CONCELLO DE SÁRRIA ( 1884 )
CONCELLO DE SÁRRIA
ACORDOS CORPORATIVOS
Alcalde . Anxo Fernándes Gallego
( 1 de xaneiro ).- Formación da lista para a elección de Senadores-
( 3 de xaneiro ).- Gastos de oficina parea o primeiro semestre: 518 pesetas.
( 17 de xaneiro ).- Presentación dun soldado declarado en revisión. Traslado a Lugo- 10 pesetas ao aguacil-porteiro , Manuel ;María Rodríguez.
( 14 de febreiro ).- Entrega de soldados nos cuarteis de Lugo.- Francisco Monteagudo, oficial 2º , cobro 9 pesetas por día, Manuel María Rodríguez, 12,50 pesetas por día.
( 6 de marzo ).- Última e definitiva lista de electores para os corpos municipais. Adqusición de 5 farois novos. Arranxo do Portal da Casa do Concello-
( 13 de marzo).- Proxecto de Orzamento adicional para atender ás forzas do Exérctio acantonadas ou de paso pola vila, e tamén á Garda Civil.- Gastos e ingresos : 1.600 pesetas. Aumento dos soldos. Segredario ( 1,500 pesetas ao ano ); Escribente _ 263,75 pesetas. Depositario : 250 pesetas ao ano.
( 3 de abril ).-EX MOSTEIRO DA MADALENA.- O Ex Convento de Agostiños de Sárria foi devolto ao Estado polo Concello de Sárria porque non tiñan medios para sostelo. O Estado cedeullo á Diocese de Lugo ( Igrexa Católica ). O Concello recibiu unha comunicación do Bispo de Lugo na que comunica a cesión polo Goberno do ec Convento de Agostiños "para o establecemento dunha comunidade relixiosa de Padres Agostiños Recoletos,vulgo "Filipinos", coa condición de que se adiquen ao ensino.´Autoirización dunha esterqueira ,ou estrado de estrume, diante dunha casa en Barbadelo.- Sobre ocupación dun camiño en Loureiro., ao infractro danlle 6 días para que o volva ao seu estado anterior.- Designación de representante do Concello de Sárria na Xunta Carceraria do Partido Xudicial.. Socorros a soldados: 42 pesetas.
( 3 de abril ).- Novos socorros a soldados ; 6,50 pesetas.
( 24 de abril ).- Cesamento do Primeiro tenente de Alcalde, Augusto Macía Vázquez, por traslado a Madrid como oficial de terceira no Minisiterio da Gobernación ( Sección Sanidade ) Elección repartidores de consumos.
( 5 de maio ).- Cupo de Consumos: 30.198 pesetas,
( 15 de maio ).-Orzamento Ordinario: Gastos: 34.223,82 pesetas . Ingresos : 7.929,07 pesetas, O déficit cóbrese coa recarga do 18 % por riba da cota do Tesouro, Orzamento AdicionaL Gastos : 3.143,56 pesetas. Imgresos : 18,930,21 pesetas
( 29 de maio ).- Socorros aos presos trasladados a penais ( 10 pesetas ). Gratificacións aos escribentes que estiveron nas mesas electorais de Deputados a Cortes en 27 de abril; 50 pesetas.
( 19 de xuño ).- Apeadoiro de Céltigos; O Subdirector dos Camiños de Ferro de Asturias , Galicia e León responde a petición de 7.08.1883 de creaciún dun apeadoiro en Céltigos indicando que o Concello deberá correr cos gastos. Festa Oficial do Concello, Corpos Chriisti : 125 pesetas.
