125 pesetas.- Arranxo da Fonte Ribeira: 162 pesetas.- Empedrado da Ponte Vella do Mazadoiro: 102 pesetas.-Arranxo do Camiño de Castela entre O Campo do Rolo de Vigo e a Ponte Ribeira ( hoxe Rúa do Peregrino): 61,50 pesetas.- Chantado de árbores en rúas e prazas da vila: 20 pesetas. A Francisco Saco, por facer o Padrón de Casas, 25 pesetas. Gastos do Concello: Ordinarios, 2.563 pesetas. Policía Urbana e Rural:: : 340 pesetas. Beneficencia: 70 pesetas.-.Obras Públicas: 2.481 pesetas.Corrrección Pública ( Cárcere ): 2.800,pesetas..Cargas : 1.140 personas. Imprevistos : 200 pesetas. Total: 9.594 pesetas.
( 30 de xuño ).- Reunión cos Vocais Asociados, sobre recargas dos impostos,
( 12 de xullo ).- Seis seccións para a repartición da contribución.- Fixación dos Valores de produtos para pagamento rendss de 1887.. O 12.05.1888 houbo unha forte treboada que apedrou as colleitas en Barbadelo, e a Comisión Provincial concedeu 250 pesetas para axudar aos afectados.- Déronlle unha sereata a don Matías López López á súa chegada vacacional.- Soldo de Secretario municipal, Amador Macía López, 1.525 pesets. Arranxo da Ponte de Manán : 150 pesetas.
( 19 de agosto ).-Manuel María Rodríguez Rivas presenta a renuncia ao posto de porteiro- Entra Francisco Sacdo, aguacil-porteiro: 547,50 pesetas.- Acordasn adquiriir , cando haxa fondos, o "Diccionario de la Adminisitraaciónde postos,ción Española" de Marcelo Martínez Alcubilllla.- Adquisición de mobiliario.- Encargan o uniforme do porteiro.- Formación do Regulamento da Garda Municipal".- Provisión de prazas con carácter provisorio.-Facultan ao Alcalde para a escolla do uniforme do porteiro. e facer o prego das condicións da súa subhasta.- Acordan adquiriri 8 farois máis.- Arranxos na Casa-Matadoiro.- Prego de condicións para mercar aceite para o alumeado do cárcere e lavado de roupas dos presos..Na Feira do Vinte cobrarán pola ocupación de postos públicos.- Fixación de dereitos pola mata de reses.
( 23 de agosto ).- O comisionado de Quintas cobrou a razón de 12,50 pesetas por R día.Destinan 20 pesetas para atender ao enfermo pbre Euxenio Reboiro, por informe do médico Vicenzo Lois.- Rebaixe do pretil do pozo da Praza de don Xoán María López.- Aparece un boquete nun pesr da Ponte Ribeira..Pola sereata ofrecida a don Matías López López pagaron 78 pesetas.- Construción da rampla da Ponte do Mazadoiro; 150 pesetas.
( 27 de agosto ).- Reunión conxunta cos Vocais Asociados.
( 11 de outubro).- Forman expedientes a dous mozos prófugos- Material de oficina: 455,56 pesetas. Limpeza e rebaixe do pozo da Praza do Mercado: 56 ,06 pesetas.Socorros a transeúntes: 29 pesetas. Socorros tránsito: 4 pesetas Arranxo do pear da Ponte Ribeira: 71,25 pesetas. Lastrado e branqueo da Casa Matadoiro: 249,98 pesetas. Necesidade de facer mías gasto no Matadoiro. Subministro de aceite mineral ou petróleo para alumeado publico, a Manuel López Ramil: 1.136 pesetas. Aceite de oliva para o alumeado do cárcere, a Xosé Monteagudo Castro: 250 pesetas.Lavado da roupa do Cárcere, 30 pesetas a Xosé Pérez, de Requeixo. Gastos do Concello: 300 pesetas. Policía de Seguridade: 500 pesetas.. Policía Urbana e Rural: 496 pesetas. Instrucción Publica: 1.372 pesetas. Corrección Pública ( Cárcere): 1.372 pesetas. Beneficencia: 30 pesetas.Obras Públicas: 1.164 pesetas. Imprevoistos: 232 pesetas. Tota: 13.457 pesetas-
( 12 de novembro ).- Presentan 70 reclamacións polo imposto de consumos. A presentada por Sarry Valcárcel foi aprobada. Hilario Pombo protesta do acto, por non se someter ao cumprimento legal, os respetos debidos , formalidades e xustiza na repartición.
