COUTOS NON SUXEITOS AO CONDADO DE SÁRRIA ( 1457 )

Fronte á crenza xeralizada nos tempos actuais de que  no século XV as freguesías da Terra de Sárria que non formaban parte da xurisdición da Abadía de Samos "necesariamente" formaban parte  do Condado de Sárria, do que foron señores o  Conde  de Trastamara ou do Conde de Lemos, segundo os tempos, álzase a realidade de coutos, freguesías , lugares e casares propiedade de outros señores.

O  Conde de Trastamara, a mediados do século XV, ocupou arbitrariamente mocitos deses espazos  esixindo aos vasalos servizos e obrigas  en beneficio de Sárria, sen ter lexítimo dereito  a esa usurpación . Iso deu lugar a un sonado pleito que rematou coa sentenza dada polo arcebispo de Santiago, Rodrigo de Luna, en 31 de decembro de 1457.  Sinalou esa sentenza  a quen en dereito correspondía o señorío  con relación aos coutos e  lugares que foran obxecto de ocupación  :

1.- NA TERRA DE CHAMOSO, os Coutos de Arxemil, Santo André e San Martiño de Peleriños e Pedrafita,. Constanza Rodríguez de Chamoso  fixera doazón dunha terza parte  a dona Beatriz, Condesa de Lemos, entregada polo herdeiro Lope Sánchez de Ulloa.

Sentenza : Manda que o Conde de Trastamara ( Pedro Álvarez Osorio )  entregue estes coutos ao Conde de Lemos ( tamén chamado Pedro Álvarez Osorio ) administrador dos seus fillos  Alonso Osorio e María.

2.-  COUTOS DE CASTELO DOS INFANTES,   Vilagade ( hoxe Viládiga ), Larín, Casares de Louseiro, Mendrois ( hoxe Mendrós )  e O Rigueiro ( no Fontao  ).

Sentenza ; Están exentos  do tributo e servizo  e suxeizón á Vila de Sárria  nin lles deben  pagar xantar", Manda que o Conde de Trastamara os deixe gozar  da súa liberdade e servizos",

3.- COUTO DE SAN FIZ DE REIMÓNDEZ, lugar do Caritel posuídos por  Gonzalo de Aián, que posuía o Couto de San Fiz por doazón de  don Afonso, fillo do Duque de Arjona,. Foi ocupado polo Conde Trastamara. O Couto do Caritel ( de Samos ) tíñao Gozalo de Aián  e tamén o tomou o Conde de Trastamara.

Sentenza ; " Declara estar exento da serventía, xurisdición  e señorío de Sárria,... que non impoñan pedidos, carretos  e serventías-

4.-COUTO DE BETOTE.- Estaba posuído por Gonzalo de Aián.

Sentenza: É Couto e Xurisdición sobre sí  e o Conde de Lemos fixo sinrazón  porque mandara prender algúns homes porque non ían ás serventías de Sárria.

5.- COUTO SA SOMOZA.-  Álvaro  López da Somoza tiña coutos, aldeas e vasalos.

Sentenza :  Manda que o Conde de Trastamar  faga devolución de todo o ilexítimamente ocupado.

6.- CASARES DE RUI GONZÁLEZ DE RIBA DE NEIRA.-  Posuía os casares da Vilerma, Grandar, Vilarello, Vilar de Susao,  Fontela,  Tras a Devesa,  Castelo, A Pena, San Salvador, Santo Estevo do Mato, Rosende, Vilariño, Vilar de María,  Vila de Tres, Pena de Grandal, Casar da Veiga da Áspera, e o de Celeiro de San Martiño de Requeixo, Casares de Treilán e A Veiga, 

Sentenza : Resultou probado que foran de Álvaro  González  e do seu fillo Rui González por foro.E como o Conde de Trastamara lles repartira aos vasalos  caseiros  pedido, xantar e matadeira, Manda que o Conde as solte.

7,. FREGUESÍAS DE SANTA MARÍA DE VILAMBRÁN, SAN MIGUEL DE VILAPEDRE, SAN FIZ E SAN PEDRO DE VILAPEDRE estaban posuídas por Rui González de Riba de Neira por doazón de don Afoso ( don Alonso de Castro ), fillo do Duque de Arjona-

Sentenza: Manda que as solte o Conde Trastamara

8.- COUTO DE SAN SADURNIÑO DE FROIÁN.- Era de Ares Díaz de Guiián.

Sentenza : Ë xurisdición apartada e non suxeita á vila de Sárria. Manda que o Conde  de Trastamara a solte,

9.- CASARES  DE TERRA DE FROIÁN  E NA LOBATAIRA.- Lope Días de Guitián, crego, criado do Conde de Lemos declara  como cura  de San Xulián de Chorente,  San Mamede e Santo André e que San Mamede da Chanca tamén era del-

Sentenza : Manda que as solte por non ser serventía da vila de Sárria.

10,.AGRAVIO FEITO A ARES FERNÁNDEZ DAS RIBEIRAS.- Crego. O Conde de Trastamara  vendera viñas súas e quitáralle renda de pan.

Sentenza: Proibe que o siga facendo.

 11 ,. AGRAVIO FEITO A XOÁN DE TORRES.- Crego.O Conde de Trastamara levoulle os froitos e rendas de Santiago de Viance e os froitos e rendas de San Pedro de Ronfe, que el levaba no nome de Xoán López, crego titular do beneficio.- 

NOTA : Os Coutos, lugares e casares reoñecidos en 1457 como independentes e non suxeitos á xurisdición de Sárria, despois da supresión dos señoríos, entre 1820 e 1840, acabaron integrándose nos concellos  de Sárria, Vilapedre e Láncara.


Comentarios

Publicacións populares