A FESTA DE SAN PEDRO EN MASIDE : LIORTA ( 1899 )
LOITA SANGUIÑENTA
Vai picando xa en historia que cada luns e martes acontece que en Sárria e os seus arredores , onde apenas trascorre unha semana sen que ocorran lances entre mozos e non mozos e se reparten tiros e coiteladas que é un contento.
O último encontro foi o seguinte: Hai uns días celebrouse no lugar de Maside , perto de Sárria, a festa de San Pedro-.As seis da tarde polo grave delicto de ter nbailado uns mozos de Sárria un vals , , contradecindo as ordes do cura que só permitía que se bailase a muiñeira , armouse unha liorta entre os mozos de Sárria e os de aquela contorna . Estes últimos , facendo causa común, acometeron aos primeiros a tiros e con pedras.
Os de Sárria , por seren case todos nenos de 15 anos, fuxiron a uña de cabalo. Resistiron o choque , emporiso, tres mozos veciños da Rúa Maior , chamados Pedro e Antonio Díaz e Crisóstomo , que malia vérense acometidos por un grupo de vinte e tantos, defendéronse valentemente..
Á fin, acuurralados , cairon gravemente feridos. O Crisóstomo recibiu unha coitelada no carrelo e máis feridas .
Dos agresores resultaron feridos oito mozos de Barbadelo.
(DIARIO DE PONTEVEDRA, 11 de xullo de 1899 )
Comentarios
Publicar un comentario