( 30 de xuño ).- Gasto do lastrado da Casa do Conceelo: 43 pesetas. Adquisición e colocación de 8 farois modelo Madrid ( 209 pesetas ) Socorros a pobres, transeuntes e doentes ( 14pesetas ) Adquisición mobiliario ( 122 pesetas )
( 24 de xullo ).- Formación de 6 seccións para sacar ao chou os Vocais Asociados.- Valores dos ftoitos de 1883 a eefctos do pagamento de rendas. Valores de 1884.. Fanega de trigo ( 15 pesetas ) Fanega de centro ( 10 pesetas ) Fanega de orxo/cebada ( 8 pesetas ) Fanega de millo ( 9 pesetas ) Fanega de noces ( 10 pesetas ) Fabas brancas ( 12 pesetas ) Fabas raxadas ( 10 pesetas ) Fabas negras ( 5 pesetas ) Fanega avea (6 pesetas ) Castañas secas ( 10 pesetas ) Castañas verdes ( 4 pesetas ) Quintal de patacas ( 2,50 pesetas ) Un porco cebado ( 60 pesetas ) Un porco aberto ( 25 pesetas ) Un carneiro ( 5 pesetas ) Un cabirto ( 3 pesetas ) Unha galiña ( 1,50 pesetas ) Un polo ( 0,75 pesetas ) Un par de capóns ( 4 pesetas ) Un canado de viño ( 7 pesetas ) Dúcea de anguías curadas ( 1 peseta ) Unha dúcea de anguías frescas ( 0,25 pesetas ) Unha dúcea de ovos ( 0,30 pesetas ) Unha libra de carne de porco salgada (0,75 pesetas ) Unha libra de manteiga de vaca ( 0,75 pesetas ) Unha libra de queixo ( 0,75 pesetas ) Una libra de cera en entena ( 2,50 pesetas ) Un carro de herba seca ( 15 pesetas ) Un carro de palla centea ( 12,50 pesetas ) Un carro de palla trigs ou de cebada ( 10 pesetas ) Unha arroba de liño ( 25 pesetas ) Unha arroba de la ( 37,50 pesetas. CUARTEL DA GARDA CIVIL- Na Casa de Badiola en San Lázro ( Maide ). O dono da casa Inacio Badiola pide aumento da renda, que ers de 57,50 pesetas, e pide 15 pesetas máis, e non llo cconceden. Conceden unha axuda de 10 pesetas para atender a uns menores, fillos dunha muller pobre de solemnidade morta en Seteventos,, mentres non os pasen á Casa Maternidade de Lugo . Declaran prófugos a Celestino Monteagudo Arias, fillo de Xosé e de Ramona, de San Salvador de Sárria e a un mozo de Loureiro.
( 31 de xullo ).- Acordo sobre os nenos orfos de Seteventos.
( 28 de agosto ).- Nomeamento de repartidores de Consumos.
( 4 de setembro ).- Proposición de varios concelleiros: Declarar obra urxente a obra de arranxo do camiño entre a Estación do tren e a Estrada do Mazadoiro a Lamarrigueira ( agora Rúa da Estrela ) Acordan xestionar a cesión de terreos
( 27 de setembro ).- Presentación de 13 reclamacións sobre camiños, entre elas as de Xosé Lois Rivas e Manuel Rivas
( 2 de outubro ).- Conceden 125 pesetas para axuda da reposición de vigas na Ponte de Perros.- Arranxos na Rúa do Arrabaldo.- Proposición do concelleiro González Cabarcos : Que se faga averiguación de se o novo reloxo ten as características compatibles coa altura da torre da igrexa nova de Santa Mariña. O reloxo foi adqurido en Madrid a a Guillerme Dathu, no ano 1778 , e queren que o estude o reloxeiro de Lugo Ramón Canoura,
( 16 de outubro ).- Ingresos por cédulas persoais: 1,446,50 pesetas. Francisco Melle, de San Martiño de Requeixo, solicita licenza para facer unha parede paralela á vía do tren. Informe da Comisión sobre ocupación de camiño en Vilaesteva- Alumeado público, contratista Xoán Díaz Castro, 590 pesetas. Alumeado dos cabozo do Cárcere, 250 pesetas, a Xosé Monteagudo Castro.- Solicitude dos veciños para que arranxen a Ponte da Veiga.-Conceden diñeiro para premios dos escolantes á Xunta Local de Instrución Pública.Encárganlle o arranxo da Ponte Ribeira ao carpinteiro Antonio López Osorio.
( 30 de outubro ).- RELOXO PÚBLICO : Informe do reloxeiros Canoura: O reloxo existente non vale por non ter altura sificiente a torre da nova igrexa de Santa Mariña e acordan comprar putro reloxo.- Páganlle a Canoura 24 pesetas.- Por estar enfermo danlle permiso por catro meses ao escribente Francisco Monteagudo Castiñeira, sen goce de retribucións,, e nomean sustituto a Xerardo Macía López.- Acordan o arranxo dos pet´ñis da Ponte Vella. Informe de reparos na Ponte da Veiga, e encoméndallen a vixianza das obras ao pàrraco Xosé López Somoza.
( 27 de novembro ).- Arranxos na Ponte Ribeira 373 pesetas , a Antonio López Osorio.- Arranxos na Ponte Vella, a Xosé Xacobe Cabada, 68 pesetas.- Arranxo da Rúa do Arrabaldo,, 186, 55 pesetas.- Informe sobre o proxecto de acceso á Estación do tren: Haberá cesións de terreos se o Concello fai as apredes de peche das fincas.
( 18 de decembro ).- Para Libros do Rexistro Civil, ao Xuiz Municipal, 37, 84 pesetas.
Comentarios
Publicar un comentario