A VIRXE DOS REMEDIOS .- ALTO DE CESÁR ( SÁRRIA )
Aló enriba, cara o Sur,no Camiño de Lemos, por onde as searas gallopan pola encosta de Cesár, e onde o ouro fuxidío das xesteiras espalla ese doce arrecendo campesío, está a Virxe dos Remedios.
E o camiño serpentea a encosta afundídose na pena pizarrenta.
¡ Tan pouca cousa e tan grande !
En Sárria tiñamos a graza da Nosa Señora de Graza e no campo, tan lonxe e tan perto, a Nosa Señora dos Remedios.
A exclaustración do XIX deixounos namais a do Alto de Cesár. A da branca capela.A do souto vizoso, A da fonte frieira.
E pelengríns por dous días os sarriaos de todas as bandas facemos o camiño vello ou a verea nova. Pechamos o verán que morre coa devoción mariana,Nós, os que acababamos de abrir o verán co lume sempre novo da noite de San Xoán.
E ano tras ano vai a ledaíña do subir e o baixar,E a roseira da mocidade florece en cada setembro.Santa María de Setembro olla tamén de ano en ano cair as follas que non mirarán o val dende o outeiro. Serán os novos os que arrempuxen co frescor dos anos mozos os que levarán á campía a ledicia que noutros setembros foi froito dos que se foron.
Santa María de Setembro, E todos pasamos por baixo dos carballos, Por baixo dos carballos que outros chantaron e outros cortarán,Santa María de Setembro. E remata o verán e chega o outono
Dende lonxe agora lembro , cando o verán xa morría pregoando a invernía a Señora de Setembro a a nosa Santa Maria
Dos Remedios lle chamaban, Raiña de doce colo, cantos alí se achegaban nela atoparon consolo,
Santa María , do Outono abre para todos as portas nun mundo de chumbo e sono, Remedios ten para pesares, menciñas para sandar feridas e para almas adoecidas abre ronseles nos mares.
¡ Virxe Nosa dos Remedios ! ¡ Pombiña de branco veo, despois desta noite escura feita de loito e negrura danos a graza do ceo !
E xa que ledos estamos e vivimos no teu couto, na fontiña do teu souto fai que por anos bebamos.
Ollos misericordiosos, dádenos dende ese cume da verdade o nobre lume .para camiñarmos gaiosos
Cóntanse por milleiros. Labregos e burgueses. Nenos e vellos. É como unha labaradas de amor. E fica despois silandeira, isolada darredor de carballos fungóns, adurmiñada polo marmurio da fontiña.
¡ A ledicia da vida !....Namentras a fuxidía presencia das tollemerendas madrugueiras pregoa que axiña as árbores voltarán á súa nueza... ¡ A dura leción da vida !... A esperanza.
XAIME FÉLIX LÓPEZ ARIAS
Comentarios
Publicar un comentario