CONCELLO DE SÁRRIA ( 1878 )

                                      CONCELLO DE SÁRRIA ( 1878 )

                    .                  ACORDOS CORPORATIVOS

(  1 de xaneiro ) .- Reunión  cos Maiores Contribuintes ( acta sen asinar )

( 20 de xaneiro ).- Acordo de celbración de tres días de fesat polo CASAMENTO DE ALFONSO XII  con dona Mercé de Orleáns, os día 23, 24 e 25 de saneiro,.  Envío de produtos para a Feira Rexional de Lugo,  en outubro ( 100 pesetas ).-Resolución sobre a apropiación dun camiño en Maná, ( acta sen asinar )

( 24 de febreiro ).-  ( 10 de marzo ).- Quintas.- Apreso dun camiño no Fontao.-  Manuel Piñeiro, de San Salvador de Cesár,  denuncia o mal estado do camiño que de Sárria vai ao Incio entre San Fiz de Reimóndez e a Ermida dos Remedios, en especial no Agro de Fumaior. ( acta sen asinar )

( 21. de abril ).-  Sobre repartición de impostos.

( 28 de abril ).-  Sobre o imposto de Consumos.-  Informe sobre o camiño de  San Sadurniño de Ferreiros.- RELOXO PUBLICO: Instalado na torre propia a carón da igrexa de Santa Mariña.Informan que o  reloxo está insrvible,  e róganlle ao industrial sarriao residente en Madrid que trate de mercar un novo na vila e corte.-  O Alcalde non tiña despacho propio na Caasa do Concello  e intentan facelo quitándolle algún espazo á Casa do Mestre.- Acordan facer unha estantería.

( 5 de maio ).- Reunió coa Xunta de Asociados ( acta sen asinar )

( 19 de maio ).- Orzamento.-  50 pesetas pola obra dun murete na Praza do Mercado. ( acta sen asinar )

( 26 de maio ).- Acordan trasladar as sesións do Concello para os xoves "pola excesiva concorrenza de xente á Casa Consistorial, que impide a discusión libre e tranquila, dificultando o cumprimento dos deberes relixiosos....".- Queixas dirixidas contra Xosé Monteagudo, abastecedor único de carne fresca de vaca, nunha vila de 150  veciños, perto ás Augas de Céltigos e ás augas ferras do Incio, e moitas persoas vense na necesidade de encargala por mandadeiros á Lugo ( acta sen asinar )

(  6 de xuño ).-  Reunión Xunta de Asociados.- Orzamento : Gastos:  25.354,03 pesetas. Ingresos :  6-093, 12 pesetas. Déficit :  19.260, 71 pesetas  ( a cubrir con orzamento adicional )

Comentarios

Publicacións populares