A PRAIA FLUVIAL DO CHANTO ( SÁRRIA, 1960-1963 )
A PRAIA FLUVIAL DO CHANTO ( 1960-1963 )
( Concello de Sárria, 11.11.1960. Alcalde : Xabier López-Acevedo López )
PRAIA MUNICIPAL.- Acórdase por unanimidade aportar o proxecto técnico para a construción da PRAIA MUNICIPAL e tamén a forma da súa financiación, que terá que ser de conformidade co Plan da Comisión Provincial de Servizos Técnicos na proporción de 48.000 pesetas en subvención da Presidenza do Goberno a traveso do dito plan ; 32.000 pesetas en aportación da veciñanza e as restantes 100.000 pesetas ao Concello das que 10.000 pesetas serán aportadas en metálico e as 90.000 pesetas restantes nos terreos onde se vai edificar a dita praia, e comprometéndose o Concello para o caso de que as aportacións da veciñanza non chegaran a facerse efectivas , a satisfacer as 32.000 pesetas que se prevén por tal concepto-
( Concello de Sárria, 08.04.1963 Alcalde: Xabier López-Acevedo López )
COMPRA DO PRADO QUE ARRODEA OS TERREOS DA PRAIA MUNICIPAL.-O Sr. Alcalde resumindo os feitos que xa son coñecidos pola maior parte da Corporación, informa a esta de que se acha á venda o prado que arrodea os terreos da Praia Municipal, e somete á súa aprobación a comenencia de adquirilo o Concello, en atención ás seguintes razóns:
1º.- É evidente a insuficiencia dos actuais terreos dela para conter a grande afluencia de veciños e público en xeral que a eles acode.
2ª.- Por ter sido incluída a Vila de Sárria no Camiño Xacobeo , declarado de interese nacional , prvese grande afluencia de turismo, especialmente nos meses de verán e dacordo coas directrices gubernamentais e co maior interese para o Municipio que de iso se pode derivar , é preciso darlle a esta corrente turística facilidades para facer un alto na Vila, e un dos procedementos máis en boga na actualidade e ao alcance do Concello, é proporcionarlle un lugar de esparcemento e descanso , e un terreo de " camping". A Praia pode cumprir a primeira función, e coa ampliación e xa que actualmente é insufciente , podería tamén habilitarese terreo de "camping" que reúna nun emprazamnto de singular beleza natural todos os servizos que esixen e as disposición legais que xa existen na Praia e ademais, existe a posibilidade de subvencións con destino a esta instalación , pero esrtán condicionadas a que o Concello aporte os terreos axeitados para a súa instalación
E 3º.-No momento actual existe a posibilidade de adquisición inmediata dos terreos que arrodean a Praia , a un prezo razoable , e de non se aproveitar a oportunidade , é indudable que os seus novos propietarios non estarán popicios á cesión, cecais en longo prazo e de seguro a maior prezo, sendo tamén posible ue se destinen a usos incómodos para a Praia, e que impidan a súa futura expropiación.
De seguido o Sr. Alcalde concédelle a palabra aos señores Concelleiros, debaténdose amplamente o tema, tománodse finalmente por unanimiade o seguinte acordo:
Facultar ao Sr. Alcalde para que xestione a compra do prado que arrodea os terreos da Praia Municipal , propiedade de D, Antonio Pérez Cabañas, e dunha superficie aproximada de dez ferrados ( 6,287,6 m/2 ) , polo prezo máximo de 255.000 pesetas, e para outorgar a correspondente escritura de compra a nome do Concello, de levar a efecto a inscrición.
Ademais acórdase desinar ao pagamento fondos procedentes do superávit obtido no exercizo pasado, a cuxo efecto se instruirá o oportuno expediente de trasferencia de creto, suplementando as pñrtidas correspondentes do Orzamento Ordinario, na cantidade expresado para a adqusición , e na que se considere necesario para facer fronte aos gastos de escrituración que leva aparellados.
Comentarios
Publicar un comentario