O "CIRCULO DE LAS ARTES" DE SÁRRIA ( 1902 )
O CIRCULO DE LAS ARTES DE SÁRRIA estivo primeiramente instalado na Casa Grande, na Rúa Maior, no actual nº 37, e pasou despois á Casa de Venancio Vázquez, na Rúa do Porvir, agora Casa Quiroga na Rúa Marqués de Ugena.
ENTROIDO DE 1902.- Presidía a sociedade Xulio Álvarez López. Programaron un baile o domingo. O Martes de Entroido saíu polas rúas a rondalla Blanco y Negro de Lugo, de 20 números dirixidos por Severo Blasco.
Houbo bailes no Círculo e nos baixos da Casa Novoa ( Praza da Constitución )- No Casino non houbo baile de máscaras por loito e polo trancazo ( epidemia do ano ).
O día 12 de febreiro organizaron o ENTERRO DA SARDIÑA
Comentarios
Publicar un comentario