FEIRA NOVA DE PARADELA ( 1938 )

 CREACIÓN  DA FEIRA DO QUINCE EN PARADELA

Na terra de Paradela e Castro de Rei de Lemos  durante séculos a única feira establecida era a do Mosteiro Vello  ( Feira do Tres ), e o intento de finais do século XIX de celebrar unha feira en Ferreiros non tiv smo virtualidade.

Na parroquia de Santa María de Vilamaior ( Xurisdición do Marquesado e Concello de Sárria, arciprestado de Paradela ) no Campo do Palacio, ou Campo de Tambarría, celebrouse durante séculos a FEIRA DO QUINCE ou FEIRA DE PARADELA., que era a úica feira de mes  sarriá ate que en 1820 se creou a do Vinte.

 Santa María de Vilamaior era coñecida como Vilamaior de Paradela ou Vilamaior da Lobataira.

O Concello de Paradela  creou unha feira no lugar de Pacios, capitalidade do municipio,  que por un tempo tiña lugar do último domingo de cada un mes.

No diario de Lugo, EL PROGRESO , o día 8 de xuño de 1938, publica unha nota emitida polo alcalde paradelense  Daniel López, na que dá a nova da creación da "Nova Feira de Paradela" a celebrar o día 15 de cada mes.

"Trasladada ao 15 de cada un mes  a feira que se viña celebrando en Pacios  de San Miguel de Paradela  o último domingo de mes , cumprindo así acordo do  Concello, que aprobou o Excelentísimo Sr. Gobernador  civil da provincia , faiselle saber  ao público para xeral coñecemento , agardando o concurso  de vendedores , en ben do concello e progreso da dita feira , que redundará en beneficio  da comarca, ao ser concorrida,  verificándose na mesma relativas trsnsacións  de gandos , víveres  e demais. Faise prevención que, caso  de xurdir oposición sistemática  a concorrer á mesma , implicará  a imposición inmediata de  sancións  aos que neguen ou restrinxan  o seu concurso ou fagan propaganda á contra da referida feirs, cuxo traslado se levara a efecto,  por vez primeira  o vindeiro Quince de Xuño .                                    

                        Paradela  ( Lugo ) , 30 de maio de  1938.- Segundo Ano Triunfal

                                                         O Alcalde : Daniel López


A creación da Feira Nova de Paradela supuxo a desaparición da FEIRA DE PARADELA que se celebraba en  Vilamaior ( Sárria ) cada día quince , e aínda que o Concello de Sárria, e en especial os comerciantes de Sárria non  fixeron oposición ao mandado do Gobernador  civil, o comunicado  do alcalde de Paradela  amosa que  había forzas "populares " que estaban á contra desa nova feira.

O histórico nome da primeira Feira de Paradela, pervive aínda hoxe na denominación da estrada provincial que desde Ortoá ( Nabás )  leva  a Vilamaior , coñecida oficialmente como Estrada de Santa María á Feira de Paradela, agora alongada ata a feira do Mosteiro Vello.


Comentarios

Publicacións populares