SANTALLA DE ARXEMIL ( SÁRRIA ) 1761
A parroquia de SANTALLA DE ARXEMIL , no Marquesado e Xurisdición de Sárria, do Señorío dos Condes de Lemos-Marqueses de Sárris, en 1761 estaba formada polos lugares de Airexe-Pacio, Santalla, Arxemil , A Pena e parte do lugar de Guillade.
As unidades familiares eran as seguintes:
01.- ANTONIO DE ARMESTO , casado, 2 fillos menores, o xenro ( 5 persoas )
02.- ANTONIO RODRÍGUEZ , casado, 60 anos, o xenro ( XACOBE RODRÍGUEZ, ZAPATEIRO, 30anos, e 3 fillos ). ( 6 persoas ) Polo oficio regulábanlle 20 reais en cada un ano.
03.- DOMINGOS LÓPEZ DO PACIO , casado, 50 anos, 1 filla, 1 fillo menors ( 4 persoas )
04.- DIEGO TOIRÁN , casado, 30 anos, 3 fillos menores, 1 tía e 1 irmá menor ( 7 persoas )
06-- XOÁN ARIAS , casado, 40 anos, 4 fillos menores, 1 cuñada , 1 tía, a sogra ( 9 persoas )Polo oficio regulábanlle 20 reais en cada un ano.
07.- XOÁN MELLE, casado, 48 anos, 6 fillos menores ( 8 persoas )
08.- MIGUEL LÓPEZ, casado, 30 anos, 3 fillos menores ( 5 persoas )
09.- MANUEL LÓPEZ , casado, 36 anos, 4 fillos menores e a nai ( 7 persoas )
10.- MARCO LÓPEZ DE SANTALLA, casado, 40 anos, 1 fillo menor, a nai, 1 irmá, 1 criado e 2 criadas ( 8 persoas )
11.- PEDRO LÓPEZ , casado, 53 anos, 3 fillos menores e o xenro ( 6 persoas )
12.- PEDRO ARIAS , casado, 50 anos, 4 fillos ( 6 persoas )
13.- PEDRO CAPÓN, ZAPATEIRO, 50 anos, 2 fillos menores, 2 fillos maiores ( un casado, PEDRO CAPÓN, que tiña 4 fillos ) ( 11 persoas ) Polo oficio regulábanlle 20 reais en cada un ano.
14.- PEDRO LÓPEZ, casado, 34 anos, 4 fillos menores, 2 criados ( 8 persoas )
Total moradores na parroquia : 100 persoas
Non había eclesiásticos na parroquia.
Emolumentos do Común:
A parroquia de Santalla de Arxemiil era anexa da de San Pedro de Maside. En algúns documentos aparece como "Sancta Eolalia de Masiti"
Establecementos relixiosos:
A igrexa parroquial de Santalla de Arxemil. Os enterramentos dos fregueses facíanse no interior do templo.
Había unha capela adicada a SANTA CRISTIÑA no cume do monte do mesmo nome.
O edificio máis destacado era a Casa do Pacio.
Había un mesón ( Mesón da Coveluda ) no Camiño de Sárria a Lugo que dende a Ponte do Mazadoiro e Treilán , As Penelas, seguía ata Goián onde se unía ao Camiño de Monforte a Lugo pola Ponte de Neira.
Na Pena da Auga había un muiño propiedade de Manuel e de Marco López.
Posuedores de bens e dereitos na parroquia de Arxemil :
1.-Antonio López de Armesto ( * ). 2.- Antonio Rodríguez ( * ) . 3.- Antonio Rodríguez de Arxemil. 4.- Antonio Fernánez. 5.- Antonio Arias ( de San Pedro de Maside ). 6.- Antonio Quinte ( de San Salvador de Vilar de Sárria ). 7.- André Toirán. 8.- Brais López. 9.- Bartolomeu López. 10.- Bartolomeu da Fonte ( de Vilapedre ), 11.- Bartolomeu López ( de Santo Estevo de Lousadela ). 12.- Domingos López. 13.-Domingos López , do Pacio ( * ). 14.- Domingos López ( de San Pedro de Maside ). 15.- Domingos López ( de Santa María de Ortoá ). 16.- Diego Toirán ( * ).17.- Francisco Rodríguez ( de Santa María de Ortoá ). 18.- Francisdco Gayoso ( de Vilapedre ). 19.- Gregorio López. 20.- Gregorio Quintairo. 21.- Gregorio Alvaredo. 22.- Xoán López Santalla ( * ). 23.- Xoán Francisco de la Vega ( de San Pedro de Maside ). 24.- Xoán Toirán. 25.- Xoán Arias ( * ). 26.- Xosefa Díaz. 27.- Xosé López ( de Vilapedre ). 28.- Xosé Vázquez. 29.- Xosé de Losada. 30.- Xurxo Fernández. 31.- Xoán Arias. 32.-Xoán de Melle ( * ). 33.-Lucas Somoza Saavedra ( San Martiño de Laiosa ). 34.- Miguel Capón. 35.-Manuel Vázquez.36.-Manuel López ( * ). 37.- Miguel López ( * ).38.- Manuel López. 39.- Marco López ( * ). 40.- Pedro López ( * ). 41.- Pedro Arias ( * ). 42.- Pedro Capón ( * ). 43.- Pedro López( de San Pedro de Maside . 44.- Pedro Losada. 45.- Pedro Arias (* ).46.- Pedro López ( * ). 47.- Santiago López. 48.- Emolumentos do Común ( * )
15 posuedores residentes na parroquia de Arxemil e 33 forasteiros
Comentarios
Publicar un comentario