AS CAMPÁS DO CONVENTO DA MERCÉ DE SÁRRIA ( 1897 )
Cand.
o en 1896 os relixiosos mercedarios tomaron posesión do pardiñeiro que era o antigo Mosteiro de Santa María Madalena , ademais de achar un edificio sen tellado, puideron comprobar que a torre da igrexa non tiña campás, A causa fora que foran retiradas de alí no período de abandono da Casa, e sabemos que a campá grande fora instalada na recén construída espadana de San Salvador, darredor de 1861
Por unha nota de prensa de 25 de maio de 1897, oito meses despois da reanudación da vida conventual sabemos que se colocaron novas campás, ou sinos, na torre dazaoitesca.
A Campá Grande con un peso de 40 arrobas presentaba a lenda REGALO DE LOS HABITANTES DE SARRIA A LOS PADRES MERCEDARIOS DE LA MISMA. NUESTRA SEÑORA DE LA MERCED, e na parte superior SIENDO GENERAL FR PEDRO ARMENGOL VALENZUELA AÑO DE 1897.
A Campá Pequena, cun peso de 30 arrobas, ten as mesmas inscricións coa diferencia de dicir VECINOS no canto de habitantes, de poñer o nome do P. Comendador Frei Antonio Hortas no canto do Xeneral da Orde, e sustituido o nome da Nosa Señora da Mercé polo de San Pedro Nolasco.
Foron fundidas na acreditada fábrica de Bilbao do Sr Aguirre Saromo , e costaron na dita fábrica perto de 10.000 reais ( 2,500 pesetas ) e o transporte desde esa cidade ate A Coruña custou 13 pesetas. Nos días rabeiros de maio enceparon as campás.
Por outra nova de prensa sabemos que as campás non responderon ás badaladas dando sons ocos e houbo que desencepalas e mandalas de volta a Bilbao para fundilas de nvo. Houbo bon suceso na segunda fundición e seguen a chamar aos fieis aos cultos relixioso, deron os toques do Angelus e dan as horas.
Comentarios
Publicar un comentario