UN CENTRO OFICIAL DE ENSINO MEDIO E PROFESIONAL EN SÁRRIA (1963 )
PEDINDO UN CENTRO DE FORMACIÓN PROFESIONAL PARA SÁRRIA ( 1963 )
UN PROXECTO FRUSTRADO ATA 1975
( Concello de Sárria, 23.12.1963 )
Alcalde: Xabier López-Acevedo López. ( avogado ) Concelleiros: Laureano.Álvarez Armado ( médico ) - Pedro Viñas López. ( industrial )- Luis Daga López.(comerciante ) -Ramiro Gallego Ares. ( industrial )- Xulio Rodríguez González ( comerciante ).-Xesús Vázquez Rivas ( perito agrícola )
SOLICITUDE DE CREACIÓN DUN CENTRO OFICIAL DE ENSINO MEDIO E PROFESIONAL
Polo Sr. Alcalde dase conta de que o Ilmo Sr, Director Xeral de Ensino Laboral dirixiulle carta do teor literal seguinte:
Madrid, 27 de Novembro de 1963 Sr D, Xabier López-Acevedo Alcalde-Presidente do Excmo, Concello de Sárria ( Lugo )
Moi Sr meu: O xefe da Sección de Construcións Laborais deume conta da enrevista que sostivo con Vde esta mañá .
En relación co motivo da entrevista rógolle que reúna á Corporació da súa dina presidenza para adoptar os urxentes acordos , dos que deberá remitir os correspondentes certificados á mencinada Sección:
1º .- Solicitude dun Centro Oficial de Ensino Medio e Profesional de Modalidade Industrial.
2º,. Cesión gratuita a favor do Padroado Nacional de Ensino Medio e Profesional de un soar de 10,000 metros cadrados para construur o edificio do Centro.
3º,. Compromiso de aportar o primeiro terzo do orzamento de obras do dito edificio-
4º.- Compromiso de subvencionar anualmente o Centro con 74.500 pesetas .
A esta documentación deberá enadir unha memoria descrptiva da economía da comarca.
Na agarda das súas novas saúdao con todo afecto
Vicente Aleixandre
rubricado
Previa a oportuna deliberación , a Corporación por unanimidade acorda:
1º.- Solicitar da Dirección Xeral de Ensino Laboral a creación nesta vila de Sárria dun Centro Oficial de Ensino Medio e Profesional de Modalidade Industrial.
2º.- Ceder gratuitamente a favor do Padroado Nacioanl de Ensino Medio e Profesional, un soar de dez mil metros cadrados para construir o edificio do referido Centro.
3º.- Comprometerse este Concello a aportar un terzo do orzamento de obras do dito edificio.
4º.- Comprometerse igualmente este Concello a subvencionar con74.500 pesteas anuais o referido Centro.
E non habendo máis asuntos de que tratar e sendo as vinte e unha horas o Sr. Alcalde dá por terminado o acto e do consinuado, eu Secretatio accidental dou fe.
NOTA.- O falecemento prematuro do alcalde e Xabier López-Acevdo López supuxo a paralización do expediente, que algúns anos despois trataron de revitazar diante do interese posto por Euxenio López López ( que sería declarado fillo adoptivo de Sárria ).
O intento de adquirir terreos nos Castreliños , a carón da Praia do Cnanto, non frutificou. Houbo xestións para que a modalidade do desexado centro fose a Mineira, e tamén se falou de especializalo en Carpintaría.
Finalmente , cando xa se mercara o terreo da Devesa de Pepe ou Devesa do Campo do Rolo, perto de Vigo de Sárria, o desinterese da Corporación Municipal fixo que o proxecto queade desbotado en Madrid.
E ao xurdir , pola influenza de Euxenio López López, a posible dotación dun Colexio Comarcal de Ensino Primario e Escola Fogar, fíxose cesión do terreo para levar a efecto a Concentración Escolar , proceso qno que tamén a Corporación deu sinais de preguiza e desinterese co resultado de que dende o comezo das obras á posta en funcionamento do colexio pasaron uns sete anos.
O Centro de Formación Profesional estivo de xeito provisional desde a súa creación en 1975 nas antigas Escolas Públicas, pasando anos depois ao edicfiio alzado en Ribela.
Comentarios
Publicar un comentario