OS PRIMEIROS PASOS DO CONVENTO MERCEDARIO EN SÁRRIA ( 1896/1897 )
( Abril de 1896 ).- Coñecida en Sárria a aceptación da Orde da Mercé para establecer o seu Convento no ruinoso Mosteiro da Madalena , que fora cedido polo Estado ao Bispado de Lugo, os veciños da vila mostraban grande inquedanza e prometían axudar con aportacións e elementos materiais a que o edificio resultase habitable.
Os veciños de Santiago de Farbán prometeron peonadas e carretos gratis para arranxar oa vella Casa ,relixiosa, onde os mercedarios querían establecer o seu Noviciado.
( 26.11.1896) EL LUCENSE, xornal de Lugo recollía o estado das obras só tres meses despois da chegada dos relixiosos a Sárria:
" Tempo é de que eu diga algo do Convento da Mercé de Sárria e dos seus dignísimos moradores.
Tres meses hai que estes principiaron os traballos de reparación no dito convento, e os que o viron entón e o ven hoxe , quedan sosprendidos porque parece imposible que en tan pouco tempo poidera adiantarse tanto , pois débese ter en conta que se se exceptúa a parte do teito que se fixo nova, o faio da mesma e algo da parte do Norte, é debido caseque todo ao traballo constante e á actividade sen igoal dos Reverendos Relixiosos Mercedarios, que sen abandoaren o cumprimento da régoa pooideron adicarse a estas faenas.
Se as cales secan axiña é probable que para o vindeiro mes de Xaneiro p. oida isntalarse no andar primeiro e no segundo da parte traseira e Norte do dito edificio, o Noviciado da Mercé do convento de Poio ( Pontevedra ).O Refectorio axiña estará rematado ; e boa falla fai porque o provisorio que ten a Comunidade non reúne condicións.
Os catro PP relixiosos que hai na dita Comunidade , teñen traballo dabondo de confesionario e é moi consolador o ver a concurrenza de fieis que antes e despois do amencer , van ao convento para oir misa e comungar.Houbo día festivo na que os PP pasaron toda a mañá oíndo confesións e repartindo o Pan dos Anxos.
Ben se pode dicir que os Reverendos Mercedarios de Sárria cumpren o voto de rendención de cativos, non só no espiritual senón tamén no material porque ademais de redimir as almas do cativerio do pecado, redimiron tamén este fermoso edificio ( que foi e ha ser agloria de Sárria ) do poder dos que se gozaron en destruílo, deixándoo case en esquelete.
Non quero dicir co manifestado que estea reparado na súa maior parte. Moitísimo resta por facer , pois a que habitan os relixiosos ameaza ruína, agás as súas paredes.
Polo dagora esgotáronse os recursos para estas obras, e ademias teñen os PP que adicarlles as súas atencións aos estudantes que seguen a carreira sacerdotal, e aos traballos para instalar, como queda dito, o Noviciado ; e polo tanto vense obrigados a suspenderen todo traballo de reparacións até o vindeiro verán. Que non esquezan nada de isto as persoas ricas para que contribúan cos seus donativos , para que esta excelente Comunidade poida atender aos grandes compromisos anexos á súa misión , considerando que todo canto dean , Deus hallo de centuplicar en felicidades e ditas temporais, e por riba de todo eternas, que son de prezo infinito.
O Sr D Xesús Pérez Batallón regaloulle ao convento unha elegantísima lámpada de prata Meneses que ten na súa circunferencia tres precisos candelabros.
CORRESPONSAL
NOTAS.- Incidencias sufridas polo Mosteiro de Santa María Madalena no século XIX
1.- En 1836 como consecuencia da Desamortización e da expulsión dos frades agostiños o edificio pasa a ser propiedade do Estado, As fincas da contorna pasan a mans de particulares e o Estado vende tamén as rendas .
2.- O Estado cede o Mosteiro ao Concello de Sárria, mantendo a igrexa aberta ao culto, baixo o coidado do párraco de San Salvador.As campás foron trasladadas a San Salvador.
3.- Os intentos de establecer no edificio o cuartel da Garda Civil, ou o arquivo de protocolos notariais non foron aceptadas polas autoridades municipais,
4.- Establecemente do Cárcere do Partido e casa do carcereiro nunha parte do edificio.
5.- As familias podentes da vila pasan a ocupar varias das dependenzas en benefizo propio establecendo nela cortellos, leñeiras e palleiras, con enteira pasividade por parte dos rexedores municipais.
6.- O proxecto de establcer na igrexa conventual a igrexa parroquial de Santa Mariña, porque esta estaba en mal estado, contou coa total oposición dos fregueses e finalmente conseguron que o Estado dese unha cantidade de diñeiro para facer un novo templo, obra que non se levou adiante ata que don Xoán María López deixou unha xenerosa manda que permitiu alzar a igrexa nova, despois de derrubar a igrexa románica.
7.- O Concello de Sárria, alegando que carecía de fondos para soster o edificio, cede o ex-mosteiro de agostiños ao Estado.
8.- O Estado cédelle o mosteiro ao Bispado de Lugo.
9.- O intento de establecer no mosteiro unha comunidade de Agostiños Filipenses non deu resultado porque ao ver o estado de ruina que presentaba non quixeron asumir gastos de restauro,
10,. En 1896 establecese no arruinado edificio unha comunidade de relixiosos mercedarios que establcen nel o seu Noviciado,
11.- O Cárcere do Partido é trasladao á Escola de Nenos ( antiga Escola de Primeiras Letras ) na parte traseira da Casa do Concello (Rúa Maior nº 1 )
12.- Varias familias psuedoras de terreos darredor do mosteiro, adquiridos en subhastas de bens nacionais, e que foran dos agostiños son doados aos mercedarios para que teñan horta e espazos de lecer.
Comentarios
Publicar un comentario