UN PINTOR-DECORADOR EN SÁRRIA ( 1902 )
Con ocasió das obras de decoración do interior de "Villa Andrea" asentou en Sárria VICENZO RIVAS VAAMONDE , e ofreceu os seus servizos aos veciños da vila:
" (10.1902 ) Acaba de se establecer na vila de Sárris, onde ofrece os seus servizos en todo o relativo á arte pictórica e empapelado de cuartos .Especialidade en traballos de igrexa, teas, decorado de templos, renovación de sillares de todos os estilos e pintura de imaxes , como se poden facer nas mellores fábricas de Barcelona.
Imitación de toda clas de madeiras e mármores confundíndose co natural.
Cadros ao óleo a prezos sumamente módicos.
Píntanse carruaxes de luxo ou de calquera clas.
Diríxanse as encargas á quinta "Villa Andrea" de Sárria-
Nota: Ademáis dos traballos feitos en Villa Andrea, cecais se deban a este pintor as decoracións de interiores da Casa Vaamonde, Casa Gallego,. Casa Pardo e Casa de don Hilario, algunhas delas xa desaparecidas.
Comentarios
Publicar un comentario