( 19 de novembro ).- Hilario Pombo retractase, lamentando node non seren escotadas as reclamacións das parroquias da Pena e outras dos arredores,
( 29 de novembro ).- Destinan 125 pesetas para a Ponte de Aexevide.-Para a Ponte das Aceas: 70,12 pesetas.- Presentación dunha Memoria da Provincia redactada polo Gobernador Civil César Ordax Aveciilla, dispoñendo de varios exemplares. Apropiación de camiño en San Paio: restitución da obra.-Ocupación de camiño en San Fiz de Vilapedre, botan abaixo as obras.Páganlle a Felipe López de Páramo, contraitsta das obras da Rúa Maior 90,70 pesetas.Aprobación dun peche de finca en Valmao.- Gastos do Concello: 605 pesetas, Policía Seguridade : 125,53 pesetas. Policía Urbana e RuraL. 124,60 pesetas. Instrucción Pública: 373 pesetas. Beneficencia: 7,50 pesetas. Corrección P´´ublica ( Cárcere ) : 487,41 pesetas. Cargas do Concello: 1.303 pesetas. Imprevistos: 83,33 pesetaas. TotaL: 3.419,10 pesetas.
( 27 de decembro).- Remate das obras da Rúa Maior: 1.085 pesetas.- Gastos do Concello: 605 pesetas. Policía Seguridade: 125.50 pesetas, Policía Urbana e Rural; 124,16 pesetas. Beneficencia: 7,50 pesetas. Obras Públicas: 291 pesetas. Corrección Pública ( Cárcere ): 487,41 pesetas. Cargas do Concello: 1.303 pesetas. Imprevistos: 83,33 pesetas. Total: 3.419,90 pesetas.
Fixación de valores de produtos para pagamento das rendas do ano 1887
Unha fanega de trigo: 14 pesetas. Unha fanega de centeo: 9 pesetas. Unha fanega de orxo/cebada: 7 pesetas. Unha fanega de millo: 8 pesetas. Unha fanega de noces: 9 pesetas. Unha fanega de fabas brancas: 10 pesetas. Unha fanega de fabas razadas: 8 pesetas. Unha fanega de fabas negras: 5 pesetas. Unha fanega de avea: 4,50 pesetas.Unha fanega de castañas secas: 12 pesetas. Unha fanega de castañas verdes: 4 pesetas.Un quintal de pacas : 2,50 pesetas.Un porco cdebado: 35 pesetas. Un porco aberto: 25 pesetas. Un carneiro: 3,50 pesetas. Un cabirto: 2,50 pesetas. Unha galiña: 1 peseta. Un polo: 0,50 pesetas.Un par de capóns: 4 pesetas. Un canado de viño : 8 pesetas. Unha dúcea de anguías curadas: 1 pesetas. Unha dúcea de anguías frescas: 0,75 pesetas. Unha dúcea de ovos: 0,37 pesetas. 1 libra de carne de porco salgada: 0,62 pesetas. Unha libra de manteiga de vacas: 1 peseta. Unha libra de queixo: 0,75 pesetas.Unha libra de cera en entena; 2 pesetas. Un carro de herba seca: 15 pesetas, Un carro de palla centea: 12,50 pesetas. Un carro de palla triga ou cebada: 10 pesetas. Unha arroba de liño en estriga: 25 pesetas. Unha arroba de la : 37,50 pesetas,
Comentarios
Publicar un comentario