CONCELLO DE SÁRRIA ( 1873 )
CONCELLO DE SÁRRIA ( 1873 )
ACORDOS CORPORATIVOS
( 12 de xaneiro ).- Formación da primeira lista para o Xurado penal.
( 9 de febreiro ).- Formación de 15 grupos de parroquias para o arranxo de camiños, con un concelleiro á fronte de cada grupo.- Prestación persoal para os traballos.
( 16 de febreiro ).- Proposición de mestres para a Escola de Padroado de Mondín ( Lier ): Silverio Pérez Peñamaría e Xosé López Suárez. O Xuiz de Primeira Instancai, membro nato do Padroado, rexeita pronunciarse na selección. Xosé López Suárez resulta ser elixido para Mestre 2º, O outro candidato obtivo praza en Ribadeo.
( 16 de marzo ).- Como o Torrres non exerceu o seu dereito de comparecer en xuizo, danlle o prazo de seis días para que devolva o terreo apresado tras da igrexa de Santa Mariña. PROCLAMACIÓN DA PRIMEIRA REPÚBLICA ESPAÑOLA: Gasto de 86 pesetas polos actos de celebración da implantación da República.
( 13 de abril ).- Chamos a votar para Cortes Constituintes os homes maiores de 21 anos, elección que terá lugar os días 10, 11, 12 e 13 de maio, Colexios Electorais en Vilar do Monte, A Pena do Currial, e Lousadela.- Recurso de Torres,
( 8 de xuño ).- Alistamento para a Reserva do Eército.
( 23 de xuño ).- Proxecto de Orzamento PRAZA DO MERCADO: Obras de apettura de xancias e rebaixo, feitas por administración,, 431,35 pesetas. Ao Arquiteco provincial e Axudante , 80 pesetas, por formar planos , , Fan o peche das fincas estremeiras co camiño de a carón da Praza do Mercado ( hoxe Rúa do Murallón, correndo coa obra os mestres canteiros, Francisco Grela e Manuel Castiñeira dos muros das fincas de Antonio Ulloa, Manuel Saco Quiroga, e Xosé Vaamonde Gayoso,
( 29 de xuño ).- O contratista Manuel Castiñeira retira o pretil superior da Casa do Concello, elimina a canle de zinc, que se atoaba, e fai beirado ao xeito do país. As Festas do Corpus Christi tiveron un custe de 75 pesetas, Atención a transeuntes : 18 pesetas. Libros do Rexistro Civil; 30 pesetas. Valixa ao servizo dos militares ,-PARTIDA DE CARLISTAS.- Fernando Nogueira, veciño de Sárria, , prestou asistenza a ncatro carlistas feridos na aldea de Toirán, no Distrito de Láncara ; onde foi capturada a partida mandada polo cabecilla Xosé Rodríguez, na noite do 5 de abril, cuxos feridos e persoas capturadas estiveron na vila os días, 6, 7 e 8 do propio mes. Gratificación; 7,50 pesetas, Manuela Cabanas, de Farbán, recibe 10 pesetas por levar unha nena exposita á Casa de Maternidade de Lugo que aparecera en San Sadurniño de Froián.
( 6 de xullo ).- Xunta Municipal
( 13 de xullo ).- Presentación de mozos alistados para o Exército.- Comisionados alcalde a guacil.
( 10. de agosto ).- Modificación dos valores dos Froitos de 1871 a efectos de rendas.
( 17 sw agosot ).- Acta sen asinar- Alumeado do cácrer, 250 pesetas a Xosé Monteagudo. Alumeado Público, Xosé Gayoso. , 365 peestas.
( 24 de agosto ),. POSESIÓN DO CONCELLO POPULAR
Alcalde popular; Laureano älvarez Pereira- Concelleiros : Xoán Carreira, Modesto Losada, Valentín Lois, Antonio Grandas, Síndico: Xoán Cabarcos, Francisco Barrio González( sustituto ),, Interventor: Anonio Peña Villamarín, As reunións, os domingos , ás 10 da mañá.
( 31 agosto ) .- Nomeamento de Alcaldes de Barrio.- Aprobación da Ordenanza Municipal.- Reireran o desexo de arranxar o desgoberno do Cemiterio Muncipal. .
( 14 de setembro ).- Sobre quintas.- Xoán Cabarcos fixo un pozo a menos de 40 metros da Estrada de Valdeorras. Reclmacións de individuos que non queren ser pedáneos.
( 21 de setembro ).- PRAZA DO MERCADO:- Proxectan facer un muro alto e empotrar nel unha escaleira.- Como foi declarada obra de interese acordan expropiar os terreos necesarios.-, Formación das Comisións Permanentes.- Orzamentos, Policía e Instrución Primaria.
( 28 de setembro ).- Proxecto de Orzam ento. Gastos: 14.520 pesetas- Ingresos : 3.958,20 pesetas. O Porterio do Concello pide un mes de permiso. Sustitueo Bernardo Armesto. Pedro Puamres, de Reimóndez, denuncia á Sociedade de Reganres "Rega de Vilasante", por facer máis alta a Presa do Peago, Reclamacións de alcaldes de barrio,.Xoán e FRancisco Barrio piden licenza para derrubar a fachda da súa casa e facela de novo.
( 30 de setembro ).- Reunión Concello e Asociados.
( 6 de outubro ).- Papel para o Xulgado.- Toma de posesión do Interventor Antonio Peña Villamarín,
(12 de outubro ).- Por ser incompatible o anterior , nomean novo Depositario a Euxenio Neira Solance
( 13 de outubro ).- Votación definitiva do Orzamento Ordinario e do Adicional.
( 26 de outubro ) Petición de dictame para pleitear co Torres.- Acordo sobre Ordenanza.
( 23 de novembro ).- Fan cesión volutaria dos terreos necesarios para facer a Rúa do Murallón. por parte de Xoán Antonio Ulloa, Manuel Saco e Xosé Vaamonde. Ao Trres danlle 750 pesetas.
( 30 de novembro ).- Constitución da Milicia Nacional na vila.- Acordan imprimir 100 exemplares da s Ordenanzas Municipais.
(
Comentarios
Publicar un comentario