SAN MIGUEL DE BIVILLE ( SÁRRIA ) 1761
A parroquia de San Miguel de Biville en 1761 era de señorío particular e estaba formada polos lugares de Biville, San Miguel, O Casal, Lavadeira, Queixona, Vilar e Castromeixe.
A parroquia formba parte do Arciprestádego de Paradela.
As familias moradoras nos lugares da freguesía eran:
1.- ANTONIO ARIAS, casado, 52 anos, 4 fillos, un irmán SANTIAGO ARIAS ,FERREIRO,( 7 persoas ) Polo oficio regulábanlle un gaño de 40 reais,
2.- ANTONIO LÓPEZ , viuvo, 56 anos, 1 fillo maior, 1 filla ( 3 persoas )
3.- ANTONIO DIAZ DA RIBA , casado, 50 anos, 1 fillo menor, 3 fillas ( 6 persoas )
4.- ANTONIO LÓPEZ DA VILA , viuvo, máis de 60 anos, 1 xenro casado, 50 anos, AMARO LÓPE,con 5 fillos menores ( 8 persoas )
5.- AMARO LÓPEZ, casado, 48 anos, 5 fillas ( 7 persoas )
6.- BERNABÉ LÓPEZ, ( ausente )( 1 persoa )
7.- BRAIS ARIAS, casado, de máis de 60 anos, 3 fillos e 1 criada ( 6 persoas )
8.- DIEGO FERNÁNDEZ , casado, de máis de 60 anos, 1 filla, 1 fillo maior con 2 fillas e 1 fillo ( 7 persoas )
9.- DOMINGOS GONZÁLEZ , casado, de máis de 60 anos, 3 fillas, 1 fillo casado de 50 anos con 3 filllos menores ( 10 persoas )
10.-DOMINGOS RODRÍGUEZ DE VIVILLE , viuvo de máis de 60 anos, 1 filla viuva e 2 netos menores.
11.- DOMINGOS RODRÍGUEZ DE CORTIÑAS, casado, 40 anos, 4 fillos menores , 2 fillas ( 8 persoas )
12. - FERNANDO LÓPEZ , casado, de máis de 60 anos, 1 fillo de 20 anos, casado ( 4 persoas )
13.- SABELA DO CASAL, POBRE , viuva ( 1 persoa )
15.- XOANA DÍAZ, viuva, 1 fillo casado de 25 anos con 1 fillo menor ( 3 persoas )
16.- MIGUEL LÓPEZ , casado, 60 anos, 1 fillo casado de 30 anos con 3 fillos menores ( 7 persoas )
17.- MANUEL ARIAS . casado, 32 anos, 4 fillos menores , 1 irmán maior ( 7 persoas )
18.- MANUEL GUITIÁN, FIDALGO, casado, 49 anos, 49 anos, 6 fillos menores, 2 criados mayores, 2 criadas ( 12 persoas )
19.- SANTIAGO GONZÁLEZ. viuvo, de máis de 60 anos, 1 fillo casado de 24 anos con 1 fillo, 1 sobriño ( 5 persoas )
20.- SANTIAGO LÓPEZ, casado, 59 anos, 4 fillos, 1 filla, 1 irmán, 1 criada ( 9 persoas )
21.- SANTIAGO RODRÍGUEZ , solteiro, 44 anos, 1 cuñada, 3 sobriños, 2 sobriñas e 1 irmán maior ( 8 persoas )
22.- SIMÓN LÓPEZ . casado, 60 anos, 1 filla, 1 fillo , DOMINGOS LÓPEZ, ZAPATEIRO, de 28 anos. ( 4 persoas ) Polo oficio regulábanlle 30 reais en cada un ano.
23.- VICENZO LÓPEZ, casado, de 28 anos, 5 fillos menores, 1 irmán, 1 tío, MANUEL FERNÁNDEZ, CURTIDOR ( 9 persoas ). Regulábanlle un gaño de 50 reais ao ano.
Eclesiásticos
XOÁN ARIAS, presbítero.
Emolumentos do Común:
A parroquia de San Miguel de Biville, no Arciprestádego de Paradela, formaba curato con San Salvador da Pinza e Santa María de Belante.
Establecementos relixiosos
Igrexa de San Miguel de Biville, románica con fachada neoclásica. Os fregueses eran enterrados no interior do templo.
Capela de fundación na igrexa parroquial: San Xoán, con unha casa patrimonial de un alto e 80 varas en cadro na Casa Branca
Capela de San Marco, perto do monte do Faro do Páramo, onde estivo o mosteirolo medieval de Santo Adrao do Monte do Páramo.
O Camiño de Santiago atravesaba a parroquia por Cortiñas, Campo de Lavandeira e O Casal.
Eran posuedores de bens e dereitos na parroquia as seguntes persoas:
1.- Amaro Belante. 2.- Andrea López. 3.- Antonio Arias ( *) . 4.-Antonio López... 5.- Antonio Díaz de Riba (*). 6.- Antonio Díaz da Vila ( * ). 7.- Antonio Arias. 8.- Antonio Fernández, 9.- Antonio Sarmiento. 10.- Amaro López ( * ). 11.- Bernabé López ( *).12.- Brais Arias ( * ). 13.-Carlos Quintas. 14.- Diego Fernández ( * ). 15.- Domingos González ( * ). 16.- Domingos Rodríguez de Viville ( * ). 17.- Domingos Rodríguez de Cortiñas ( * ). . 18.- Domingos López. 21.- Francisco López, 22.- Francisco López. 23.- Fernando López (* ). 24.- Sabela do Casal ( * ). 25.- Xacinto Díaz. 26.- Xosé López.27.- Xoán Díaz ( * ). .28.- Xoana Díaz ( *). 29.- Xoán López. 30.- Lázaro López. 31.- Manuel Núñez. 32,- Mateu López. 33.- Miguel Díaz da Vila. 34.- Miguel González. 35.- Manuel Arias ( * ).36- Manuel Guitián ( * ). 37.- Patricio López. 38.- Pedro Rodríguez. 39.- Roque Arias. 40.- Rosendo López. 41.- Santiago González ( * ). 42.- Santiago López ( * ). 43.- Santiago Rodríguez. 44.- Santiago López. 45.- Simón López. 46.- Vicenzo López ( *). 47.- Emolumentos do Común.
.NOTA : Para formar as liñas xenealoxica de persoas orixinarias de San Miguel de Biville os datos anteriores a 1871 están nos Libros parroquiais depostados no Arquivo Diocesano de Lugo ( Pazo Episcopal-Praza de Santa María ).
Os datos posteriores a 1870 figuran no Rexistro Civil de Sárria ( Rúa Maior 1 ), e desde 1950 están informatizados.
Comentarios
Publicar un comentario