MERCADO SEMANAL DE SÁRRIA ( 1909 )
O MERCADO DOMINICAL DE SÁRRIA
( Concello de Sárria , 1909 )
MERCADO DO DOMINGO.- A Corporación municipal visto o seu acordo de 28 de abril último, relativo ao mercado tradicional desta Vila en domingo, e enterada da comunicación do Sr. Gobernador civil da provincis nº 401 do 24 anterior , ordenando non se consinta a apertura de comerzos en domingo mentres de Real Orde non se declare que é tradicional o mercado desta vila; en votación nominal e por unanimidade acorda:
Que para que sexa declarada a condición de tradicional e consuetidunario do mercado, único semanal para este Concello e os demáis do partido, que se celebra todos os domingos nesta vila, desde tempo inmemorial , se incoe o oportuno expediente que se xustificará con información que se recibirá no Xulgado de Primeira Instancia, para perpetua memoria; con certificación ou copia dos antecedentes que existan no arquivo municipal relativos ao mercado ; con información que se interesará dos demáis concellos do partido, xa que o mercado desta vila é utilizable e único para todos eles ; e en fin con cantos datos e antecedentes se crean pertinentes e demostrativos de que non existe quen poida recordar a fundación do mercado de Sárria, pola súa antigüidade , e para que así sexa recoñecida de Real Orde.
Comentarios
Publicar un comentario